PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

LOCAL

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

AXENDA

NECROLÓXICAS

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

PÁXINAS

 REPORTAXES

CONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

FOTOS LECTORES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

Calendario

ENLACES

 
 
 

 

galiciasuroeste                                                                       Comunicados/Opinións/Varios

Venres, 24 de maio de 2013   

'Interitmos' arranca a selección dos grupos tradicionais que participarán o 29 de xuño en Mos no 'I Certame Folclórico' deste proxecto cultural internacional

            A presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural do Área intermunicipal de Vigo-Baixo Miño (AGDR), Sandra González, presentou, xunto coa deputada provincial Marta Iglesias e a concelleira de Cultura de Mos, Sara Cebreiro, o vindeiro "Certame Folclórico Interitmos", enmarcado neste proxecto internacional de promoción cultural do territorio.

O acto, que tivo lugar na sede viguesa da Deputación de Pontevedra, serveu para abrir formalmente o prazo de presentación dos grupos e solistas que optarán a participar neste certame, cuxos premios van dende a grabación dun CD coas pezas tradicionais do repertorio dos dous gañadores, ata varios accésit cos que se elaborará material promocional para o resto dos grupos agasallados.

Marta Iglesias explicou que a selección dos participantes levarase a cabo por parte dun grupo de expertos. O festival terá lugar no auditorio de Mos o vindeiro 29 de xunio, data na que a concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, aproveitou para "invitar a todos os galegos a participar desta festa cultural".

Sandra González subliñou a importancia do proxecto Interitmos, que ten un carácter internacional, conta cunha financiación de 500.000 euros, do Ministerio de Alimentación e Medio Ambiente, e está promovido por un conxunto de grupos de desenvolvemento rural de varias comunidades autónomas, entre eles catro galegos (2 de Pontevedra, 1 de Ourense e 1 de A Coruña). "A intención é contribuir ao desenvolvemento dos territorios a nivel cultural, pondo en valor e visibilizando o rico patrimonio inmaterial que temos”, sinalou González.

A deputada provincial lembrou tamén que no área de Vigo-Baixo Miño hai perto de 1.000 agrupacións folclóricas coas que colabora a Deputación. E animou a todas elas " a participar desta selección e contribuir de xeito activo nesta iniciativa de promoción do noso territorio"

Interitmos

O proxecto de cooperación Interitmos persegue a caracterización, visibilización, recuperación, valorización e difusión do patrimonio musical tradicional dos espazos rurais, así como a contribución á promoción turística en rede dos territorios.

Entre as súas actividades figuran o estudio, investigación e interpretación do patrimonio musical destes territorios, así como a súa implicación como estratexia de desenvolvemento económico e productivo para os espazos rurais, a través da creación de productos turísticos musicais e culturais.

Trala fase de estudo e diagnose desenvolvida ao longo dos dous últimos años, o proxecto entra agora na etapa da posta en valor das iniciativas máis representativas da música tradicional. A intención é rematar coa elaboración dun proxecto de márketing, a creación de redes de transferencia de resultados de investigación, e a posta en marcha de plans de difusión que axuden a mellorar a promoción turística e cultural dos territorios.

 

Venres, 17 de maio de 2013   

Día das Letras Galegas, final galega do dúatlon escolar en Carballiño

Informa: Alberto Pena Lomba

Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrarase en Carballiño a final galega do Dúatlon Escolar do programa “Xogade”, que está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon. Nesta proba participarán case douscentos rapaces e rapazas.

             A primeira saída, que se realizará no Parque Municipal de Carballiño, está prevista para as 10:30 horas (benxamín) e a última ás 12:40 horas (cadete). As distancias dos tres segmentos son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os participantes correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil, 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.

             O programa está formado por sete probas locais que son clasificatorias para as provinciais, de onde saíron os participantes na final galega. Dende o mes de marzo celebráronse as probas locais de Viveiro, Vilalba, Miño, Nigrán, Maside, Pontevedra e Vedra, e posteriormente as fases provinciais. Os oito primeiros clasificados de cada categoría (tanto masculina como feminina) logran o pase a a final.

            Participan rapaces do Baixo Miño

 

Xoves, 16 de maio de 2013   

O Teléfono da Muller atendeu máis de 4.500 chamadas durante o ano pasado, o 65 por cento delas solicitando axuda psicolóxica

O ‘Teléfono da Muller’ xestionou máis de 4.500 chamadas o ano pasado, tal e como explicou esta mañá a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, tras facer unha visita ao Servizo de Atención e Información á muller no concello ourensán de San Cibrao das Viñas.

López Abella, que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martinez, quixo destacar tamén que este teléfono gratuíto está preparado para a atención a persoas con discapacidade auditiva; así como para atender ás persoas que chamen no idioma que o precise, xa que o servizo conta cun sistema de teletradución a 51 idiomas.

            Así mesmo, lembrou que a finais do pasado ano a Xunta asinou co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e igualdade o convenio de adhesión ao Teléfono 016, co cal as chamadas que sexan realizadas a este número dende Galicia se derivan automaticamente ao Teléfono da Muller.

