Alicia Alonso
Pregoeira das Festas do Monte 2010

Alicia Alonso no seu estudio. Fotografía de
Round Midnight Images.
Naceu na Vila da Guarda en 1945, dende súa
nenez foi moi observadora e sensíbel, polo que pronto detecta que nunha vila
mariñeira, podía contemplar xentes mariñeiras e da vila, así como das
persoas provintes dos barrios e bisbarras da contorna, que acodían aos
mercados, comercios ou a sacar argazo do mar, mesturándose cos demais dando
vida ó pobo.
Pintora autodidacta, ó longo da súa
traxectoria foi coñecendo algunhas persoas e algúns feitos que a influíron..
Ós trece anos coñece ao pintor goianés Antonio Fernández quen, logo de
contemplar o cadro que Álicia lle mostraba e que pintara, ogreceulle o seu
consello, “tes que camiñar sola, traballa moito, chegarás, sempre que
teñas forza…” e así o fixo, camiñando soa, traballando e con forza…
deu chegado¡¡.
A pintura de Alicia ten moito que ver co
pasado, cos costumes, cas persoas, con todas aquelas escenas que presenciou
e que foi rexistrando na memoria. “Sempre me impresionou o colorido e o
movemento”. Temporais, longas invernías, mulleres, nais, loito, escenas
do porto, roupas de augas dos mariñeiros con “suestes” untados de
aceite para durar máis tempo, con aquel olor característico da tea aceitada,
mulleres cargadas con redes na cabeza, ou lavando as mesmas na fonte da
Ribeira, homes e rapaces con palangres e redos ás costas, moitos deles
descalzos.
As tabernas do porto, tazas brancas con viño
do país, boinas caladas, vestidos de cor mahón, dun azul desgastado polo
sol, mozas e mulleres petadoras de casca, que ademais tinxían as redes de
algodón no pote. Os fillos, moitos fillos, a carón das nais, correndo pola
Ribeira. As “poubanas” que chegaban á Guarda no mes de setembro,
procedentes de Tui, Ribadavia e outros lugares, para tomar baños de auga
salgada, todas de negro, cas facianas de cor do leite, “as gaivotas”
lle dicían na Marina.
Alicia para pintar debe sentir os sons do
campo, a cor da herba, o frío do inverno na pel, o sol, o sabor da auga
salgada nos beizos, ver con ollos do interior ás xentes, á paisaxe. “Chega
un momento que te invade, non só o que tes arrededor, o natural, o sinxelo,
o campo, senón o que unha fai. Entén é como entrar nunha maxia, envólvete a
terra… envólvete un TODO".
“Los seres humanos reflejados en mis cuadros
están inmersos en una soledad profunda y esto es quizás lo más significativo
en la temática de mi pintura a lo largo de mis diferentes etapas…” “Quiero
buscar la sensación de que los personajes se desvanezcan entre la niebla
transparente y luminosa…”
“..la luz de mis cuadros era más intensa y
reflejaba exactamente lo que yo veía y quería transmitir…”
Nas distintas etapas polas que foi
evolucionando destacan a pintura o natural. Máis tarde a pintura negra, a
base de poucos trazos, pero moi fortes que empregaba en figuras como se
estivese buscando o desenvolvemento da libertade, sobre de todo figuras de
homes fortes e rudos, pasa a outra etapa colorista na que pinta xitanas,
mulleres nas feiras etc. Máis tarde pinta no estudo, na búsqueda de tonos
tostados suaves, ocres, tonos de fume… ríos ribeiras, mar, campo, terras…
era como si tivese ou acadase unha maxia especial para traballar… temas de
barcos, sol, néboa, a Ribeira, o silencio... Finalmente chega a etapa
intimista, descobre os tonos violetas e azuis, cadros practicamente brancos,
pero co sol detrás da néboa, o vento nas roupas que se moven, como se
estivesen empurrando a vida mesma, volven as figuras femininas en tonos
suaves, como a paz.
Con raras excepcións Alicia espuxo é expón
dentro de Galicia, comezando en 1975 cunha Mostra do Baixo Miño; A
Guarda (1978); Hotel Bahía (1980); Caixa de Aforros de Vigo (1980); Gran
Hotel da Toxa (1981); Caixa de Aforros de Ourense (1982); Bienal de
Pontevedra (1983); Caixa Vigo (1985); Artistas Galegas “Alecrin”
(Vigo 1987); Pazo da Deputación de Pontevedra (1988); Caixa Ourense (1988);
Sala “Durán Lóriga” (A Coruña 1989); Exposición homenaxe, “25 anos
de pintura de Alicia Alonso” (A Guarda 1995); Galería Herranz (Madrid
1997); No Centro Cultural, espuxo os seus cadros, xunto a obras do escultor
Magin Picallo (A Guarda 2005), etc.etc.
Edita en 1980 un libro de debuxos da Guarda
“Apuntes para unha historia”; Ilustradora dos debuxos para o libro de
Eliseo Alonso “Gamelas e mariñeiros” (1987); Colaboradora artística
na revista “Arte Galicia” (Madrid). Como persoa mergullada nos
aspectos sociais do noso pobo ten doado obras da súa autoría a Concello da
Guarda “Tío Callao” (1980); Asociación Érguete Baixo Miño ca obra “Nai”
(1991); Ao pobo da Guarda no Centro Cultural ca obra “Fillos do Mar”
(1992) e outras mais doazóns relacionadas sempre con aspectos sociais.
Como resume dalgunhas referencias
bibliográficas podemos sinalar, “Ciclo Plástica Galega” (1980; “Antoloxía
das Festas do Monte” (1988); “Enciclopedia Galega” (1990); “Xornal
Diario” (Galardonado co “1º Premio de Xornalismo Vila da Guarda”
(1991); “Quien es quién en la Galicia de los 90” (1993); “Alicia
Alonso, 25 anos de cores e formas”, patrocinado pola Consellería de
Cultura da Xunta de Galicia, homenaxe oficial do pobo guardés aos 25 anos de
dedicación a pintura e de plasmar aspectos cotidiás do noso pobo (1995).
Fundadora do grupo IMPAS de pintores no ano 1991. Foi distinguida no
Concello de Vigo na efeméride a Concepción Arenal, como “Galega Destacada
2004” pola Asociación de mulleres “Diálogo 90”.
A Xunta Directiva das Festas do Monte 2010,
síntese orgullosa de ter como pregoeira a esta guardesa de pro. Como di
Alicia “Mulleres e homes tamén, fronte o engano da vida, pero fieis á
loita interna pola libertade e o amor, por saberse únicos neste mundo onde é
preciso gardar todo aquilo que fai da eisistenza un espacio aberto á
xenerosidade e á beleza…”
A Comisión da Festas do
Monte