3 ao 10 de agosto de 2009

     Monte'2008  

galiciasuroeste.info      Programa     Noticias       web bandas

Se desexa enviar comunicados, fotos ou calquera asunto relacionado coas Festas do Monte fágao á dirección electrónica: anton(punto)ferreira(arroba)terra(punto)es

 

Mércores, 10 de xuño de 2009  

Convocatoria da Banda dos Perdidos

A Banda dos Perdidos comunica aos seus compoñentes que durante os meses de xuño e xullo, todos os venres e sábados, desde as 21.00 horas, terán ensaio no Campo de Chans.

            Desde a dirección da Banda piden que non se falte a esta cita obrigada, xa que da presencia de todos dependerá, din, que Os Perdidos sexa unha banda.

            O teléfono de contacto é o 689 46 15 80

 

Venres, 17 de abril de 2009  

Os artífices de que as Festas do Monte fosen declaradas de Interese Turístico Galego destacan o esforzo e o traballo conxunto realizado

            Miguel Español Otero, presidente da Asociación Pedra Furada, organizadora das Festas do Monte desde o ano 2001; Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Turismo, departamento que desde o ano 2007 se involucrou no proxecto, e José Antonio Uris Guisantes, dalgún modo motor da iniciativa, contando coa colaboración de distintos funcionarios municipais, como Rosalía Verde (na foto da esquerda con Uris Guisantes), foron os impulsores da declaración, pola Xunta de Galicia, das Festas do Monte como Festas de Interese Turístico Galego.

            Para Miguel Español este logro representa “a nivel persoal, unha gran satisfacción posto que era unha meta que nos propuxemos alcanzar desde o ano 2001, cando nos fixemos cargo da Asociación Pedra Furada. Como comisión organizadora, tamén sentimos satisfacción polo que representa para o pobo da Guarda, porque non cabe dúbida de que é un galardón importante que vai redundar, beneficiosamente, no concello e en todos e cada un dos seus habitantes, uns por uns motivos e outros por outros; na hostelería, no comercio. Suporá un plus, por decilo dalgún xeito”.

            O presidente da comisión de festas, que ademais é primeiro tenente alcalde do concello da Guarda, explica que “cando nós chegamos ao goberno municipal, desde o departamento de Turismo que dirixe Montserrat Magallanes, coa axuda prestada por algúns funcionarios municipais e en colaboración co secretario da Asociación Pedra Furada, José Antonio Uris Guisantes, que é un dos grandes artífices deste logro, puxémonos a traballar recopilando todo tipo de documentación producida desde o ano 1913, cando se iniciaron as Festas”, e nesta recollida de material houbo, engade Miguel Español,  xentes que nos facilitaron algún tipo de colaboración en forma de documentos ou fotografías, fundamentalmente.

Montserrat Magallanes

De esquerda a dereita: José Antonio Uris Guisantes, Montserrat Magallanes Álvarez e Miguel Español Otero

  

A concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes explica pola súa banda que trala chegada ao goberno dos socialistas, propuxéronse traballar conxuntamente coa Asociación Pedra Furada para conseguir a declaración que vén de ser recoñecida hai poucos días pola Consellería de Cultura.

O expediente elaborado, no que insiste Magallanes Álvarez que tivo que ver de modo moi importante José Antonio Uris Guisantes, remitiuse, unha vez cumplimentados os apartados correspondentes, o 18 de xuño de 2008 á Delegación da Consellería de Innovación e Industria quen ditaminou positivamente a petición á vista do aportado desde a Asociación Pedra Furada e o concello. Entre outras cuestións, superábase con creces os anos mínimos esixidos de celebración da festa; xustificouse a raigame que ten esta celebración, os sinais de identidade que dela se derivan, e se relatou canta actividade lúdica, musical, deportiva, cultural, de lecer conlevan as festas, xunto a súa referencia como reencontro de aqueles que estando lonxe elixen estas datas para compartir coas familias e amigos. “Esa documentación, como digo, pasou un filtro pola delegación da Consellaría de Industria, non requeríndonos en ningún momento máis documentación, e trala avaliación positiva, remitiuse a petición ao Consello da Xunta para que ditaminase que as Festas do Monte fosen declaradas, como así foi, Festas de Interese Turístico Galego”.