No tocante ás cifras, a secretaria xeral concretou que das 4.542 solicitudes de información recibidas, 2.934 eran sobre atención psicolóxica; 582 información da Secretaría Xeral da Igualdade; 512 sobre información xurídica e o resto para preguntar por recursos, emprego e outros asuntos. O perfil da solicitante é mulleres españolas nas franxas de idade dos 31 aos 40 e dos 51 aos 65 anos.

Así mesmo, as cifras relativas ao que levamos de ano revelan que o número de chamadas mantense e incluso se prevé que se incrementen. Entre o 1 de xaneiro e o 1 de maio de 2013 xestionáronse un total de 1.923 chamadas: 1.179 de atención psicolóxica; 311 preguntando por recursos; 248 información xurídica e o resto información da Secretaría Xeral da Igualdade, emprego e outros asuntos.

Atención 24 horas ao longo de todo o ano

            O Teléfono da Muller (900400273) é un servizo gratuíto, anónimo e confidencial, que funciona as 24 horas do día e ten cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Está atendido por un equipo multidisciplinar, coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia, de forma que calquera muller poida facer unha consulta, tanto en horario laborable como en horario nocturno e en días non laborables ao longo de todo ano.

Desde o Teléfono da Muller infórmase e asesórase sobre cuestións relacionadas coa violencia de xénero; acoso sexual; Servizos sociais, casas de acollida, centros de información ás mulleres, programas para mulleres desfavorecidas, policía especializada, gabinetes de orientación, centros de planificación; separacións, divorcios, abandonos do fogar e sentencias incumpridas.

Ademais, o servizo galego tamén ofrece información sobre cursos ocupacionais, oposicións, bolsas de emprego, creación de empresas; educación pola igualdade, materiais non sexistas, publicidade discriminatoria, así como apoio ao asociacionismo, xornadas, seminarios, subvencións a asociacións e publicacións.

 

Martes, 14 de maio de 2013  

A Deputación inicia unhas xornadas sobre accesibilidade turística para que as Rías Baixas sexan referencia para 3,5 millóns de personas con discapacidade en España e 50 en Europa

As I Xornadas sobre Accesibilidade Universal no Turismo organizadas pola Deputación Provincial de Pontevedra, deron comezo onte nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe con gran auxe de participación.

A actividade formativa que se celebra ata o vindeiro xoves 16,  conta coa participación de 30 profesionais do sector como guías, técnicos de turismo e responsables de turismo dos concellos; así como de diversos profesionais do sector hosteleiro na provincia, entre outros. A actividade, totalmente gratuíta, está impartida por profesionais de COGAMI, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.

No acto inaugural estivo presente o vicepresidente de COGAMI, Paulo Fontán, xunto á deputada provincial, Marta Iglesias, quen puxo de manifesto a importancia de impulsar proxectos “para que as persoas con discapacidade ou mobilidade reducida vexan na provincia de Pontevedra un destino turístico de preferencia”.

As xornadas teñen por obxecto formar a profesionais e hoteleiros na atención turística a personas con discapacidade e, ao tempo, contribuir a xerar novas iniciativas e conciencia sobre un nicho de mercado ata o de agora bastante esquecido pero que abre grandes expectativas.

Niste senso, a deputada Marta Iglesias destacou que <a nosa provincia xa é unha referencia turística inexcusable a nivel galego e nacional en ámbetos como o turismo termal, de sol e praia, naútico, gastronómico, cultural, etc., pero queremos e podemos selo tamén para os máis de 3,5 millóns de personas con discapacidade que hai en España ou os máis de 50 millóns que hai en Europa>.

Por outra banda destacou iniciativas como as “Pousadas do Salnés”, un proxecto pioneiro único en Galicia que supón a creación de catro establecementos hostaleiros totalmente accesibles, destinados ó uso e disfrute xeral; ou os “50 quilómetros de rutas accesibles”, o “programa de vela adaptada” así como a formación de profesionais de turismo para que adquiran conciencia e coñecementos sobre a relevancia da accesibilidade.

Formación de guías de turismo

A iniciativa, que se iniciou establecendo o marco normativo e as bases para a accesibilidade urbanística e arquitectónica, aposta por manter e potenciar a zona turística Rías Baixas como destino turístico universal, referencia a nivel galego, nacional e internacional en tódolos ámbitos (termal, náutico, gastronómico, cultural, ou paisaxístico).

A actividade está homologada pola Xunta de Galicia o que é moi importante para profesionais hostaleiros porque moitos deles, como as guías de turismo, teñen a obriga de cursar un número de horas anuais de formación para manter o seu título. As xornadas celebraranse en horario de 10:00 a 15:00 horas.

Con esta iniciativa a Deputación pretende contribuír a que técnicos e xestores do destino Rías Baixas, é dicir, aqueles que teñen un contacto directo co turista, adquiran unha formación mellor e máis completa. Neste caso concreto, asemade, ampliarán a súa formación para atender ó turista que presente calquera tipo de discapacidade.

