|
Sábado, 4 de febreiro de 2012 Primeira reunión para facer unha diagnose socio-económica do Baixo Miño
Sentar as bases para realizar unha diagnose socio-económica do Baixo Miño e o do Norte de Portugal foi o obxectivo da primeira reunión celebrada en Tui á que asistiron membros da CEP, da Escola de Negocios de Nova Galicia Banco, de ACITUI, ACIGU e a Cámara de Comercio de Tui. En concreto asistiron Medardo Arias Prieto, secretario Xeral da CEP, Jesús Graña, asesor do departamento económico da CEP, Eduardo García Erquiaga, director da Escola de Negocios de NGB, Óscar García Álvarez, profesor desta Escola, así coma o presidente e a xerente de ACITUI, Jorge Álvarez e Ánxela Estévez, a presidenta da ACIGU, Carmen García Braga, e o secretario da Cámara de Comercio de Tui, Javier Pérez. O director da Escola de Negocios, Eduardo García Erquiaga, explicaba que se trata dun traballo co que queren axudar ao colectivo empresarial do Baixo Miño a desenvolver un plan de diagnose da competitividade empresarial na comarca e deseñar as accións para consolidar esa competitividade, para mellorar a capacidade de competir do territorio. Ese plan levará a facer unha análise do que é medio local na comarca coas súas características, e a partir facer un estudio en profundidade da competitividade das empresas e das actividades fundamentais da comarca, sempre tendo en conta as sinexías co Norte de Portugal. O Plan farase man a man co sector empresarial, e abranguerá distintas fases. A primeira é o traballo de gabinete que recompilará en primeiro lugar toda a información existente sobre o tema. Isto complementarase co traballo dos propios empresarios e institucións en distintas mesas de trabllo, e cunha enquisa a 400 empresas para obter así de primeira man a súa visión sobre a competitividade, e entrevistarán a persoas referentes no ámbito empresarial, institucional ou social, da comarca. O obxectivo final do estudio é ser un vehículo para reflexión e a boa diagnose, e que isto dea paso a poucos, claros, e concretos programas de acción que sirvan de folla de ruta aos empresarios da comarca. O secretario xeral da CEP, Medardo Arias, salientaba que todo traballo vaise facer sobre a base de ACITUI, ACIGU e a Cámara de Comercio, que servirá para facer un bo estudo dispoñible tanto aos empresarios como aos políticos. O prazo marcado para ter rematado este estudo estratéxico é o mes de maio. Unha vez rematado haberá un mecanismo de control para a súa posta en marcha que será xa responsabilidade de ACITUI e de ACIGU, co respaldo da CEP. A execución deste plan forma parte do convenio subscrito entre a CEP e a Escola de Negocios.
A CIG Ensino denuncia o atraso do pagamento, por parte da Consellaría, aos colaboradores dos comedores escolares A CIG Ensino denuncia publicamente que a Consellaría de Educación aínda non pagou as cantidades asignadas aos colaboradores dos comedores escolares xestionados pola Consellaría de Educación nin ao profesorado que coordina o servizo. Nestes días cumprirase un mes de atraso no pagamento correspondente ao primeiro trimestre, é dicir, este persoal non cobrou nada desde o inicio do curso, e moitas veces esta actividade xéralle gastos. A CIG-Ensino preguntou por este atraso na pasada Mesa Sectorial sen que a Consellaría se dignase responder e sen que dese a máis mínima mostra de preocupación. As persoas colaboradoras dirixíronse ás Delegacións e non foron debidamente atendidas, recibindo respostas desprezativas que insistían na voluntariedade da súa función. A Consellaría respondeu na súa web, como é habitual, tamén no mesmo ton desprezativo e escusándose en problemas de fusión entre a Consellaría de Cultura e Educación. Mais é unha explicación inaceptábel, pois a realidade é que os atrasos nos pagamentos aos centros públicos, sexa no servizo de comedor, sexa nas convocatorias de axudas ás ANPAS, sexa nas axudas á normalización, estanse a converter nun feito cotiá. Na realidade un elemento máis de ataque ao ensino público, pois situacións como estas soamente conducen ao seu deterioro. O persoal colaborador dos comedores escolares son, habitualmente, nais e pais do alumnado que teñen que comprometerse por escrito a desenvolver o seu labor de xeito altruísta. Mais está establecido un pagamento en concepto de compensación, porque moitas destas persoas poden ter gastos derivados desa colaboración, de transporte por exemplo. A cuestión é que os comedores dependentes da Consellaría funcionan grazas ao voluntarismo destes colaboradores e que se determinasen cesar nesa colaboración, os comedores veríanse abocados ao peche ao non contar con persoal que atendese os nenos e nenas. É inadmisíbel que na actual situación de crise económica haxa colaboradores do servizo de comedor que teñen que poñer diñeiro do seu peto para prestar este servizo e procurar así que o comedor funcione, mentres a Consellaría esgrime unha escusa inaceptábel e atrasa os pagos. No seu día, a CIG Ensino defendeu que o Decreto que regula o servizo de comedor tiña que recoller que este servizo debería ser atendido con persoal específico, dependente da Consellaría, mediante unha relación contractual. Mais, a Administración non recolleu a nosa proposta e o Decreto establece que o comedor será atendido por persoal colaborador. Os atrasos nos pagos dos comedores xa afectaron ao servizo no final do curso pasado, pois no mes de xullo moitos centros seguían sen percibir as partidas correspondentes, o que provocaba que moitos centros se atopasen con graves dificultades para poder pagar os seus provedores. Á maioría dos centros debíaselles entre 10.000 e 20.000 euros e, nalgúns casos, máis de 30.000 euros. Nesta situación, os centros vense moi prexudicados na súa contabilidade e na súa imaxe. Algúns centros buscan a maneira de pagar estas débedas, mais isto pode dar lugar a desfases orzamentarios á hora de pechar as súas contas no fin de curso. A CIG-Ensino esixe o aboamento inmediato das contías establecidas para o profesorado que coordina o servizo e para o persoal colaborador, do contrario está en perigo o mantemento do servizo.
Venres, 3 de febreiro de 2012 O paro acada as 5.990 persoas en xaneiro no Baixo Miño
A cifra de parados no Baixo Miño acadou as 5.990 persoas o pasado mes de xaneiro. Segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Traballo o número de desempregados inscritos nas oficinas do antigo INEM incrementou en 188 persoas na comarca no primeiro mes do ano. O paro subiu en todos os concellos. En Tui hai 65 desempregados máis acadando unha cifra de 2.171 parados. En Tomiño chegaron en xaneiro ás 1.729 persoas sen emprego tras incorporarse 56 a esta situación. No Rosal so unha persoa perdeu o seu traballo de tal xeito que o total acada os 750 desempregados. En Oia rexístranse 340 parados tras un incremento de 11 persoas en xaneiro. E por último na Guarda a cifra de desempregados acada ás mil persoas tras rexistrarse 55 novos parados en xaneiro. Por sectores o maior incremento na lista de desempregados rexistrouse nos servizos con 140 persoas máis buscando emprego, mentres que hai 42 empregos máis na construción e 10 máis na industria. Por outra parte baixou o paro en tres persoas na agricultura e pesca e nunha persoa no colectivo sen emprego anterior. Xa con respecto ao paro interanual, de xaneiro de 2011 a xaneiro de 2012, subiu en 603 persoas. Por idade 589 dos 5.990 parados do Baixo Miño teñen menos de 25 anos, 2.917 son homes e 3.073 son mulleres.
Sábado, 28 de xaneiro de 2012 As taxas pola recollida do lixo no Baixo Miño e na provincia A disparidade existente na actualidade nas taxas que os concellos cobran aos seus veciños e veciñas pola recollida do lixo son abismais e non se corresponden con diferenzas reais no custe do servizo según un estudo elaborado pola Deputación de Pontevedra a través do seu organismo autónomo ORAL. O exemplo máis evidente e rechamante é o de dous concellos da comarca de Pontevedra: Barro e Poio, que en 2011 eran, respectivamente, os que tiñan a taxa máis barata (6 euros) e a máis cara da provincia (104). O que pagaron o pasado ano os veciños de Poio pola recollida de lixo é case 18 veces máis que o que pagaron os de Barro. Este ano, despois de que o 37% dos concellos subisen as tarifas, o concello coa taxa máis baixa é Arbo, con 15 euros de cota e o máis caro Poio, con 108. Este é un problema de falta de equidade que se arrastra desde anos atrás pero que, con motivo da crise aflora. Así que, según puxo de manifesto o presidenta da Deputación, Rafael Louzán, é necesario dar unha solución a esta desproporción. Unha solución que, hoxe por hoxe, non pode pasar por un incremento masivo e repentino das tarifas (xa que o servizo de recollida de lixo é un servizo deficitario, dado que non chega a cubrir os custos do servizo, que se estiman nuns 122 euros por fogar), senón por solucións alternativas que afonden en tres aspectos: · A racionalización dos recursos · A mellora da eficacia do servizo · O abaratamento dos custes Según Louzán, iso pode conseguirse apostando pola mancomunidade de servizos: a prestación deste servizo aos concellos da provincia de forma conxunta permitiría: 1.- reducir nun 50% os vehículos destinados a este fin e noutro tanto o persoal (que podería desenvolver outras funcións nos concellos e, en consecuencia, dar a posibilidade de que ese municipio incremento ou mellore os seus servizos noutros eidos). 2.- Facilitar a relación e a negociación coa empresa xestora dos residuos (Sogama) e abaratar a tarifa que actualmente ten por cada tonelada de lixo que lle chega. Outra vía, que tamén podería ser máis doada de xeralizar se se opta por un sistema mancomunado, é a promoción da reciclaxe que hoxe en día é moi deficiente na provincia, impulsando a concienciación cidadá para que separen na casa e mellorar a distribución de contenedores para que facilitar esta tarefa. Datos das taxas por concellos no Baixo Miño:
Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Pachi Vázquez aposta pola innovación, as novas tecnoloxías, e a competitividade como elementos clave para saír da crise en Galicia
O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, visitou hoxe os concellos de Tomiño e A Guarda, no marco da campaña Galicia, a nosa tarefa, que está a desenvolver o PSdeG para recoller as inquedanzas e propostas dos cidadáns a través dos concellos e dos colectivos veciñais, empresariais, culturais e sociais. Vázquez achegouse hoxe á empresa Tu Menú Goián, en Tomiño, para coñecer de primeira man o traballo que desenvolven un grupo de mulleres emprendedoras deste municipio. O líder socialista destacou o traballo realizado por unha empresa que ademais recibiu o premio á Muller Emprendedora Rural. “Vimos a escoitar e a aprender de mulleres que son capaces de poñer en marcha unha empresa innovadora, competitiva e que está a abrir novos nichos de mercado”, sinalou. “Unha empresa que demostra que cando a xente pon a cabeza, traballa e abre novos horizontes comerciais, hai moitas posibilidades”. Vázquez amosou a súa preocupación porque o Goberno galego “tirou a toalla” e non só non é capaz de reactivar a economía e fomentar o emprego senón que as previsións apuntan a que no vindeiro ano destruíranse 50.000 empregos máis. “Fronte a isto, os socialistas estamos a traballar para dar alternativas e estamos percorrendo Galicia e comprobando que hai xente que fai cousas novidosas, como esta empresa”, apuntou. Así, considerou como “elementos clave para saír da crise en Galicia, a innovación, as novas tecnoloxías, a apertura de novos nichos de mercado e a competitividade”. Lembrou que “agora mesmo, a labor máis importante do PSdeG é serlle útiles á sociedade galega, ser capaces de darlle alternativas políticas fronte a un goberno do PP que está esgotado”.
