BASES
PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DO PERSOAL DOCENTE PARA A
IMPARTICIÓN DO CURSO FORMACIÓN BÁSICA DE EDUCACIÓN DE ADULTOS:
UNHA PARA ESPECIALIDADE HUMANIDADES/SOCIAL.
Outra para CIENCIA-TECNOLOXÍA.-
PRIMEIRA: OBXECTO DA CONTRATACIÓN E DURACIÓN DA MESMA.
As bases que se
detallan a continuación son as que rexerán a selección de persoal para a
impartición das clases dirixidas á FORMACIÓN BÁSICA DE EDUCACIÓN DE ADULTOS
, coas seguintes características:
CURSO:
DE FORMACIÓN BÁSICA DE ADULTOS.
DURACIÓN:
de febreiro a setembro de 2013
XORNADA:
A que se determine polos resposanbles municipais ( a xornada non será nunca
inferior a 10 horas semanais) NA ESPECIALIDADE DE HUMANIDADES/SOCIAL E NA
ESPECIALIDADE DE CIENCIA/TECNOLOXIA, EN HORARIO NOCTURNO.
CLASES:
DE LUNS A VENRES.
Tarefas a
realizar:
a.-
Preparación probas ESO
b.- Tarefas
administrativas de xestión e administración do curso
SEGUNDA: CONDICIÓNS E REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Os aspirantes
deberán reuni-los seguintes requisitos para participaren nesta convocatoria:
1.
Ser español
ou cidadán dun país membro da Unión Europea ou dalgún dos estados ós que
sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos definidos
no Tratado constitutivo da Unión Europea, en virtude de Tratados
Internacionais celebrados pola UE e ratificados por España, ou estranxeiros
con residencia legal en España., de acordo co establecido no
artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado
Público.
2.
Estar en
posesión alomenos da titulación requirida ou da capacitación laboral
equivalente:
diplomado
maxisterio en educación primaria
licenciado en
humanidades/social ou ciencias/tecnoloxía.
3.
Os
licenciados deberan estar en posesión do Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP)
ou titulación vixente equivalente.
4.
Non padecer
enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes
tarefas.
5.
Non ter sido
separado mediante expediente disciplinario do desempeño de funcións o
servizo de calquera administración pública, nin atoparse inhabilitado para o
exercicio das mesmas.
6.
Non estar
incurso en causa vixente de incapacidade segundo a lexislación vixente na
materia
TERCEIRA: REQUISITOS PARA TOMAR PARTE NO PROCESO DE
CONTRATACIÓN.
Os interesados
presentarán as solicitudes segundo modelo normalizado do Concello, en
horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres e de 10:00 a 13:00 horas o
sábado na oficinas municipais ata o 2 de febreiro de 2013.
A presentación de solicitudes poderá
facerse ben no rexistro xeral do Concello, ben en calquera das formas
establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común; as
solicitudes que se presenten a través da oficina de correos ou a través do
Portelo Único deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas
polo funcionario de Correos ou da administración receptora da documentación.
Nestes dous casos, deberá enviarse vía fax ó Concello (986610283) a
solicitude debidamente selada antes do fin de prazo para a presentación de
solicitudes.
Os candidatos que opten por esta
modalidade de presentación da solicitude,
deberán traer copia da documentación o dia da exposción do proxecto.
A solicitude
deberá ir acompañada da seguinte documentación:
a) Copia
compulsada do D.N.I.
b) Copia dos
títulos requiridos para a praza.
c) Curriculum
Vitae.
d) Proxecto de
acordo co sinalado na base 5.
e) Copia
compulsada da documentación acreditativa dos méritos alegados.
Finalizado o prazo de presentación de instancias, dictarase unha
resolución que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello e na web
municipal, na que se admitirá ós/ás candidatos/as que presentasen a
documentación anterior correctamente e se excluirá provisionalmente ós/ás
candidatos que non o fixeran, concedéndoselles un prazo de un día natural
para subsanar os erros ou defectos que houbera. Posteriormente,
elaborarase una nova lista cos definitivamente admitidos/as e excluídos/as.
CUARTA: MÉRITOS.
Na selección
valoraranse os seguintes méritos, que deberán acreditarse e achegarse, xunto
coa instancia, mediante orixinal ou copia autenticada.
A) FORMACIÓN
ACADÉMICA OU EXTRA-ACADÉMICA:
- Asistencia a Cursos
impartidos ou homologados por un organismo oficial, relacionados co obxecto
do contrato:
Por cada curso de máis de
20 horas.............. 0,25 puntos
Por cada curso de máis de
40 horas............. 0,50 puntos
Por cada curso de máis de
60 horas.............. 1,00 puntos
Este apartado valorarase
cun máximo de 2 puntos.