 

A Deputación destina 314.000 euros ás Escolas Deportivas Provincias

A Deputación provincial destina 314.000 euros ao financiamento das escolas deportivas que ten en marcha esta administración en 53 concellos da provincia.

A deputada provincial entregou aos responsables das correspondentes federacións as resolucións polas que se lle conceden as achegas económicas necesarias para o mantemento desta actividade que pretende fomentar o deporte entre os máis pequenos.

En total, son preto de 8.000 os nenos e nenas que neste curso 2012-2013 puideron practicar unha das 9 modalidades deportivas que se imparten nas 247 escolas que a Deputación ten distribuídas por toda a provincia.

Representantes das federacións de balonmán, fútbol e patinaxe, con sede en Vigo e responsables das tres escolas máis numerosas percibiron da provincia, recibiron 75.000 euros a de balonmán –que conta con 2.500 alumnos-, 85.000 euros a de fútbol –con 1.900 alumnos- e 50.000 a de patinaxe –na que participan 1.300 nenos e nenas-.

Pola súa banda, a escola deportiva de piragüismo, que comezou a funcionar neste curso 2012-2013 con algo máis de 800 alumnos, percibiu unha achega de 35.000 euros; a mesma cantidade que a federación de Judo –tamén con sede en Vigo-, que conta con 550 nenos e nenas inscritos nas escolas que hai en toda a provincia.

Pola súa banda, a escola deportiva de rugby –apoiada pola federación deste deporte, radicada na cidade olívica- percibiu 18.000 euros para atender a 400 nenos e nenas e a de atletismo, con 150 alumnos, recibirá 16.000 euros.

 

Axudas para obtención do permiso de condución mozos de 18-30 anos

Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal

 

Convoca: Consellería de Traballo e Benestar.

Contido: Axudas a obtención do permiso de condución clases B a mozos residentes en Galicia, con  18 – 30 anos , titulares do carné xove, matriculados nunha autoescola no momento de presentar a solicitude e cun nivel de ingresos que non supere os baremos establecidos na orde.  A contía da axuda será de 250 euros  por persoa beneficiaria.

Prazo Solicitude: ata o 1 de outubro, salvo que se esgote o crédito disponible con anterioridade.

Se te interesa tramitala non dubides en achegarte ata o noso servizo.

Información detallada no dog do 13 de maio de 2013 http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130513/AnuncioCA05-070513-0003_gl.pdf

 

Luns, 13 de maio de 2013  

Os artistas galegos interesados en participar no Certame Novos Valores 2013 da Deputación deberán presentar as súas obras entre o 28 de agosto e o 5 de setembro 

Os artistas galegos interesados en participar no Certame “Novos Valores 2013” poderán presentar as súas obras no sexto edificio do Museo nun prazo que se estenderá dende  o día 28 de agosto ó 5 de setembro, ambos  inclusive entre as 10:00 e as 14:00 horas.

Os interesados en consultar as bases do Certame Novos Valores 2013 poderán facelo no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do día 2 de maio de 2013. Segundo recolle este documento, poderán participar no certame, sen límite de idade, todos os artistas –pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, ceramistas ou videocreadores- susceptibles de seren considerados novos valores, naturais ou residentes en Galicia.

                        As obras deberán ser orixinais, non admitíndose as que xa fosen expostas noutras mostras. Só se aceptará unha obra por artista en cada especialidade. Quedarán excluídos os artistas que xa fosen premiados pola Deputación de Pontevedra nalgunha edición anterior deste ou doutro certame.

Selección e premios

As obras presentadas aos presentes premios serán obxecto dunha primeira selección, coa que se conformará a exposición, que estará aberta ao público no Sexto edificio do Museo Provincial de Pontevedra durante un mes a contar desde a inauguración da exposición. Pola súa banda, as obras premiadas poderán pasar a formar parte do patrimonio artístico da Deputación de Pontevedra, previa decisión do órgano competente, polo que esta institución se reserva o dereito de propiedade sobre as mesmas.

Nesta edición concederanse tres  premios por importe total de 9.000 euros: o primeiro premio dotado coa cantidade de 4.000 €; o segundo premio dotado coa cantidade de 3.000 €; e o Terceiro premio dotado de 2.000 €.

Segundo recollen as bases do certame, o peso das obras non será superior a 50 Kg e a súa máxima dimensión non superará os 1,50 m. As obras presentaranse de forma que permitan a súa exposición directa, sen necesidade de manipulacións ou posteriores instalacións complicadas. Os debuxos, cadros e fotografías irán sobre soporte ríxido e sen cristal.

No apartado de audiovisuais, admitiranse obras unicamente en soporte CD ou DVD, cunha duración máxima de cinco minutos. A exhibición dos traballos farase mediante unha proxección continua de todas as obras desde un reprodutor de DVD a un monitor.

Na pasada edición presentáronse ó certame un total de 38 obras entre as que resultaron gañadoras as seguintes:

·1º premio, de 4.000 €, recaeu en Avelino David Fidalgo Omil pola súa obra titulada “Animación x animación”  (modalidade de Vídeo)

·2º premio de 3.000 €, recaeu en Antía Cea García pola obra “Memoria de un depósito” (modalidade de escultura).