Tras realizar estas declaracións en Tomiño, o líder dos socialistas galegos achegouse ata o concello de A Guarda, onde visitou o Colexio de San Xerome, a fin de coñecer de primeira man a problemática que atravesa este centro de nenos e nenas discapacitados psíquicos. Alí mantivo un encontro coa directiva do centro e trasladoulle a necesidade de blindar políticas sociais básicas como a dependencia, a sanidade e a educación, a fin de garantir o funcionamento de centros como este. Unha proposta que o líder dos socialistas galegos xa lle transmitiu ao presidente da Xunta en vía parlamentaria.
Martes, 24 de xaneiro de 2012 Pachi Vázquez visita a comarca de Baixo Miño no marco da campaña “Galicia, a nosa tarefa” O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, achegarase mañá martes á comarca do Baixo Miño, concretamente aos concellos de Tomiño e A Guarda, dentro dos percorridos que está a realizar coa campaña “Galicia, a nosa tarefa” encamiñada á escoita activa de militantes, simpatizantes, e colectivos representativos do ámbito social, empresarial, cultural e veciñal dos distintos concellos galegos. O obxectivo da campaña é recoller as súas inquedanzas e propostas, a fin de incorporalas ao documento base que o PSdeG está a preparar de cara ao XII Congreso Galego e que conformará o proxecto dos socialistas galegos para as eleccións autonómicas. Así, Pachi Vázquez visitará mañá ás 17,30 h a empresa Tu Menú Goián S.L. formada por un grupo de mulleres de Tomiño, e que recibiu o premio da Muller Emprendedora Rural. Posteriormente, o líder dos socialistas galegos desprazarase ao concello de A Guarda, onde visitará ás 18,30 h o Colexio San Xerome. Ao remate de ambas visitas realizará declaracións aos medios de comunicación.
Sábado, 21 de xaneiro de 2012 Economía e Industria premia con cheques de desconto a 12 consumidores das prazas de abastos da comarca do Baixo Miño no marco da campaña ‘Este inverno presume de praceira-praceiro’ A Consellería de Economía e Industria, a través da súa campaña “Este inverno, presume de praceira/o”, levou a cabo onte, catro sorteos de cheques de desconto de ata 75 euros en cada unha das prazas de abastos da comarca do Baixo Miño participantes nesta pioneira iniciativa, coa que se premiou a un total de 12 consumidores galegos que elixiron as súas praceiras e praceiros favoritos. Na praza de abastos de Tui resultaron premiados con cheques de 75, 50 e 25 euros Clara Rey Gómez, Estrella Martínez Fernández e Silvia Martínez González; en Salceda de Caselas, Nati Fernández Bernárdez, Estrella García, Maricarmen Rodríguez Otero; en Salvaterra do Miño, Sol Ángeles González Rodríguez, Ana María Rodríguez Lorenzo e Almudena Bernández Alfalla. Finalmente, este sorteo tamén se desenrolou na praza de abastos de Goián, en Tomiño. O obxectivo desta iniciativa é impulsar e visualizar o noso consumo nos mercados municipais galegos, así como potenciar a figura profesional das praceiras e praceiros. Esta campaña desenvolveuse entre os días 12 e 23 de decembro e se retomou agora en xaneiro, do 9 ao 20, co obxectivo de incentivar o consumo no período previo e inmediatamente posterior ao Nadal. Nesta campaña, ademais do sorteo de cheques de desconto entre os consumidores, a Consellería pretende recoñecer a figura destes traballadores a través da posta en marcha dunha votación do profesional mellor valorado, para o que foi necesario a colaboración dos clientes. Deste xeito, os clientes recibiron por cada compra unha papeleta para votar polo seu praceiro favorito. En cada un dos mercados municipais participantes o procedemento foi o mesmo: cada praceira e praceiro entregou un cupón por compra aos seus clientes para que puidesen participar na campaña e no que, ademais dos seus datos, quedou reflectido o seu voto á mellor ou ao mellor profesional. Neste primeiro sorteo resultaron premiadas tres participacións con bonos de desconto de 75, 50 e 25 euros, que se poderán utilizar no propio mercado. O mellor praceiro ou praceira de cada mercado sairá do reconto de todos os votos recibidos, e os elexidos serán recoñecidos e homenaxeados publicamente nun acto oficial no mes de febreiro.
Venres, 20 de xaneiro de 2012 A CIG-Ensino seguirá esixindo da Consellaría de Traballo e Benestar Social que non se reproduza no futuro a situación de impago aos centros de atención a discapacitados A CIG-Ensino, organización sindical maioritaria en Galiza nos centros de atención a discapacitados, seguirá esixindo á Consellaría de Traballo e Benestar Social que non se reproduza no futuro a situación de impago aos centros de atención a discapacitados. A CIG-Ensino veu denunciando desde outubro de 2011 que os centros de atención a discapacitados, como o San Xerome, están a pasar por graves dificultades para manter en funcionamento as súas estruturas e, en consecuencia, a prestación dos servizos. A conxelación dos concertos, os recortes nas subvencións, o atraso nos pagos das mesmas (como neste caso até un ano) están a provocar graves problemas económicos e de liquidez que, de manterse, poden provocar, nun breve prazo de tempo, o peche de algúns centros e algún ERE. Esta falla de recursos afecta directamente á capacidade para ofertar os servizos a un sector máis amplo da sociedade que o demanda, así como a súa calidade. Por este motivo e para reclamar a negociación dun convenio de ámbito galego como medio para manter a estabilidade, a cualificación e as condicións laborais e salariais do persoal destes centros, algo fundamental para ter uns niveis de calidade aceptables, a CIG-Ensino xa realizou o 19 de decembro de 2011 unha concentración na Consellaría de Traballo na que participaron todos delegados de persoal do San Xerome Emiliani, xunto cos demais delegados e delegadas da CIG-Ensino. Ao final da concentración entregouse novamente unha solicitude de entrevista no rexistro da Consellaría. A CIG-Ensino sempre mostrou a súa disposición a colaborar para reclamarlles ás Administracións Públicas un maior compromiso co sector, a través dun incremento orzamentario das axudas que reciben estes centros e esixindo o cese dos atrasos nos pagos. Consideramos que o servizo que prestan estes centros é un servizo social de moita importancia, aínda máis na situación de crise que vivimos, e que xa deberan ter asumido as propias Administracións e, dado que non é así, non deben padecer, ao igual que outros servizos públicos, ningún tipo de recortes que afecten á subsistencia do servizo, á mellora da súa calidade e ás condicións laborais e salariais do seu persoal. Por este motivo a CIG-Ensino tomou a iniciativa e convocou, no mes de marzo deste ano, ás principias Asociacións Galegas, chegando a unha serie de acordos e consensuando un comunicado conxunto destinado a reclamar unha entrevista coa Consellaría de Traballo e Benestar social. Porén a asociación Fademga, á que pertence o centro San Xerome Emiliani, non se presentou na reunión, nin escusou a súa ausencia, desbotando así unha importante ferramenta de presión ante a Administración. Aínda así, a CIG-Ensino entende que é prioritario que a Consellaría remate con esta situación e dea garantías da continuidade do servizo aos usuarios, o que pasa necesariamente polo pago da totalidade das cantidades adebedadas para que o centro faga fronte a todos os pagos. Por este motivo a CIG-Ensino xa trasladara o seu apoio á mobilización prevista.
Xoves, 19 de xaneiro de 2012 RM Río Miño abastece de lampreas a Conservas de Cambados A certificación das lampreas do río Miño pola empresa RM Río Miño con sistema QR de etiquetaxe vén de dar un paso máis ao ser este producto o que se incorpora a oferta de Conservas de Cambados que dende onte ofrece Lamprea Fresca do río Miño á bordalesa. Benito Guerreiro, promotor e socio da certificación da orixe das lampreas, lembraba na Radio Municipal de Tui que eles non son unha empresa certificadora, senón que son unha empresa que garante que os seus produtos cumpren unhas características. Agora RM Río Miño da agora un paso máis ao vender amais de restaurantes, o seu produto tamén á Conservas de Cambados para a elaboración desta Lamprea fresca do río Miño á bordalesa, o que ao ter este certificado é unha garantía de calidade. Precisamente con este produto RM Río Miño ao través de Conservas de Cambados estará en Madrid Fusión. Benito Guerreiro explicaba que o resultado destas conserva é espectacular. Engadía este representante de RM Río Miño que pouco a pouco se van afianzando as cousas na empresa, paso a paso. Baixo a etiqueta de RM Río Miño hai cinco pescadores, un portugués e outro catros galegos, pescando lampreas. Avanzaba por último Benito Guerreiro que o 1 de febreiro haberá unhas charlas no Aquamuseo do Río Miño sobre o río Miño, en Vila Nova de Cerveira, nas que tamén estarán presentes.