José A. Uris Guisantes

            José Antonio Uris Guisantes, ao que tanto a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, como o presidente da Asociación Pedra Furada, Miguel Español, recoñecen o traballo desenvolvido, explica que foron moitas horas e moitos os días dedicados a recopilar documentación. “Procuramos nos arquivos, revisamos libros das Festas do Monte, consultamos o Arquivo Municipal, recollemos información oral de xentes de idade que tiñan lembranzas da festas, manexamos, non centos, senón miles de fotografías que pasaron polas miñas mans, e usamos documentos que me regalaron hai anos familiares de Alfonso Martínez Peniza, a través do seu fillo Carlos, e que algún día, cando a Biblioteca Municipal posúa na sección de fondos locais un apartado dedicado ás Festas do Monte, penso doar”.

            Foi un traballo exhaustivo e posible, engade Uris,  “porque hoxe son un home xubilado que dispoño de tempo para indagar nos arquivos, e pasar moitas, moitas horas, buscando a maior documentación posible”. Tamén menciona a colaboración prestada por funcionarios municipais, que se empeñaron neste logro. “Esa unión, Asociación Pedra Furada e Concellería de Turismo, conseguiu unha forza tan grande que nos permitiu acadar esa realidade que eu, persoalmente, vía como un soño pois era case escéptico ao resultado que desexaba”. E conclúe José Antonio Uris Guisantes afirmando que “a nivel persoal foi un traballo que me encheu dunha alegría e dunha satisfacción moi importante, moito máis que os dez anos que levo colaborando na organización das Festas do Monte”.

 

Xoves, 16 de abril de 2009  

CIF: G- 36.370.070 - Apartado nº 150

36780  A GUARDA

 

Comunicado da Asociación Cultural Pedra Furada co gallo da declaración das Festas do Monte como Festas de Interese Turístico Galego

Comisión do ano 2008

  

          Esta Asociación sen ánimo de lucro fundada no ano 2000 co obxectivo de realizar as Festas do Monte, buscando para elo a participación económica, cultural, e deportiva  da meirande parte da cidadanía guardesa, dende as idades mais tempranas, ata as mais lonxevas.

          Sentímonos artífices e protagonistas de haber conquerido, co noso esforzo, co noso interese, ca colaboura de persoas namoradas deste pobo histórico e acolledor, co alento incondicional de pensionistas, traballadores, visitantes, emigrantes, comerciantes, industriais etc., dicimos que nos sentímos satisfeitos de que ¡por fin!, noso pobo, A GUARDA, recibira o galardón e o referendo da Xunta de Galicia, declarando Festas de Interese Turístico Nacional Galego as FESTAS DO MONTE.

          Antes, como vimos dicindo, quedan meses e meses de estudio, recompilación de datos, miles de fotografías, ducias de libros, conversas cos nosos maiores, comprobación en arquivos, resúmenes, discusións, acordos, e un longo etc., que fan o que hoxe nos sintamos en paz e tranquilidade, sin protagonismos, alleos a esta Asociación, con ganas de seguir aportando algo das nosas vidas a este pobo querido chamado A GUARDA.

          Pero de ben nacidos e ser agradecidos, polo que en nome desta Asociación e dos miles de guardesas e guardesas, dos visitantes, dos emigrantes, dos que xa non están o noso caron ¡que alegría no seu nome!, queremos agradecer ao conxunto de cidadás que fundaron a  Sociedade Pro Monte Santa Tecla, pioneira en protexer e promocionar o Trega, crear as Festas do Monte, impulsar os labores culturais e sociais, a D. Constantino Candeira González pioneiro da Romaría Enxebre no Trega, e como no a ducias e ducias de guardesas e guardeses que, co seu esforzo, ca súa aportación personal e económica, co seu saber estar, fixeron posible que dende o ano 1913 se poidesen levar a cabo en harmonía, paz e libertade as Festas do Monte de A Guarda, a Romaría Enxebre, o Desfile Folclórico Tradicional e multitude de actos culturais e deportivos.

