galiciasuroeste      

ADXUNTOS

CINCO MULLERES CO MESMO VESTIDO

 

NOVA ESCENA (ASOCIACIÓN TEATRAL) LUGO

Sipnose

Sara, Raquel, Helena, Xulia e Paula, cinco mulleres con personalidades moi diferentes refúxianse na habitación da noiva durante o banquete da voda. No percorrer da velada irán descubrindo os seus segredos, as súas actitudes na vida, o amor, o sexo... Nacho, um convidade, incorpórase ao grupo con intención de conquista.

 

ELENCO:

María Lage: Sara

Chelo Trinidad: Raquel

María Márquez: Helena

Mariana: Xulia

Marifí Ares: Paula

Randy Montero: Nacho

Camareiros:

            María Lage

            Ánxela Ferreiros

            Borja Sánchez

 

Tradución, adaptación e dirección: Xoán C. Laxe

 

*****************************************

O libro de ler e desler

 

Con  esta montaxe desexamos realizar unha recollida e divulgación da Literatura de Tradición Oral e dos Mitos do noso país, aproveitando o importante caudal de contos máxicos que posuímos.

 

A tradición oral como un xogo de permanencias no tempo. Como unha ponte viva dende o máis alá ata os nosos días. Historias transmitidas de xeración a xeración e de boca a oído....

 

Non se sabe de seguro cando xurdiron estas historias cuxos protagonistas están dotados de voz humana. Moitas quizais son prodixio da imaxinación popular, mais non sempre están fóra da lóxica. Habelas  hainas...

REPARTO

CONTADORA.- Tareixa Campo

MEIGA DOS DENTES VERDES.- Laura Fernández

MEIGA CHUCHONA.- Ana Fernández

MEIGA DE REIRADO.-Esther Pedrouzo

MEIGA CARTUXEIRA.-  Sonia López

MEIGA SABIA.- Isabel Herrero

MEIGA VEDOIRA.- Pepa Barrios

ZAPATEIRO DE CANGAS.- Suso Meilán

TRASNO CAZOLEIRO- Esther Pedrouzo

DIAÑO BULREIRO.- Laura Fernández

TRASNO BRINCÓN.- Pepa Barrios

TRASNO DE PIAS.- Sonia López

SOR CATARINA.- Ana Fernández

ABADESA.- Isabel Herrero

TRASNO NAMORADO.- Suso Meilán

XACIAS.- Esther Pedrouzo/ Pepa Barrios/ Laura Fernández

DONAS.- Isabel Herrero/ Sonia López/ Ana Fernández

 

**********************************************

 

MORT. TEATRO TARUMBA

O Argumento da obra…

A Morte leva demasiados séculos exercendo a súa penosa labor de transportista de almas, polo que decide contratar a un aprendiz para poder tomar uns meses de descanso. Elixe para este cargo a unha rapaza, Alicia Morteiro, Mort para os amigos, que, se ben nun principio semella estar encantada cun traballo de tanta responsabilidade, cando lle toca levarse do mundo a un rapaz novo, na plenitude da vida, a decisión que tomará desestabilizará de tal modo a realidade que para recompoñela terá que botar man tanto dos seus amigos como do mesmísimo Grande Arquitecto, un deus que leva ¿morto? centos de anos.

 

REPARTO

Andrea Cid: Mort.

Cristina Prol: Nai, Monxe Lopsang, Monxe.

Ángela Sierra: Clarividente. Monxa budista

Natalia Forjan: Clarividente.

Tamara Urbano: Muller que pasa, Enfermeira, Político, Neno califa.

Sarah Jane Borkuk: Voz e manipuladora da Morte, Monxe budista, Escribán.

Sandra Gulín: Manipuladora da Morte.

Cristian Díaz: Mauro, Monxe budista.

Roberto Montesinos: Cornelio.

Santiago Cuquejo: Médico, Escribán,  Grande Visir.

Cristina Casu: Escribán, Muller do vello, Monxe.

Paloma Fidalgo: Raíña, Monxe budista, Funcionaria, Monxe.

Marielvy Martínez: Sicaria, Monxe.

David Rodríguez: Giovanni, Xefe da hamburguesería.

Sergio Puga: Príncipe Luigi.

Alba Losada:  Asasino, Monxe.

Noelia Quintana:  Vello hipocondríaco, Monxe.

Escenografía e realización da Morte

Alberto Bahón

Vestiario

Tegra

Iluminación, dramaturxia e dirección

Tito Asorey

 

 ^*******************************************************************

O LAGO DOS CISNES

 

XERATRIUM (SAN XEROME EMILIANI) A GUARDA

 

SINOPSE

Trátase dunha revisión do conto do Parrulo Feo de Andersen, onde dun xeito metafórico falamos das dificultades que atravesa unha persoa com discapacidade intelectual ó longo da súa vida.

 

Traballamos unha poética cargada de imaxes que conectan coa actividade de practicamente tódolos asistentes ó taller de teatro, pois están a un paso de se integrárense na vida laboral completa, no centro ocupacional dedícanse á xardinería, polo que o proceso creativo implicounos dun xeito total á hora de concebir o espectáculo.

 

ARTISTAS

Rosa María Álvarez González

Jaime Álvarez Pereira

Celeste Diego Pérez

Pedro González Estévez

María del Mar Martínez Diego

Floreano Pereira Pereira

María Teresa Rodríguez Barros

Purificación Sobrino Alfaya

Fabio Martínez Otero