Martes, 10 de xaneiro de 2012 A sangría económica da estrada “A Guarda-Tui” segundo Converxencia Galega Diante da información da paralización das obras do vial A Guarda-Goián-Tui, (cada anaco ten una definición e unas características distintas) desde Convergencia Galega xa manifestamos que de novo se cometía un agravio ca nosa zona, onde a deixadez, o abandono e aillamento é una constante de tódolos gobernos da Xunta ca parte sur do Baixo Miño. A paralización dese vial conleva que os nosos vecinos teñan que rodar por una estrada colapsada dende hai tempo, cun firme de pésima calidade e cunha colección de sinais (en moitos casos contradictorias entre sí) que os obriga dunha maneira ou de outra a deixar o séu salario (os que teñen a sorte de ter traballo) no viaxe, pois entre os desgaste e agotamento dos vehículos polo mal estado da estrada, a mala sinalización viaria e a presencia permanente de controis cos radares nos horarios en que saen para as empresas, fai que entre puntos e sancións económicas, sexa una sangría tódolos meses na súa nómina. O vehículo fai tempo que deixou de ser un artigo de luxo para convertirse nún complemento laboral, xa que a gran maioria, ten que desplazarse fora da súa localidade para poder traballar, isto conleva, trala compra do mesmo, una serie de gastos engadidos (seguro, I.T.V., rodaxe, etc.), ademáis dos impostos. A todo o anterior, hai que engadir o capítulo de sancións, as cales, fai uns anos, eran as clásicas, e que non tiñan moita discusión, (saltar un stop ou pasar en vermello, pisala líña continua, etc.) Pero logo apareceron os radares. Estes trebellos, actualmente, son o pesadelo de tódolos conductores, hai quen non durme pensando en que cruce os vai atopar, ata chegala a autovía en Tui. E tal a presencia de controles no horario de ida ou volta do traballo, que é una opinión xeneralizada que en vez de seguridade tratase dun acoso constante dos usuarios da carretera, nestes tempos de crise que corren no noso país, a sanción por sobrepasalo límite das distintas e diversas sinais, todos opinan que é un afán recaudatorio sin límites. Con isto non pretendemos sinalar que non se teñen que cumplir as leis, pero a maioría dos usuarios pensan que deberían de revisarse algunhas sinais de limite, pois existe moita contradicción entre elas e tamén a posibilidade de acatalas por estar ubicadas moi próximas unas a outras, en moitos casos son inapropiadas e provocan retencions e tensión nos conductores. De vez en cando as autoridades responsables do tráfico na zona, deberian pararse a pensar o quebranto anímico e económico que supón para o conductor e a súa familia o ter que pagar as sancións e chegar a fin de mes. Dá a impresión de que a voracidade recaudatoria da Administración nos leva aos tempos de “Juan sin tierra” soio que os usuarios da nosa estrada non teñen a un Robin Hood que lles devolva o diñeiro
Mércores, 4 de xaneiro de 2012 O Baixo Miño rematou 2011 con 521 parados máis. En decembro houbo 219 desempregados máis. A comarca do Baixo Miño rematou o 2011 con 521 parados máis, chegando a unha cifra de 5.802 desempregados. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe pola Consellería de Traballo e Benestar. No mes de decembro produciuse un repunte no número de persoas inscritas nos Servizos de emprego de 219 persoas. O paro subiu en todos os concellos. Onde máis o fixo foi no de Tui con 86 novos desempregados ata as 2.106 persoas en situación de desemprego. Tomiño incorporou 64 persoas as listas do antigo INEM ata os 1.673. No Rosal o incremento foi de 42 persoas ata os 749 parados, e na Guarda teñen 20 desempregados máis ata as 945 persoas. Por último en Oia hai 7 persoas máis sen traballo sumando unha cifra total de 329 desempregados. Por sectores o número de parados subiu en todos, onde máis o fixo a nivel comarcal foi no sector servizos con 79 desempregados máis, seguido da construción con 75 persoas que se incorporaron as listas dos servizos de emprego. Mentres na industria rexístranse 48 novos parados, 10 máis en agricultura e gandería e 7 no colectivo sen emprego anterior. O 2011 a nivel comarcal comezou con 5.387 parados e rematou con 5.802. O ano comezou con ascenso en xaneiro e febreiro, pero acumuláronse despois seis meses consecutivos de diminución no número de desempregados dende marzo ata agosto. O maior descenso produciuse en xullo con 231 persoas que atoparon traballo. Por contra os últimos catro meses de 2011 rexistraron unha tendencia alcista no número de persoas que se incorporaban as listas do antigo INEM, dende 78 novos parados en agosto, a 329 máis en setembro, co maior incremento do ano. En novembro e decembro sumáronse as listas do paro 271 e 219 persoas respectivamente. En Tui o número de desempregados en 2011 pasou dos 1.877 de xaneiro aos 2.106 de decembro. Xaneiro e febreiro foron meses de ascenso con 70 e 35 parados máis respectivamente. En marzo sete persoas atopaban traballo, pero en abril outras sete o perdían. Creouse emprego en maio con 68 novas contratacións, pero en xullo perdíanse 32 postos de traballo. O maior descenso, ao igual que a nivel comarcal, produciuse en xullo cando a lista de parados descendeu en 77 persoas. Pero por contra volveu subir nos últimos cinco meses, 18 persoas en agosto, 28 en setembro, 63 en outubro, 112 en novembro, co maior incremento do ano, e por último con 86 en decembro.
Martes, 3 de xaneiro de 2012 A Deputación de Pontevedra anticipa a distintos concellos as cantidades para afrontar gastos correntes e de tesourería A Deputación de Pontevedra anticipa mensualmente a 14 concellos do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Louriña a cantidade total de 1.244.593 euros para que poidan afrontar gastos de Tesourería como pago de nóminas e proveedores, entre outros gastos. A citada cantidade é en concepto de adiantos dos cobros do IBI de urbana e especial, Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, IAE e outros que recauda o Organismo de Recadación de Arbitrios e Taxas Locais (ORAL) pois os devanditos concellos teñen delegado este traballo no organismo autónomo da Deputación. Entre os concellos beneficiados están os do Baixo Miño: Tomiño, con 122.256 euros, e Tui, cunha cantidade que ascende a 145.853 euros. Renovación para o 2012 O pasado venres, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, suscribeu unha operación de crédito de 30 millóns da institución provincial co Banco de Santander para facilitar os devanditos anticipos perante o ano 2012 ós 55 concellos da provincia que teñen delegada a súa recadación no ORAL.
Mércores, 28 de decembro de 2011 O Baixo Miño gañará poboación ata 2017 superando os 50 mil habitantes A comarca do Baixo Miño gañará 946 habitantes nos próximos seis anos segundo se desprende da proxección de poboación a curto prazo realizada polo Instituto Galego de Estatística ata o ano 2017. Deste xeito a comarca pasará dos 49.215 habitantes de 2011 aos 50.161 que segundo esta proxección terá en 2017. Segundo esta estimación a poboación irá crecendo progresivamente nos próximos anos, perderanse 73 habitantes en 2016 e volverá repuntar un crecemento de 153 persoas en 2017. Analizando o periodo 2011-2017 por tramos de idade, segundo o IGE producirase un leve descenso na poboación de 0 a 4 anos que baixará en 10 nenos, por contra subirá en 188 os cativos de 5 a 9 anos, e tamén en 140 a de 10 a 14 anos. Mentres nos tramos seguintes prodúcense descensos de tal xeito que haberá 209 mozos menos de entre 15 e 19 anos, 330 de 20 a 24 anos, 390 de 25 a 29 anos, e maior descenso estará na perda de 536 persoas con idades entre os 30 e os 34 anos. Nos seguinte tramos de idade, entre os 40 e os 59 anos a poboación crecerá experimentándose o maior incremento no tramo de 40 a 44 anos. Xa de 60 a máis de 85 anos haberá un descenso de 17 persoas de 60 a 64 anos e de 498 de 75 a 79, pero por contra subirá en 252 nos maiores de 85 anos.
Sábado, 24 de decembro de 2011 Asociacións do Baixo Miño contarán con bolsas para traballar co pequeno comercio no fomento de emprego e na mellora do asociacionismo comercial A Deputación Provincial de Pontevedra acordou onte, na súa xunta de goberno, renovar 22 bolsas de emprego para traballar en colaboración cos pequenos establecementos da provincia na mellora e promoción do asociacionismo e na representatividade das asociacións de comerciantes da provincia de Pontevedra. Estas becas terán una duración de 6 meses e “contribuirán a fomentar o emprego na provincia”, según afirmou o presidente da Deputación, Rafael Louzán. A Deputación destinará a este plan 160.500 euros. Compre salientar que esta iniciativa suscitou unha gran interese entre as asociacións de comerciantes da provincia por considerar fundamental o traballo dos bolseiros para impulsar novos xeitos de comercio e potenciar o comercio local nas distintas vilas da provincia. Os bolseiros colaborarán dende as sedes das asociacións de comerciantes pola dinamización do sector, pola promoción do asociacionismo e pola representatividade das asociacións de comerciantes e para participar nas actividades promovidas pola Área de Comercio da Deputación. Serán beneficiarias destas becas aquelas asociacións mais pequenas e menos profesionalizadas pois o programa persigue a formación e profesionalización das persoas que traballan á fronte das asociacións de comerciantes.
Mércores, 21 de decembro de 2011 Tui perdeu 70 habitantes en 2010 e Tomiño gañou 112 segundo o INE O Instituto Nacional de Estadística fixo públicas no día de onte as cifras oficiais de población a 1 de xaneiro de 2011. No Conxunto da comarca do Baixo Miño a poboación é de 51.116 habitantes, producíndose un incremento de 54 novos habitantes con respecto ao 1 de xaneiro de 2010. Por concellos Tui foi onde máis baixou a poboación, fíxoo en 70 persoas, ata acadar una cifra de 17.236 persoas empadroadas na cidade. Tamén baixou o número de habitantes en Oia, pero en menor medida, xa 18 persoas deixaron de vivir no municipio ata acadar os 3.179 habitantes. Por contra con respecto ao 2010 subiu o número de empadroados nos outros tres concellos da comarca. O maior repunte rexistrouse en Tomiño que chega aos 13.604 habitantes tras un incremento de 112 habitantes, na Guarda hai 10.484 habitantes tras rexistrarse 12 persoas máis no padrón, e o incremento do Rosal foi de 18 persoas ata os 6.613 habitantes. Xa fóra da comarca en Salceda rexistraron un importante incremento, de 217 persoas máis no padrón chegando así a unha poboación de 8.665, e no Porriño a poboación creceu en 98 habitantes ata os 18.075 empadronados.
Luns, 19 de decembro de 2011 Mercado Solidario inaugura la campaña navideña en el Centro Comercial Travesía de VigoLas asociaciones del Baixo Miño. Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizarán la campaña navideña del Mercado Solidario, en un local cedido por el Centro Comercial Travesía de Vigo, entre los días 19 de diciembre al 5 de enero. El acto de inauguración tendrá lugar a las 11:00 horas y contará con la participación de representantes del Concello de Vigo, responsables de las empresas colaboradoras y los gerentes de las Asociaciones integrantes. En este Mercado Solidario habrá exposición y venta de productos elaborados artesanalmente por los usuarios de las seis asociaciones, con diseños propios, originales y de gran calidad, asequibles para todos los bolsillos. Son piezas de cerámica, bisutería, madera, cuero, productos textiles, ceniceros y llaveros, entre otros. Los representantes de las seis asociaciones, destacaron que Mercado Solidario, desde su creación, en el año 2007, se ha convertido en un punto de encuentro de profesionales, usuarios, familiares y allegados, para el intercambio de experiencias y apoyo mutuo, estando presente en las ferias y eventos más importantes de la zona sur de Pontevedra. Gracias a la pequeña aportación de cada venta, además de dar salida a los productos elaborados en los talleres, se facilita el funcionamiento y continuidad de estos Centros, logrando con ello, la satisfacción personal de cada usuario, al ver reconocido su trabajo y al apreciarse positivamente el esfuerzo de estas personas por superar su discapacidad, ayudando a lograr su inclusión social y laboral. Mercado Solidario se ubicará en un local de la primera planta del Centro Comercial de Travesía de Vigo. Los representantes de las Asociaciones agradecen el apoyo recibido, al ceder de forma desinteresada el local comercial para ubicar en él este Mercado Solidario, que atenderá al público de 10 a 22 horas, exceptuando los días 24 y 30 de diciembre y 5 de enero que abrirá por las mañanas de 10 a 15 horas.
Venres, 16 de decembro de 2011 Os centros de ensino da comarca protestaron onte contra os recortes
Os distintos centros de Ensino da comarca veñen de protagonizar onte medidas de rexeitamento ante a política dos “recortes” da Xunta de Galicia. Houbo concentracións nos recreos e colgada de pancartas alusivas á defensa do Ensino Público e de Calidade.
A Plataforma alerta de que hai máis de 140 baixas de profesorado sen cubrir, máis de 60 prazas de orientación van ser suprimidas, 1.000 profesores suprimidos no inicio de curso, outros 500 profesores que serán eliminados no próximo curso, o que se está a notar negativamente na nosa bisbarra. Estes recortes son froito dunha política inxusta que pretende desprestixiar o Ensino Público e que contrastan cun incremento do 13% dos orzamentos para o Ensino Privado e Concertado. Na zona do Baixo Miño xa hai centros onde se está a masificar as aulas por falta dese profesorado que a Consellería non envía ás escolas e institutos, algo que se agrava nestes días pois non se están a cubrir a maior parte das baixas dende principios de mes. Tamén se está a notar nestas datas previsas ao Nadal en que a comunidade educativa se enfronta á avaliación do primeiro trimestre, con resultados negativos no caso dos centros onde hai máis de 25 alumnos por aula. Hai que recordar que o máximo legal é de 25 no Ensino Obrigatorio (Infantl-Primaria-Eso) e 30 no non Obrigatorio (Ciclos Formativos-Bacharelatos) e que o alumnado repetidor non computa, motivo polo cal temos institutos con aulas de máis de 30 alumnos por grupo; cunha merma moi considerable para os resultados do alumnado. A Plataforma ten un lugar na rede para informar a toda a sociedade de todos estes aspectos; http://www.defendeoensinopublico.wordpress.com/.
