PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

LOCAL

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

AXENDA

NECROLÓXICAS

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

PÁXINAS

 REPORTAXES

CONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

FOTOS LECTORES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

Calendario

ENLACES

 
 
 

 

Basilio Carrero

por José Antonio Uris Guisantes

D. Basilio Carrero Lorenzo presidente da Entidade Local menor de Camposancos, dende 1931 ata o 27 de xullo de 1936, data na que foi detido polos militares e falanxistas sublevados contra A IIª República Española.

Único delito de don Basilio, estar ao fronte dunha Entidade e ser republicano confeso. Levado a Tui e logo xulgado en Consello de Guerra Sumarísimo por "rebelión militar", de miragre nun foi "paseado" como a tantos outros guardeses ou baixomiñotos. Sendo  condenado a trinta anos de reclusión, ingresou de inmediato no Penal da Illa de San Simón (Redondela) e finando de "nefritis aguda" as tres horas do día 31 de xullo de 1939. ¡E non fixera mal a ninguén!.

Basilio Carrero Lorenzo Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos en 1935, con 52 anos

.

En 1925 máis de cen veciños solicitan a constitución da Entidade Local Menor de Camposancos

D. Antolin Silva Vicente Alcalde republicano polo Partido Radical na Guarda.

 

En marzo de 1925, mais de 100 veciños de Camposancos asinaron unha instancia solicitando ao Concello da Guarda a constitución dunha Entidade Local Menor en Camposancos, as reunións tiñan lugar no adro da igrexa parroquial sendo abade don Serafín Sueiro Sueiro.

 

Un 28 de abril de 1925, en sesión extraordinaria, a Corporación Municipal que presidía o Alcalde don Manuel Álvarez Álvarez "RECONOCE LA EXISTENCIA DE TAL ENTIDAD LOCAL MENOR, ACUERDA que se cumpla lo mandado en el artículo 4º del Reglamento del 2 de julio de 1925".

 

A anterior "Junta Administrtiva del Coto" composta por don Basilio Carrero Lorenzo (que en 1931 será presidente da propia Entidade Local Menor) don Armindo Sobrino; don Dionisio Vicente; don Maximino Sobrino e don Dionisio Carrero, CESAN e entregan a primeira Xunta Directiva da Entidade Local Menor de Camposancos RECOÑOCIDA pola Corporación os libros de Actas, de Rendimentos e de contabilidade, así como 677,75 pesetas en metálico [segundo escribíu don Antonio García Lago].

A Xunta queda así:

Presidente don Domingo Domínguez

Vicepresidente don Francisco González

Secretario don Armindo Sobrino

Tesoureiro don Bienvenido Vázquez.

  

Logo vén a II República e volven os problemas ao negarse  a tal existencia..........

Nembargantes en 1936 a cousa cambia:

 

Relata noso amigo don Juan Noia Xil no seu libro FUXIDOS (Edición xerais 1996) [.....] "O declarse o Movimiento actuaba de presidente da Entidade Local Menor de Camposancos don Basilio Carrero Lorenzo, camposino cen por cen e cun afán desmedido de conseguir para a súa aldea o maior e progresivo benestar.

Coa colaboración de Camilo Carrero Lorenzo (Nota de Uris:gran de amigo pero non era familiar apesares dos apelidos) e algúns mais, iniciouse a construcción da estrada de Baixada á praia de O Muiño (Nota de Uris: chamada "Carretera de Camposancos a Barra del Miño"), que favoreceu a inauguración da mesma e que posibilitou que na actualidade estea dotada dos máis indispensables servicios e dun hotel importante, repleto un ano tras doutro por turistas, non só nacionais, senón inlgeses, alemáns e franceses.

.

Este bo cidadán, que se desvivía polo solar nativo, comparece en Consello de Guerra e resulta condenado a 20 anos (30) de prisión.

O seu informe resumíronno así: " No tiene malos antecedentes sociales, aunque profesa ideas socialistas".

Por algo era íntimo de Roque Camilo Carrero Lorenzo primeiro líder socialista na IIª República Española e presidente da Agrupación Socialista Agraria de Camposancos, fundada en 1931 e finiquitada coa entrada das tropas militares na Guarda as 14,30 horas do día 27 de xullo de 1936.

 

Descanse en paz un dos bos e xenerosos que loitaron por un pobo mellor e que fixeron unha aposta social polos que menos tiñan

.

Inxustiza e represión na Entidade Local Menor de Camposancos en 1936.

