|
 |
 |
|
3
ao 10 de agosto de 2009 |
Se desexa enviar
comunicados, fotos ou calquera asunto relacionado coas Festas do Monte fágao á
dirección electrónica: anton(punto)ferreira(arroba)terra(punto)es
|
|
XXIII Certamen de Poesía Feliciano
Rolán
A Guarda, 5 agosto 2009
seguinte
Organizado pola Agrupación Cultural Guardesa, o Centro Cultural da
Guarda volveu ser o escenario no que se entregaron os premios de Poesía
do Certame Feliciano Rolán, convocado pola Agrupación Cultural Guardesa
que acada neste ano a vixésimo terceira edición.
Ao acto, ademais da presidenta do colectivo organizador, Julia Sobrino
González, e directivos, asistiron o alcalde da Guarda, José Manuel
Domínguez Freitas, e o concelleiro de Cultura, Antonio Lomba Baz, e o
concelleiro do BNG, Xan Lois Lomba Alonso. Tamén estiveron presentes os
poetas galardonados que recitaron cadanseu poema.
Presentou o acto de entrega de premios Manuel Santos que fixo unha
semblanza biográfica do poeta que dá nome ao Certame. A secretaria da
Agrupación Cultural Guardesa, Soledad Amil, leu un fragmento dun dos
poemas de Feliciano Rolán e, de seguido, foi a pianista María Alonso
quen ofreceu un miniconcerto.
Julia Sobrino subiu ao escenario para agradecer a presenza das
autoriades, público e poetas galardonados na entrega dos premios. E
deixou despois o protagonismo aos poetas, subindo en primeiro lugar ao
estrado Isaura Lago Álvarez, que acadou o áccesit otorgado polo xurado
polo seu poema "Sueños". Rosa Martínez Vilas, autora de "A vacaloura dos
meus soños", co que obtivo o terceiro premio, foi a seguinte en ler o
seu poema, facéndoo a continuación Cruz Martínez Vilas, autora de "Se
cadra son pequena de máis", co que obtivo o segundo premio do certame.
Pechou a quenda de recitacións o autor do poema gañador do primeiro
premio, Xermán Torres, autor de "De Profundis".
A Agrupación Cultural Guardesa afasallou cun ramo de flores aos membros
que formaron parte do Xurado e o concelleiro de Cultura, en nome da
Comisión de Festas, un recordo alusivo ás Festas 2009 a María Alonso e á
Julia Sobrino.
Tamén foron directivos da Agrupación Cultural Guardesa quen entregaron
os premios aos poetas galardoados. Julia Sobrino delegou a entrega do
primeiro premio no alcalde, José Manuel Domínguez Freitas que, a súa vez
quixo que o entregase Adolfo Rolán, sobriño do poeta recordado neste
certame, e que se encontraba entre o público.


















seguinte |