Sábado, 10 de decembro de 2011 A "Asociación Veciñal pro Unificación Municipal: Concello Foz do Miño" presentaron onte unha moción nos concellos de A Guarda, Oia e Rosal para coordinar xestións municipais Moción para a criar un Consorcio Local entre os Concellos da Guarda, Oia e Rosal para a xestión conxunta e coordinada do servicio de emerxencias e intervencións rápidas para os tres concellos; así como a elaboración dos Plans Municipais de prevención de incendios forestais e os Plans Municipais de Emerxencias. A “Asociación Veciñal pro Unificación Municipal: Concello da Foz do Miño” tomando como referencia legal o Artígo 103º, 1 da Constitución de 1.978 que di: “A Administración Pública sirve con obxetividade ós intereses xerais e actúa de acordo cós principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación, con sometemiento pleno á Lei e ó Dereito”. Queremos propor ós Plenos dos Concellos da Guarda, Oia e Rosal a toma en consideración da seguinte proposta para criar un Consorcio Local que xestione o servicio de emerxencias, intervencións rápidas e contraincendios dos tres concellos, dun xeito conxunto e coordinado. Dado os tempos de crise que vivimos todos, faise necesario que os nosos Concellos tomando a referencia legal anterior, actúen con obxectividade polo ben de tódolos veciños, por riba de intereses de partido ou localistas, buscando a maior eficacia dos escasos recursos monetarios das nosas facendas municipais, para coordinarse e cooperar entre todos para manter operativo os servicios que son necesarios para os nosos veciños miñotos. Dende a “Asociación Veciñal pro Unificación Municipal: Concello da Foz do Miño” somos conscientes que a crise conleva que os orzamentos sexan menores, polo tanto debemos tratar de mante-los servicios e coa mesma calidade pero con menos diñeiro, polo cal hai que maximiza-los escasos recursos dispoñibles, e a nosa proposta vai nesta dirección de facer máis con menos. Entendemos que a prestación do servicio emerxencias e intervencións rápidas para extincións de incendios, axuda nos accidentes de tráfico, emerxencias,... é unha labor necesaria para a nosa sociedade, pero custosa para os nosos Concellos, tantos polos medios materiais, humanos e técnicos necesarios; para o mantemento deste servicio, mellora da dotación técnica, humana e operatividade é polo que vimos de presenta-la seguinte moción. A seguinte proposta que dende “Asociación Veciñal pro Unificación Municipal: Concello da Foz do Miño” propomos tenta manter e mellora-lo servizo hoxe existente, e que ó mesmo tempo este resulte algo menos graboso para as facendas municipais. A seguridade pública é unha das competencias esencias dos Concellos, a Lei 3/2.007 para a prevención dos incendios forestais en Galicia, fala do Plans Municipais para a prevención dos incendios forestais, así como dos Plans Municipais de Emerxencias,... Vai sendo hora de encher de contido isto. Propomos a toma dos seguintes acordos ó Pleno da Corporación. 1º) En base ó artigo 149º, 1 A da Lei 5/1.997 da Administración Local de Galicia, propomos a creación dun Consorcio Local entre os Concellos da Guarda, Oia e O Rosal, para a xestión conxunta e coordinada dun servicio de emerxencias e intervencións rápidas que preste os seus servicios a estes tres concellos. Os tres Concellos anteriores aportarán persoal, material e medios técnicos necesarios para a operatividade do servicio de bombeiros. 2º) En base ó artigo 152º, A e B da Lei 5/1.997 da Administración Local de Galicia, propomos que os nosos Concellos soliciten da Xunta de Galicia a asistencia técnica e xurídica necesaria; pero sobre todo que fagan efectivo o apartado B do mesmo artigo, para a concesión de subvencións a fondo perdido cara á constitución deste Consorcio Local, para a prestación dos seus servicio e para as obras que fagan falla. 3º) En base ó artigo 195º, e da Lei 5/1.997 da Administración Local de Galicia, propomos acadar unha axuda financeira continua por parte Xunta, polas características do servicio prestado e a súa utilidade pública e así sexa recollido no acordo de cooperación formalizado no convenio de creación do Consorcio Local. 4º) En base ó artigo 7º, A da Lei 3/2.007 da prevención de incendios forestais de Galicia, que se faga un Plan Municipal de prevención de incendios forestais e un Plan Municipal de Emerxencias, contando coas aportacións dos profesionais que xa temos e que teñan en conta a coordinación e cooperación municipal entre os tres concellos mencionados, para acadar unha maior eficacia e eficiencia do Consorcio Local proposto nos puntos anteriores.
Martes, 6 de decembro de 2011 O paro subiu en 271 persoas no Baixo Miño o pasado mes de novembro Na comarca do Baixo Miño hai un total de 5.583 persoas en situación desemprego, 271 máis que no pasado mes de outubro. Así se reflicten nos datos do paro do pasado mes de novembro. Por concellos o paro subiu nos cinco municipios da comarca. Onde máis o fixo foi en Tui con 112 persoas máis nas listas do antigo INEM ata acadar os 2.020 parados. En Tomiño hai 70 parados máis ata os 1.609, na Guarda subiu en 39 persoas ata as 925 sen traballo, no Rosal hai 322 desempregados logo dun repunte de 29 en novembro, e por último en Oia hai 21 parados máis co que a cifra total chega aos 322. O número de desempregados subiu tamén en todos os sectores. No que se produciu o maior incremento foi no sector servizos con 136 novos parados ata unha cifra de 2.476 parados, hai 50 persoas que perderon o traballo na construción co que o total de desempregados neste sector é de 1.048 persoas, na industria hai 1.078 persoas en paro tras a suba de 33 en novembro. O colectivo sen emprego anterior reúne a 645 persoas logo dun incremento de 31 persoas durante o mes pasado. Por último 12 persoas sumáronse as listas do antigo INEM na agricultura e pesca co que o total sube ata os 336 parados. Dos 5.583 desempregados que hai no Baixo Miño 2.659 son homes e 2.924 son mulleres. E do total 538 teñen menos de 25 anos. Por último con respecto ao paro interanual, de novembro de 2010 a novembro de 2011, produciuse un incremento de 456 persoas.
Venres, 2 de decembro de 2011 Créase a Plataforma en Defensa do Ensino Público do Baixo Miño Os centros de Ensino Público da comarca do Baixo Miño veñen de constituír unha plataforma para mobilizarse conxuntamente ante os gravísimos recortes cos que a Xunta de Galicia está a ameazar o normal desenvolvemento da vida académica da zona. A "Plataforma en Defensa do Ensino Público do Baixo Miño" alerta das consecuencias desta xestión, con reducións dos cadros de persoal dos centros, masificación nas aulas e perda de servizos que se viñan ofrecendo ata o momento. Por este motivo convocaron unha concentración, o día 6 de decembro, día da Constitución Española, para festexar e reivindicar o ensino como un dereito que hai que protexer. Este acto que se programa na Praza da Mina de Tomiño congregará a centos de persoas da comarca conscientes do paso atrás que están a supoñer estes recortes no futuro da bisbarra. Será ás doce do mediodía e incluirá elementos festivos, tales como música e cánticos, e mesmo barallan facer unha chocatada no transcurso da mesma. As persoas que se adhiren á plataforma van medrando a medida que nais e pais se informan do que está a pasar: falta de profesores especialistas nos centros, supresión de oferta formativa, ameaza do copago no transporte escolar, seguros escolares que non están a cubrir as incidencias do alumnado, gardas escolares non cubertas totalmente, masificación das aulas, profesorado dunhas materias impartindo outras das que non son especialistas e perda da gratuidade dos libros de texto, son algúns dos problemas que se observan no ensino actual.
Artigo 27 da Constitución Española 1. Todos teñen o dereito á educación. Recoñécese a liberdade de ensino. 2. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto aos principios democráticos de convivencia e aos dereitos e liberdades fundamentais. 3. Os poderes públicos garantizan o dereito que asiste aos padres para que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral que estéa de acordo coas súas propias conviccións. 4. O ensino básico é obrigatorio e gratuíto. 5. Os poderes públicos garantizan o dereito de todos á educación, mediante unha programación xeral do ensino, con participación efectiva de todos os sectores afectados e a creación de centros docentes. 6. Recoñéceselles ás persoas físicas e xurídicas a liberdade de creación de centros docentes, dentro de respeto aos principios constitucionais. 7. Os profesores, os pais e, no seu caso, os alumnos intervirán no control e xestión de todos os centros sostidos pola Administración con fondos públicos, nos términos que a lei estableza. 8. Os poderes públicos inspeccionarán e homologarán o sistema educativo para garantizar o cumprimento das leis. 9. Os poderes públicos axudaránlle aos centros docentes que reúnan os requisitos que a lei estableza. 10. Recoñécese a autonomía das Universidades, nos términos que a lei estableza.
Martes, 22 de novembro de 2011 Grupos de Acción Local e Pesqueira de Letonia visitan o Sur da provincia Convidados polo Grupo de Desenvolvemento Rural da Mancomunidade Intermunicipal de Vigo-Baixo Miño e polo Grupo de Acción Costeira da Ría de Vigo-A Guarda, un equipo de quince técnicos e directivos de distintos grupos de acción local e pesqueira de Letonia van estar esta semana visitando a Ría de Vigo, o Val Miñor e e o Baixo Miño. O motivo principal desta visita é coñecer proxectos subvencionados pola Unión Europea a través do programa Leader de Desenvolvemento Rural e polo Fondo Europeo de Pesca, que poidan ser extrapolables ó seu país. Durante a súa estadía reuniranse cos técnicos e directivos do GDR Vigo-Baixo Miño e do GAC Ría de Vigo-A Guarda, serán recibidos polos alcaldes dos concellos da bisbarra e visitarán diversas empresas do sector pesqueiro, vitivinícola, de alimentación, invernadoiros, plantacións hortofrutícolas e diversas lonxas, onde coñecerán os modernos sistemas de produción e xestión incorporados aos distintos sectores productivos da nosa zona grazas ao programa Leader do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao programa de Desenvolvemento Sostible do Fondo Europeo de Pesca. Tamén se sentarán as bases de futuros proxectos de cooperación internacional entre os grupos de Letonia e o sur de Galicia. O xoves día 24, derradeiro día da visita, reuniranse no CDL do Concello de Mos coas xuntas directivas e cos técnicos do GDR e do GAC para analizar a experiencia e propor novas vías de colaboración co seu país. Nesta reunión estarán tamén as alcaldesas de Tomiño e Mos, Sandra González e Nidia Arévalo, e a delegada da Deputación de Pontevedra en Vigo, Marta Iglesias.
