Concerto
Musical organizado polo Coro Arpegios
seguinte
A igrexa
parroquial de Santa María da Guarda volver ser, unha vez mais, escenario
do Concerto Musical que promovido polo coro Arpegios se celebrou o
martes, 4 de agosto, como unha das variadas alternativas que se ofrecen
na programaciñon das Festas do Monte.
Coa presencia
do alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, acompañado da
Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, que asistía a
este acto en calidade de membro da Comisión das Festas, o concerto foi
seguido polos incodincionais da música guardesa, pero tamén por moitos
turistas que estes días pasan as súas vacacións nesta localidade.

O concerto foi
presentado, como é habitual, polo párroco da Guarda, Jesús García
Villadóniga, que sempre está disposto a contribuír coa súa palabra e
dinamismo, en todo tipo de actos culturais

No escenario
comparaceu, en primeiro lugar, o Grupo Antorcha, dirixido por María José
Baz.





En segundo
lugar foi o Coro Arpegios, baixo a dirección de Lucía Alonso, quen puxo
voz as interpretacións moi aplaudidas polo público. Esta formación, que
recupera as voces que hai anos posiblitaron a creación do coro Arpegios,
está a ensuiasmar aos seguidores do canto coral pola extraordinaria
forza e recordos que levan coa súa presencia alí a onde van


seguinte