Fogos de Lucería
anterior
portada
Reportaxe de
Mari-Jo et Michel Meneu
Mari Jo
e Michel Meneu son un matrimonio bretón que, desde hai moitos anos, elexiron A Guarda
para pasar as súas vacacións. Aquí teñen moitos amigos que sempre se
alegran de velos e compartir con eles os días. A el, a Michel, é fácil
recoñecelo na romaría do Monte Santa Trega coa súa gaita bretona, pero
con sons galegos, en animada festa cos amigos. Participa, como un
guardés máis, da Baixada, entre a morea de romeiros que na noitiña do
domingo abandoan o Monte. Mari Jo acompáñase dunha cámara fotográfica
para recortar os momentos e disfrutar logo, en terras bretonas, dos
inesquecíbeis días guardeses.
A súa
presenza na Guarda delátase coa pequena bandeira da Bretaña que, cada
agosto, ondea no máis alto da casa que alugan, na Rúa do Porto.






anterior
portada
Agosto,
2008