Luns, 21 de novembro de 2011 Grupos de Acción Local e Pesqueira de Letonia visitan o sur da provincia de Pontevedra Convidados polo Grupo de Acción Costeira da Ría de Vigo-A Guarda, un equipo de quince técnicos e directivos de distintos grupos de acción local e pesqueira de Letonia estarán esta semana visitando a Ría de Vigo, o Val Miñor e e o Baixo Miño. O motivo principal desta visita é coñecer proxectos subvencionados polo Fondo Europeo de Pesca e pola Unión Europea a través do programa Leader de Desenvolvemento Rural e, que poidan ser extrapolables ó seu país. Durante a súa estadía se reunirán cos técnicos e directivos do GAC Ría de Vigo-A Guarda e GDR Vigo-Baixo Miño e, serán recibidos polos alcaldes dos concellos da bisbarra e visitarán diversas Confrarías de pescadores e lonxas e diversas empresas, vitivinícola, de alimentación, invernadoiros, plantacións hortofrutícolas e, onde coñecerán os modernos sistemas de produción e xestión incorporados aos distintos sectores productivos da nosa zona grazas ao programa de Desenvolvemento Sostible do Fondo Europeo de Pesca e ao programa Leader do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural . Tamén se sentarán as bases de futuros proxectos de cooperación internacional entre os grupos de Letonia e o sur de Galicia. O xoves día 24, derradeiro día da visita, reuniranse no CDL do Concello de Mos coas xuntas directivas e cos técnicos do GDR e do GAC para analizar a experiencia e propor novas vías de colaboración co seu país. Nesta reunión estarán tamén as alcaldesas de Tomiño e Mos, Sandra González e Nidia Arévalo, e a delegada da Deputación de Pontevedra en Vigo, Marta Iglesias. Programa 22 de novembro: 9:00 - 10:30 Benvida aos participantes. Seminario de presentación de proxectos 11:30 Visita á plantación de kiwi 14:00 Comida 15:00 Visita á lonxa de Baiona - 23 de novembro: 9:00 - 9:30 Reunión para clarificación das visitas 10:15 - 11:00 Visita á Cofradía de pescadores da Guarda 11:30-12:00 Visita e café en www.tumenugoian.com 12:30-14:00 Visita ás empresa A Rosaleira e Terras Gaudas 14: 30 Comida 16:45 - 17:30 Visita a Licores Valdomiño 18:00 - 18:30 Visita a empresa de cultivo hidropónico Bacelo - 24 de novembro: 9:30 - 10:30 Visita á Confraría de pescadores de Redondela 12:00 - 13:30 Reunión con Xuntas Directivas dos FLAGs e LAGs participantes, na sede do AGDR 18 (Mos) 16: 30 Visita á batea de cultivo de volandeira en Cangas.
Xoves, 17 de novembro de 2011 Máis de catrocentos setenta veciños de Tomiño, O Rosal e Oia poderán acceder á internet grazas a Telefónica e ao Plan de Banda Larga da Xunta Máis de catrocentos setenta veciños de Tomiño, O Rosal e Oia poderán acceder á Internet de calidade nos próximos días, tralo despregamento nestes concellos da tecnoloxía UMTS-3G por parte de Telefónica, dentro do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia. Os núcleos de poboación beneficiados nesta primeira fase do despregue son os de As Mariñas e A Portela no concello de Oia; San Xián no concello de O Rosal; e Bravos, Gandariña e Vilardematos no de Tomiño. En todos eles poderase acceder á Internet con velocidades de 7 megas. Será unha oferta de completo Hogar Dixital, pois Telefónica subministrará unha base wifi á que se poden conectar vías inalámbrica distintos dispositivos como o ordenador, o móbil ou a tableta. A tecnoloxía empregada por Telefónica é a UTMS-3G na banda de 900 Mhz., con grande capacidade de propagación en zonas rurais orográficamente complexas. Deste xeito, ademais de poder contratar o acceso á Rede, no entorno das devanditos núcleos de poboación mellorará sensiblemente, ou activarase por vez primeira, a cobertura de datos en mobilidade. O despregamento en Tomiño, O Rosal e Oia forma parte das actuacións do Plan de Banda Larga para dotar de cobertura a todos os galegos en 2013. Esta acción, adxudicada a Telefónica en setembro pasado, ten como obxectivo facilitar o acceso á Rede de 11.300 novos núcleos de poboación galegos ubicados en zonas de Galicia de especial complexidade orográfica, e nos que viven 250.000 persoas. En Tomiño, O Rosal e Oia, a execución deste plan continuará noutros núcleos de poboación –dos que se dará cumprida información- ao longo dos vindeiros meses. O Plan reduciu en preto do 41% os galegos sen cobertura na Comunidade A día de hoxe, e tras a posta en marcha de máis da metade das actuacións previstas no Plan de Banda Larga 2010-2013 son xa en torno a 322.000 os galegos que poden acceder á banda larga e que ata agora non tiñan acceso a ese servizo. En 2011 o Plan permitirá que a porcentaxe de galegos con acceso á Rede chegue ao 87,30% fronte ao 70% existente en 2009. A posta en marcha destas iniciativas está a conseguir que Galicia reduza a fenda interna entre as zonas rurais e urbanas. O ano pasado a diferenza media na dispoñibilidade de acceso á banda larga entre as provincias do interior e as do eixo atlántico pasou dun 20% a un 10% e a previsión é que en 2011 esta porcentaxe diminúa ata un 7%.
Sábado, 12 de novembro de 2011 A Deputación adxudicou un investimento de 355.000 euros nos cinco concellos da comarca do Baixo Miño para mellorar as infraestruturas e os servizos O presidente da Deputación, Rafael Louzán anunciou que xa foron adxudicadas as obras do Plan de Cooperación -financiado por tres administracións: a Deputación (30%), o Estado (40%) e os Concellos (30%)-, que terán un investimento de 355.500 euros na comarca do Baixo Miño en sete actuacións nos cinco concellos da comarca. As obras están encamiñadas a mellorar os servizos públicos e as infraestruturas da comarca. Os habitantes de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui beneficiaranse desta iniciativa na que a Deputación investirá máis de 5,5 millóns de euros en toda a provincia. O concello de Tui recibirá un investimento de máis de 81.600 euros en dúas obras que servirán para mellorar os accesos aos núcleos de San Simón (en Ribadelouro) que se une co núcleo de Eiravella (tamén en Ribadelouro). Esta actuación ten un investimento previsto de 33.000 euros. A segunda intervención en Tui é a que une os núcleos da Gándara (Guillarei) co de Sobredo (tamén en Guillarei), e aos que se destinarán 48.674 euros. En Tomiño a Deputación acometerá as obras de saneamento ao barrio de Paredes na parroquia de Estás por un importe de 84.829 euros. No concello de Oia acometerase unha obra de saneamento no barrio das Laxes, Portosenín en Viladesuso. No Rosal a Deputación provincial acometerá a obra de saneamento da rúa da Cal, na parroquia de San Xoán de Tabagón onde investirá 54.625 euros. Por último, no concello da Guarda pavimentarase a rúa da Candeira por un importe total de 55.586 euros. A distribución por concellos das subvencións realízase en base a un módulo fixo, igual para todos os concellos, e outro módulo proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes e a extensión territorial de cada termo municipal de modo que se teñan en conta variables como a dispersión poboacional ou o hábitat para que os veciños do rural poidan contar con similares servizos que nas cidades e vilas.
Xoves, 10 de novembro de 2011 Festivos locais en 2012 n o Baixo Miño O Diario Oficial de Galicia publicou onte a relación de festivos locais en 2012. Repasamos os da comarca do Baixo Miño. En Tui será festivo o ano que vén o 21 de febreiro, martes de Entroido, e o 16 de abril, luns de San Telmo. En Tomiño os festivos locais serán o 21 de febreiro, martes de Entroido, e o 10 de setembro luns do Alivio. No Rosal o 21 de febreiro, martes de Entroido, e o 19 de marzo, San Xosé serán os festivos locais en 2012. Xa na Guarda os festivos serán o o 21 de febreiro, martes de Entroido, e o 16 de xullo, festividade da Virxe do Carme. Por último en Oia os festivos serán o 28 de maio, Virxe do Mar, e o 7 de agosto, San Mamede.
Venres, 4 de novembro de 2011 O paro subiu en 329 persoas no Baixo Miño o pasado mes de outubro O número de parados inscritos nos Servizos Públicos de Emprego na comarca do Baixo Miño subiu en 329 persoas no pasado de outubro, e supera xa os 5mil desempregados. É a maior suba dos dous últimos anos só superada en outubro de 2009 cando o número de desempregados subiu en 377 persoas. Tras estes datos o número de parados na comarca sitúase nos 5.312 desempregados. Con respecto aos datos interanuais o paro subiu en 313 persoas con respecto a outubro de 2010. Por concellos o número de desempregados en Tui sitúase nos 1.908 logo dun incremento de 63 o pasado mes de outubro. En Tomiño hai 1.539 persoas sen traballo tras un repunte de 83 o pasado mes, sendo o concello da comarca onde máis subiu o paro. Na Guarda hai 886 desempregados, 80 máis que o mes anterior. No Rosal o incremento rexistrado en outubro é de 74 ata as 678 persoas e por último en Oia teñen 301 parados tras a incorporación de 29 ás listas do paro. Volvendo aos datos comarcais e analizando os datos por sectores o maior repunte rexistrouse no sector servizos con 115 parados máis, seguido da construción onde 101 persoas se incorporaron ás listas dos Servizos de Emprego. Na industria hai 63 desempregados máis que o mes anterior, 28 máis no colectivo sen emprego anterior e 22 máis en agricultura e pesca. Por idades dos 5.312 parados a nivel comarcal 511 teñen menos de 25 anos. E por sexos 2.537 son homes e 2.775 son mulleres.
Martes, 1 de novembro de 2011 Fany Iglesias di en Tomiño que “O Goberno de Zapatero nin prometeu nin fixo nada pola comarca do Baixo Miño”
“O Goberno de Zapatero nin prometeu nin fixo nada pola comarca de Baixo Miño”, así resumiu a presidenta do PP da Guarda e deputada autonómica, Fany Iglesias, a incidencia do Goberno de España na comarca do sur da provincia. Iglesias fixo estas declaracións nunha rolda de prensa celebrada na sede do PP de Tomiño, na que tamén estiveron presentes as candidatas ao Congreso polo PP, Irene Garrido, Paula Romeu e Paula Bouzós. Irene Garrido e Fany Iglesias incidiron nos incumprimentos do Goberno de Zapatero coa comarca de Baixo Miño. “Un balance totalmente negativo no que a comarca de Baixo Miño se refire, e que non difire do trato que lle deron desde o Goberno central á nosa comunidade autónoma”, apuntou Iglesias, quen, nos eu balance, se apoiou en 3 eixos fundamentais: política de emprego, política pesqueira e infraestruturas. O desemprego na comarca, que lle afecta a un total de 5.440 persoas, é dos asuntos que máis lle preocupan aos populares, xa que desde o ano 2004 o número de parados aumentou en 2.400 persoas. “Unhas cifras nunca vistas e que falan por si soas, amosando ata onde chegou a mala xestión e a falta de políticas activas de emprego do Goberno”, afirmou Iglesias, que recordou ademais a reunión mantida no 2008 dos voceiros populares con César Pérez Ares para alertar das cifras de desempregados que tiña a comarca naquel momento. En materia de infraestruturas, Fany Iglesias salientou que a única e máis importante actuación realizada na comarca, correspóndelle a un goberno do PP, ao Goberno da Xunta de Alberto Núñez Feijoo, referíndose á vía de alta capacidade entre Tui e A Guarda, actualmente en execución. En canto ao sector pesqueiro, cualificou de “rotundo fracaso” o balance da política de Zapatero no tocante a este tema. “A frota pesqueira da Guarda viuse totalmente desamparada polo Goberno, que demostrou a súa incapacidade para defender os seus intereses e tamén os do marisqueo e da acuicultura no seo da Unión Europea”. A incapacidade do Goberno socialista traduciuse en medidas negativas, e en toda unha serie de incumprimentos na xestión realizada desde o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, que favoreceu a competencia desleal, perda de postos de traballo e que multiplicou a burocracia na tramitación de axudas. Iglesias referiuse ademais a outros temas puntuais como o o incumprimento do Goberno en relación ao dragado do Miño para manter a navegabilidade do ferry boat que comunica A Guarda con Caminha, ou á problemática creada entre veciños e hostelería coa construción da senda litoral da falda do monte Santa Tecla. Iglesias lembrou ademais as incomodidades e os transtornos que teñen os veciños da comarca para renovar o seu Documento Nacional de Indentidade. Estes temas puntuais foron, segundo as populares, postas en coñecemento do Goberno a través de iniciativas, preguntas e propostas dos representantes do PP no Congreso e no Senado, e que aínda hoxe están sen solucionar.