·3º premio, de 2.000 €, recaeu en Marta López López polo traballo  “Surroundet, 2012” ( categoría de debuxo).

 

Xoves, 25 de abril de 2013  

Cepesca respalda la petición de la EJF de crear un Registro Universal de buques pesqueros para luchar contra la pesca ilegal

La Confederación Española de Pesca, Cepesca, respalda la petición de crear un Registro Universal de Buques Pesqueros que la Environmental Justice Foundation (EJF) presentará hoy en el Parlamento Europeo, en Bruselas, como parte de una estrategia global de lucha contra la pesca ilegal, no declarada y no reglamentada (INDNR)

El Secretario General de Cepesca, Javier Garat, afirma que esta petición, que se enmarca dentro de la campaña “Save the Sea” puesta en marcha por diversas Organizaciones medioambientalistas, coincide en sus objetivos con la Iniciativa Trasparencia puesta en marcha por la flota española y permitirá “intensificar la lucha contra la pesca ilegal y mejorar la transparencia, además de proporcionar mayor protección a los pescadores que respetan la ley y evitar la competencia desleal en el sector de los que no cumplen las reglas”.

La puesta en marcha de este Registro Universal sigue las recomendaciones dadas ya en 2011 por el Comité de Pesca de la FAO dentro del Plan de Acción Internacional para Prevenir, Desalentar y Eliminar la Pesca Ilegal (INDNR).

Este Registro Universal que iría acompañado de un Número Único de Identificación otorgado por la Organización Marítima Internacional (OMI) para cada barco, recogería información acerca del pabellón, propiedad, historia, características y licencias de los buques que superen los 100 TB.

Para Garat es importante que este Registro se convierta en una herramienta internacional de obligado cumplimiento para las flotas de todos los Estados Miembros de la OMI y para todos los buques autorizados a faenar en las zonas de las diferentes Organizaciones Regionales de Pesca; “de esta manera será fácil identificar a los buques que operen de manera ilegal, protegeremos los intereses de los agentes pesqueros que hacemos bien las cosas y evitaremos la competencia desleal de los tramposos, además se garantizará la trazabilidad de los productos de la pesca y se aportará mayor confianza a los consumidores”.

            Garat considera esencial la cooperación internacional para promover estrategias de gestión que favorezcan la lucha contra las actividades de pesca ilegal (IUU), la transparencia y la buena gobernanza, así como la igualdad de condiciones para todos los operadores legales mediante el establecimiento de un marco jurídico transparente para la pesca a escala Global.

            En este sentido destacan iniciativas como la Estrategia de Transparencia puesta en marcha por la flota atunera española, pionera a nivel mundial, para incentivar y desarrollar una mejor gestión de las pesquerías de túnidos tropicales a nivel mundial a partir de la cooperación y la transparencia.

 

Sábado, 20 de abril de 2013  

A Xunta valora os avances para solventar o problema das peaxes lusas e espera que se solucionen canto antes

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, valorou onte en Valença do Minho (Portugal) o avance dos gobernos español e portugués cara a unha solución definitiva no problema das peaxes lusas, que espera que se solucionen canto antes, tal e como xa manifestou esta mañá en Oporto o presidente Feijóo.

Rueda fixo estas declaracións, tras asistir a unha reunión entre o secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Rafael Catalá, e o seu homólogo portugués, Sergio Silva, que anteriormente fixeran unha visita ao posto EasyToll de Vila Nova de Cerveira.

O sistema que se presentou hoxe consiste posibilita a libre circulación polas autovías de Portugal durante un mes, grazas á introdución da tarxeta de crédito nos postos designados a tal efecto. A medida, aínda que non é definitiva, foi cualificada polo vicepresidente da Xunta como un “bo primeiro paso” á espera de acadar a interoperabilidade das peaxes entre ambos países.

Precisamente, Rueda felicitou o compromiso do goberno luso, a través do seu secretario de Estado, de que este verán se poida pagar co mesmo dispositivo electrónico en España e Portugal, o que “contribuirá a que a estreita relación que hai entre Galicia e o Norte de Portugal se poida seguir mantendo e acrecentando”.

Así mesmo, lembrou que desde un primeiro momento o Goberno galego manifestou que había que habilitar algún medio de pago consciente dos problemas que miles de galegos estaban tendo á hora de cruzar a fronteira  -a que ten máis tránsito de toda a península ibérica- con Portugal, desde que o país veciño decidira implantar as coñecidas como SCUT, o  pago en autovías que antes eran de libre circulación.

 

Mércores, 17 de abril de 2013  

El próximo día 6 de mayo se inaugura la ampliación del Museo Diego de Giráldez

A partir del día 6 de mayo se inaugura la ampliación del Museo que recoge la amplia obra deDiego de Giráldez. Serán dos edificios los  que permanecerán abiertos todos los domingos de los meses de mayo, junio y julio, pudiéndose concertar también visitas para grupos, en otros días.

