galiciasuroeste.info

4 ao 11 de agosto de 2008

galiciasuroeste     Portada    Programa    Historia      Servicios      web bandas      Xadrez

Entrevista a Miguel Español     Entrevista a Miguel villa      Inauguración Festas       Agrupación Musical da Guarda       Marcha Cicloturista    Marionetas e Maxia     V Encontro Bandas     Carreiras Pedestres        Pregón

Concerto Agrupación Musical do Rosal    XXI Premio Poesía Feliciano Rolán      Romería do Monte     Desfile'2007

V Festival de Voces Brancas       Baixada          Pesca       Fogos de Lucería          Reportaxe especial

Marionetas e Maxia

07 agosto 2007

Entre os moitos espectáculos que se organizan nesta Semana Grande da Guarda, onde hai variedade de actividades para todos os públicos e para todas as idades, o martes día 7 de agosto, foi unha xornada destinada aos máis pequenos, pero da que tamén disfrutaron os maiores non só coas marionetas, senón tamén coa presenza dun xove que, espontaneamente, se ofreceu a realizar unha sesión de maxia que arrancou os aplausos de cantos se congregaban no Auditorio de San Bieito e mereceu os eloxios da Comisión de Festas.

Marionetas

Como estaba previsto, ás sete do serán comezou o espectáculo para nenos que seguiron os enredos dos bonecos que escenificaron unha obra da que non perderon detalle os miúdos.

Juan Manuel

Juan Manuel González Pérez é un mago moi xoven; tan xoven que só ten 15 anos. Vén de rematar 3º curso da ESO en Algeciras, onde naceu, aínda que, conta el, bautizánno na Guarda e fixo, tamén, a Primeira Comuñón na vila de onde son seus pais.

Nesta vila guardesa pasa as vacacións de verán e, aproveitando o Espectáculo que para os máis pequenos programou a Comisión de Festas do Monte, ofreceuse a realizar alguns números de maxia que gustaron aos miúdos e aos menos miúdos segundo "a medida" dos aplausos que son quen mellor reflicten a satisfacción do respetable.

Contou, como axudante, coa súa irmá, Cristina María. E el, nin corto nin perezoso, comezou a facer creíbel o que era incerto.

Con acento andalú, conta Juan Manuel que comezou con isto da maxia aos sete anos "con un juego de Magia Borrás", e debeulle gustar porque desexou ampliar o seu repertorio "y compré libros para ir montando jueguecitos".

Juan Manuel González Pérez comeza a facer curriculum coa súa afeizón. en Algeciras actuou en xuño pasado, no Colexio Mediterráneo, "haciendo magia para los niños", pero antes, no Nadal "también actué en la fiesta que se hace en el Instituto". Aínda así, Juan Manuel non se ve un mago no futuro: "como hobi o afición si, pero como trabajo, no".