PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

Predición de MAREAS

*

 

 

galiciasuroeste                                                    José Ballesta

Os debuxos e textos aparecidos no que fora Campo de Concetración de Camposancos poderían ter como destino o futuro centro da Memoria Histórica de San Simón

O 12 de abril proxectouse no Centro Cultural da Guarda un documental que co título de "Memorial de Camposancos" recolle a testemuña dos represaliados e familiares, e tamén veciños de Camposancos, que coñeceron ou viviron de preto a tráxica existencia do campo de concentración en que se convertiu o colexio dos Xesuítas da Pasaxe. José Ballesta, codirector de documental fala do traballo realizado e do achádego dos debuxos e escritos nas paredes do colexio

 

Agora que está o traballo realizado e xa nas “pantallas” ¿como valora vostede o resultado final?

            Estamos moi satisfeitos, sobre todo vendo que a xente maior, que en breve vai desaparecer, como algo inevitable por lei natural, colaboru para facelo posible. Coidamos que chegamos no momento xusto para recoller unhas testemuñas de algo que estaba esvarecéndose e que con ese proxecto de reformar o colexio, a memoría quedaría esvaída e nadie recordaría nada. Alguén tiña que facer esto. Animámonos, malia os poucos medios cos que contabamos, e conseguimos que saíse adiante o proxecto.

 

¿Como xurde a idea de realizar o documental?

            A idea parte dunha persoa da Guarda, xa finada, que foi Luis Noya, e da descrición que nos fixeron do memorial que había no cemiterio contándonos a historia, e esto coincidiu, despois, con que nos deixaron unha novela dun xornalista asturiano que pasara aquí uns meses, no ano 38, e todo esto foi levándonos á necesidade de ter que contar esta historia. De aí arrincou un pouco. Dar a coñecer que a xente da Guarda foi tan solidaria para facer un memorial en tempos non tan presentes, e a historia do campo que vai desaparecer e quedaría esmorecida.

 

Existe entre o público que visionou o documental un interese por ter unha copia. ¿Hai proxectos para a súa comercialización?

            Si. No programa está a súa proxección en Asturias, o 25 de abril; o 4 de maio, estrearase en Vigo e na idea está, despois do verán, comercializalo poñéndoo ao alcance de todo o mundo, tanto en Asturias como en Galicia, e finalmente pasalo pola televisión, téndollo xa medio apalabrado coa televisión de Galicia, e cremos que a televisión de Asturias tamén van estar interesados para a súa emisión naquela comunidade.

 

¿Remata aquí o traballo feito?

            O traballo sigue porque están a aparecer novas testemuñas; máis memorias de xentes, de fillos, de modo que temos a idea de continualo polo tempo que poidamos. Gustaríanos facer unha miniserie de tres capítulos nos que poidamos contar en condicións a historia do colexio e a historia do campo. Aquí proxectouse unha pequena parte, un anaco do que temos. Hai moita historia que temos recollida, sobre todo da represión na Guarda; é un capítulo que non poidemos incorporalo por falla de espazo temporal, porque xa dura hora e media, pero a historia da represión e como transcurriu aquí eso o temos, pero xa digo, non poidemos pasala.

 

¿Que sente un investigador, un historiador cando atopa nas paredes un documento como o logrado nos tabiques do colexio?

            Unha emoción indescriptible. Cando descubrimos os debuxos... todo o mundo dicía que desapareceran, e que houbera milleiros de debuxos feitos por grandes artistas asturianos, como o caso de Brida, ou de Salvador Ortiga, un pintor catalán que morreu en Camposancos; todo eso desparecera. Pero nós, cabezóns, fomos alí e empezamos a buscar, e un día atopamos un nome, outro día atopamos outro e, de repente, empezaron a saír... Chamamos aos  arqueólogos profesionais que, cos seus métodos e líquidos, liberaron todo aquelo que para nós foi moi emocionante, claro, porque eso ten setenta anos e consérvanse alí de miragre.

 

Eses debuxos, dado que o colexio sen dúbida terá outro destino, eses documentos ¿que futuro van a ter?

            Os arqueólogos fixeron fotografía, levantaron calcos; rexistraron todos os debuxos... e a idea é publicalos e logo, se se poden retirar e conservar nun centro da Memoria Histórica que está, ao parecer, previsto en San Simón, se trasladarán alí. Para eso xa hai un proxecto e só fai falla que haxa vontade política para recuperalos antes de que desaparezan.  

Abril, 2007