          Para eles, para todos, a nosa noraboa. Os que nos sentimos protagonistas do evento, queremos compartir sen elitismos persoais, sen egoísmos, con TODOS, porque a unión fai a forza e A Guarda, necesita de TODOS, para seguir sendo unha referencia histórica, cultural, de ocio e deportiva non só en Galicia senón en todos os lugares

 

A Guarda, a 15 de abril de 2009.

 

Asociación Cultural Pedra Furada.

O Secretario: José Antonio Uris Guisantes

35.806.996-K            

 

Xoves, 9 de abril de 2009  

Satisfacción na Guarda pola declaración da Festa do Monte como Festa de Interese Turística

O Consello da Xunta declarou onte, 8 de marzo, e despois do informe favorable emitido pola Consellería de Innovación e Industria, a Festa do Monte como Festa de Interese Turística.

A Festa do Monte, que reúne tódolos requisitos que marca o Decreto 39/2001 para merecer tal distinción, celébrase desde o ano 1913 na segunda semana de agosto, co cal excede ampliamente o número de  dez edicións esixidas polo decreto.

A Festa xurdiu pola iniciativa dun grupo de guardeses (moitos emigrantes retornados), que constituíron unha sociedade (a Pro-Monte) destinada ao coidado dun monte tan emblemático como o Trega. O seu arraigamento maniféstase nunha notable participación de veciños e visitantes. Entre as actividades lúdico-festivas destacan os pasarrúas, obradoiros e espectáculos para nenos, concertos, encontro das bandas mariñeiras, festival rock, gran desfile folclórico, romaría e un longo etcétera, que converten a estas festas nun referente en Galicia.

Dende a Concellería de Turismo, impulsora da iniciativa, xunto coa Asociación Pedra Furada, actual organizadora da Festa do Monte, quérese deixar constancia da satisfacción pola distinción acada, e polo que supón de impulso para a Festa e para o pobo da Guarda.

Precedentes

            Nun traballo conxunto entre a Concellaría de Turismo, baixo a delegación de Montserrat Magallanes Álvarez, e a Asociación Pedra Furada, organizadora destes festexos desde o ano 2000, o 19 de xuño de 2008 presentouse na Xunta de Galicia a solicitude e o proxecto que tiñan como obxectivo a declaración que agora vén de ser acordada. En febreiro pasado a Consellaría de Innovación e Turismo, dirixida por Fernando Blanco, a través da Dirección Xeral de Turismo aprobaba a declaración das Festas do Monte como “Festa de Interese Turístico”, e quedaba só, para a súa aprobación, o ditame favorable da Consellaría de Cultura que se produciu no día de onte.

           As Festas do Monte, contrariamente ao que se divulga nalgúns medios de comunicación, sitios dixitais e revistas, non ten ningún compoñente relixioso nin nada que ver coa Romáría de Santa Trega que se celebra cada 23 de setembro, nin co Voto, celebración que ten lugar ó derradeiro sábado de agosto.

          É, a do Monte, unha festa que naceu no seo da Sociedade pro-Monte, colectivo fundado en 1912 que marcou un antes e un despois do Santa Trega. Quen formaban parte da Sociedade pro-Monte, e recollendo unha iniciativa de Celso Candeira, reuníronse co gallo do primeiro Aniversasario da fundación da Sociedade Pro-Monte Santa Trega nunha xuntaza que se habería de repetir e que, finalmente, se convertiría na principal Festa de todos os guardeses.

AGOSTO

L Mt Mc X V S D
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

1946

1947

1948

1949