PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

LOCAL

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

AXENDA

NECROLÓXICAS

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

FOTOS LECTORES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

Calendario

CAIXÓN DE SASTRE

ENLACES

 EMPREGO

Predición de MAREAS

*

 
 
 

 

galiciasuroeste                                                  Informativo A Guarda

  

En el puerto de A Guarda

Rúa Dr. Fernández Albor, 19

Teléf. 986 610 4 74

        659 984 234

A Guarda

 

Rúa Lugo, 11

Telf/Fax 986 614 102

 

36780 A GUARDA

(Pontevedra

CARTELES, CATÁLOGOS, PUBLICIDAD, TARJETAS, SOBRES, LIBROS, FACTURAS, CARPETAS, DÍPTICOS, PROGRAMAS...

Concepción Arenal, 83

Telf 986 610 220 /Fax 986 613 923

A  GUARDA  (Pontevedra)

comercialautobaz@autorecam.e.telefonica.net

Rúa do Porto, 59

Tlfno. 986 610 473

36780 A GUARDA

(Pontevedra)

www.restaurantetrasmallo.es

Plaza de San Benito 2 y 3 bajo

36.780 · A Guarda

telf. 986 60 89 20

infsb@infsb.com

I. M. DÍAZ, SL

Mecánica en general

Fábrica de Invernaderos

 

El Pasaje

Camposancos

A GUARDA

.

'/Fax 986 62 72 44 

Sábado, 4 de febreiro de 2012

Converxencia Galega matiza o encontro co grupo de Goberno e o seu apoio ao presuposto municipal

Que despois de aparecer en diversos medios de comunicación que o Equipo de Goberno Municipal que encabeza José Manuel Domínguez Freitas, vai levar os Presupostos/2012 a un Pleno Extraordinario na vindeira semana e que para elo conta co apoio da nosa concelleira, Beatriz Estevez Alvarez, dende Converxencia Galega, queremos deixar claro, queremos matizar varios puntos:

1º).- Si é verdade que durante varios meses se viñeron mantendo distintas xuntanzas por parte dunha representación deste partido encabezada pola concelleira, na que se falou e discutiu sobre a elaboración dos Presupostos e doutros temas. Non sabemos se tamén se mantiveron reuniónA cos demais partidos da oposición, pero iso xa é outro cantar.

2º).- Que no que respecta Aos Presupostos Municipais para este ano, houbo coincidencias e aproximacións nunha boa parte dos mesmos, quedan somentes por resolver a boa vontade de poder confirmar que os acodos están plasmados no documento, e matizar pequenos flecos, pequenos, pero para nós importantes e necesarios.

3º).- Que diante da situación de crise económica existente na actualidade, se buscaron diversas alternativas financieiras para intentar aumentar os ingresos municipais sen incidir nos impostos, e poñendo imaxinación diante da falta de recursos, para conseguir facer como mínimo o mesmo que ata agora, seguir dando os mesmos servicios ca mesma calidade.

Equilibrar gastos e ingresos, redimensionar distintas partidas, redistribuir os custes dalgunhas actividades e funcións que deberían ser asumidas pola Administración Autonómica ou Estatal, ccomo é o caso nos eidos da sanidade e na educación, e outros.

Pero a día de hoxe, non coñecemos o texto final, o formato definitivo dos Presupostos/2012, e polo tanto, non podemos falar de algo que non coñecemos, ou o que é o mesmo, non podemos aprobar algo que ignoramos, polo que non se nos pode pedir un cheque en branco sobre un documento que é a columna vertebral do funcionamento municipal ao longo de todo este ano, eso non quita que non haxa tempo para seguir falando do asunto e concretar o axuste dos Presupostos Municipais.

A Guarda, a 03 de febrero do 2102

 

 

Venres, 3 de febreiro de 2012

Una charla-coloquio sobre alimentación y un festival benéfico, en la agenda de Las Samaritanas

El colectivo de Las Samaritanas de A Guarda, con casa en la finca de Las Mercedes para dar acogida a mujeres con dificultades, dan las gracias a todas aquellas personas que han colaborado en las pasadas Navidades con esta institución, bien adquiriendo lotería, bien haciendo un donativo o bien realizando una visita en fechas tan señaladas.

Por otra parte Las Samaritanas ofrecen una charla-coloquio, señalada para el 8 de febrero con el título “Cómo conseguir una alimentación saludable”, que tendrá como ponente a María del Carmen Rouco, licenciada en Farmacia y especialista en nutrición.

Quienes deseen asistir a este encuentro, pueden llamar al teléfono: 699 393 543.

Finalmente, para el 5 de marzo, la Casa de Acogida Las Samaritanas organizan un Festival en beneficio en el Centro Cultural a las 20.30 horas, con el objetivo de recaudar fondos para la obra social y humanitaria que promueven.  

 

Xoves, 2 de febreiro de 2012

Asamblea General Ordinaria del Recreo Artístico Guardés 2012

El próximo domingo día 5 de febrero, a las 17.00 horas. en primera convocatoria, y a las 17,30 en segunda, se celebrará Asamblea General Ordinaria, con el siguiente Orden del día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, del acta de la Asemblea General Ordinaria Anterior.

2.- Memoria de la gestión de la Junta Directiva durante el año 2011.

3.- Lectura y aprobación, si procede, del balance económico del año 2011.

4.- Presupuestos para este año 2012.

5.- Renovación Junta Directiva

6.-Continuación, si procede, de la suspensión, por un año más, de la “Cuota de Alta” para los nuevos socios.

7.- Nombramiento de Socio de Honor a D. Liberto Rodriguez Vicente (Alta 11-11-1961)

8.- Ruegos y preguntas.

 

Mércores, 1 de febreiro de 2012

“II xornada Camiño Portugués da Costa. Fundamentos históricos” no concello da Guarda

            A Guarda xunto cos concellos galegos e portugueses apostan pola fundamentación histórica do Camiño Portugués da Costa e pola súa difusión. Deste xeito foi promovido nos últimos meses a II Xornada Camiño Portugués da Costa. Fundamentos Históricos que terá lugar o próximo sábado 4 de febreiro no concello da Guarda.

            Durante a mañá as presentacións de estudosos galegos e portugueses afondarán nas cuestións históricas e culturais ligadas ó pasado do Camiño Portugués da Costa.

            Pioneira no estudo e promoción do Camiño Portugués da Costa foi a Asociación Amigos dos Pazos que identificaron, sinalizaron e publicaron o libro “El Camino Portugués de la Costa”, fundamental na oficialidade do Camiño. Pola importancia e coñecemento do Camiño a primeira conferencia estará a cargo de D. Grato Amor Moreno, experto no “Porqué do Camiño”, título da ponencia que recolle a finalidade desta xornada.

            A conferencia “O Fenómeno das Peregrinacións” do guardés e especialista en historia medieval, Ermelindo Portela, amosará o que supuxo no medievo as peregrinacións a Santiago e cómo mudaron e xurdiron os camiños a Santiago, sendo os únicos protagonistas os peregrinos ó camiñar.

            A xornada conta con dúas conferencias de especialistas portugueses: “Peregrinos e viaxeiros no territorio portugués do Camiño da Costa” e “ Travesías fluviais”. Ambos estudos     expoñen as experiencias dos peregrinos que no pasado recorreron a costa portuguesa dende Oporto.

            Durante a xornada foron programas dúas visitas guiadas ligadas ó Camiño Portugués da Costa: Monte Santa Trega e Mosteiro de Oia na que poderán participar os inscritos á II Xornada.

            A tarde foi reservada para a Mesa Redonda ca temática “Camiño Portugués da Costa: presente e futuro” actuando como moderador de Alberto Viso Outeiriño (Xefe  Dpto de Portugués do IES A Sangriña). Os convidados galegos son a Secretaria para o Turismo, Carmen Pardo, e Manuel Alonso, da Asociación Amigos dos Pazos. Da marxe portuguesa participan Carlos Alberto Brochado de Almeida, profesor da Facultade de Letras da Universidade do Porto; Manuel Miranda, presidente da Associaçâo Via Veteris; e Marco Sousa, delegado do Turismo Relixioso da Entidade de Turismo Porto-Norte Portugal.

            Durante a II Xornada poderá visitarse a Exposición fotográfica do I Concurso Internacional de Fotografía “Camiño Portugués da Costa”. Ó remate da Xornada  dará comezo o acto de entrega dos premios das fases locais e da fase final.

            A clausura da II Xornada “Camiño Portugués da Costa” será a cargo da secretaria para o Turismo, Carmen Pardo.

            Aqueles interesados en asistir ó Encontro poden consultar o programa previsto, informarse e inscribirse gratuitamente na oficina de turismo sita no concello da Guarda. (Tel. 986 614 546 / turismo@aguarda.es).

 

Sábado, 28 de xaneiro de 2012

Escrito de José Ángel Gándara, coordinador da nova Comisión das Festas do Monte, ao alcalde e presidente da asociación Pedra Furada

            José A. Gándara Rodríguez, como coordinador da Comisión, para organizar a Festas do Monte Santa Tecla.