  

Ca chegada a Vila de A GUARDA no día 27 de xullo de 1936 [as 2,30 h.] das tropas e falanxistas sublevadas contra a II República, pasaron a ser detidas todas aquelas persoas republicanas con cargos politicos, sindicais ou simplemente porque foron acusadas de non ir a misa, non estar casados, ter fillos sen bautizar etc., etc.

 

Varias ducias de guardeses e algunhas guardesas (incluídos camposinos) foron detidos, fusilados, rapado o pelo, tragaron aceite de ricino ou foron para a prisión de Tui, da Illa de San Simón, ó Campo de Concentración de Camposancos, "paseados" ou a Batallóns Disciplinarios, así como a combater ao propio Fronte de Guerra, contra os seus mesmos compañeiros republicanos "o ibas o te mataban".....

 

Pois ben don BASILIO CARRERO LORENZO no día 27 de xullo/36 seguía sendo o Presidente Oficial (elixido democráticamente dende decembro de 1931) da Entidade Local Menor de Camposancos. Foi preso, xulgado en Consello de Guerra Sumarísimo salvándose de non ser fusilado ou "paseado", condenado a trinta anos de reclusión "por rebelión".

 

Internado no Penal da Illa de San Simón en Redondela, cheo de pena e tristeza, porque como a miles de republicanos non fixera mal a ninguén, era unha persoa moderada e respetuosa cos demais .

 

Falece de "nefritis aguda" ás tres horas do día 31 de xullo de 1939. Nese momento se nos foi outro dos "bos e xenerosos guardeses".      

  

NOTA: Todas aquelas persoas que saiban algo sobre a historia de A Guarda<> Camposancos están enteradas dos contenciosos habidos dende sempre entre as autoridades locais no Concello e os representantes camposinos na Entidade Menor. Primeiro, como Comisión Administradora do Coto, e logo, como Entidade Local Menor.

Non foi ata o 19 de abril de 1963 cando o Ministerio de Gobernación "consideró razonadamente los bienes procedentes del antiguo COTO como COMUNALES y LA EXISTENCIA DE LA ENTIDAD MENOR DE CAMPOSANCOS".

 

O Gobernador Civil ordena ao Alcalde da Guarda, José Luís García Pérez, que convoque para o día e de xuño/63 unha Sesión Extraordinaria para levar a termo a ORDEN MINISTERIAL referente á Entidade Local Menor de Camposancos, desiñando VOCAIS a José Luís Lomba Alonso, "maestro nacional", e a Camilo Pérez Vicente, "con estudios universitarios" [ e obvio dicir que con Franco a democracia e as eleccións libres pasaran a historia o 17 de xullo de 1936].

O 10 de xuño o Alcalde da Guarda propón ao Gobernador Civil como Alcalde-Pédaneo da Entidade Menor e Presidente da Xunta Veciñal a don Nicolás Gutiérrez Campo, mestre nacional; a don Antonio Aira Gallego, mestre nacional, e a don Camilo Pérez Vicente, industrial.

O día 20 de xuño o Gobernador Civil de Pontevedra nomea Alcalde Pédaneo a don Nicolás Gutiérrez Campo, sendo vocais don José Luís Lomba Alonso e don Camilo Pérez Vicente. As 19,30 h. do día 25 de xuño de 1963 o Alcalde OFICIALMENTE, NO GOBERNO DO XENERALÍSIMO, RECOÑECE Á ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS dando posesión dos cargos diante da Corporación en Pleno, quedando para sempre lexitimada a Entidade Local Menor a quen tantos atrancos e dificultades se lle puxeran dende o Concello e dende a Comisón do Coto, da que falaremos outro día.

 

Lembrar  que a primeira vez que un Alcalde da Guarda acudiu a Camposancos para dar fe da toma de posesión do Presidente da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor foi don Manuel Álvarez Vicente, asistido polo Secretario do Concello, don Adolfo Mosquera Castro. Foi o día 25 de maio de 1925. Era presidente don Domingo Domínguez e Vocais don Armindo Sobrino e don Francisco González.   

Certificado de defunción de don BASILIO CARRERO LORENZO Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos asinado polo médico don Teófilo Abad Fernández.

Copia do escrito dirixido ao Gobernador Civil de Pontevedra por don Agustín Moreira Portela (xenro de don Basilio) co obxecto de podelo soterrar baixo a terra do seu querido pobo de CAMPOSANCOS.

 

Quero dar gracias a Basilio Moreira Carrero, neto de don Basilio, pola entrega da documentación e a fotografía.

 

Penal da Illa de San Simón, en Redondela, onde tivo que ingresar don Basilio Carrero Lorenzo por ser republicano, presidente da Xunta da Entidade Local Menor de Camposancos e permanecer fiel a IIª República Española que votara democráticamente.