Venres, 28 de outubro de 2011 Louzán supervisa en Baiona, Oia e Tomiño os desperfectos producidos polo temporal de chuvia que xa están sendo reparados polas brigadas da Deputación O presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, desplazouse onte ata Baiona, Oia e Tomiño para supervisar as principais incidencias do temporal de chuvia nas estradas provinciais. No caso de Baiona, Louzán e o alcalde Jesús Vázquez Almuíña supervisaron a o entoro da estrada Sabarís-Belesar onde as intensas chuvias coincidindo coa pleamar produciron o desbordamento do río. Segundo explicou o presidente, as incidencias producidas foron moito menos acusadas que as producidas no ano 2006 polo que “as medidas adoptadas e a mellora de infraestruturas acometida pola Deputación mitigaron as consecuencias do temporal, non obstante, será preciso seguir avanzando e colaborando para evitar sucesivas repeticións”. Pola súa banda, o alcalde, Jesús Vázquez, comentou que para salvar este problema “será preciso dirixirse a Augas de Galicia para que se estuden os puntos máis críticos e as posibles medidas a adoptar”. O presidente tamén visitou en Baiona a subida á Virxe da Roca, na estrada Baiona-Lourenza, onde tivo lugar o corremento dun muro que a entidade provincial volverá reconstruír. Río Seco No municipio de Oia, Rafael Louzán visitou o lugar de Viladesuso, concretamente a zona de río Seco situado no entorno da estación de servizo. Neste lugar producíronse diversos arrastres de árbores, pedras e outros materiais, que foron limpados polos servizos da Deputación. Rafael Louzán recordou que no ano 2006 xa tivera lugar unha importante incidencia neste lugar e que a Xunta do bipartito que gobernaba naquel momento se comprometera a executar un proxecto para mellorar a canalización no río Seco. Esta obra non se chegou a executar, a pesar de que a administración local dirixida por Alejandro Rodríguez tramitara todos os procesos administrativos necesarios para acometer a obra. Segundo informo o presidente, actualmente, tanto o Concello, como a Xunta e a Deputación xa están coordinados para tratar de abordar esta actuación e darlle unha solución definitiva ó problema. Louzán e Rodríguez tamén se achegaron ata a ponte de Bonaval, onde o intenso caudal do río acompañado polo exceso de pólas e sedimentos derrubou a balaustrada . Entre outros puntos, Louzán e o alcalde de Oia tamén supervisaron a incidencia de maior gravidade na estrada Burgueira-Vilarchán, que conecta Oia con Tomiño, onde o desbordamento do río destrozou un carril da vía e só deixa outro de paso, con dificultades. A auga derrubou barandillas, viondas de seguridade e provocou danos no firme. Perante todo o día, as brigadas da Deputación compostas por 60 operarios estiveron traballando tanto na limpeza dos materiais depositados sobre as vías, como na reparación dos desperfectos e para garantir, deste xeito, a seguridade vial das estradas provinciais. Finalmente, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, explicou que para abordar estas incidencias a Deputación levará a cabo dúas accións. Por unha parte mediante a actuación do equipo humano das brigadas provinciais e municipais de cada concello. En segundo lugar, os servizos técnicos de Infraestruturas da Deputación analizarán os puntos débiles da comarca do Baixo Miño e Val Miñor onde reiteradamente se producen estes desperfectos para estudar as posibles medidas a adoptar para tratar de solucionar de forma definitiva a problemática existente.
Xoves, 27 de outubro de 2011 Galicia e Portugal crean unha rede de centros transfronteirizos de dinamización integral para as mulleres As máis de 430.800 mulleres que residen nas comarcas do Baixo Miño e Paradanta, na comarca de Verín (Ourense) e nas subrexións portuguesas de Minho-Lima e Cávado van beneficiarse dos servizos de catro centros de dinamización integral, situados en Tui, A Cañiza, Monterrei e Vilaverde, que entrarán en funcionamento este mesmo ano. Esta rede de centros vai por a disposición das usuarias estruturas compartidas para optimizar os recursos e as políticas de igualdade de oportunidades e de prevención da violencia de xénero a ambos lados da raia. Esta iniciativa, baseada no criterio colaborativo de compartir equipamentos e recursos, é resultado do compromiso das administracións de Galicia e Portugal a través do proxecto CEDIM, dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, POCTEP, 2007-2013. O proxecto, que conta cun presuposto de 712.225 euros financiado no 75% por fondos FEDER, foi presentado esta mañá en Santiago, nunha xornada á que asistiron en representación da Administración galega as titulares dos tres departamentos implicados na iniciativa, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira; a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Covadonga Toca. En representación da Administración portuguesa asistíu Teresa Carvahlo, da Comissão para a Cidadanía e Igualdade de Xénero. O espazo territorial transfronteirizo no que se desenvolve este proxecto é un área de ampla tradición colaborativa e estreitos vínculos sociais, económicos e culturais que, por primeira vez a través do proxecto CEDIM, van facerse extensivos ás políticas de igualdade de oportunidades para a poboación feminina. O perfil sociolaboral das mulleres que residen nesta zona xeográfica participa dos roles tradicionais de xénero. As mulleres son as que maioritariamente se ocupan do labor doméstico, especialmente nas zonas onde predomina a poboación máis envellecida e son tamén elas as que atopan maiores dificultades de empregabilidade nun territorio que demanda perfís con baixa ou pouca cualificación. Para mellorar a cualificación, as condicións de empregabilidade, o emprendemento e as oportunidades das mulleres cun criterio de eficacia, estes centros transfronteirizos adecuarán as actividades dinamizadoras ao perfil das demandantes, en eidos como a formación ou a orientación laboral. Apoio da Rede CeMIT A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica contribuirá a “Rede Transfronteiriza de Centros Dinamizadores para Mulleres” a través da infraestrutura da Rede de Centros para a Modernización e a Innovación Tecnolóxica (CeMIT), priorizando a participación nos cursos de formación en novas tecnoloxías daquelas mulleres que acudan aos centros transfronteirizos. O obxectivo é capacitalas nun ámbito, o tecnolóxico, ao que polo seu perfil, no teñen fácil acceso. Esta liña de colaboración permitirá mellorar a eficiencia dos recursos existentes a ambos os dous lados da fronteira e a situación das mulleres, especialmente no que se refire á formación e ao emprego. A Rede CeMIT, formada na actualidade por 98 aulas públicas distribuídas por máis de 50 comarcas e 92 concellos, está a contribuír á vertebración territorial e social do país, mediante a promoción do uso das novas tecnoloxías na poboación, en especial entre os colectivos con máis dificultades de acceso ás TIC, como é o caso das mulleres especialmente ás que viven en zonas rurais. Ademais, tamén dende hoxe está en funcionamento a nova web da “Rede Transfronteiriza de Centros Dinamizadores para Mulleres” no enderezo www.redecedim.eu, que se converterá na ferramenta de comunicación e difusión do proxecto na rede. No vindeiro mes de decembro porase en marcha un boletín electrónico, ao que poderán subscribirse as persoas interesadas e que lles permitirá recibir regularmente no seu correo as últimas novas e actividades da Rede CEDIM.
Martes, 25 de outubro de 2011 A Asociación Veciñal pro Unificación Municipal: Concello da Foz do Miño clarexa as posturas dos alcaldes da Guarda e O Rosal A “Asociación Veciñal pro Unificación Municipal: Concello da Foz do Miño” convoca aos socios á 1º Xunta Xeral que terá lugar o luns 7 de novembro, ás 20.30 horas, no lugar que se comunicará de xeito persoal. A convocatoria ten por obxecto presentar o calendario de actividades públicas para os vindeiros meses, e que a devandita asemblea decida sobre o mesmo. Por outra banda a “Asociación Veciñal pro Unificación Municipal: Concello da Foz do Miño” desexan desexan clarexar as opinións dos alcaldes da Guarda e do Rosal en certos medios de prensa, considerando desde este colectivo que unha cousa é informar e outra é desinformar, ou dar información falsa, “polo cal imos poñer en craro certas cuestións”. “1º) Decirlles que a “agrupacións de concellos” que expón o Sr. Domínguez Freitas, de acordo artigo 165º da Lei 5/1997 sobre a Administración Local de Galicia, esta figura xurídica é para o mantenimento dos salarios dos funcionarios de habilitación nacional que hai nos Concellos, nos supostos de insuficiencia económica destes; nós non falamos disto. Pero tamén temos a Lei 7/1996 sobre o desenvolvemento comarcal de Galicia, a cal a nivel práctico e de prestacións de servicios para os veciños foi un fracaso; temos a Mancomunidade do Baixo Miño a nivel práctico outro fracaso,... pero estes fracasos son cos nosos diñeiros públicos. Nós estamos a falar de xunta-los tres concellos nun só, unha cousa moi distinta; unha solución que estiveron aplicando diversos paises de Europa durante estas últimas decadas, e hoxe eses países son os quen teñen menos problemas nesta crise mundial, ¿?. 2º) Sabemos que a futura fusión municipal que nós promovemos necesita dun estudio, para informarlle ao Sr. Fernández Portela, a Lei 5/1997 sobre a Adminisstración Local de Galicia, de acordo có artigo 15º, este estudo correspondelle á Comisión Galega de Delimitación Territorial. Pero erra ó expresar a quen lle corresponde a iniciativa do mesmo, e de todo o proceso da unificación municipal, pois de acordo co artigo 20º da a Lei 5/1997 sobre a Administración Local de Galicia, a iniciativa correspondelle á Xunta de Galicia ou ós Concellos interesados. Para nada a Lei prohibe que os veciños tomemos esta iniciativa, e niso estamos, en visto da pasividade dos corporativos. 3º) De momento estamos na fase inicial de todo este proceso, pero ó final de todo este proceso correspóndelle a unha decisión que debemos toma-los veciños miñotos, mediante o noso voto libre e secreto; para isto contamos co amparo do artigo 257º da a Lei 5/1997 sobre a Adminisstración Local de Galicia, para facer unha consulta popular (“referendum”) por ser un asunto de competencia municipal de moita importancia para os veciños. 4º) Sabemos, Sr. Domínguez Freitas. que hai outros moitos casos en Galicia e España onde son necesarias as unificacións de concellos, pero nós non somos residentes neses concellos e vostede non é Alcalde deses concellos; nós estamos centrados e preocupados polo noso. Lamentablemente +65% dos concellos galegos teñen -5.000 habitantes, con poboacións moi envellecidas,... por desgracia para eles a unificación municipal é unha solución que chega con 40 anos de retraso, xa é tarde e moitos deles xa non teñen futuro demográfico. Os nosos concellos ainda non estamos nesa fase, para nós a unificación é unha solución con futuro a día de hoxe, pero se seguimos coa pasividade que vostedes levan, dentro duns poucos anos tamén estaremos nesa situación de sen futuro. 5º) Para os Sres. Domínguez Freitas, Fernández Portela e Alejandro Rodríguez; o tema que esta Asociación promove non vai contra vostedes como Alcaldes electos, non vai contra as Corporacións legalmente elexidos por sufraxio, non vai contra os Concellos. Estamos a promover un tema de interese para todos, xuntarnos nunha única estructura administrativa municipal. Ó seu momento teremos a ben plantexarlles unha xuntanza a nivel institucional para tratar este tema; pero dado que nos vindeiros días imos a entrar nun proceso electoral, non queremos mistura-las cousas e repeta-las diferentes opcións políticas no seu dereito en presenta-las súas propostas”.