Reunidos ayer jueves 26 de enero en el Concello de A Guarda estando presentes un total de 11 personar, y tras la presentación de la propuesta de asumir la presidencia de un grupo ya organizado para la realización de dichas fiestas manifestando que por parte de mi grupo no había inconveniente en estar abierto a todo aquel que quisiera colaborar, lo cual fue respaldado por la mayoría de los asistentes, concretamente por 7 de los asistentes a dicha reunión, sumándose los mismos al grupo de trabajo de esta Comisión.

            Junto con este escrito, reitero mi escrito presentado en el día de hoy con Registro de Entrada nº 415 firmado por una parte de los miembros de la Comisión que yo presido.

            Sin más, a la espera de sus gratas noticias, reciban un cordial saludo.

José A. Gándara

 

Xoves, 26 de xaneiro de 2012

A Guarda acolle a “II Xornada Camiño Portugués da Costa. Fundamentos históricos”

(Ver Programa completo)

            A mediados do 2009 o Camiño Portugués da Costa foi recoñecido oficialmente pola Xunta, a partires dese momento os concellos integrantes comezaron a traballar conxuntamente en iniciativas de promoción.

            Tras dous anos de oficialidade xorde a iniciativa da organización dun encontro que baixo o título "II Xornada Camiño Portugués da Costa. Fundamentos Históricos" se celebrará no Concello da Guarda o sábado, 4 de febreiro de 2012.

            A finalidade da xornada é afondar no coñecemento dos valores históricos e culturais que ofrece o Camiño a Santiago que transcorre pola costa luso-galega. Pretende ser unha exposición de cuestións históricas, artísticas, etnográficas e inmateriais que enriquecen este itinerario Xacobeo. No encontro participarán historiadores, estudosos e investigadores locais interesados en coñecer e promover o Camiño Portugués da Costa.

            Denominouse como segunda xornada xa que se continua ca mesma filosofía do Seminario de Esposende (maio de 2010) que procuraba a difusión entre especialistas e interesados no Camiño Portugués da Costa, o seu pasado, futuro e presente.

            Aqueles interesados en asistir ó Encontro poden consultar o programa previsto, informarse e inscribirse gratuitamente na oficina de Turismo sita no concello da Guarda.

 

Sesión  Ordinaria do Pleno da Corporación da Guarda mañá, venres, ás 20 horas

            PUNTO 1º.- APROBACIÓN ACTAS SESIÓNS ANTERIORES (EXTRAORD. MESAS ELECTORAIS 24/10/2011, ORD. 25/11/2011 E EXTRAORD. 10/01/2012).

            PUNTO 2º.- DAR CONTA DECRETOS.

            PUNTO 3º.- PROPOSICIÓN DA ALCALDÍA DE INICIO DA CONTRATACIÓN E APROBACIÓN DOS PREGOS DE CONTRATACIÓN DAS OBRAS DE “POSTA EN VALOR DO CASTELO DE SANTA CRUZ”, OBXECTO DE FINANCIAMENTO DO 1% CULTURAL DO MINISTERIO DE FOMENTO.

            PUNTO 4º.- MOCIÓNS:

·         RE 7.528 de Converxencia Galega: Sobre o dereito á cobertura sanitaria de todos os españoles.

·         RE 158 de Converxencia Galega: Sobre o Real Decreto 4/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no Ámbito da Administración Electrónica

·         RE 294 do BNG: Contra a suba do Imposto de Bens Inmobles decidida polo Goberno do Estado

            punto 10º.- rogos e preguntas

 

Martes, 24 de xaneiro de 2012

As Festas do Monte xa contan cun grupo de persoas dispostas a formar a Comisión que organice a Semana Grande da Guarda

            Preto de medio cento de persoas acudiron, onte, á convocatoria para conseguir formar unha comisión que se encargue de organizar as Festas do Monte do ano 2012. O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, o edil, e presidente das Festas do Monte, ata 2011, Miguel Español Otero, e a concelleira Montserrat Magallanes Álvarez, presidiron esta xuntanza celebrada no Salón de Sesións da Cas ado Concello.

            José Manuel Domínguez Freitas explicou que esta convocatoria se celebraba tralo compromiso asumido no Centro Cultural, cando se organizou a primeira reunión hai aproximadamente un mes, sen resultado positivo, para lograr un grupo de persoas que se fixesen cargo da Semana Grande da Guarda.

            Miguel Español Otero, lembrou a traxectoria da Comisión saínte, constituída coma un colectivo baixo o nome de Pedra Furada que se encargou de organizar os festexos entre osa nos 2001 e 2012.

            Insistiu en que o que se precisa é un grupo de xente disposta a traballar, que vai contar coa colaboración do concello, tal e como se viña facendo ata agora, en forma de axuda económica, xestión de actos e reforzo humano.

            Clarexou as dúbidas dos presentes, dando conta dos gasto se ingresos do ano 2011 e de onde procedían as diferentes partidas correspondentes a ambos conceptos, sinalando, que os maiores gastos proceden da contratación de orquestras, iluminación e tirada de fogos. Respecto aos ingresos destacou a petición domiciliaria, a publicidade no libro de festexos, e os recursos que xeran as feiras e terrazas, entre outros. Insistiu en que  a nova Comisión collerá as festas sen débedas, e terá a colaboración de ex-membros para clarexar as dúbidas que se lles presentasen.

            Tralas distintas intervencións, algúns dos presentes ofrecéronse para constituír a Comisión de Festas, entre eles, Jesús Pereiro, que se comprometeu a colaborar no libro-programa; Manolo Castro, quen asumiu en primeiro lugar participar directamente na Comisión, xunto con outras persoas que o acompañaban; e a este proxecto inicial sumouse ACIGU, a través da súa presidenta Carmen García.

            Este colectivo convocou unha primeira reunión par ao xoves, día 26, ás 20.30 horas no mesmo Salón de Actos da Consistorial.

 

Luns, 23 de xaneiro de 2012

Alumnado do IES A Sangriña asistirá á  Confint en Vitoria-Gasteiz

AleJo, o seu pai, José María, Ánxela e súa nai, Begoña

 

A Conferencia Internacional Infanto-Xuvenil para o Coidado do Planeta xunta voces e esforzos de mozas e mozos de todo o mundo para dar a coñecer as súas propostas para a sostibilidade.

A primeira fase, que se desenvolve en Galicia, reuniu o pasado sábado, 14 de xaneiro, no Museo Pedagóxico, en Santiago de Compostela, a alumnado, pais, nais e profesorado de diversos centros educativos adscritos á Axenda 21 Escolar Galega. As persoas  asistentes participaron en diversos obradoiros e elaboraron e espuxeron as súas propostas de compromisos para a protección do planeta.

Desta xuntanza de Compostela saíu un grupo de 17 alumnas e alumnos que representarán a Galicia na Confint-España, que se celebrará os días 26 e 27 deste mes en Euskadi. Máis adiante dous representantes do alumnado galego asistirán á Confint-Europa, que terá lugar en Bruxelas do 14 ao 16 de maio. O proceso culminará coa Confint 2012 en Río de Janeiro, no Brasil, do 4 ao 6 de xuño, que se fará coincidir co Cumio da Terra Río+20. 

Dous destes  mozos e mozas representantes de Galicia son Ánxela Vicente González  e Alejo Conde Blasi, alumnos de 2º de  ESO do IES A Sangriña.

 

Venres, 20 de xaneiro de 2012

Curso de informática para pais e nais no IES A Sangriña

O IES A Sangriña organiza o curso de informática para pais e nais, que este ano se dedicará á internet, aprendendo cales son os seus beneficios e os seus perigos coa finalidade de aproveitar os primeiros e evitar os segundos.

O curso organízase dentro dos Contratos Programa, un proxecto da administración educativa que ten por obxectivo, entre outros, favorecer a implicación das familias nas actividades educativas do centro e que o IES A Sangriña vén desenvolvendo nos últimos tres cursos académicos.

O curso de informática desenvolverase en tres días (22 de xaneiro e, 1 e 8 de febreiro) de 20.30 a 22.00 horas. A inscrición no curso poderá facerse na conserxería do IES A Sangriña de 8.20 a 22.00 horas, ata o 22 de xaneiro.

 

Desfile-Concurso de Entroido 2012

BASES

            PRIMEIRA.- O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza o Desfile Concurso de Entroido 2012 que se celebrará o martes de entroido,  21 de febreiro do 2012.

            A saída do desfile será ás 17:30 horas da Praza de San Bernardo (“Esquina Famosa”) e rematará na Alameda. En caso de choiva o desfile-concurso quedará aprazado para o domingo 26 de febreiro, ás 17,30h.

           

            SEGUNDA.- Prazo e forma de inscrición.

            O prazo de inscrición para o Desfile-Concurso de Entroido 2011 será entre os días 1 ó 16 de febreiro, ambos inclusive, en horario de oficina, de 9:00h a 14:00h, excepto os sábados que o horario será entre as 10:00h ata as 13:00h.