En la nueva imagen del museo, en la fachada exterior, se colocará un conjunto escultórico titulado "El hombre encadenado al espacio". Con la ampliación, la Casa-Museo, pasará de los 1.000 a los 1.500 metros cuadrados de superficie dedicados a salas de exposiciones y a contar con 2.500 metros (1.000 metros más de lo que tenía hasta ahora) de exposición que acogerán más de 500 obras del pintor: entre dibujos, pinturas y esculturas, desde la infancia hasta la actualidad (antes se exponían 250).

Desde finales del año 2012, el museo cuenta con la plataforma digital “Amigos de la Casa-Museo Diego de Giráldez”, y se estudia la posibilidad de abrir una sede en Madrid, en un local de 500 metros cuadrados. Además, cada año, entre los Amigos de la Casa-Museo Diego de Giráldez, se elegirá un amigo de honor, cuyos nombres se irán insertando en el cuadro de honor del Museo.

Se pueden ver otros datos y recoger opiniones de distintos críticos de arte, escritores, directores de museos, importantes coleccionistas, etcétera, en la página de Factbook de Amigos de la Casa Museo Diego de Giraldez.

https://www.facebook.com/pages/Casa-Museo-Diego-de-Gir%C3%A1ldez/136091833220582

 

Os veciños de todos os concellos adheridos ao ORAL poden pagar o IBI en dous prazos, solicitándoo antes do 10 de maio

            Os veciños e veciñas de todos os concellos adheridos ao ORAL poden solicitar, antes do 10 de maio, o pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI) correspondente a este ano 2013 distribuído en dúas cotas.

            Este sistema especial de pago, que se pon en marcha en virtude dunha Resolución Presidencial publicada no Boletín oficial da Provincia do 27 de marzo, supón que os contribuíntes que así o desexen poderán distribuír o importe do seu recibo do IBI en dous prazos, sen ningún tipo de custe adicional.

            O primeiro dos pagamentos será equivalente ao 50 % de la cota líquida do recibo e deberá facerse efectivo na primeira quincena de agosto mediante a correspondente domiciliación bancaria.

            O restante 50% do recibo pasarase ao cobro na primeira quincena de outubro a todas aquelas persoas que demandaran este sistema.

            Esta división do pagamento farase a solicitude do interesado, que a poderá pedir en calquera oficina do ORAL, onde xa lle entregarán o documento que acredita que o cobramento do IBI se lle realizará en dous prazos.

            A única documentación requirida para obter este fraccionamento é o documento acreditativo da conta bancaria na que quere domiciliar o pagamento e o DNI do interesado. No caso de que este sistema especial de pago o solicite unha persoa distinta á titular do recibo, deberá acompañar unha autorización do titular para facer este cambio.

            Así mesmo, a Deputación Provincial ofrece tamén a posibilidade de que este fraccionamento se realice a través de correo electrónico ou postal, cubrindo o impreso que está publicado na propia web da Deputación (http://www.depo.es/documents/1076146/1088494/893.011.pdf/38d79808-e932-4586-b0c0-0466bb7c97aa) e remitíndoo ás oficinas do ORAL ou por medio da súa oficina virtual, onde se poderá tramitar esta solicitude con certificado electrónico.

            Deste xeito, a Deputación Provincial e o ORAL pretende darlle aos veciños e veciñas da provincia todas as facilidades para que poidan cumprir coas súas obrigas tributarias, especialmente en momentos de dificultades coma os actuais.

            O organismo provincial é consciente de que o importe do IBI pode resultar difícil de asumir nun único pago para moitas persoas, polo que optou por este sistema de distribución da carga tributaria para todos os veciños e veciñas da provincia que así o desexen.

            O sistema non está establecido de forma sistemática para todos os contribuíntes, porque tamén son moitas as persoas que poden preferir abonar o importe íntegro nunha única cota. Deste xeito, o establecemento dun sistema especial de pago que permita que o propio contribuínte elixa a forma na que prefire facer o pagamento dos seus recibos outorga maiores facilidades a todos.

 

Venres, 5 de abril de 2013  

Os socialistas advirten que os retrasos nos pagos da Xunta ás confrarías fai “insostible” a súa situación financeira

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, advertiu que os retrasos nos pagos da Xunta ás confrarías galegas fai “insostible” a situación financeira destes órganos. Val presentou unha pregunta na Comisión de Pesca celebrada hoxe sobre a situación dos pósitos galegos a partir do caso concreto de Baiona, con débeda de mais de 53.000 euros e unhas perdas mensuais de 4.500 euros de gasto corrente.

Val criticou que o goberno galego “mira para outro lado” diante da difícil situación destes entes, asfixiados pola baixada de ingresos, que provoca a acumulación de débedas, o que á súa vez vese agravado polos impagos das administracións e “aboca a unha situación de alarma”. Sinalou que o goberno “debe ser quen fiscalice e ser coñecedor da situación real” das confrarías galegas.

