3 ao 10 de agosto de 2009

galiciasuroeste.info     Noticias       Historia      Programa      web bandas       Pregón      Inauguración das Festas   Juan Manuel (mago)  

Concerto musical        Nostalxia      Premio Poesía Feliciano Rolán        Concerto-Homenaxe á 3ª Idade      Música Coral        Carreiras Pedestres 

Miscelánea     Desfile     Romaría do Monte    Xadrez    Pesca     Baixada     Vídeos      Colaboracións    Servicios        Dónde dormir      Dónde comer  

Se desexa enviar comunicados, fotos ou calquera asunto relacionado coas Festas do Monte fágao á dirección electrónica: anton(punto)ferreira(arroba)terra(punto)es

Agrupación Musical da Guarda

Concerto Homenaxe á 3ª Idade

 

            Dentro da ampla e variada programación das Festas do Monte 2009, declaradas este ano Festas de Interese Turístico Galego, o 5 de agosto tivo lugar o concerto Homenaxe á Terceira Idade durante o cal foron presentadas ao público a Raíña das Festas e as Damas de Honor.

          O acto tivo tamén como protagonista á banda de música Agrupación Musical da Guarda dirixida por Víctor Alonso Treinta, que ofreceu un concerto interpretando, entre outras partituras, "Oregón" e "Piratas del Caribe". Actuou como introdutor e presentador o concelleiro de Cultura Antonio Lomba Baz.

           Presidiron o Concerto de Homenaxe á Terceira Idade unha representación da Corporación Municipal, encabezada polo alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, e da Comisión de Festas do Monte, co seu presidente, Miguel Español Otero ao fronte.

            O presidente do Club da Terceira Idade recibiu un recordo da Comisión de Festas pola súa colaboración neste acto. E tamén o director da Agrupación Musical da Guarda, Víctor Alonso Treinta, recolleu o símbolo que identifica as Festas do Monte 2009 elaborado nos talleres da asociación "Avelaíña".