 

Por certo esta Xunta Xestora da Corporación Municipal  presidida presidida por don Nicolás Alonso Linares chegou a depurar a tódolos empregados municipais:

 

"Dada cuenta que de las averiguaciones practicadas con posterioridad al Informe emitido por la Alcaldía referente a la conducta y antecedentes politicos de TODOS los empleados dependientes de este Ayuntamiento y depurada escrupulosamente su actuación, RESULTA que don Gerardo Trigo Sobrino, Inspector de Arbitrios; don Ricardo Sobrino Babarro y don Avelino Portela Lorenzo, guardas de campo y don Emilio Alvarez Alonso, relojero municipal, por su marcada tendencia izquierdista a cuyas agrupaciones han pertenecido, pueden calificarse como contrarios a la Orientación del actual Gobierno o Junta de Defensa Nacional; visto lo dispuesto por la superioridad respecto al particular teniendo en cuenta otros extremos que robustecen aquel crietrio RESOLVIENDO con arreglo a las reformas aludidas, la Corporación por unanimidad ACUERDA que se declaren cesantes en sus funiones........

.

Como diciamos, o presidente (da Entidade Local Menor de Camposancos) don Basilio Carrero Lorenzo fora preso e levado para o Centro de Reclusión do Lazareto [na Illa de San Simón en Redondela], onde faleceu de pena e de enfermidade [nefrites aguda], un 5 de xuño de 1939. Por ser republicano e Presidente da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Camposancos, o Tribunal do Consello de Guerra Sumarísimo lle impuxo 20 anos de Reclusión Maior..no tiene malos antecedentes sociales, aunque profesa ideas socialistas”.

 

Con don Basilio Carrero no Lazareto da Illa de San Simón, estaba de capelán o xesuíta Padre Nieto,  [...] capellán, jesuíta grande, fuerte, bruto, jesuíta de arado, que todos los domingos desde el púlpito, después de misa, en la capilla del Lazareto de San Simón predicaba que había que matar a todos los rojos....

 

                  [....] En una prédica dirigida a los primeros presos republicanos en el Frontón de Vigo en agosto de 1936, BRAMABA: “¡ En estos tiempos heroicos hay tres maneras de morir:

 

En la cama, cuando el Señor nos llama a su seno; en el frente, ganando honra y gloria para la Patria, y en la carretera, cómo perros rabiosos!. ¡Vosotros, que estáis próximos a morir, debéis ante todo poneros a bien con DIOS y escoger luego la muerte que mejor pueda redimiros de vuestros pecados....”.    (o morrer na carretera referíase a ser “paseados”).

 

O Reverendo Padre Nieto, xesuíta, seguía percorrendo as prisións de Vigo en outubro de 1936...... Dende abril de 1937 o Padre Nieto intensificou as visitas “pastorais” ó Penal da Illa de San Simón coincidindo coa chegada do novo Director, Carlos Hidalgo.

 

Cita sobre o Padre Nieto de  don Ángel Fernández del Río “Angelito” natural de Cangas e barbeiro de profesión con 33 anos de idade, [....] “¡Agárrense y siéntense en el suelo!”, “¡Asesinos!”, “¡Hijos de sin padre!”.

 

Este Padre Nieto xa non volveu a Illa dende o día 28 de outubro de 1938.

 

A partires deste 1938 chegan a Illa de San Simón centos de vellos republicanos procedentes doutras prisións, cheos de piollos e de enfermidades, chegaron a falecer ata quince diarios.........

 

Tamén chegou a coñecer a Monseñor Emilio Álvarez “O Reiciño”, personaxe importantísimo do falanxismo vigués, moi coñecido daquela cómo Xefe da Falanxe, cura que decidía sobre a vida e a morte.....

 

Segundo escribiu don Gerardo González Martín en La Voz de Galicia do 10 de abril de 1988: [....] “MONSEÑOR Emilio Álvarez “O Reisiño” fue Camarero Secreto Supernumerario del papa Benedicto XVI, Prelado Doméstico del Papa Pío XII. El Régimen Salvador de España no sintió ninguna repugnancia ni incompatibilidad con tales personajes, sino que antes los encumbra y defiende, cubriéndolos con su manto protector de tódas las impunidades.

 

Este sacerdote Monseñor, pequeño, enjuto, de rápidos movimientos, era de una crueldad feroz....hombre sin ningún escrúpulo moral....