Lamentou que malia os compromisos asumidos polo goberno de Feijóo o para actualizar as súas débedas a 15 de agosto do ano pasado, a realidade é que “vai facer un ano e aínda non fixeron os pagos”. Esta actitude, dixo, aboca a moitas confrarías a unha situación financeira insostible e lembrou que o goberno galego “ten mecanismos para poñer enriba da mesa” para axudar ás confrarías pagando con maior celeridade.

O parlamentario socialista advertiu que mentres a Xunta comprométese a realizar os pagos a realidade é que os retrasos nos pagamentos “obrigan á xente a traballar sen cobrar e as confrarías endebédanse ata límites insospeitados”, provocando EREs e despedimentos.

Renovación

José Ramón Val animou ao goberno galego a encetar o proceso de renovación das confrarías galegas, e lembrou que a Xunta acumula xa un retraso de medio ano para comezar a cambiar ás directivas dos pósitos.

O portavoz de Pesca considerou “importante que a Xunta clarexe a situación” destes entes e “si consideran viable garantir a súa continuidade” así como as medidas concretas a levar a cabo para resolver a súa situación financeira.

 

Xoves, 4 de abril de 2013   

 

Comunicado da Deputación respecto aos camapamentos da Lanzada e a presenza de nenos con discapacidade

En relación á nova _publicada por algún xornal e baseda nunha rolda de prensa ofrecida por unha deputada provincial do BNG_, de que <A Deputación de Pontevedra exclúe dos campamentos de A Lanzada a nenos con discapacidade>, a institución provicial quere facer públicas as seguintes consideracións:

1ª.- É rotundamente falso que a Deputación exclúa a nenos con discapacidade dos campamentos que celebra nas súas instalacións de A Lanzada. Só nos anos 2010, 2011 e 2012, asistiron 31 nenos con diversas e graves minusvalías de distinto tipo, como a propia deputada pode comprobar no servizo da Cidade Infantil Príncipe Felipe.

2ª.- A Deputación ven realizando un esforzo simpar noutras institucións de similar rango en canto á atención a menores con todo tipo de transtornos e discapacidades.

3ª.- Sólo na Cidade Infantil Príncipe Felipe acollemos a 66 nenos de Educación Especial, así como a varios outros con transtornos psíquicos e físicos tanto dependentes da Xunta de Galicia como do noso Centro de Día. E neste centro, alóxase a Asociación Alba de atención a disminuidos.

4ª.- A Deputación de Pontevedra adica 12 millóns de euros anuais só en Príncipe Felipe para atención aos menos favorecidos. E o campamento de A Lanzada, que forma parte do centro Príncipe Felipe, é un exemplo de integración sen parangón en ningún outro campamento similar de Galicia e ainda de España.

5ª.- A maiores do antedito, a Deputación, a través do seu servizo de Atención Social, concede axudas e subvencións a todos os colectivos de atención a desfavorecidos da provincia.

6ª.- As bases da convocatoria dos campamentos de verán de A Lanzada falan de exclusión para menores sin capacidade para desenvolverse nas súas necesidades básicas diarias xa que están aloxados en tendas de campaña nas que dormen 5 nenos debido a que a naturaleza física do espazo onde se desenvolve o campamento é accidentada. Afectan, ademáis, a menores cuias minusvalías contraindiquen _por informe médico e debido á propia naturaleza do espazo_ a súa asistencia

7º.- Outros campamentos que se celebran en Galicia poñen tamén limitacións derivadas da naturaleza do espazo e das actividades que se desenvolven neles.

bullet

O de Gandarío (A Coruña), ter capacidades compatibles coas actividades que se desenvolven e coas características da instalación e non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia

bullet

O de Pontemaril (Pontevedra), ter boas condicións visuais, de movilidade e de psicomotricidade

bullet

O de A Devesa (Lugo), non ter limitacións para a movilidade física

bullet

E a propia Xunta de Galicia, tanto en etapas anteriores como na actual, ofrece dous tipos de campamentos: de integración, con 3 plazas para personas con discapacidade inferior ao 33%, que non teñan trastornos que poidan alterar a convivencia e que teñan capacidades compatibles coas actividades a realizar e coas características da instalación así como con autonomía personal para as actividades da vida diaria; e de turnos específicos, para quénes presenten discapacidades superiores ao 33%.

8ª.- A Deputación de Pontevedra nos campamentos de A Lanzada non pón ningún tipo de traba: a única é a que pón o sentido común e a actuación de nais e pais responsables.

9ª.- A Deputación entende a especial sensibilidade que algúns poidan ter con este tema, pero lamenta a frivolidade no tratamento dun asunto especialmente sensible para a institución provincial, e de especial atención e apoio pola súa parte, así como o intento de facer política con algo no que todos _a Deputación, a primeira_ debemos estar profundamente concienciados e comprometidos.

 

O equipo de goberno da Deputación de Pontevedra

Pontevedra, 3 de abril de 2013

 

Mércores, 3 de abril de 2013   

Campamentos de Verán – Xunta de Galicia

A Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia abre o prazo para solicitar praza  nos Campamentos de Verán 2013.

