Concerto
Musical organizado polo Coro Arpegios
anterior
seguinte






Os aplausos soaron excepcionalmente cando se
incorporaron, neste proxecto que está a entusiasmar aos guardeses, as
voces dos "nenos" que deron lugar, hai xa algúns anos, ao coro. Aqueles
nenos de entón, homes hoxe, e que fan recordar as orixes desta formación
fundada por José Luis Lorenzo Rodríguez, seguen a pór esa nota
característica do coro Arpegios que anima a música coral guardesa





Pechou o concerto o Grupo de Acordeóns Mascarenhas,
fundado por José Luis Lorenzo Rodríguez, que continúa na dirección do
mesmo. Mascarenhas interpretou algunhas composición xurdidas do espíritu
creador do director e que levan nomes desta localidade que acolleu a
Lorenzo Rodríguez quen hai poucas datas foi obxecto dunha emocionada
homenaxe pola súa contribución á cultura, especialmente no ámbito
musical
anterior
seguinte