 

Outro “Reiciño” (este  estivo preso tamén no Lazareto),  foi ALFREDO BAUTISTA ALCONERO, membro das Xuventudes Socialistas de Ponteareas. Secretario de Comercio da U.G.T.. Detido o 21 de xullo de 1936 no alto de XINZO (Ponteareas) cando acudían no auxilio dos republicanos de Tui. Levado a Pontevedra e logo trasladado ao Penal da Illa de San Simón. Consello de Guerra Sumarísimo en decembro de 1937, foi condenado a trinta anos de reclusión.

 

En agosto de 1940 foi posto en liberdade.

 

Tamén coñeceu ó Director da prisión do Lazareto Fernando Lago Búa, ao médico Bustelo e ó Tte. Francisco Rodríguez alcumado “El Rabioso”, incursos (os dous primeiros) en extorsións económicas aos presos, denunciados polo prestixioso médico don Ramón de Castro, Director do Instituto Nacional Antituberculoso, tamén preso no Lazareto e solto varias veces, ata que despois de pagar o chantaxe a que o tiñan sometido, escribiu a seu amigo (no Bando Nacional de Franco) o xeneral Severiano Martínez ANIDO que era daquela Director Nacional do Instituto Nacional Antituberculoso.

 

Fernando Lago Búa, funcionario de prisións destinado na prisión de Vigo en 1936 foi trasladado á prisión de Pamplona. Nesta cidade coincide co xeneral Emilio Mola Vidal a quen lle sirve de contacto levando e entregando información confidencial.

 

Tanto o director cómo o propio médico foron detidos (polo TTe. Fco Rodríguez "O Rabioso") por orden do Comandante Militar da Praza de Vigo Felipe Sánchez Rodríguez, xulgados en horas e fusilados.

 

.

A Xunta Directiva da Entidade Local Menor de Camposancos, presidida por don Basilio Carrero Lorenzo, tomou posesión o 25 de decembro de 1931, con el estaban don Bernardo González; don Maximino Sobrino; don José Vicente; don Juan Antonio Moreira Portela e don Generoso Carrero. O 31 de decembro o Alcalde republicano, Celso Candeira Pérez (1º Alcalde da IIª República na Guarda) oficia (Oficio nº 689) a Entidade Local Menor o feito de que "no puede existir legalmente y sí como Junta Administrativa del Coto, con arreglo al artículo 90 y siguientes de la Ley Municipal" .

O 24 de xaneiro de 1932 o goberno da II República decreta a expulsión dos PP. xesuítas portugueses de O Pasaxe, dando unha semana de prazo. D. Basilio foi testemuña directa da marcha dos xesuítas un 3 de febreiro de 1932, quedando as instalacións baixo a tutela do Concello de A Guarda.

 

D. Basilio Carrero Lorenzo como presidente da Entidade Local Menor, en marzo de 1932, propón oficialmente  ó Ministro de Instrucción Pública a creación dunha Escola Elemental de Traballo e a súa instalación no colexio dos xesuítas en O Pasaxe, por  [....] "la clase más necesitada de instrucción teórica y hasta práctica en la distintas ramas de la enseñanza industrial es la clase obrera. Los escasos medios que disponen los obreros de estos contornos no les permiten desplazarse a dichos centros de enseñanza y el que más cerca se halla (está distante cerca de cincuenta kilómetros) es VIGO" .[ Heraldo Guardés do 19 de marzo de 1932].        

.

Na Sesión Supletoria da Corporación Municipal do 1 de agosto de 1934 sendo Alcalde don Antolín Silva Vicente (polo Partido Radical de Lerroux) e concelleiros Dámaso Ramón Trigo, Emilio Álvarez, Santiago González Sobrino, José Lomba, Juan Álvarez e Juan Noia Xil, (que polos motivos que sexan non asinou a Acta) ACORDAN:

 

Junta Administrativa del Coto: "En vista de la respuesta de la Alcaldía cuando estaban declarando en el expediente sobre la tala de pinos, don Basilio Carrero Lorenzo y don Bernardo González, porque no se les convocaba en acta su representación de la Entidad Local Menor de Camposancos, ACUERDA la Corporación, una vez más, NO RECONOCER la existencia de tal Entidad Menor que, como todas las demás no son hoy más que Juntas Administrativas, según así lo han declarado la Dirección General de Administración Local y el Excmo. Sr. Gobernador Civil de Pontevedra, cuando fueron consultados sobre la materia".

 

[As distintas Corporacións Locais de A Guarda nunca aprobaron a existencia da Entidade Local Menor de camposancos, tendo que ser instancias gubernativas as que puxeran un punto e aparte neste contencioso local]

 

Así na Sesión Supletoria do 24 de novembro de 1935 (tamén presidida por don Antonio Silva Vicente) lese a INSTANCIA DE LA ENTIDAD LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS.