Destinatarios: nenos/as que teñan cumpridos os 9 anos ata os 17 anos (nados entre 1995 e 2004 )

Prazo: ata o 15 de abril

Prezo. Aproximadamente entre os 101 e os 232 €, dependendo do campamento escollido. Descontos sobre o prezo do 25% co Carné xove e do 50% co título de familia numerosa.

Solicitudes na OMIX da Guarda  986 614546

 

Xoves, 28 de marzo de 2013   

Galicia entrega en Madrid más de 170.000 firmas para la derogación de la Ley de Tasas del ministro Gallardón

Abogado laboralista y autor del blog "Laborando" (www.nexolaboral.com), Fabián Valero ha conseguido reunir hasta el momento más de 170.000 firmas a través de la web change.org en apoyo de la derogación de la Ley de Tasas Judiciales.

El próximo lunes 1 de abril, a las 11:00 horas, Fabián Valero entregará en el Registro General del Ministerio de Justicia, en Madrid, las firmas alcanzadas hasta ese momento, que ya superan ampliamente las 170.000". Al acto acudirán representantes del Consejo General de la Abogacía Española.

Destaca Valero que en los pocos meses de vigencia de la Ley de Tasas “ya son miles los ciudadanos que han visto restringido o eliminado su derecho de acceso a la justicia”. Para este abogado, la Ley de Tasas “supone una clara quiebra del derecho a la tutela judicial efectiva consagrado en el artículo 24 de la Constitución Española". “Las clases medias, los autónomos, los trabajadores y las pequeñas y medianas empresas son los grandes perjudicados de esta Ley” afirma.

“La meta no es cuantitativa, sino cualitativa”, explica Valero, que indica que no se ha planteado un fin en cuanto al número de firmas a conseguir. El abogado laboralista indica que “recogeremos todas las que sean necesarias para lograr la marcha atrás definitiva de la injusta Ley promovida por Alberto Ruíz Gallardón. Los apoyos obtenidos hasta ahora no son más que el primer paso”

En change.org continua abierta la recogida de firmas a través de esta dirección: http://www.change.org/stoptasas

 

Sábado, 23 de marzo de 2013   

Axudas para participar en colonias de inmersión lingüística

Axudas para participar en colonias de inmersión lingüística para alumnos do último ciclo de Educación Primaria e do primeiro ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria. O prazo remata o 15 de abril de 2013. para alumnado de 5º, 6º e 1º da ESO.

Información en http://www.boe.es/boe/dias/2013/03/18/pdfs/BOE-A-2013-2941.pdf

 

Xoves, 21 de marzo de 2013   

Carta a Rabel Louzán dunha estafada polas preferentes

Nin querido, nin estimado, nin amigo,

Señor Louzán:
Son unha afectada polos productos tóxicos comercializados pola que comezou sendo a nosa “Caixa amiga” e rematou por ser a Caixa que roubou, e estafou os aforros a miles de galegos co visto e prace de quen debería representalos, ou sexa quen os goberna.
O fío das suas desafortunadísimas declaracións nos diferentes medios de comunicación na que se nos tacha de “comando”, con tódolos respectos que vostede non me merece, posto que tampouco somos respectados por vostede, gustaríame que se tomase uns minutos para ler esta misiva.
Ninguen o ve Sr Louzán, ninguen saberá nunca se a leu ou non, o seu orgullo queda a salvo, pero fágame o grandísimo favor de interiorizar cada letra.
Voulle falar de mín, son unha muller pequena, moi pequena, pero cunha serie de valores moi, moi, moi arraigados, e cun monte de defectos, hai duas cousas coas que non podo nesta vida, A MENTIRA, E Ó AMOR AS PROPIEDADES ALLEAS. tal vez por iso non me adiquei nin a política, nin a diplomacia, me gustan as cousas moi claras, moi directas e moi de frente, tódolos problemas cos que me atopei dende nena foron por dicir verdades, por non venderme, por non dicir cousas a medias, e en definitiva por non calarme se quere comprobalo, pregúntello vostede a meu pai, si meu pai non lle parece moi de fiar e prefire vostede a alguén do seu equipo, pregúntello a MOISÉS, si, a ese, a CHES, ó alcalde de Tui, él coñéceme bastante ben, saquei a cara por él en moitas ocasións, e en outras tantas lle chamei “cantante”, porque eu son así, xa llo dixen, coa verdade paso por riba de quen faga falta, dame igual de que cor vista e que bandeira enarbole.
Así que cando se me tacha de “comando” de “ser manipulada” ou cousas semellantes, o menos que me pode dar, é a risa, eu non formo parte de ningún comando, formo parte dunha plataforma que buscamos unha solución satisfactoria para todos, somos xente normal e corrente cunha desgraza común, que é que nos roubaron os cartos e que nos atopamos completamente desamparados por quen nos goberna. Son unha nai, coma tantas outras, que lle ten que poñer unha ortodoncia a unha nena cunha minusvalía en trámite, e vivindo dunha pensión de gran invalidez que corre serio perigo grazas a outro amigo seu, (o dos recortes), somos fillos de emigrantes, nosa nai, pensou que tería unha certa tranquilidade nos seus últimos anos, e sen comelo nin bebelo se atopa loitando xunto os seus fillos, unha eu, xa lle contei a miña historia, e outro meu irmán, un rapaz deportista, cheo de vida que de súpeto, e tras unha operación sen importancia atópase cun cancro e sen un puñetero peso para pedir un segundo diagnóstico ou para acceder a un tratamento alternativo que poida paliar os terribles efectos da puta quimioterapia…..
Historias coma esta son as que forman a nosa realidade, non as de comandos que vostede se crea na cabeza, medráronlle os ananos Sr Louzán, cansámonos de calar, e como non estaba vostede acostumado a iso, perdeu os papeis.
Vostede que sabe da dor de perder un fillo, debería ser máis consciente, máis humano, e debería telo en conta máis ca ninguén, aínda está a tempo de facer algo por nós, porque na sua conciencia, si a ten Sr Louzán, VAI VOSTEDE ARRASTRAR ISTO POR MOITO, MOITO TEMPO.

