galiciasuroeste.info

4 ao 11 de agosto de 2008

galiciasuroeste     Portada    Programa    Historia      Servicios      web bandas      Xadrez

Entrevista a Miguel Español     Entrevista a Miguel villa      Inauguración Festas       Agrupación Musical da Guarda       Marcha Cicloturista    Marionetas e Maxia     V Encontro Bandas     Carreiras Pedestres        Pregón

Concerto Agrupación Musical do Rosal    XXI Premio Poesía Feliciano Rolán      Romería do Monte     Desfile'2007

V Festival de Voces Brancas       Baixada          Pesca       Fogos de Lucería          Reportaxe especial

Agrupación Musical do Rosal

Concerto 8 agosto 2007

Un ano máis, nas Festas do Monte, a Agrupación Musical do Rosal, dirixida agora por Diego Javier Lorente López, ofreceu no auditorio ao aire libre de San Bieito, un maxistral concerto que congregou a unhas seiscentas persoas neste espazo de lecer.

En nome da Comisión de Festas José Antonio Uris Guisantes, secretario da mesma, deu a benvida ao novo director ao que, case ao remate de concerto, obsequiou cun recordo desta súa primeira dirección da banda no concello da Guarda. Pola súa banda, Antonio Lomba Baz, tesoureiro da Comisión, entregou tamén á Banda, outro obsequio, recollido por Jesús González Álvarez, presidente da Xunta Directiva. Ambas placas cerámicas, similares ás que se están a entregar este ano nos diferentes actos organizados pola Comisión de Festas, ou que contan coa colaboración deste colectivo, foron creadas pola asociación "Avelaíña" como distintivo das Festas do Monte 2007.

Uris facendo entrega da praga ao director da banda, Diego Javier Lorente López


Jesús González Álvarez recibe a praca cerámica, que reproduce un trisquel, de mans do secretario da Comisión de Festas

O alcalde da Guarda saudando a Nemesio Castro, o poular muiñeiro do Rosal

As seguintes fotografías reproducen algúns momentos do concerto da Agrupación Musical do Rosal