Comezan as Festas do Monte´2007
06/08/2007
seguinte

Un aspecto do Auditorio de San Bieito o luns, 6 de agosto
O luns, 6 de agosto, co Festival folclórico e a
lectura do Pregón, que se desenvolveron no Auditorio de San Bieito,
comezaban oficialmente as Festas do Monte 2007 que se prolongarán ata o
13 do mes no que andamos con variedade de eventos musicais, culturais,
deportivos e de lecer.
Diana Español, como vén sendo habitual nos últimos
anos, foi a presentadora da primeira cita coas Festas do Monte 2007 na
que participaron distintos grupos folclóricos da comarca, un rancho
portugués, habitual tamén a presenza do folclore doutro lado do Miño na
Semana Grande da Guarda, e por primeira vez un grupo chegado de Santiago
de Compostela, "Cantigas e Agarimos", que se gañou especialmente ao
público que enchía o Auditorio de San Bieito coa súa maxistral actuación
que mereceu os aplausos máis animosos da tarde.
Abriu o desfile inicial, previo ás distintas
actuacións, o Grupo de Gaitas da Terceira Idade, que foi recibido, como
o resto dos participantes, polos calorosos aplausos do público entre os
que se atopaban moitos visitantes asiduos do verán da Guarda e outros
que chegaban por primeira vez a esta localidade e que, sen dúbida,
disfrutaron dunha tarde especial. A continuación fixo a súa
entrada o grupo "Do Lusco ó Fusco" ao que seguiron "Xamaraina", "Os
Pelouros", "Cantigas e Agarimos", "A Boalleira" e pechou o breve desfile
de presentación o Grupo de Danzas e Cantares do Centro Cultural
Recreativo de Argela (Caminha).
No ecuador do festival tivo lugar a intervención, en
primeiro lugar, do alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, e
a continuación Joaquín Miguel Villa Álvarez que deu lectura ao
Pregón das
Festas do Monte 2007.











seguinte