|
Libro-programa
das Festas dos Monte 2008
O libro-programa das festas do Monte
Santa Trega poidese ser, na súa categoría, o decano de cantos se
publican na comarca do Baixo Miño. A Comisión, que preside Miguel
Español Otero distribúe, nada máis saír do prelo, os exemplares entre os
colaboradores literarios e establecementos anunciantes; vai tamén aos
escaparates das librarías, como a de
Atlántica, incluso a outros
establecementos colaboradores, con obxecto de que poida chegar ao maior
número posible de lectores.
Coordinado, un ano máis, por José
Antonio Uris Guisantes, na edición de 2008 participaron 31 colaboradores
literarios, ademais de fotógrafos que en conxunto aportan 83
instantáneas e 8 debuxos, e que co seu traballo, xunto cos 417
anunciantes, fan posible este volume que chega ás 376 páxinas, ademais
das portadas e contraportadas.
Como é tradicional, a portada
reproduce o cartel que anuncia as festas, unha fotografía aérea do
Monte, da autoría de Carlos López e no pé, para non estragala, a lenda
“Festas do Monte 2008”, e como subtítulo as datas de celebración desta
romaría: do 4 ao 11 de agosto.
Unha distribución aproximada dos
contidos, lévanos a facer ata seis apartados temáticos. O Documental:
biográfico, histórico e de investigación, que reúne13 títulos; outros 10
traballos, dos que 8 son poéticos e 2 en prosa, pódense incluír na
sección literaria; 5 textos teñen contidos etnográficos; outros 2 están
relacionados cos valores naturais, e 7 poderían incluírse na sección de
‘varios’.
A maior parte dos autores son
habituais nestas páxinas do Libro-programa, tendo presentado
colaboracións nos últimos anos; outros estrénanse nesta edición. Adolfo
e Emilio Rolán Mosquera, Agustín Ferreira Lorenzo, Antonio Lomba Baz,
Antonio Martínez Vicente, Carlos (Rofrán), Chuny Vázquez, Equipo de
Prevención de Drogodependencias, Educación e Promoción da Saúde da
Asociación Érguete Baixo Miño; Eva González del Rosario; Feliciano
González Otero, Francisco Álvarez “Koki”, Jesús Español Gil, Joaquín
Fernández Gómez, Joaquín Miguel Villa Álvarez, José A. Gándara
Rodríguez, José Antonio Uris Guisantes, José Luis Lomba Alonso, Juan
Louzán Barcia, Manuel Coedo Martínez, María del Carmen Álvarez González;
María Jesús del Río, Miguel Reboredo Otero, Oliva María, Praxíteles
González, Purificación Álvarez Álvarez, Ramón Ferreira Gómez, Ricardo
Rodríguez Vicente, Victoriano da Saladina, Xosé Carlos Gómez Alfaro e
Xurxo González Rodríguez, son os autores que aportaron orixinais a esta
edición.
O libro-programa que se pode adquirir
por 10 euros, vai acompañado dunha rifa para o sorteo de 3.000 euros e
unha viaxe a Palma de Mallorca.
|