Sábado, 15 de outubro de 2011 A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona e Nigrán promoven o “Concurso Fotográfico. Camiño Portugués da Costa” Nace o primeiro concurso fotográfico para promocionar o Camiño Portugués da Costa nos concellos galegos e portugueses. Nesta iniciativa conxunta poden participar fotógrafos profesionais e afeccionados. O tema proposto é o Camiño Portugués da Costa en todas as súas manifestacións etnográficas, relixiosas, xeográficas, paisaxísticas e culturais. O concurso consta dunha fase local, na que cada concello escollerá os premiados entre as fotografías presentadas, xa que os participantes presentarán as súas fotografías no concello a onde pertenza o espazo retratado. Os gañadores locais dos concellos galegos e portugueses optarán á fase final. Cos premiados organizarase unha exposición fotográfica itinerante entre os concellos participantes. O obxectivo principal do concurso é fomentar o descubrimento do Camiño asociado ás súas paisaxes e ao seu patrimonio, incentivando a promoción do territorio e a cultura propia do Concello. Os interesados poden consultar as bases publicadas nas webs municipais dos concellos tendo en conta que o prazo remata o 12 de decembro. Desde a organización animan a percorrer os camiños e sendas do Camiño Portugués da Costa, coñecer os recunchos acompañados dunha cámara fotográfica e participar nesta iniciativa. Os premios, na Fase Final son 600 euros, para o primeiro; 300 euros, para o segundo, e 100 euros para o terceiro clasificado. Na categoría local, os premios serán de 120 euros, para o primeiro; 90 euros, o segundo, e 50 euros, o terceiro. (Ver Bases)
Mércores, 12 de outubro de 2011 Economía e Industria apoia as prazas de abastos e centros comerciais abertos na comarca do Baixo Miño na súa estratexia de dinamización do comercio de proximidades Co programa de axudas creado pola Consellería de Economía e Industria para apoiar a dinamización da actividade e mais a modernización das prazas de abastos e dos centros comerciais abertos (CCAS), a Xunta impulsará a modernización dun mercado e dous CCA, na comarca do Baixo Miño. Esta liña, desenvolta ao abeiro do Plan Ágora-Agora re-Comercia, prioriza a dinamización das prazas de abastos e dos CCAS na estratexia do Goberno Galego de apoio ao comercio de proximidade. Ao abeiro deste programa, destinaranse 113.964,98 euros á implantación de melloras na praza de abastos de A Guarda e nos centros comerciais abertos de Tui e A Guarda. Estas liñas de axuda específicas potencian dúas figuras estratéxicas do comercio de proximidade galego cun porcentaxe de investimento subvencionable próximo ao 70%, con carácter xeral para todos os beneficiarios. En concreto o investimento máximo subvencionable para os CCAs é de 85.000 euros, mentres que para as prazas de abastos é de 30.000 euros. Ademais, con este programa fomentase a profesionalización da xerencia das prazas de abastos e introdúcese aos CCAs na Rede de Dinamización do Comercio Galego (Redic), que conta con máis de 50 puntos ReDic en toda Galicia. Mellora das instalacións tradicionais En concreto, as actuacións presentadas están orientadas á dinamización e rehabilitación das prazas e os centros comerciais abertos. Nos CCAs, foméntase o desenvolvemento de sistemas de fidelización a través de servizos dirixidos aos clientes -para promover as vendas directas, fidelizar e atraer aos consumidores- e mellorando a competitividade con proxectos de creación ou posta en funcionamento e consolidación de centrais de compras e servizos. Ademais incentívase a creación de redes de comunicación e a celebración de xornadas técnicas e congresos en materia de comercio. Nas prazas de abastos mellóranse as instalacións e equipamentos, apoiando a profesionalización da xerencia destas prazas na xestión dos proxectos de dinamización do mercado; promoveranse actividades de dinamización comercial, e tamén fomentarase o desenvolvemento de sistemas de fidelización a través de servizos dirixidos aos clientes que supoñan unha vantaxe para estes. Prazas de abastos líderes na venda do produto fresco Por outra banda, a Consellería que dirixe Javier Guerra está a desenvolver unha estratexia específica para situar ás prazas de abastos como líderes na venda do produto fresco e transformalas nunha rede centros especializados en produtos de compra cotiá, onde se leve a cabo unha venda moderna con servizos, diversidade e excelencia. O conselleiro salientou que para alcanzar este obxectivo realizouse un inventario de cada un dos 102 mercados de Galicia, coa finalidade de establecer unhas liñas de actuación, desde o punto de vista funcional e de xestión. Neste traballo, a primeira conclusión é que os principais motivos de compra dos clientes nos mercados galegos son a proximidade e a calidade. De xeito que para acadar estes obxectivos a Consellería de Economía e Industria está a desenvolver unha estratexia integral de apoio aos mercados galegos que, ademais da resolución das axudas presentadas hoxe, ten incluído iniciativas como: a posta en marcha da campaña “Este inverno presume de praceiro”, orientada á recuperación da imaxe dos mercados; a liña de axudas aos Concellos destinada a remodelación das zonas de desenvolvemento do comercio de proximidade, e o Portal do comerciante, cunha presenza nas redes sociais, capaz de achegar aínda máis as prazas de abastos ao cliente.
Luns, 10 de outubro de 2011 Doazón de Sangue no Baixo Miño Son varias as unidades do Centro de Transfusións de Galicia que esta semana estarán no Baixo Miño para facilitar a doazón de sangue á poboación. A primeira unidade vai estar o luns na Praza do Seixo en Tomiño de 10 a 14 e de 16 a 21h. O martes haberá unha unidade na Praza Pintor Antonio Fernández de Goián de 16 a 21h. O xoves a unidade achegarase ata a Praza do Calvario no Rosal onde se poderá doar de 10 a 14 e de 16 a 21h. Xa o venres o sábado a unidade estará en Tui onde a doazón o venres poderá facerse de 10 a 14 e de 16 a 21h e o sábado de 10 a 15h.
Mércores, 5 de outubro de 2011 O paro subiu en 78 persoas no mes de setembro no Baixo Miño O número de parados rexistrados na comarca do Baixo Miño subiu en 78 persoas no pasado mes de setembro ata acadar unha cifra de 4.983 desempregados. Por concellos o paro subiu en todos menos no Rosal onde baixou en 21 persoas, situándose o numero de parados inscritas nas oficinas do antigo INEM nas 604. En Tui o paro subiu en setembro en 28 persoas ata acadar unha cifra de 1.845. En Tomiño foi onde maior incremento se rexistrou, 43 novos desempregados, cun total de 1.456 parados. Na Guarda hai 806 parados, 16 máis que en agosto, e en Oia 272, 12 máis que no mes anterior. Por sectores onde máis subiu foi no sector servizos con 58 parados máis no Baixo Miño ata acadar os 586 sen traballo neste sector. Na construción hai 888 parados, logo de rexistrarse 22 persoas máis en setembro. Na industria o desemprego cífrase nas 982 persoas dez máis que agosto. Por contra hai 7 parados menos na agricultura e industria, con 302 desempregados neste sector. E o paro baixou en 5 persoas no colectivo sen emprego anterior ata acadar os 586 parados. Do total de 4.983 desempregados que hai no Baixo Miño 2.342 son homes e 2.641 son mulleres. Do total de parados 469 teñen menos de 25 anos. Con respecto o paro interanual, de setembro de 2010 a setembro de 2011, na comarca hai 300 persoas máis en situación de desemprego.
Asociaciones de A Guarda y O Rosal beneficiarias de sendos convenios de colaboración con la Diputación Hoy, miércoles, el diputado Pablo Baquero firmará, a las 11.30 horas, un convenio de colaboración con la Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios (ABACO) en la sede de este colectivo, en la aclle Ireira nº 9 Baixo. a Diputación. A las 12:30 horas Pablo Baquero se desplazará al ayuntamiento de O Rosal para firmar con la Asociación de Empresarios y Comerciantes de O Rosal, un similar acuerdo de colaboración. Al acto también asistirá el alcalde, Jesús Mª Fernández Portela. Estos convenios (cuyo objeto es establecer el marco y definir los términos y condiciones de colaboración e entre la Diputación de Pontevedra y cada una de las asociaciones de comerciantes beneficiaras) se articularon como consecuencia de la concesión de 22 becas de colaboración de Universitarios/as que están llevando a cabo una labor de asistencia en 23 asociaciones de comerciantes de la provincia beneficiarias de estas subvenciones en especie. Con esta iniciativa la Diputación de Pontevedra consolida las actuaciones que viene desarrollando a través de su Área de Comercio, y a su vez introduce nuevos canales de apoyo al asociacionismo comercial, a la creación de Centros Comerciales Abiertos y a la profesionalización de las personas que trabajan al frente de la asociación de comerciantes.
Martes, 04 de outubro de 2011 A posible unión de concellos ofrece dúbidas aos alcaldes da Guarda e O Rosal, que din que deberá determinalo un estudo profundo da situación A proposta da recén creada Asociación Veciñal pro Unificación Municipal: Concello da Foz do Miño, ofrece dúbidas aos alcaldes da Guarda e O Rosal. Para José Manuel Domínguez Freitas, “e stamos nun tempo de recursos escasos e, polo tanto, de optimización dos mesmos. No primeiro que hai que pensar e en compartir os servizos cos concellos limítrofes”, para engadir que “Unha segunda cousa que é necesario abordar é a de diminuir o excesivo número de administracións: central, autonómica, deputacións, mancomunidades, áreas metropolitanas, concello”, pero pregúntase o rexidor da Guarda se “Cabe pensar en fusións ou agrupacións de concellos? Seguro que sí, previos os estudos que así o aconsellen. En todo caso, antes do caso de Oia, O Rosal e A Guarda habería outros casos moitos máis sinxelos que abordar. E penso que a decisión a tomar ten que ser para toda Galicia; de pouco vale que se unan tres e o resto continúe igual”.Pola súa banda Jesús Fernández Portela, alcalde do Rosal, coida que “a fusión dos concellos é un tema que require un detido e profundo estudo dende diversos puntos de vista. Trátase dunha proposta que pode resultar posible e positiva nalgúns casos, pero dada a súa complexidade debe ser iniciativa das administracións nacional e autonómica”.
Xoves, 29 de setembro de 2011 Pablo Baquero asinou dous convenios de colaboración coas asociacións de comerciantes do Baixo Miño e de Oia O deputado Pablo Baquero asinou dous convenios de colaboración en representación do presidente da Deputación, Rafael Louzán, coa Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios (ADETO) e coa Asociación de Empresarios e Comerciantes de Oia para que titulados universitarios presten a súa asistencia para mellorar a profesionalización das persoas que traballan nas asociacións. A Deputación de Pontevedra concedeu 22 becas de colaboración a titulados universitarios para que presten a súa asistencia nas 23 asociacións de comerciantes que existentes na provincia. Trátase dunha subvención en especie que pretende poñer en valor o noso capital humano, introducir novas canles de apio ao asociacionismo comercial, crear novos centros comerciais abertos e profesionalizar a labor das persoas que traballan nas asociacións de comerciantes. Pablo Baquero asinou o primeiro dos convenios ás 11,30 con ADETO, no local que os comerciantes teñen na rúa Gondomar de Tomiño. O segundo acordo foi asinado coa Asociación de Empresarios e Comerciantes de Oia, no local que lles cedeu o concello na praza Centinela.