 

"Se da lectura a la instancia presentada y suscrita por don Basilio Carrero Lorenzo y don Benardo González, presidente y secretario respectivamente de la Entidad Local Menor, exponiendo entre otros razonamientos que por el Ayuntamiento sea oficialmente reconocida tal Entidad por la Corporación, después de las acertadas manifestaciones del Sr. Alcalde y 2º Tte. Alcalde don Camilo Carrero Lorenzo, se ACUERDA someter el acuerdo a estudio y resolver lo que proceda dentro del plazo de quince días"....   

 

Na  Sesión Supletoria da Corporación do 8 de decembro de 1935  (tiña que ser o día 6 e non tiveran quorum).

ENTIDAD LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS.

 

Habiendo manifestado la presidencia que no se ha recibido todavía del Tribunal Provincial de lo Contencioso la copia de la instancia presentada en nombre de la Entidad de la cual se dió cuenta en sesión de 24 de noviembre último cuyo requisito acordó obtener la Alcaldía para resolver la petición formulada, se ACUERDA por unanimidad, que quede sobre la mesa, interin no se reciba contestación de aquel Tribunal"...

En Sesión do 8 de outubro de 1936 a Corporación aproba (por Orden do Gobernador Civil) a destitución da Xunta ou Directiva da Entidade Menor de Camposancos. Era Alcalde don Nicolás Alonso Linares, "O Lamprea", e concelleiros Mariano Jiménez Huete; Marcelino Portela Portela; Francisco de Santiago Álvarez; Gregorio Portela Vicente

 

Antes, no mes de agosto, D. Nicolás Alonso Linares, como Alcalde, e os concelleiros : Marcelino Portela Portela; Francisco de Santiago Álvarez; Gregorio Portela Vicente (tomou posesión nesta Sesión) e Mariano Jiménez Huete (o Síndico José Jurado Romero de triste lembranza para moitas familias guardesas foi cesado fulminantemente polo Gobernador Civil, en vista dos informes que sobre os seus desmáns tiña enriba da mesa), APROBARON:

 

"Seguidamente y previa deliberación se acuerda proponer al Excmo. Sr. Gobernador Civil de la Provincia y Delegado de Orden Público que proceda a la destitución y cese de la Junta Administritava del Coto de Camposancos por llevar sus componenetes al frente del cargo desde el mes de diciembre de 1931, y hallándose además detenido en la cárcel de Tuy el que ejercía las funciones de Presidente, como complicado en los recientes sucesos revolucionarios y ser en su mayoría afiliados al Frente Popular, indicando la Presidencia las personas que en su caso habrán de sustituir a aquellas, si así lo dispone la Superioridad".

 

O Gobernador ordena delegar en Marcelino Portela para que se encargue da documentación, fondos e menaxe que corresponda á Entidade.

 

Non contentos coa destitución e  aldraxe ao Presidente da Entidade, esa Corporación Xestora do Concello permítese aprobar un escrito de  "ACATAMIENTO AL GOBIERNO" proposto  por don Nicolás Alonso Linares (Sesión 20 de agosto 1936):

 

"Seguidamente el Sr.Presidente manifiesta que sus primeras palabras son de respeto y acatamiento a las disposiciones de la Junta de Defensa Nacional establecida en Burgos a quien reconoce la máxima autoridad, en estos momentos tan difíciles para la Patria que pretendían esclavizar los revolucionarios marxistas y que el oportuno Movimiento Militar, secundado por el pueblo sensato viene a salvaguardar del peligro rojo que le amenazaba, adhiriréndose  a tales manifestaciones los demas componentes de la Corporación y acordándose hacerlo constar en el acta”.    

 

Colexio dos PP. Xesuítas da Provincia de Portugal, onde don Basilio Carrero Lorenzo (en nome da Entidade Local Menor de Camposancos) quería que se fixera escolas, que hoxe se chaman de FORMACIÓN PROFESIONAL, para os que menos tiñan e non podía economicamente acudir a Vigo.

 

A Guerra Civil fustrou os seus desexos e o Penal da Illa de San Simón, xunto co  Tribunal Militar que o xulgou, acabaron con el en 1939.   

 

Como di o filósofo REYES MATÉ [....] "La memoria moral no es recordar el pasado, sino reivindicar el sufrimiento oculto como parte de la realidad o, lo que es lo mismo, denunciar toda construcción de presente que ignora la vigencia de una injusticia pasada".

..."Y si hubo un injusticia pasada y no ha sido saldada, la memoria proclama la vigencia de esa injusticia".....

 

José Antonio Uris Guisantes