A INSUA

por antón Ferreira

Volver a galiciasuroeste.info Localización Chegan os frades A Fortaleza  Lendas e miragres

O Coengo e Historiador Juan Domínguez Fontela

          Cando se produce o Cisma de Occidente (1378), debido a que os reinos de  Galicia, Catilla, León, Aragón e Navarra apoiaron ó Papa de Avignon, Clemente VII, algúns franciscanos galegos e asturianos, da Observancia Menorita, obteñen do Papa Bonifacio IX, o 6 de abril de 1392, autorización para instalarse en Portugal, que se mantiña fiel ó Papa de Roma, iniciándose, na illa, as obras de construcción dunha casa terrea con "oratorio, torre sineira, refectorio e outras divisións necesarias" baixo a dirección dos fundadores do convento Frai Diego Arias, Frai Gonzalo Mariño e Frai Pedro Diego, fundadores da primeira Casa de oración que "máis propio lle era o nome de pobre cabana que de convento", segundo escribiría, moitos anos máis tarde, Frai Pedro de Jesús María José. A presencia dos frades motivou que o historiador guardés, o coengo Juan Domínguez Fontenla denominase a illa como San Francisco da Insua.

          Logo de sete anos na Insua, obedecendo as instruccións de D. João I, abandoa a illa para fundar novos conventos, entre eles o mosteiro de Alenquer, na Extremadura portuguesa.

Este rei, e mesmo a corte portuguesa, protexían o Convento ata tal punto que D. João I prohibiu, en 1419, que as casas de Caminha, pertencentes os frades, fosen ocupadas polos forasteiros. Estas casas eran empregadas polos relixiosos cando se desprazaban á vila para rezar, xunto co pobo, pregarias, para confesar e facer caridade, e nelas pernoctaban cando o mar impedía o regreso á Insua, pero, dado que raramente eran habitadas polos frades, estes permitían a súa ocupación.

En 1436 D. Duarte concedu privilexios ó convento e D. Afonso V disculpou o pago de impostos a quen o servise.

As condicións de vida dos monxes non eran nada fáciles e algúns relixiosos abandoan as súas celas, chegando a contar, en 1437,  con só dous frades legos: Frai Álvaro da Rosa e Frai García Baz. A orde franciscana consegue novos privilexios ó longo dos séculos: así, en 1441 a Cámara de Caminha lles dispensa de pagar tributos e lles concede o dereito de recoller cunchas para fabricar cal, sendo confirmados, tales dereitos, polos reis, ata que, en 1471.

Por orden de Jorge de Sousa, primeiro vicario que coñecemo, realízanse obras de mellora como a ampliación da capela, a construcción de novas celas e a división da casa, o que supón a incorporación de novos membros, ata doce, entre eles Frai André da Insua, que chegou a ser Xeral da orde franciscana, Frai Francisco, Frai Marcos e Frai Pacífico de Matosinhos. Seis anos máis tarde, os relixiosos elixen como sucesor de Jorge de Sousa a frai Afonso de Barros.

Foto: Agustín Ferreira-ANABAM

Faro alimentado por un panel solar

No primeiro século da existencia do convento, eran moi poucos os sacerdotes sendo máis importante, en número, os frades legos. Dedícabanse uns e outros, á oración, pero tamén a traballar na horta e a desenvolver outros traballos da casa. A abstinencia era rigurosa; viño só podían bebelo algúns frades.

A Duquesa Dª Isabel, irmá do rei D. Manuel, tivo especial afecto polo convento, e ofreceu unhas pinturas que reproducían o Nacemento de Xesús e a Adoración dos Reis Magos, que serviron de retablo nun dos altares laterais. Ó parecer tales pinturas pertenceran a raíña Dª Isabel, muller de D. Manuel, e procedían de Flandres.

O convento recibiu tamén a protección dos mesmos reis, como xa vimos máis arriba, que chegan, incluso, a visitalo, dada a santidade que irradiaba: así o 15 de novembro de 1502, don Manuel I, “O Afortunado”, embárcase en Caminha para orar á Virxe na capela da Insua, o mesmo que seu fillo, D. Luis, en 1548; e o señor de Ceuta e Gobernador de Caminha, en 1512. Outros personaxes foron D. Jaime, Duque de Bragança, e D. Fernando de Menezes, Gobernador de Ceuta e Senhor de Caminha. E, en 1627, Matías de Albuquerque, Gobernardor de Pernambuco.

Os Marqueses de Vila Real e Senhores de Caminha, foron outros protectores do Convento, o mesmo que os seus sucesores. Así, en 1534 se determina que os sábados se entregasen 160 arráteis de vaca; no Nadal, en Pascoa e Pentecostés, un bo carneiro ademais dun porco no Nadal. En xaneiro, 15 alqueires de aceite, e na Cuaresma 5 alqueires de castañas. D. Pedro de Menezes aínda ordenou que fosen abastecidos do viño necesario.

A aquelas visitas rexias e señoriais, hai que engadir as de ilustres relixiosos: o santo arcebispo de Braga, Frei Bartolemu dos Mártires, e o Bispo da Guarda, D. Afonso Furtado de Mendoça, que máis tarde sería nomeado Arcebispos de Braga.

O 23 de xullo de 1580 unha flota galega, con 300 soldados, en apoiou do rei Felipe, ocupa este illote, construíndo unha torre e un muro que o mar e as crecidas do río, tirarían. En 1602, o

Imaxe da Madalena (Foto: Museo Munic. de Caminha)

Convento é  atacado por uns corenta corsarios ingleses, pero antes de que estes desembarcaran, os monxes tiveron tempo de saír da illa ó atoparse na mesma o barqueiro, levando con eles os cálices e os mellores ornamentos, e en 1606, sofriu un novo saqueo por piratas luteranos de La Rochelle que roubaron un cáliz, unha custodia de prata e as roupas das celas, conseguindo esconder os relixiosos o Sacramentado e dous cálices. Neste ataque foi cando a imaxe da Madalena levou un golpe no rostro. 

Diante desta situación de inestabilidade, moitos relixiosos deciden abandoar o Convento, e inician a construcción, en 1618, do convento de San Antonio, en Caminha, quedando reducida a illa a un oratorio aínda que voltarán a Insua por solicitude do 1º Duque de Caminha, D. Miguel de Menezes e do mesmo povo.