Converxencia XXI bótase ás rúas para recoller avais Durante os vindeiros 20 días, os homes e as mulleres de Converxencia XXI sairán ás rúas para conseguir avais que lles permitan participar nas eleccións xerais do 20N. 2.690 sinaturas, distribuídas por provincias, son as que necesitan as formacións políticas que non teñen representación no Congreso ou no Senado para presentarse ás eleccións. A reforma da Lei Electoral (LOREG) aprobada hai uns meses co voto favorable do PP e PSOE, endurece os requisitos dos partidos para presentarse ás eleccións. A partir desta convocatoria, as formacións que non tiveron representación nas Cortes na convocatoria inmediatamente anterior teñen que conseguir unha cantidade de avais equivalente ao 1 por mil dos censados, nun escaso prazo de 20 días. Un requisito que, subliñan desde Converxencia XXI, non teñen que cumprir os mesmos partidos que aprobaron a devandita Lei. Converxencia XXI lembra que o aval non compromete a nada, nen significa, en ningún caso, o voto. O aval, clarexan desde esta formación política, vale unicamente para que a formación galeguista e centrista poida concorrer ás eleccións e dotar a Galicia dunha nova voz forte e sensata.
Mércores, 21 de setembro de 2011 Louzán visita a rúa Ramón Sobrino na Guarda e as obras de acceso á igrexa de Sobrada e construcción de pistas de tenis e padel en Tomiño O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado de técnicos e autoridades, visitou onte obras construidas e rematadas pola institución provincial en Tomiño e A Guarda. Na Guarda, visitou a obra do PID “Urbanización da rúa Ramón Sobrino” executada pola empresa Pérez Portela cun presuposto de 231.956 euros. O traballo consisteu en levantar a rúa toda, instalar tuberías de saneamento e pluviais, sustitución de tuberías de Fenosa e Telefónica, conexións (acometida) ás casas de pluviais e saneamento separados, colocación de adoquins e pedra nas aceras, de bordillos, farolas e alumeado público, e plantación de arbres en toda a rúa, de xeito que quedou totalmente humanizada e con calidade estética. Esta actuación en A Guarda inclueu tamén traballos similares nunha rúa paralela que foi dotada de plaquetas, adoquins e pasos elevados. No curso da súa estancia na vila, Louzán visitou tamén as dependencias do Club de Remo Robadeira para evaluar a posibilidade de acometer nelas algunhas melloras necesarias. En Tomiño, Louzán comprobou a “Mellora do acceso á Igrexa da Sobrada e outros camiños” que realizou Eiriña por 229.734 euros. Esta obra inclueu tres actuacións. No acceso á igrexa da Sobrada instalaronse 1.700 m2 de asfaltado, 400 m2 de aceras e baldosas (non había anteriormente e mellorouse moito a seguridade vial), 5 columnas ornamentais e outros puntos de alumeado, unha zona axardinada e 150 metros de tuberías para canalizar pluviais pois é unha zona onde había frecuentes desbordes de auga. Incluíu tamén un tramo de Torrón para realizar alumeados e asfaltados e outro, en A Gandarina, onde tamén se acometeron 2.500 m2 de asfaltados e 60 metros liniais. Finalmente, en Tomiño, Louzán visitou a “Zona deportiva de Mosteiro”, onde Narom construeu dúas pistas de tenis e unha de pádel, cunha inversión de 150.000 euros. Neste traballo, saneouse o terreo, fixeronse muros de contención e drenaxes e, na mesma parcela, construironse as citadas dúas pistas de tenis e unha de pádel. As obras anteditas foron executadas pola Deputación con cargo ó seu Plan de Investimentos (PID). En Tomiño, deste plan, faltan por realizar dous traballos: unha pavimentación de camiños, por 144.000 euros, e a ampliación da Casa da Cultura, cun presuposto de 400.000 euros e cuio expediente de contratación será aprobado o vindeiro venres pola xunta de goberno da Deputación. O resto dos traballos xa están realizados.
Xoves, 15 de setembro de 2011 XII Concentración de Clásicos Baixo Miño Esta fin de semana celébrase a XII Concentración de Clásicos do Baixo Miño. Comeza hoxe sábado unha exposición de coches diante do Concello de Tomiño. Logo a partir das 19.30h concurso de elegancia con traxes de época e cea dos participantes no Restaurante Nueva Colina. Mañá domingo comezarán pola mañá coa concentración e recepción de coches no centro de Tomiño. Posteriormente saída en caravana cun percorrido por Tomiño, A Guarda, Camposancos, subida ao Trega, Portecelo, O Rosal, xantar no Restaurante Juan, e subida pola Groba con remate da concentración en Baiona. Esta actividade está organizada por Clásicos do Baixo Miño.
Xoves, 15 de setembro de 2011 Roteiros de Inverno para a xuventude nas OMIX da Guarda, O Rosal e Tomiño Roteiros de Inverno para a xuventude é un programa, dependente da Dirección Xeral de Xuventude, que consiste en saídas de fin de semana co obxectivo de fomentar a ocupación positiva do tempo libre, permitindo o contacto coa natureza e simultaneamente combinar lecer, deporte e coñecemento do noso entorno natural e ambiental. Esta actividade de multiaventura vai dirixida á mocidade de 18 a 35 anos da Guarda, O Rosal e Tomiño, desenvolvéndose no albergue xuvenil de Pontemaril-Forcarei (Pontevedra) na fin de semana do 11 ao 13 de novembro. O prezo é de 80€ ou de 60€ con Carné xove, e, entre os contidos da actividade menciónanse a escalada, rutas btt, xeocaching, raid cultural e veladas nocturnas. Máis información pódese obter nas OMIX da Guarda, Rosal e Tomiño.
Sábado, 3 de setembro de 2011 O paro descendeu en 94 persoas no Baixo Miño no mes de agosto O número de desempregados na comarca do Baixo Miño sitúase nas 4.905 persoas logo do descenso de 94 parados rexistrado no pasado mes de agosto. O número de parados baixou na Guarda, no Rosal e en Tomiño, permaneceu estable en Oia e subiu en Tui. Rematado o mes de agosto as cifras de desemprego en Tui sitúanse nas 1.817 persoas tras terse rexistrado un incremento de 18 persoas máis nas listas do antigo INEM, é unha subida dun 1%. No que respecta ao paro interanual subiu nun 5,39%, ao haber 93 parados máis que hai un ano. Na Guarda rexistrouse o maior descenso porcentual de desempregados no mes de agosto cun 4,82% menos ata os 790 parados, tras baixar en 40 persoas. Este foi o único concello da comarca onde baixou o paro interanual en 13 persoas, o que significa que hai un 1,62% de parados menos que hai un ano. En Tomiño o paro descendeu en 61 persoas ata ás 1.413, o que representa o 4,14% menos. Esta é a mesma cifra de desempregados que se rexistrou en agosto de 2010. No Rosal hai 625 persoas sen traballo, once menos que en xullo é dicir un 1,73%. Porén hai 8 parados máis que en agosto de 2010 o que significa un 1,30% máis. Por último en Oia o número de parados en agosto non variou e mantense nas 260 persoas. Porén con respecto a hai un ano hai 45 parados máis o que representa o 20.93%. Por sectores a nivel comarcal o paro baixou en todos os sectores menos na industria onde hai 19 desempregados máis que en xullo. Onde máis descendeu o colectivo desempregado fi no sector servizos, en 46 persoas, seguida da agricultura e gandería con 45 persoas menos, seguidos da construción onde 16 persoas atoparon traballo e do colectivo sen emprego anterior onde 6 persoas se incorporaron ao mercado laboral.
Venres, 26 de agosto de 2011 Pablo Baquero entregou en nome da Deputación as subvencións ós clubs Remo do Tomiño e Kayak Tudense O deputado provincial, Pablo Baquero, entregou onte as colaboracións económicas no ámbito deportivo ós clubs Remo do Tomiño e Kayak Tudense por un importe total de 10.000 euros. O primeiro dos clubs citados recibiu unha subvención de 4.000 euros que recolleu o seu presidente, Manuel Landeira. Pola súa banda o Club Kayak Tudense recibíu unha subvención de 6.000 euros, que lle forone entregados ó presidente do clu , Esteban Alonso Núñez
Xoves, 25 de agosto de 2011 La Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño finaliza las actividades de verano con notable éxito de participación El pasado 4 de julio el equipo de voluntarios de la Asamblea Comarcal inició una serie de actividades lúdicas con niños y niñas de entre 5 y 12 años desarrolladas en el CEIP Mestre Manuel García de Oia, en las dependencias del Omix de Tomiño y en el parque de O Montiño de A Guarda. En el transcurso de estas actividades se hizo llegar a los niñ@s valores como solidaridad, tolerancia, cooperación, empatía, compañerismos, respeto… Los objetivos marcados al inicio de las actividades: Promover la adquisición de nuevos hábitos lúdicos y educativos, fomentar la participación, promover la adquisición de valores y conductas positivas respecto a la vida grupal y a la convivencia, reforzar y favorecer la creación de redes interpersonales, fueron desarrollados a lo largo de los meses de verano, además de fomentar la interrelación entre niños de distinto grupo de edad. Como broche final de las actividades el colectivo de Cruz Roja desarrollará actividades especiales en las ludovermellas mañana, viernes, para los niños de Tomiño, con una vista a los mayores del Centro de Día de Tomiño, los niños prepararán una canción para los mayores y estos les contarán historias de su niñez. El lunes 29 de Agosto realizarán una fiesta final en el patio del colegio de Oia; y finalmente el 2 de septiembre los niños de A Guarda realizaran una salida medioambiental a la desembocadura del río Miño dentro del proyecto “Moviéndonos por el Río” de Cruz Roja En breve la Asamblea Comarcal de Cruz Roja retomará de nuevo las actividades de invierno con niños, con los ya consolidados talleres de Mediación Social y el taller de manualidades.
Mércores, 3 de agosto de 2011 O paro baixou en 231 persoas o pasado mes de xullo no Baixo Miño A cifra de desempregados na comarca do Baixo Miño baixou en 231 persoas o pasado mes de xullo ata situarse nas 4.999 persoas. O paro baixou en todos os concellos da comarca. Onde máis o fixo foi en Tui con 77 desempregados menos ata os 1.876. Deste total 852 pertencen ao sector servizos, 371 á industria, 285 á construción, 248 ao colectivo sen emprego anterior e 43 á agricultura e gandería. En Tomiño o número de parados baixou en 46 persoas ata os 1.474. Mentres na Guarda o colectivo sen emprego ascende a 830 persoas tras un descenso de 43 en xullo. No Rosal hai 636 desempregados, 32 menos que o mes pasado. Por último en Oia o paro baixou en 33 persoas ata 260 desempregados. Por sectores no Baixo Miño hai 2.213 parados no sector servizos, 117 menos que en xuño. Na industria hai 953 persoas sen traballo, 55 menos que o mes anterior. Na construción o número de parados é de 882, 38 menos que hai un mes. No colectivo sen emprego anterior hai 597 desempregados, 15 menos que en xuño, e por último na agricultura hai 354 parados, 6 menos que o mes anterior. Con respecto ao paro interanual, este subiu en 231 persoas, con respecto a xullo de 2010. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|