V Festival de Voces Brancas
10 agosto 2007
seguinte
A
igrexa parroquial de Santa María da Guarda foi o escenario, unha vez
máis, do Festival de Voces Brancas que organizado polo Coro Arpegios
Cantabile, e coa colaboración da Comisión de Festas do Monte, chegaba a
súa quinta edición.
Participaron neste encontro de cantores o coro Infantil da Agrupación
Musical do Rosal, dirixido por Toñi Santos Baquero; o Coro Xuvenil
Cantigas do Castro de Baión, de Vilagarcía de Arousa, dirixido por Luis
Renda Dios; o Grupo Antorcha de Corda, baixo a dirección de Mª José Baz,
e pechou este Festival o grupo anfitrión, Coro Arpegios da Guarda,
dirixido por José Luis Lorenzo Rodríguez que ofreceu, como primicia "Yo
vendo unos ojos negros" cantada, ademais de polos coralistas, polas nais
destes xoves cantores.
Presentou o acto Jesús García Villadóniga, párroco da Guarda. Ao rematar
o acto Montserrat Magallanes Álvarez entregou a cada coro e ao
presentador, unha peza cerámica producida nos talleres da Asociación
Avelaíña, como recordo deste acto.










seguinte