3 ao 10 de agosto de 2009

galiciasuroeste.info     Noticias       Historia      Programa      web bandas       Pregón      Inauguración das Festas   Juan Manuel (mago)  

Concerto musical        Nostalxia      Premio Poesía Feliciano Rolán        Concerto-Homenaxe á 3ª Idade      Música Coral        Carreiras Pedestres 

Miscelánea     Desfile     Romaría do Monte    Xadrez    Pesca     Baixada     Vídeos      Colaboracións    Servicios        Dónde dormir      Dónde comer  

Se desexa enviar comunicados, fotos ou calquera asunto relacionado coas Festas do Monte fágao á dirección electrónica: anton(punto)ferreira(arroba)terra(punto)es

Taller de maxia con Juan Manuel

O martes, 4 de agosto, e dentro da programación das Festas do Monte 2009, organizouse un taller de maxia impartido polo xove mago de ascendencia guardesa, Juan Manuel, quen se deu a coñecer neste concello nestas mesmas festas hai tres anos cunha actuación espontánea no Auditorio de San Bieito. O pasado ano Juan Manuel xa entrou dentro da programación da Semana Grande da Guarda cun espectáculo de maxia no mesmo auditorio. E este ano, na Praza do Reló, impartiu un taller para trinta participantes nos que, entre outros trucos, os cativos aprenderon a desfacer nós, "trocar" os tamaños de figuras, xogar con barallas e aumentar ou diminuír o número de círculos debuxados nunha cartolina.