3 ao 10 de agosto de 2009

galiciasuroeste.info     Noticias       Historia      Programa      web bandas       Pregón      Inauguración das Festas   Juan Manuel (mago)  

Concerto musical        Nostalxia      Premio Poesía Feliciano Rolán        Concerto-Homenaxe á 3ª Idade      Música Coral        Carreiras Pedestres 

Miscelánea     Desfile     Romaría do Monte    Xadrez    Pesca     Baixada     Vídeos      Colaboracións    Servicios        Dónde dormir      Dónde comer  

Se desexa enviar comunicados, fotos ou calquera asunto relacionado coas Festas do Monte fágao á dirección electrónica: anton(punto)ferreira(arroba)terra(punto)es

Música Coral nas Festas do Monte

seguinte

         O auditorio ao aire libre de San Bieito recibiu, o venres, 7 de agosto, o II Encontro de Música Coral nas Festas do Monte, organizado pola Agrupación Coral Polifónica da Guarda, que este ano cumpre as bodas de Prata.

          Presentou o 'encontro' Diana Español e participaron a Coral do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas, dirixida por Ángel Viro; a Coral do Val do Avia de Leiro, baixo a dirección de Celso Domínguez, e a anfitriona, a Agrupación Coral Polifónica da Guarda, dirixida por Marisilda Sánchez Lomba.

         Antes de que as tres corais subisen ao escenario para interpretar xuntas entre outras composicións o Himno á Guarda, a Agrupación Coral da Guarda lembrando os seus comezos pediu que subise ao escenario José Marino González, (Santeiro) o primeiro director desta formación ao que lle entregou a Placa dos 25 anos. Por impedimentos laborais, non puido estar presente a segunda directora que tivo esta formación, Araceli, para recoller outra placa de Aniversario.

           Pola súa banda o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, en nome do concello da Guarda, e en recoñecemento ao labor dos 25 anos da Agrupación Coral Polifónica da Guarda, entregoulle a esta formación musical unha placa animándoa a continuar cultivando o canto e levando o nome da localidade alí a onde van coas súas voces.

           Entre o público asistente tamén se atopaba o presidente da Federación Coral Galega que foi convidado asemade a subir ao escenario.

seguinte