            A solicitude farase en impreso dispoñible nas oficinas do Concello da Guarda e na páxina web www.aguarda.es. (ANEXO I)

            A solicitude deberá presentarse, xunto á documentación necesaria (BASE TERCEIRA), no Rexisto Xeral do Concello dentro do plazo establecido.

            Poderán remitirse inscricións por vía postal, selladas correspondentemente na oficina de  Correos, indicando sobre o impreso de solicitude a entrega dentro do prazo establecido. Ó igual que o resto das solicitudes, estas só serán válidas se van acompañadas da documentación necesaria (BASE TERCEIRA).

           

            TERCEIRA.- Documentación necesaria.

            Xunto coa solicitude entregarase a seguinte documentación:

            - Maiores de idade: Fotocopia do DNI.

            - Menores de idade: Fotocopia do DNI da persoa que os represente (nai, pai, tutor/a) e autorización para participar no concurso (según ANEXO II)

            -Para grupos, carrozas e comparsas só se presentará o DNI da persoa representante e se indicará o número de participantes. No caso de participar menores deberá entregarse a autorización do pai, nai ou titor/a por cada menor.

           

            CUARTA.- Requisitos para participar no concurso.                     

-                Presentar a solicitude xunto coa documentación no Rexistro Xeral do Concello no prazo establecido. (en impreso facilitado polo Concello).

-                Estar puntualmente ás 16:30 horas no lugar indicado para a saída do desfile.

-                No transcurso do desfile o concursante deberá colocar, o dorsal facilitado polo concello no momento da inscrición, de forma visible  para que o xurado poida tomar nota.

-    A participación no desfile está aberta as persoas que non presenten solicitude a través do Rexistro Xeral,  pero sen opción a premio.

           

            QUINTA.- As modalidades que poderán entrar en concurso son:

            -Carrozas: un grupo de alomenos 6 persoas representando algún tema enriba dun ou varios móbiles (carro, tractor, motocultor…). O conductor poderá ou non ir incluído, déixase a criterio dos participantes.

            -Comparsas: Participarán no grupo un mínimo de 10 persoas.

            -Grupos: Estarán formados por 3 ou mais persoas, ata un máximo de 9.

            -Individual: Inclúense nesta modalidade, ademais dos disfraces individuais, as parellas que desexen participar.

            Na modalidade Individual haberá dúas categorías:

-          Infantil, ata 12 anos 

-          xuvenil-adulto, a partir de 13 anos.

No caso de parellas na que un dos participantes teña máis de 12 anos considerarase na categoría xuvenil-adulto.

- Os participantes so poderán inscribirse nunha categoría.

           

            SEXTA.- Calificación:

            1- A calificación, en cada unha das modalidades e categorías, será determinada polo Xurado do concurso, que estará formado por un Presidente, (Concelleiro de Cultura ou persoa na que delegue) e tres vogais en representación das entidades socioculturais de A Guarda, que serán nomeados pola Concellería de Cultura.

            2- Unha vez feita a avaliación polo Xurado, farase público o resultado no acto de entrega de premios.

            3- O Xurado poderá determinar a concesión de accésits, se así o considera oportuno.

            4- O Xurado poderá declarar deserto algún dos premios.

            5- O Xurado terá a capacidade de determinar se os inscritos como carrozas cumpren as condicións para ser consideradas como tales.

            6- A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do Xurado inapelable.

           

            SÉTIMA.- PREMIOS         

            A entrega de premios terá lugar o mesmo día do desfile, unha vez feita a avaliación polo Xurado.

            A cuantía dos premios é a que sigue:


 

A) COMPARSAS:

            1º PREMIO…………………500 €

            2º PREMIO…………………400 €

            3º PREMIO…………………250 €

            4º PREMIO…………………150 €

                        ACCESIT...................100 €

B) CARROZAS:

            1º PREMIO…………………500 €

            2º PREMIO…………………400 €

            3º PREMIO…………………250 €

            4º PREMIO…………………150 €

                        ACCESIT....................100 €

C) GRUPOS:

             1º PREMIO…………………200 €

            2º PREMIO…………………..100 €

            3º PREMIO…………………..  80 €

            4º PREMIO…………………..  60 €

                        ACCESIT......................50 €

D) INDIVIDUAL XUVENIL-ADULTO:

            1º PREMIO…………………100 €

            2º PREMIO…………………..80 €

            3º PREMIO…………………..60 €

            4º PREMIO…………………..40 €

ACCESIT.....................30 €

E) INDIVIDUAL INFANTIL:

            1º PREMIO…………………100 €

            2º PREMIO…………………..80 €

            3º PREMIO…………………..60 €

            4º PREMIO…………………..40 €

            ACCESIT.....................30 €

 

            Para proceder ó cobro dos premios os premiados deberán achegar a seguinte documentación nun prazo de 8 días tralo desfile. De non facelo así o premio correspondente quedará desestimado :

·          Certificado de titularidade da conta bancaria a nome do premiado (espedida pola entidade ou fotocopia compulsada da libreta). En caso de menores de idade o titular deberá ser o pai /nai ou titor que autorizou a participación.

·          Fotocopia compulsada do DNI do premiado ou do seu pai/nai ou titor.

·          Fotocopia da inscrición no desfile

·         En caso de participación de menores, deberán achegarse as autorizacións de participación no desfile.

            Co fin de axudar e axilizar a tramitación, a documentación necesaria que xa fora aportada ó Departamento de Cultura para inscrición no desfile non haberá que achegala novamente.

 

Xoves, 19 de xaneiro de 2012

A Xunta aboa ao San Xerome 173 mil dos 330 mil que lles adebedaba

O Centro San Xerome da Guarda continuará a súa actividade e xa non se ve abocado ao peche logo de que a Xunta lles pagase no día onte algo máis do 52% dos cartos que lles adebedaba.

A situación na mañá de antonte era insostible sen poder pagar a nómina de decembro dos 47 traballadores nin tampouco a provedores, por este motivo, tal e coma onte lles informabamos estaba convocada unha manifestación para este sábado.

Onte ao mediodía a Xunta ingresou xa na conta do San Xerome 173.716 euros dos 330 mil que lles adebedaba, co que a situación financeira do centro volve á normalidade atendendo como ate o de agora a 122 persoas, e realizando o seu traballo a empresa de xardineiría.

José Martínez Tato, vicepresidente do San Xerome, explicaba que os 173.716 euros que lles ingresaron onte corresponde a cantidades adebedas do centro de día, de cooperación e do centro de traballo. Amais teñen o compromiso formal de que en febreiro lles ingresarán 50 mil euros correspondente ao plan de cooperación, e 54 mil de activo fixo.

Tras máis de tres décadas o San Xerome poderá seguir realizando o seu traballo a diario. José Martínez Tato, sinalaba que tras estes ingresos os pais acordaron antonte á tarde desconvocar a manifestación deste sábado.

 

A exposición de fotografía "Mulleres maias unidas, queremos ensinar, queremos aprender" será inaugurada o sábado

Desde o día 21 de xaneiro até o próximo 3 de febreiro poderá visitarse no Centro Cultural da Guarda a exposición de fotografía sobre a cultura maia e as súas reivindicacións como pobo indíxena que desde hai moito tempo loita polo recoñecemento dos seus dereitos.

A exposición contén 50 imaxes realizadas por mulleres indíxenas guatemaltecas que mostran desde unha rigorosa perspectiva de xénero, a realidade cotiá a partir da súa propia experiencia. As catorce  protagonistas recibiron un curso de fotografía documental como ferramenta para contar a súa historia e as das súas comunidades: María del Mar, O Triunfo, A Verde e Aztlán. O propósito da mostra é romper con estereotipos e prexuízos que crean unha subxectividade única e estática da muller indíxena.

Este sábado, 21 de xaneiro, a voluntaria da ONG Arquitectos sen Fronteiras, Mirian Vicente Vicente nos presentará non só a exposición senón tamén o proxecto do que forma parte, e nos falará de como transcorreu a vivencia e o traballo con estas mulleres.

     Dita exposición forma parte do proxecto de sensibilización “Coñecendo os pobos, achegando culturas” financiado pola Xunta de Galicia.

Elas son mulleres fortes e viviron máis do que nos imaxinamos. Elas desexan seguir aprendendo porque saben que o coñecemento é a base do crecemento como sociedade sen perder as súas raíces. Foron mulleres receptivas, libres, iluminadas. E a realidade non ensombrece a beleza das imaxes que nos mostran, son tan dignas como elas. (Adriana Leira, facilitadora do curso).

 

Mércores, 18 de xaneiro de 2012

O San Xerome pechará en quince días se a Xunta non paga o que lles adebeda

O Centro San Xerome Emiliani da Guarda que atende a discapacitados de toda a comarca podería pechar en quince días se a Xunta non abona os 300 mil euros que lles adebedan.  A situación é xa insostible e dende o centro convocan unha manifestación para este sábado na Guarda e outra a próxima semana en Santiago. Se non teñen resposta da Xunta veranse abocados ao peche, así llo teñen informado xa aos pais. Deste xeito o explicaba na Radio Municipal de Tui José Martínez Tato, vicepresidente do San Xerome.