Grazas polo seu tempo, Yolanda Domínguez Viñas (Tui)

 

Venres, 15 de marzo de 2013   

Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal

 

Estancias prácticas en empresas de Aemaña para mozos de 18 a 30 anos desempregados, sen titulacion ou titulación equivalente ou inferior a grao medio e experiencia laboral nos sectores ofertados

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Paideia ofertan 10 prazas para a realización de prácticas laborais en Alemaña, durante unha estancia de 4 semanas.

Os obxectivos deste programa son incrementar as posibilidades laborais de mozas e mozos galegos desempregados; posibilitar o coñecemento do mundo laboral en diferentes países estranxeiros mediante o desenvolvemento de tarefas profesionais en empresas no país de destino; proporcionar a iniciación e/ou perfeccionamento das habilidades lingüísticas do idioma do país de destino; e impulsar o desenvolvemento de habilidades persoais de autonomía.

Esta actividade enmárcase dentro do programa de carácter transnacional La IDA do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais alemán, que a Fundación Paideia desenvolve en colaboración co IBI (Institut für Bildung in der Informationsgesellschaft e. V.) e cofinanciada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Datos xerais:

Saída prevista: finais de abril – principios de maio de 2013
Duración da estancia: 4 semanas
Localización: Karlsruhe (sureste de Alemaña)
Prazas: 10
Sectores de prácticas: metal, produción industrial, saúde, gastronomía e comercio

Destinatarios e requisitos

Mozos e mozas galegas con idades entre os 18 e 30 anos de idade, que cumpran os seguintes requisitos:

En situación de desemprego laboral superior a seis meses

Sen titulación académica ou con titulación equivalente ou inferior ao ciclo medio de formación profesional

Con experiencia laboral nos sectores ofertados

Cobertura:

Empresa de acollida
Aloxamento e manutención
Billete de avión de ida e volta
Transporte ao posto de prácticas
Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima
Titorización personalizada durante toda a estadía.

Formación:

Á saída: sesións formativas e informativas obligatorias

Na estancia: curso de iniciación ao alemán e actividades culturais en Alemaña

Á chegada: avaliación e elaboración do informe final obligatorios

Inscricións:

O prazo de inscrición estará aberto do 13 ao 20 de marzo. Os/as interesados/as deberán:

Cubrir o formulario de inscrición electrónico recollido ao final desta información.
Enviar ao enderezo de correo electrónico galeuropa@xunta.es o Curriculum Vitae, modelo Europass, debidamente cumprimentado, segundo o modelo que figura no seguinte enlace: (https://europass.cedefop.europa.eu/cvonline/cv.jsp?forward=before&localeStr=es_ES)

Máis información:

881 999 567/981 544 645

galeuropa@xunta.es

 

Xoves, 14 de marzo de 2013   

Campamentos de verán promovidos pola Deputación de Pontevedra

Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal

 

1º.- A Diputacion organiza Campamentos de verán nas instalacións do Centro de Vacacións A Lanzada este verán.

Destinatarios: nenos/as nados entre os anos 2000 e 2005 ambos os dous incluídos.

Prazo: ata o 4 de abril

Prezo.  68€ por neno

Documentacion Necesaria: DNI pai ou nai,  DNI neno ou libro familia, Tarxeta Sanitaria neno, Volante de empadroamento

 2º.- A Diputacion organiza campamentos polideportivos  na Cidade Infantil Príncipe Felipe.

Destinatarios: nenos/as nados entre os anos 1999 e 2006 ambos os dous incluídos.

Prazo: ata o 18 de abril

Prezo.  125€ por neno

Documentación necesaria; a mesma que nos campamentos da Lanzada.

 3º.-A Xunta de Galicia, organiza campamentos durante os meses de XULLO e AGOSTO en Galicia e noutras Comunidades  

Destinarios: rapaces de 9 a 17 anos.

Prezos:Descontos nos prezos importantes para familias numerosas e posuidores do carné xove.

Prazo; sairán convocados en breve. Se queres que te avisemos chámanos.