Recordando as Festas do
Monte (1969 e 1970)
por Agustín Ferreira
Revolvendo
no meu arquivo particular,
atopeime cunha foto do ano 1979 e outras varias do ano 1980,
correspondentes ás Festas do Monte deses ano. Como nestes intres estamos
metidos de cheo nestes festexos, penso que poden ser de interese para
moitos dos que seguen este xornal dixital, así que a continuación van as
mesmas.

Ano 1979.
Correspóndese co desfile do sábado. Carroza que representa o Facho. Como
pode verse, o tractor vai repleto de nenos e nenas
vestindo
o traxe galego, o
mesmo que
o condutor
(na Guarda dicíase tambén,
vocablo que agora xa está en desuso) leva.

Ano 1980.
A
Banda Negra ao seu paso polo antigo “Cine Avenida”, hoxe xa
desaparecido, ó mesmo que a casa indiana de D. José María Sobrino, á
dereita. Dende entón cambiaron algunhas cousas neste tramo: o xiro á
esquerda que aparece marcado
sobre a estrada, hoxe
xa non está permitido. Na casa indiana citada anteriormente atópase na
actualidade o edificio Ramón Sobrino (nome dun fillo de D. José María),
nome que tamén leva a rúa que ascende á dereita.

Ano 1980.
Grupo de nenas no desfile do sábado, vestindo o traxe rexional galego,
ao seu paso fronte á “Casa do Pescador”


Estas dúas fotos son do
ano 1980. Na Alameda da
Guarda. Obsérvese a caseta de venda
de rifas, as farolas da alameda e
o chan, de terra.
Moito mudaron
as cousas en case que 30 anos.


Ano 1980.
Carroza representando ao facho, no desfile do sábado. Obsérvese que
parece unha copia da de 1979.

Ano 1980.
Os Celtas foi unha das bandas que desfilou nese ano. Na actualidade
está banda xa non existe
Agustín
Ferreira Lorenzo