O peche do centro deixaría na rúa a 122 persoas que acoden ao centro dos cinco concellos da comarca e a 47  traballadores, a estes últimos lles adebedan xa a nómina de decembro.

José Martínez Tato explica que na actualidade a Xunta lles adebeda entorno aos 330 mil euros, o que levan ao centro a unha situación desesperada porque non poden pagar nóminas, nin a provedores.

Na empresa de xardinería na que traballan 17 rapaces e 5 monitores ten unha débeda da Xunta de máis 140 mil euros, xa que non abonou ningún pago dende 2010. A esta cifra hai que engadir 190 mil euros por outros conceptos.  Polo momento só lles pagan pequenas cantidades que non solucionan o problema económico do centro.

Sobre as respostas que lles dan dende a Xunta a esta situación, dicía Martínez Tato que lles informan que está todo aprobado pero depende de tesourería.

José Martínez Tato, convocaba á manifestación deste sábado, ás 11 da mañá diante do centro San Xerome á cidadanía de toda a comarca.

 

Martes, 17 de xaneiro de 2012

Érguete promove, desde hoxe, distintos talleres de prevención de conductas erradas no IES A Sangriña

A partir de hoxe, martes, a Asociación Érguete Baixo Miño inicia diversos Talleres de prevención no IES A Sangriña de A Guarda dirixidos a mozos e mozas pertencentes aos cursos de 1º, 3º da ESO e 1º, 2º de PCPI, sumando un total de 183 participantes.

Os talleres a realizar son os de Comunicación e Habilidades Sociais, para 1º ESO;  Consumo e Valores, para 3º ESO, e o taller “Non pasa nada, pasa algo?”, para 1º e 2º PCPI.

Estas actividades, impartidas por unha Educadora e Traballadora sociais da Asociación, contan cunha duración de 5 horas con cada grupo de alumnos, levándose a cabo gracias á  colaboración do IES A Sangriña e da Consellería de Sanidade a través da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

A finalidade destes talleres son adestrar en diferentes habilidades proporcionando ao alumnado un maior afianzamento da súa personalidade e unha mellor xestión dos posibles conflitos futuros, evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas, concienciar sobre influencia da publicidade na conduta do consumidor, fomentar un consumo responsable e saudable, e favorecer o espírito critico entre os adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.

 

Xoves, 12 de xaneiro de 2012

O BNG alerta dos desperfectos  no monte Trega por mor de tala de árbores e obras non autorizadas

A deputada do BNG, Carme Adán  defenderá unha Proposición non de lei pola que insta ao Goberno galego a cumprir a lei de Patrimonio Cultural de Galicia e velar polo patrimonio arqueolóxico do Monte Trega tralos desperfectos ocasionados pola tala de árbores non autorizada.

Adán lembra que no ano 1931 o Trega foi declarado Monumento Histórico Artístico e con  posterioridade Ben de Interese Cultural (BIC) polo que  non se permite ningunha actuación que poña en risco este patrimonio.

Sen embrago, engade a nacionalista, o BNG ten constancia da realización dunha tala de árbores que afectou moi negativamente ao patrimonio arqueolóxico como indican as fotografías das ubicacións “A Bouza” e a “Porta do Sur” tiradas por unha representación do BNG durante a visita realizada pola parlamentaria  á zona afectada.

A deputada salienta que á importancia do patrimonio arqueolóxico do Monte Trega, súmase o aspecto turístico que debe ser tamén conservado por representar un dos recursos básicos para a economía galega.

Adán reclama que o Goberno galego “cumpra a lei” para que non se repitan feitos como os acontecidos no Monte Trega e se impidan as técnicas agresivas nos materiais arqueolóxicos.

A deputada agarda que a Consellería de Cultura extreme as medidas contra accións que destrúen o patrimonio galego.

 

Mércores, 11 de xaneiro de 2012

Convergencia Galega denuncia desfeitas provocadas no patrimonio  do Monte Santa Trega

Diante as distintas e diversas declaracións que están aparecendo nos medios de comunicación, (alguna delas fóra de lugar e bastante folclórica), desde Converxenica Galega queremos deixar claro, que dende o mes de setembro do 2011, concretamente dende o día 26, esta organización política, remitiu escritos o SERPRONA, Delegacion Provincial de Medio Rural, Delegacion Provincial de Medio Ambiente e Xefatura Territorial de Patrimonio, uns a traveso do Portelo Unico e outros por Correo Certificado que textualmente din:

“Nos últimos meses deste ano, leváronse a cabo distintas intervencións no Monte Santa Trega, nas que sen poñer en dúbida se conta ou non cos respectivos permisos e controis por quen corresponde, a realidade é que no mesmo se fixo una desfeita, nas que consideramos que non estiveron a altura das circunstancias aquelas entidades que deberán vixiar o cumprimento da lexislación vixente.

Os danos e destrozos ocasionados nos camiños, muros, parapetos, zonas de contención de terras, sufriron tales danos que poñen en risco a seguridade da zona, xa que una vez entrada a tempada de choivas, pode provocar deslizamentos de consecuencias impredecibles.

As fotografías que acompañan a este escrito, reflexan as claras o que non debe ser una intervención nún monte, e moito menos nun espacio protexido e especial como é o caso do Monte Santa Trega.

Asimesmo nas zonas de tala, os restos das mesma, quedaron abandoadas xustificando que ditos restos co paso do tempo poide servir como abono, unha disculpa que non se sostén, e que durante o verán, foi un foco perigoso e de risco en caso de incendio.

Despois de distintas conversas, non se coñece ningún tipo de plan de reforestación, polo que a agresión feita ó monte, non ten xustificación.

Por todo elo, vimos a solicitar a intervención da distintas entidades que teñen responsabilidade co cuidado e protección do Monte a fin de que se tomen as medidas oportunas con respecto a esta acción.

 Asinado: Celso R. Fariñas

Tamén queremos deixar claro, que xa dende algunha dependencia da Xunta tomou medidas sobre o asunto, abrindo o seu correspondente expediente, xa que así no lo expresaron por escrito fai algún tempo.

 

A Guarda ofrecerá o Curso de Lingua Galega preparatorio para a proba do nivel Celga 4

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca varios cursos de lingua galega para preparar as probas dos distintos niveis Celga. Tódalas persoas interesadas en preparar as probas teñen distintas opcións, entre elas asistir aos cursos preparatorios xa programados, nos diferentes lugares de Galicia que aparecen no anexo III da orde publicada.  As persoas interesadas en participar nos cursos programados, directamente presentarán a súa solicitude antes do 30 de xaneiro de acordo co modelo que figura no anexo I da orde ou cubrindo este formulario directamente na páxina web http://www.xunta.es/linguagalega.es

Outra posibilidade ofrécea o Concello da Guarda, a través da OMIX, solicitando un curso preparatorio do CELGA 4. Polo tanto, toda persoa interesada terá que pasar pola OMIX e preinscribirse no curso antes do 30 de xaneiro.  No caso de que sexa concedido este curso, impartirase a partir do día 26 de marzo no horario de 19:30 a 21:30 horas, de luns a venres.

As probas terán lugar os días 2, 3, 9 e 10 de xuño para os niveis Celga 4, 2, 3 e 1 respectivamente. É importante subliñar que a inscrición nas probas é independiente da dos cursos rematando o prazo para inscribirse nelas o día 3 de abril.

Máis información no DOG do 9 de xaneiro de 2012 ou na OMIX do Concello da Guarda

 

Martes, 10 de xaneiro de 2012

Más talleres en “Coser y Cantar” que ofrece también en exclusica las canastillas de la firma “Bordar”

            La tienda de la calle Joaquín Alonso (Praza Nova), “Coser y Cantar”, oferta, además de los talleres de Patronaje y Confección en horario de maña, los martes y miércoles, y por la tarde, los martes, otras alternativas formativas, como el Taller de Calceta, los lunes y jueves, por la mañana y por la tarde, y el Taller de Bolillos, los miércoles, por la tarde.

Canastillas de la firma Bordar

            Por otra parte “Coser y Cantar” también posee en exclusiva las canastillas de la afamada marca “Bordar”, tan demandadas, con lo que se evitará que para su adquisición las personas interesadas se tengan que desplazar a otras localidades para adquirirlas.

 

O BNG denuncia destrozos no castro do monte Trega como consecuencia da tala de árbores sen ningún tipo de control

O BNG denuncia que as condicións nas que se está a facer a tala de árbores no monte Trega están afectando ao seu patrimonio arqueolóxico.

Membros do Consello local do BNG visitaron diferentes lugares do monte Trega examinando o resultado da tala que se está a realizar, podéndose apreciar como a maquinaria pesada utilizada provocou un deterioro importante de xacementos arqueolóxicos catalogados. Así, vese o desprazamento de pedras que forman parte de muros e vivendas, afloramentos de restos de tégulas e seixos tallados, entre outras desfeitas.