B) EXPERIENCIA:
Será obxecto de
valoración a experiencia docente, debidamente acreditada a través de
certificados, contratos ou calquera outro documento que permita determinar
as datas reais e efectivas de prestación e que acrediten o inicio e o fin da
prestación.
Por haber
traballado como docente, 0,1 puntos por mes, ata un máximo de 1,5 puntos.
C) LINGUAXE
GALEGA:
- Por ter
realizado o curso de iniciación ou Celga 3............................ 0,25
puntos.
- Por ter
realizado o curso de perfeccionamento ou Celga 4............... 0,50 puntos.
Só se valorará o curso de nivel superior, polo que a puntuación máxima no
apartado C) será de 0,50 puntos.
QUINTA:
EXPOSICIÓN E DEFENSA DO PROXECTO.
Os aspirantes deberán
presentar, xunto coa documentación que acompañe a solicitude, un proxecto co
seguinte contido: “Proxecto educativo: o Graduado da ESO”. Extensión máxima
do proxecto 2 folios ( pode ser por ambas caras).
Os aspirantes deberán levar
a cabo a exposición do proxecto diante do tribunal, así como as propostas
en orden ó mellor desenvolvemento do curso.
O
proxecto e a súa exposición e defensa será valorada cunha puntuación de 0 a
6 puntos.
SEXTA: TRIBUNAL.
O Tribunal Cualificador, no que os membros teñen
un nivel de titulación igual ou superior ó da praza convocada, estará
integrado polos seguintes membros:
- PRESIDENTE: Un
funcionario ou persoal laboral da Administración Pública.
- SECRETARIA: A da
Corporación ou funcionario en quen delegue, que actuará con voz pero sen
voto.
- VOCAIS:
catro vocais, designados entre o persoal funcionario e laboral fixo da
Administración Pública
A designación de membros do
tribunal cualificador deberá incluír ó respectivo suplente e os vocais
deberán posuír un nivel de titulación igual ou superior ó da praza
convocada, o que deberá acreditarse mediante copia compulsada que acompañe ó
escrito de designación de titular e suplente.
Para a válida actuación do
Tribunal requiríase a presenza da maioría absoluta dos seus membros,
titulares ou suplentes.
Rematado o proceso, o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de
maior a menor puntuación total, propoñendo o Sr. Alcalde para a súa
contratación a persoa que encabecen a relación do proceso selectivo.
No caso de quedar deserto o proceso selectivo por
non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o
Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose
necesario, de conformidade coas presentes bases.
A constitución do
Tribunal terá lugar o día 4 de febreiro de 2013, ás 10:00 horas, nas
dependencias do Concello, e a continuación se levará a cabo a publicación da
lista de admitidos e excluídos.
A exposición e
defensa do proxecto presentado polos aspirantes celebrarase a partir das
9:00 horas dos días 7 e 8 de febreiro de 2013 no Salón de Plenos do
Concello da Guarda. Neste sentido, coa publicación da lista definitiva de
admitidos se sinalará nominalmente a data na que cada aspirante deberá
presentarse para levar a cabo a exposición do proxecto diante do tribunal.
A continuación se levará
a cabo a valoración dos méritos.
SÉTIMA: CONTRATACIÓN.
A contratación efectuarase por resolución motivada da Alcaldía, logo da
proposta do Tribunal cualificador, que proporá ó candidato que máis
puntuación obtivese do máximo posible. Para efectuar esta proposta, o
Tribunal poderá pedir os informes e asesoramentos técnicos que teñan por
convenientes. Os restantes candidatos, pola orde da puntuación obtida
poderán ser contratados no caso de que algún seleccionado non achegue a
documentación prevista na 8ª das presentes Bases, non asine o contrato ou a
súa alta no libro de empresa do Concello no prazo que se lle sinale ou ben
renunciase á mesma antes de finaliza-lo contrato, e polo período que reste
para o cumprimento do mesmo.
A resolución resolvendo o concurso publicarase coa expresión do
réxime de recursos que contra a mesma caiban, nos 10 días seguintes no
Taboleiro de anuncios do Concello.
No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar
ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. alcalde
queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de
conformidade coas presentes bases.
OITAVA: DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR POLOS SELECCIONADOS.
Os candidatos seleccionados deberán achegar, con
carácter previo a súa contratación:
-
Copia do
D.N.I.
-
Número de
conta bancaria (certificado ou fotocopia da cartilla).
-
Copia da
tarxeta da Seguridade Social.
NOVENA:
FACULTADES DO CONCELLO.
O Concello resérvase a facultade de modifica-lo
réxime da prestación do traballo se circunstancias sobrevidas o esixiran.
DÉCIMA: OBRIGAS DOS CONTRATADOS.
Os traballadores contratados obríganse ó
desenvolvemento das diferentes funcións que, acordes coa súa categoría
estean encomendadas ó seu posto.