Animación espontánea no porto da Guarda
Este
ano non foi posible que as Bandas Mariñeiras se animasen a levar a cabo
unha nova edición do Encontro das Bandas. A convocatoria realizada non
deu os froitos esperados por algúns e, definitivamente, uns días antes
do comezo da Semana Grande, anunciábase que non habería "Encontro".
Para
evitar unha tarde baleira un grupo de incondicionais da festa animouse a
poñer música á tardiña do xoves, 6 de agosto, congregando a visitantes e
guardeses, ben é certo que en pequeno número, ao seu arredor, pero non
cabe dúbida que a música espontánea animou o porto.