Ante a gravidade dos feitos, o BNG presentará un escrito tanto ao Padroado como ao Concello para que informen das condicións nas que se están a realizar a tala, permisos e plan de restauración dos xacementos.

“O Concello e o Padroado teñen a responsabilidade de velar polo mantemento e conservación do patrimonio cultural do monte Trega”, subliñou o portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, quen engadiu que os traballos que se están a facer no monte tamén están a afectar ao medio ambiente, dado que se están alterando de xeito notábel as pistas existentes, e abrindo outras indiscriminadamente.

O BNG lembra que o Monte Trega foi declarado Monumento Histórico Artístico no ano 1931 e con posterioridade Ben de Interese Cultural, polo que calquera actuación que se realice neste espazo debe estar en todo momento controlada e contar cos informes preceptivos da Consellaría de Cultura por medio de Patrimonio.

O BNG vén reclamando á Xunta de Galicia que poña en marcha o Plan Director do monte Trega como garante e potenciación de todo o patrimonio arqueolóxico deste enclave.

 

Luns, 9 de xaneiro de 2012

“Coser y Cantar” una alternativa novedosa par formarse en el mundo de la confección

            A Guarda cuenta con un novedoso establecimiento donde las personas interesadas pueden afianzar sus conocimientos sobre el mundo de la confección y el tiempo libre.

            Se trata de “Coser y Cantar”, que se encuentra en la calle Joaquín Alonso (Praza Nova), número 15, donde, además de adquirir lanas y canastillas, se ofrecen interesantes talleres de calceta, bolillos, vainicas, bordado, punto de cruz, patronaje y confección, en un ambiente cordial y un entorno cálido.

             El Taller de Patronaje y Confección tiene horario de maña los martes y miércoles, y por la tarde, los martes, pudiéndose consultar los horarios en la misma tienda “Coser y Cantar”.

 

Xoves, 5 de xaneiro de 2012

O día 11 ábrese o prazo para solicitar citas para renovar o DNI

Co fin de mellorar o servizo de renovación do Documento Nacional  de Identidade no Concello da Guarda, desde esta institución informan que as citas comezaranse a dar o día 11 de xaneiro, ás 8.30 horas, persoalmente nas dependencias municipais.

Soamente se darán citas para os meses de xaneiro, febreiro e marzo.

Durante o mes de xaneiro non se darán citas telefónicamente.

Para máis información pódese chamar ó teléfono: 986 61 00 00 de luns a venres de 8.00 á 15.00 horas.

 

Mércores, 4 de xaneiro de 2012

ÁBACO entrega o 3º premio especial da Campaña de Nadal 2011/12

Ábaco sorteou nesta pasada fin de semana o 3º dos catro premios especiais da campaña “Sorpresas de Nadal”, no que resultou premiado cun cheque-compra de 250 € Manuel V. G., do Rosal, a través do rexistro dún código entregado por Electrodomésticos Milar Telesón O Rosal.

Nos anteriores sorteos xa se repartiron cheques-compra por valor de 300 € e de 250 €, para consumir nos establecementos participantes nesta campaña que tanto éxito está tendo, tanto na vila guardesa como no Rosal; sendo os agraciados, Miguel P.G. e Daniel V. M., respectivamente.

Na fin de semana de Reis, sortearáse o último dos catro premios especiais, que neste caso será unha estancia dunha noite no Talaso Atlántico, con programa de tratamento incluído; e, como nas anteriores ocasións, vaise sortear entre os códigos rexistrados que non teñen premio directo, polo que se recorda desee Ábaco que non se deben tirar para poder acceder a estes premios especiais.

 

Martes, 3 de xaneiro de 2012

Torneo do Nadal de Hockey Liña no o príxmo sábado

O vindeiro sábado, a partires das cinco da tarde, celebrarase no pavillón do Colexio As Solanas o tradicional Torneo do Nadal de Hockey Liña, organizado polo Clube A Guarda Hockey Liña, co patrocinio de Flores Toxal, SL e Fajar centro de masaxe

Nesta terceira edición contará coa participación de dous combinados formados por xogadores e xogadoras do clube local e o Equipo Vigo Hockey Línea.

O Torneo xogarase con formato "triangular" enfrontándose entre sí os tres equipos para acadar un posto na final.

 

Venres, 30 de decembro de 2011

La Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño convoca el curso de movilización de personas dependientes

Desde la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño se conva un curso de 20 horas de duración, que se desarrollará los días 21 y 28 de enero, finalizando el 4 de febrero, con el título de Movilización de personas dependientes, dirigido a personas mayores de 16 años interesadas en adquirir las habilidades y conocimientos necesarios para la movilización y cuidados especiales que requieren las personas dependientes.

El objetivo principal de esta formación es formar a familiares, cuidadores o trabajadores en el modo de realizar los cambios posturales que favorezcan la movilidad de la persona dependiente. Además, se pretende mejorar la calidad de vida de la persona dependiente y del familiar cuidador, potenciando la integración de la persona mayor en su medio habitual mejorando las relaciones intergeneracionales.

En la estructura del curso se incluyen los módulos sobre Enfermedades físicas relacionadas con la inmovilización: úlceras, EPOC y parálisis; Ayudas técnicas; Técnicas de movilización e inmovilización y Riesgos y complicaciones de una inadecuada manipulación.

El coste del curso es de 60 euros.

Las personas interesadas en obtener más información o en realizar la preinscripción pueden dirigirse a la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, en la calle Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo ( al lado de la iglesia Parroquial), o llamar al teléfono 986 61 46 09 o al  606 34 84 71.

 

Martes, 27 de decembro de 2011

Ábaco entrega o 2º premio especial da Campaña de Nadal 2011/12

Ábaco vén de sortear esta pasada fin de semana o segundo dos catro premios especiais da campaña “Sorpresas de Nadal”. O gañador deste segundo sorteo é o guardés Daniel V. M., que resultou premiado cun cheque-compra de 250 €, tras rexistrar un código entregado por Gándara Fotógrafo.

No 1º sorteo destes premios especiais realizado a pasada fin de semana resultou agraciado cun cheque-compra de 300 € o tomiñés Miguel P.G., a través dun código repartido por Don Dino.

Nas vindeiras fins de semana sortearanse os dous premios especiais restantes, que son outro cheque-compra de 250 € e unha noite no Talaso Atlántico, participando os códigos rexistrados que non tiveran premio directo.

O éxito da campaña segue sendo notorio xa que hai case 9.000 códigos rexistrados e son 75 os premios entregados, pero aínda quedan moitos máis por saír así como os mencionados premios especiais, polo que desde Ábaco animan a que coas compras os clientes dos establecementos asociados entren no carrusel de “Sorpresas de Nadal”.

 

Venres, 23 de decembro de 2011

El quinto premio de la Lotería Especial de Navidad también deja algunos miles de euros en A Guarda

Delia y Mari Carmen de "O Galo" flanqueando el 03643 del 5º premio de la Lotería de Navidad

 

            El establecimiento mixto <O Galo>, de A Guarda, agraciado también con el quinto premio en la Lotería de Navidad, celebrado ayer, 22 de diciembre. Desde hace dos años, este establecimiento de la calle José Mª Andreini se incorporó al sistema de sorteos a través de terminal, y fue precisamente un número obtenidio mediante este sistema el que resultó premiado con 6.000 euros por décimo. Al tratarse de una terminal no se sabe cuántos décimos se pudieron haber vendido, aunque Delia y Mari Carmen Rodríguez Álvarez, que lo regentan, señalan que fueron varios los décimos adquiridos.

            Para las hermanas Rodríguez Álvarez es importante haber dado este quinto premio, ya que la gente sigue siendo reacia a adquirir boletos por terminal, como si los números tuviesen menos oportunidades de salir, “cuando los décimos adquiridos de esta forma tienen las mismas oportunidades que el décimo de toda la vida”.

            En <O Galo> se han dado, en los muchos años que llevan validando juegos de azar, premios de distintas cuantías. Uno de los mayores fue en un sorteo de la Primitiva en el año 2005, cuyo poseedor cobró 49.000 euros. Ahora, en estos tiempo de crisis, este quinto premio será muy bien recibido por los poseedores de los números tocados por la suerte, pero también llevó la sonrisa a Delia y Mari Carmen que no ocultaron su satisfacción por haberlo dado. En las puertas de <O Galo>, establecimiento de los pocos que ya quedan con ese espíritu de taberna familiar y ultramarinos, ya se anuncia que Papá Noel y los Reyes pasaron anticipadamente por esta rúa. 

 

Mércores, 21 de decembro de 2011

ÁBACO entrega o 1º premio especial da Campaña Nadal 2011

Ábaco sorteou o primeiro dos catro premios especiais da campaña “Sorpresas de Nadal”. O gañador deste primeiro sorteo é o tomiñés Miguel P. G. que se levará un cheque-compra de 300 euros, logo de rexistrar un código por xentileza de Xoguetería Don Dino.

