galiciasuroeste.info

4 ao 11 de agosto de 2008

galiciasuroeste     Portada    Programa    Historia      Servicios      web bandas      Xadrez

Entrevista a Miguel Español     Entrevista a Miguel villa      Inauguración Festas       Agrupación Musical da Guarda       Marcha Cicloturista    Marionetas e Maxia     V Encontro Bandas     Carreiras Pedestres        Pregón

Concerto Agrupación Musical do Rosal    XXI Premio Poesía Feliciano Rolán      Romería do Monte     Desfile'2007

V Festival de Voces Brancas       Baixada          Pesca       Fogos de Lucería          Reportaxe especial

V Encontro das Bandas

9 agosto 2007

seguinte

Nacía o Encontro das Bandas no ano 2003 coma un escaparate que reflectía qué era cada Banda, qué as distinguía, qué as xunguía á Festa e coma unha forma de darse a coñecer e promocionar. Xunto coas bandas, están tamén grupos que son tamén parte da Festa do Monte: son os grupos de gaitas do Club da Terceira Idade, Do Lusco ó Fusco, Na Revolta e Os Pelouros.

Tivo o Encontro das Bandas, nos seus dous ou tres primeiros anos o escenario de xuntanza na Rúa Vicente Sobrino; unha rúa que polas súas especiais características, entre elas ser peonil, préstase a promover a dinamización do centro urbano da Guarda. Sen embargo, as Bandas descubriron, tamén, as execelencias dun lugar tan visitado como é o porto guardés, de modo que atoparon na zona peonil da Rúa do Porto o escenario ideal para presentarse á colectividade local e a tantos visitantes que acoden a esta localidade nas súa vacacións estivais ou que veñen de paso.

Os tenderetes de cada Banda, coas súas enseñas ondeando ao vento, a vestimenta propia, coleccións de fotografías, gastronomía, unha cunca de viño, as rifas para participar no sorteo dun pandeiro, as gaitas que soan e algunha atracción, constitúen parte dos elementos que animan cada ano o Encontro das Bandas que estarán presentes no Desfile do segundo sábado de agosto e o domingo serán coprotagonistas da troulada no Santa Trega.

seguinte