 |
|
9
ao 16 de agosto de 2010 |
Se desexa enviar
comunicados, fotos ou calquera asunto relacionado coas Festas do Monte fágao á
dirección electrónica: anton(punto)ferreira(arroba)terra(punto)es
|
|
|
 |
Páxina web da banda A Fervenza Tinta
www.afervenzatinta.com
Esta banda fundouse no ano 2004,
concretamente o venres 13 de
agosto de 2004 participando xa daquela no “II Encontro das Bandas”. O seu
punto de encontro é “O Refuxo”.
A Banda ten o seu lugar de Xura nas
proximidades do Púlpito.
Na páxina web, entre outros contidos,
poden verse fotografías, acceder a vídeos, participar no foro ou informarse
das últimas novas da banda. |
|
 |
Páxina web da Banda Negra
www.bandanegra.com
A páxina web da Banda Negra, conta con contidos propios, ofrece
as
orixes desta formación nunha breve reseña histórica que lembra a creación da
mesma, alá polo ano 1969, e o lugar da Xura, na explanada do Púlpito,
dirixida por Santamaría “Co seu inseparable silbato”.
Outras das seccións
son
o visionado das fotografías.
O
foro, a sección enlaces
e o Contacto,
son outras seccións operativas desta
páxina da Banda Negra. |
|
 |
Páxina web da banda
Os do Rancho
www.osdorancho.com
Banda fundada en 1993 e que comezou con 35 membros sendo hoxe máis dun cento
de todas as idades.
Din os Os do Rancho que non son soamente unha banda mariñeira,
senón, tamén, "unha forma de pensar, de divertirse, de ver a festa, por iso
un rancheiro será sempre un rancheiro".
|
|
 |
Páxina web da banda
Ribadela
www.ribadela.com
Ribadela fundada en 1999
por un grupo de amigos con ánimo de fomentar a participación nas festas do
Monte. Ten preto de sesenta membros.
Invitan a participar da festa,
onde haberá, din, música, viño, jolgorio, bailes, verbenas e
diversión
|
|
 |
Páxina web da
banda a Foliada
www.afoliada.com/
Fotos, vídeos, historia, mensaxes e mapa, son as seccións que se poden
disfrutar na web da Banda A Foliada, na que tamén se poden atopar, dentro
das mencionadas, outras subseccións que amplían os contidos.
|
|
 |
Páxina web da
Banda Roxa
www.bandaroxa.org
Fotos, vídeos, historia, mensaxes e mapa, son as seccións que se poden
disfrutar na páxina oficial da Banda Roxa, unha das más antigas da Guarda e
que está prsente no desfile do Sábado e participa na Romaría do Monte. |
|
 |
Páxina web da Banda Os Perdidos
http://www.osperdidos.com
Os Perdidos teñen un sitio na rede onde se poderá cunsultar a historia desta
banda, ver fotos e poñerse en contacto con esta veterana banda que leva uns
trinta anos desfilando o Sábado do Monte e participando na Romaría do
domingo.
|
|
|
Páxina web da Banda A Beira do Río
http://www.abeiradorio.com
O
único xeito
de que todos os amigos formáramos parte da mesma banda era creando a nosa.
O nome foi
unha decisión tomada entre todos os compoñentes da banda, partindo de
diferentes propostas. A equipaxe conasta dunha camisa azul e un pantalón ou
falda branco, calzado, pano azul e faxa negra. O Cruceiro Pinto é símbolo,
pero tamén o lugar de reunión e de saídada Banda. |
|
 |
Páxina web da Banda O amparo
do Monte
www.oamparodomonte.com
O 22 de Abril de 2009,
coincidindo coa declaración das Festas do Monte, como Festa de Interese
Turístico Galego, nace, Ó Amparo do Monte.
Creada pola Asociación Cultural
Friends Music e por tódolos seus compoñentes, socios e amigos, “Ó Amparo do
Monte” nace, como un apoio ás festas, mostrando unha vez máis a intensa
actividade desta asociación cultural no pobo de A Guarda.
Ó Amparo do Monte, nace, xorde
con forza e con moitas gañas de expresar, a base de redobres de bombo e
caixa, un novo ritmo, unha nova forma de disfrutar das nosas festas e unha
nova forma de pasalo ben con nosos amigos e veciños. |
|