Este é o primeiro sorteo dos catro premios especiais que Ábaco repartirá ó longo da campaña entre os códigos rexistrados que non teñan premio directo na validación inmediata. Os seguintes sorteos serán os vindeiros 25 de decembro, e 1 e 6 de xaneiro, nos que se repartirán dous cheques de 250 € e unha noite no Talaso Atlántico.

Nestas dúas semanas de campaña xa son 52 os premios directos entregados, e máis de 5.200 os códigos rexistrados, que seguirán optando aos premios especiais en cada fin de semana ata o 6 de xaneiro que remata a campaña.

Por outra banda, e dentro das actividades programadas para este Nadal, Ábaco informa a tódolos os nenos e nenas que o venres 23, dende ás 11 da mañá, Papa Noel os espera cunha morea de agasallos na Praza de Abastos, para escoitar todas as peticións e ver que comportamento tiveron este ano.

 

Sábado 17 de decembro de 2011

Prácticas formativas en empresas do Curso de Técnico en Cociña impartido en Érguete Baixo Miño

O Curso de Técnico en Cociña dirixido a persoas desempregadas e con perfil profesional dentro do ámbito da hostalería e restauración, comezou no mes de setembro cunha duración de 300 h.

Nel participan nove persoas da Comarca do Baixo Miño e enmárcase dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño.

Durante decembro e xaneiro o alumnado está a realizar as prácticas formativas en centros de traballo cumprindo 120 horas máis, imprescindibles para obter o certificado. As empresas que colaboradoras son Restaurante Area Grande, Abadía das Eiras, La Casa de la Abuela, As Brasas, Tu Menú, Casa Outeiro, Woody Pool, Restaurante Trasmallo e A Quinta do Ramo.

Esta actividade é impartida grazas á colaboración das cotas dos socioss da Asociación, a Consellería de Traballo e Benestar –Secretaría Xeral de Política Social-, o Fondo Social Europeo, a Deputación de Pontevedra e o Concello do Rosal.

Pódense ver fotos en facebook.com/Érguete Baixo Miño

 

Xoves, 15 de decembro de 2011

Fedra Alcaraz inaugura mañá unha mostra de arte plástico no Centro Cultural da Guarda

“Pequenas algas debuxan siluetas no peirao da Guarda e na praia do Muíño, raíces desterradas fan niños para o meu acubillo. Follas que apodrecen na humidade da fraga, restos de papel(...), anacos de terra usada...No meu caótico itinerario fun recollendo obxectos abandonados, arrebolados polo marea, esparexidos polo vento, esbarucados pola chuvia (...). Descubro neles unha beleza inesperada...Con este materiais constrúo a miña obra, metáforas de min e do mundo...”

Así describe a artista Fedra Alcaraz o espíritu da súa mostra que baixo o nome Memoria do Camiño permanecerá exposta dende o próximo día 16 ata o 30 de decembro no Centro Cultural. A inauguración será este venres ás 20,00 horas e contará coa presencia de Tino Baz.

            Recordamos que o horario de apertura do Centro Cultural é de 10 a 13 horas e de17. a 20 horas de luns a venres e de 10 a 13 horas os sábados. Os días 24 e 25 de decembro a sala permanecerá pechada.

 

A nova Asociación de Familias con Trastornos de Aprendizaje e Educativos preséntase mañá no Recreo Artístico Guardés

            Mañá, venres, ás 20.30 horas, a Asociación de Familias con Trastornos de Aprendizaxe e Educativos, celebrará unha reunión no Recreo Artístico Guardés, para dar a coñecer este novo colectivo que quere reunir aos pais con nenos que presenten, ou non, déficit de atención e hiperactividade.

A asociación contará coa colaboración de psicólogos e logopedas, así coma outros profesionais, para a información, avaliación, prevención, reeducación e rehabilitación dos nenos con algún tipo de problemas.

A sede do colectivo está na rúa Donantes de Sangue, nº 52, da Guarda e os teléfonos de contacto son o 647 607 117 (Carlos), 626 890 624 (Cheli) ou 655 347 361 (Cruz).

 

Mércores, 14 de decembro de 2011

O pleno da Guarda aproba unha moción do BNG sobre os recortes do Plan Concertado da Xunta

O BNG presentou unha moción sobre os recortes que están a sufrir os concellos no Plan Concertado da Xunta de Galiza. A moción foi aprobada coa abstención do Partido Popular.

O Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais é un instrumento fundamental de cooperación entre os Concellos, a Xunta de Galiza e a Administración do estado, por medio do cal se cofinancian os servizos sociais municipais e permiten garantir as prestacións básicas e a atención aos veciños e veciñas. Así o Plan Concertado cobre os custes tan importantes como o servizo de Axuda no Fogar, persoal de servizos sociais, os gastos do mantenemento de servizos sociais comunitarios, a xestión de programas de prevención, insercción, cooperación, ... así como equipamentos para servizos sociais.

A Xunta de Galiza do PP está a levar a cabo un recorte drástico e inxustificado nas partidas do Plan Concertado que chegan ata 80%, afectando directamente ao Concello da Guarda. Xusto cando, por efecto da crise económica, maior é a necesidade de recursos e prestacións sociais para atender ás persoas que con máis dureza están a sufrir as súas consecuencias.

Este recorte obriga aos concellos a facer fronte ás necesidades e programas contraídos este ano 2011 con fondos propio o que vai afectar aos servizos sociais municipais, tendo en conta o retraso con que está a pagar a Xunta de Galiza os compromisos contraídos cos concellos.

Na moción presentada polos nacionalistas ínstase á Xunta de Galiza á restitución inmediata dos créditos eliminados para o finanzamento do Plan Conertado do ano 2011, así como a garantir nos orzamentos do ano 2.012, como mínimo as cantidades consignadas no 2009 para dito plan. Tamén restabelecer e incrementar os fondos destinados aos concellos para o apoio ás familias.

“Cando diferentes colectivos están a significar e a denunciar o incremento do paro tanto na localidade como na comarca, faise difícil comprender a actitude do PP non apoiando esta moción e posicionándose a carón da Xunta, en lugar do lado de quenes están a sufrir a crise” comenta Xan Lois Lomba, portavoz municial do BNG.

 

Martes, 6 de decembro de 2011

O Museo do Mar permanecerá aberto durante toda esta semana

O Museo do Mar de A Guarda, situado na Atalaia do Porto permanecerá aberto durante toda esta semana (do 5 ó 11 de outubro) tanto nos días festivos como nos laborais. Deste xeito, tanto os veciños da Guarda como os visitantes que se achegan nesta semana “de ponte” tan peculiar poderán disfrutar desta colección que normalmente só abre en findesemana.

Ademais da habitual colección etnográfica e malacolóxica, aínda pode visitarse a exposición sobre as baleas facilitada pola CEMMA, que ademais de narrarnos as actividades relacionadas con esta especie (hábitat, características, a caza na historia e o seu aproveitamento,...) nos amosa fragmentos do esqueleto como unha vertebra ou unha costela.

Tras esta semana de apertura ininterrumpida, o museo pechará as súas portas durante dous meses.

O horario de apertura durante toda esta semana é de 11 a 14h. e de 16. a 19h.

 

O 7 de decembro encéndese a iluminación de Nadal que este ano reduce horario e número de elementos

A concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, informa que o encendido da iluminación de Nadal  será este mércores, día 7 de decembro prolongándose ata o 6 de xaneiro, de 18:15 a 21:30 horas, aínda que os venres e sábados a iluminación  nas rúas estenderase ata a 1:00 da madrugada do día seguinte. As rúas contarán tamén con sonido ambiental.

Este ano  o número de arcos redúcese  dos 102, do ano 2010, aos  48 elementos actuais. Tamén se reduce o número de rúas nas que se colocan arcos ou motivos navideños. Este ano  na iluminación de Nadal colaboran as asociacións de comerciantes da Guarda, de tal xeito que o orzamento será asumido nun 50 por cento polo  concello  e o outro  50 por cento polas asociacións de comerciantes.

 

Luns, 5 de decembro de 2011

Actos musicais co gallo do 121 aniversario do Recreo Artístico Guardés

.O Recreo Artístico Guardés, con 121 anos de historia, organiza o 8 de decembro, xoves, distintos actos conmemorativos que comezarán ás cinco da tarde, no Salón Principal, co Saúda do presidente da sociedade, para seguir coas actuacións do coro Cantábile, o grupo de padereitas Tambaluca e o Ballet Studio 88 dirixido por Josué Álvarez.

Os actos finalizarán con convite dun viño doce e rosca aos asistentes, estando limitada a entrada aos socios, beneficiarios e convidados.

 

Sábado, 3 de decembro de 2011

El aventurero catalán Frederick Barnet que da la vuelta al mundo llega a A Guarda

            Frederick Barnet, catalán de Canet del Mar, llegó ayer a A Guarda. A sus 70 años da la vuelta al mundo acompañado de su bicicleta y 20 kg de peso en las alforjas. El albergue de A Guarda le da cobijo y mañana, domingo, reanuda su periplo para continuar por Portugal con la mirada ya puesta en el continente africano.

            El lunes ofreceremos la entrevista realizada a este aventurero que tiene como patria la Tierra.

