Romaría do Monte
12 agosto 2007
seguinte

Ascenso ao Trega na mañá do domingo. Mentres uns
romeiros prefiren subir polos atallos, as bandas decántanse por seguir a
estrada

Cando non é cómodo continuar a ascensión tocando,
sempre queda algún recurso para levar o bombo, que ademais ofrece unha
fermosa panorámica de fondo

Aspecto da zona da Casa Forestal ateigada de vehículos
e cos toldos extendidos par liberarse o mesmo do sol directo como
do vento

Santamaría axudando a unha compoñente da Banda Negra
durante a Xura

Este ano os miúdos beberon tamén do garrafón...
cocacola

"¿Qué carallo é eso que bebe o rapaz?" "Ja, ja, ja...
¡É cocacola!"

As gaitas fixeron un oco entre o tronar de tambores e
bombos

No máis alto, compoñentes da Banda Negra animando
durante a Xura

Os bombos e as caixas respostan entre trago e trago

Troulada, Xura, baile, xantar. Pero tamén hai tempo
para ler o xornal

Centos de persoas tomaron o Santa Trega: desde o
Montiño ata o Pico de San Fracisco todo un formigueiro de persoas nunha
das Romarías máis esperadas da comarca do Baixo Miño

A Xura é un acto repetido por todas as bandas. O
garrafón e o viño son dous elementos propios deste encontro espiritual
co deus Baco

seguinte