Un sábado, 29 de octubre, partió desde la Iglesia de Santa María de Ripoll con una meta: Brasil, país al que espera llegar dentro de algunos  años, pero también con otros objetivos: conocer la cocina doméstica de cada lugar y enriquecer su experiencia culinaria, pues él, Frederick, emigrante en Alemania, Bélgica, Francia e Italia, trabajó como cocinero. Al llegar a su jubilación decidió no atrofiar su espíritu aventurero y se decidió por dar la vuelta al mundo. Primero de Ripoll a Santiago de Compostela, de aquí a Portugal, entrar en Andalucía y costear África, bajando hasta Johannesburgo y volver al continente europeo entrando por Turquía. Los Balcanes, Mongolia y Rusia, están en su “mapa”. También América: Alaska, la Patagonia y Brasil.

Aunque el periplo lo inició en Ripoll, atrás quedan tres semanas en bicicleta desde Alemania, como entrenamiento para una viaje que durará 10 años.

 

Venres, 2 de decembro de 2011

José Blanco firma el convenio para la puesta en valor del Castillo de Santa Cruz

El ministro de Fomento, José Blanco, y el alcalde de A Guarda (Pontevedra), José Manuel Domínguez, han firmado hoy un convenio de colaboración para la puesta en valor del Castillo de Santa Cruz con cargo a los fondos del 1% Cultural.

En virtud de este acuerdo, Fomento destinará 775.448,36 euros a esta actuación. El proyecto tiene un presupuesto total de 1.033.931,14 euros, al aportar el Ayuntamiento el 25% de la financiación.

El Castillo de Santa Cruz forma parte de las fortalezas transfronterizas del Bajo Miño, fortificaciones que se ubican en el contexto histórico de la guerra de restauración portuguesa que finaliza con la independencia de Portugal tras la firma del Tratado de Lisboa de 1668. El nombre de Sana Cruz se lo debe a D. Ávaro de Bazán, Marqués de Santa Cruz.

El objeto del proyecto es completar la superficie cerrada del castillo  con la reconstrucción de la cara sur del baluarte de la Guía, la cara este del baluarte de Santa Tecla, la parte de la cortina sur entre los baluartes de Santa Tecla y de San Sebastián, así como la parte oeste de la cara del baluarte de San Sebastián.

Se procederá a la limpieza de todo elemento vegetal en toda la fábrica de cantería, tanto en la parte exterior como en la interior, en muros, baluartes y adarves. Al resto del arbolado se le tratará formando un parque botánico y toda la superficie restante será tratada para uso público.

Se proyecta un paseo continuo a lo largo de todo el perímetro en las cotas del adarve. La zona central se proyecta como zona de estancia, tanto en la parte residual de los adarves como en la plaza de armas.

Se restaurarán también elementos sigulares, como el pozo, la fuente y el palomar y se proyecta un sistema de iluminación y señalización, además de la adecuación de las instalaciones de electricidad, fomtanería y saneamiento.

1% Cultural

            La Ley de Patrimonio Histórico de 1985 establece que el 1% del presupuesto total de ejecución de las obras públicas se destinará a financiar los trabajos de conservación o enriquecimiento del Patrimonio Histórico Español o de fomento de la creatividad. Las actuaciones se realizan en inmuebles declarados de interés cultural o similares.

 

Xoves, 1 de decembro de 2011

Máis de 50 persoas na última Andaina de Outono “Do Torroso a Valga” organizada polo concello da Guarda

O sábado 26 de novembro tivo lugar a última Andaina de Outono organizada polo concello da Guarda para este ano. Máis de 50 veciños da localidade, pero tamén da comarca percorreron preto de vinte quilómetros pola serra da Groba onde descubriron os miradoiros ó océano Atlántico e a as fermosas estampas do Baixo Miño.

A paisaxe outonal da serra acompañou ós participantes nunha mañá tamén outonal e na que puideron coñecer recunchos cheos de encanto como muíños, arroios e, como non, exemplares da fauna deste espazo natural cabalos salvaxes e cabras.

 

Luns, 28 de novembro de 2011

El voto de calidad del alcalde y la abstención de la edil de converxencia galega impiden la creación de una comisión para buscarle una mejor ubicación al mercadillo guardés

En el pleno ordinario celebrado en el concello de A Guarda el pasado viernes día 25 de noviembre se discutió una moción propuesta por el Grupo Municipal Popular cuyo único objetivo era la creación de una comisión con el fin de dar una mejor solución a la ubicación del mercadillo semanal.

Las razones esgrimidas por los populares para  amparar la búsqueda de una mejor ubicación al mercadillo fueron las incomodidades creadas a los vecinos de la calle Coruña, lugar actual de ubicación del mercado, dificultad para el uso del aparcamiento de la Finca de Fínola, inclusive creando riesgo para los peatones que se acercan a la zona al tener que pasar por la única vía de entrada y salida, la falta de visibilidad del mismo y la búsqueda de su uso como agente dinamizador y potenciador del comercio local.

Después de explicar estos argumentos el grupo Popular solicitó el apoyo para entre todos, grupos políticos, asociaciones de comerciantes, afectados, policía local y vendedores, buscar una mejor ubicación que conjugaran los intereses y el bienestar de todos.

El Grupo Municipal del PSOE negó dichos problemas y dijo de forma tajante que esa era la mejor ubicación al mercadillo, y que sólo a algunos vecinos de esa calle les causaban incomodidades, no a todos.

Realizada la votación en la que la propuesta del Partido Popular contó con el apoyo del BNG se llegó a un empate a 7 que dirimió el voto de calidad del Alcalde, el socialista Domínguez Freitas.

El Partido Popular Guardés agradece al apoyo y el compromiso del Bloque Nacionalista Galego para con la búsqueda de soluciones a los problemas cotidianos de los vecinos; así como lamenta tanto la falta de capacidad de diálogo de un Grupo Socialista en minoría, como la indeterminación de Converxencia Galega que es capaz de llevar al Pleno de Constitución diferentes comisiones sin fondo aparente y no apoyar una comisión cuyo único objetivo era aunar fuerzas y compartir ideas para mejorar nuestro pueblo y dar solución a problemas de nuestros vecinos.

En otro orden de cosas, el Partido Popular también solicitó en Pleno al grupo de gobierno, diferentes arreglos y mejoras en el pueblo como la ubicación de pasos de peatones en Diego Antonio González y República Dominicana (Altura de Sto. Domingo de Guzmán), el arreglo y reposición del alumbrado de la Plaza de Salcidos que lleva 15 días sin él, la mejora de la iluminación en el Cementerio de Camposancos y otras, con el objetivo de mejorar y trasladar los problemas del pueblo con el fin de que se le dé una solución a la mayor brevedad posible.

 

Sábado, 26 de novembro de 2011

Os socialistas defenden no Parlamento unha solución para as vivendas da Guarda afectadas pola execución de sentencias xudiciais a instancias da Xunta

O portavoz de Urbanismo do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego, interveu esta semana no Pleno do Parlamento para defender unha solución ás vivendas da Guarda afectadas pola execución de sentencias xudiciais “a instancias da Xunta”. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei neste sentido rexeitada polo PP.

Logo de que o PP rexeitara esta proposta, Rego apuntou como solución máis inmediata a aprobación da emenda socialista ao articulado dos Orzamentos da Xunta para 2012, que permitiría aprobar unha solución a través dunha Lei que entrará en vigor o próximo 1 de xaneiro. Esta emenda insta á Xunta a garantir “que os afectados non queden en situación de desamparo con independencia das responsabilidades que se poidan esixir”.

Rego restoulle credibilidade ao anuncio dos portavoces do PP para solucionar o problema a través dunha presunta Disposición Adicional na futura Lei de Vivenda, que a día de hoxe aínda non foi aprobada polo Consello da Xunta “nin se sabe cándo o fará” e moito menos sobre os prazos cos que vai ser remitida ao Parlamento para o seu trámite e aprobación, algo que “a converte en inservible para afrontar a solución a incertidume que están a vivir os veciños do concello” que teñen afectadas ás súas vivendas.

Lembrou que as vivendas afectadas foron construídas “con tódalas licencias municipais e tódolos informes xurídicos e técnicos favorables”. Rego saudou dende a tribuna de oradores aos veciños de A Guarda, acompañados do alcalde José Manuel Domínguez Freitas, que estaban presentes no debate desta sesión plenaria. Lembrou que este alcalde ten embargado o seu soldo por “defender intereses dos veciños”, por non executar sentencias.

O deputado lembra que hai na nosa Comunidade sentencias de distintos tribunais que anulan licencias para a construción de inmobles, replica que estes fallos xudiciais “teñen que ver cunha mala utilización da lexislación urbanística de Galicia”, tanto por parte dos concellos, da administración autonómica ou incluso dos propios particulares.

Sinalou que o Grupo Socialista “non pide amparo para ningunha ilegalidade urbanística” e proseguiu “pedimos amparo para aqueles cidadáns que construíron as súas vivendas cunha licenza municipal e con todas as da lei”.

A maiores sinala que o recoñecemento por parte dos tribunais das irregularidades na concesión de licencias, supoñen en moitos casos a anulación das mesmas e a restauración da legalidade, retrotraendo os terreos á situación previa a concesión de licenza. No caso de obras xa comezadas nas que os propietarios ou promotores estaban amparados pola licenza municipal, o concello ten responsabilidade nos seus actos e deberá compensar adecuadamente a estas familias ou empresas, xa que poden ver como se derriba a súa casa, construída co beneplácito do concello, logo de pagar as correspondentes taxas.

A Xunta retira contenciosos

Dixo que o Goberno de Feijoo so ten “amparo para os que constrúen sen licencias e promoven urbanizacións sabendo que son ilegais, como advirten os técnicos municipais, ademais da inspección da legalidade urbanística e mesmo acordos de Goberno”. Nese senso lembra que a Xunta investiu 14 millóns no convenio de Barreiros, e replica que con este Plan Supramanicipal que considera “fraudulento”, ademais “retíranse os contenciosos que tiña o avala da asesoría xurídica da Xunta”.

A Guarda ou Sanxenxo

O deputado afirma que o Goberno de Feijoo reclama que se “executen as sentencias inmediata contra os veciños que obran de boa fe, como os cidadáns de A Guarda ou Vilaboa”, pero critica que “a Xunta non actúa contra os Barreiros, O Grove, Fisterra ou Sanxenxo ”. E insistiu nas súas criticas “uns obraron de boa fe e outros de xeito especulativo”. Sinala que o modelo do PP “defende intereses particulares, persoais e partidarios en contra do interese xeral de todos”.

A lei de vivenda aínda non esta no Consello da Xunta

Por ultimo criticou as soflamas do PP, nas que asegura que a Lei de Vivenda, que aínda non esta no Consello da Xunta, vai solucionar este problema. Rego preguntou porque o Goberno de Feijoo non executa a sentencia do edificio de Sanxenxo que esta na mesma situación “e lembra que hai un exmembro do Goberno que ten alí un piso”. E aludiu aos adosados do Grove “porque non se executan”, insistiu.

Orden urbanístico

Rego defendeu esta semana unha proposición non de Lei na que reclamou ao Goberno de Feijoo a adopción de diversas medidas urbanísticas en Galicia “para poñer orden na actuación da Consellería de Política Territorial, e especialmente no que atinxe a ordenación e  inspección urbanística de Galicia, co fin de buscar a máxima equidade na súa actuación e establecer criterios claros”. A proposta foi rexeitada polo PP.

Alí acusou ao Goberno de Feijoo de estar ao lado dos especuladores do territorio. “Non hai negan voto que xustifique o que se fixo no concello lucense de Barreiros, ningún”, espetou.

O parlamentario advertiu que a Xunta executa as sentencias segundo conveña. Argumentou que podemos atopar diferentes situacións de infraccións urbanísticas, que podemos resumir en dous grupos “aquelas nas que os concellos e particulares actuaron con informes que respaldan as súas decisións e tomando medidas inmediatas ante os requirimentos da Xunta, e outros que outorgaron licencias en contra dos informes oportunos ou desatendendo os requirimentos da Xunta, non paralizando as obras ou nin sequera informando os propietarios ou promotores”.

 

Texto do PSdeG-PSOE rexeitado polo PP no Parlamento

-Realizar ou promover as modificacións normativas oportunas para garantir a adopción de medidas cautelares de publicidade, cando a Administración autonómica inicie procesos de restauración da legalidade urbanística que podan deparar en prexuízos a terceiros adquirentes de boa fe. De este xeito se publicitarán no rexistro da propiedade os recursos e demandas interpostas por motivos de legalidade urbanística e se solicitará a adopción de medidas cautelares de paralización das obras.

 

-Realizar ou promover as modificacións normativas oportunas para que cando a lesión se produza como consecuencia de actuacións administrativas declaradas ilegais que determinen o derribo das edificacións, deberase iniciar o procedemento de derribo, de oficio ou a instancia de parte, dende o momento no que se teña coñecemento da resolución xudicial ou administrativa, firme e definitiva, que estableza a obriga de derribo. Ademais, no prazo máximo de seis meses, establecerase a responsabilidade e a contía da indemnización aos propietarios, na forma que determina a normativa sobre responsabilidade patrimonial da Administración,  poñéndoa canto antes a disposición do prexudicado 

 

-Adoptar as medidas axeitadas para impedir que, como consecuencia dunha sentenza de demolición da vivenda residencia habitual se produzan situacións de desamparo, procurando,  de ser o caso,  os medios materiais para o realoxo provisional inmediato e o seu traslado.

 

Venres, 25 de novembro de 2011

O equipo feminino de baloncesto do San Xerome, campión galego da categoría adaptada

Despois da celebración ó longo do ano 2011 das tres xornadas deportivas, o pasado mércores, día 23 de novembro, o equipo feminino da  categoría adaptada  proclamouse campión galego no torneo organizado pola organizado pola Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual (Fegadi).

Nesta terceira xornada, disputada no Pavillón do Porriño, o  club do Baixo Miño derrotou con claridade  ós equipos Aspanaex e Méndez Núñez de Vigo.

Ó remate da xornada, o  alcalde do Porriño, Nelson Santos, fixo entrega ás campionas do trofeo e as medallas  individuais correspondentes.

Desde o San Xerome dan a noraboa ás deportistas, Paula, Jenifer, Amparo, Rosalía, María, Maite e  Nuria; e agradecen ó grupo de  adestradores voluntarios  polo seu incansable traballo dos martes e sábados.

A próxima cita do Club  será para os deportistas de fútbol sala o  sábado, 10 de decembro, no Pavillón do Berbés de Vigo, no Torneo organizado pola Fundación Michel Salgado.

 

Xoves, 24 de novembro de 2011

Concerto da Agrupación Musical da Guarda

Coa colaboración do concello da Guarda, Deputación de Pontevedra e a Parroquial Santa María da Guarda, e organizado pola Agrupación Musical da Guarda o próximo 3 de decembro a banda de música guardesa honrará a Santa Cecilia cun concerto que comezará ás 20 horas e terá como telón de fondo o retablo barroco da igrexa de Santa María da Guarda.

Nesta cita musical participarán os grupos de Cámara e o Grupo Infantil, integrados na Agrupación Musical da Guarda, pechando este encontro a banda Agrupación Musical da Guarda que interpretará distintas obras do seu amplo repertorio.

 

Xerock e The Runaways, no IES A Sangriña como despedida do proxecto europeo “Democracia Participativa”

O vindeiro venres 25 de novembro o centro San Xerome Emiliani en colaboración co Instituto da Sangriña vai celebrar o derradeiro acto do proxecto de democracia participativa que comenzou o pasado 1 de decembro do 2010.

Este acto consiste en un concerto do grupo Xerock do centro San Xerome Emiliani e o grupo Runaways composto por xóvenes da Guarda.  Con este concerto preténdese celebrar un encontro da xuventude guardesa na que se coñeza cal foi o itinerario pola democracia levado por un grupo de oito mozos do Centro San Xerome Emiliani e Avelaiña e por outros oito mozos de Vilafranca de Xira en Portugal, dando a coñecer tamén que Europa non é so unha entidade política económica senón que dende programas como o de Juventud en Acción tamén apoia iniciativas de mozos en aras da súa participación, formación e achegamento  cara a democracia. A música sempre está unida á xuventude e con este concerto e a golpe de Rock  quérese achegar á Unión Europea ós mozos de A Guarda.

O concerto terá lugar ás 12:30 no Salón de Actos do Instituto da Sangriña.

Durante a actividade proxectaranse algúns dos momentos que protagonizaron o grupo de Democracia Participativa no seu itinerario pola democracia, dende a visita ó Concello da Guarda, á Xunta de Galicia, ó Ministerio de Sanidad Política Social e de Igualdade hasta chegar á Comisión Europea en Bruselas, pasando polos Parlamentos, autonómico, nacional e o europeo. Toda esta viaxe remata compartindo eses momentos cos compañeiros e compañeiras coa  banda sonora de fondo dos músicos de Xerock e The Runaways.

 

Luns, 21 de novembro de 2011

Obradoiro de Musicoterapia (nunha actividade de inclusión social)

O CEIP A Sangriña, o IES, e os usuarios de Avelaíña e  San Xeromee Emiliani participaron nun taller de musicoterapia, actividade enmarcada dentro do programa “Comenius Regio” no que participan todos os centros citados.

Pola mañá os alumnos compuxeron o tema  e fixeron os ensaios, e pola tarde visitaron Baixo Miño Estudios, para rematar finalmente ca gravación.

Neste obradoiro, din desde o CEIP A Sangriña, "pateamos" algúns prexuízos sociais a golpe de tambor cunha nova proposta reivindicativa. Neste caso a inclusión social leva ritmo,e faise escoitar no seguinte enlace:  http://www.bmestudios.com/, onde clicando no apartado de audio poderase escoitar a súa espectacular composición e no apartado de galería accederase ás fotos.