|
Os mariñeiros da Guarda incapaces de asumir o canon que quere implantar Portos de Galiza na futura nave multiusos que construirá a Consellaría de Pesca
¿Que asuntos trataron vostedes co director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca? O director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca explicounos como está o Plan de Portos e preguntounos se tiñamos algo que obxectar ao canon que Portos quere implantarnos polo aluguer da nave multiusos que se construirá na Guarda para servicio do sector mariñeiro.
¿E que supón para o sector ese canon? Supón algo que non poderemos asumir. Son 18.000 euros, só de aluguer ao ano, para unha lonxa que ten unha facturación que non chega aos douscentos millóns das antigas pesetas.
Esa sería a cantidade a pagar a Portos de Galicia Si, porque os terreos son de Portos de Galicia. A ese gasto hai que engadir o mantemento, os empregados... e as contas non dan. O pescador abona, por ventas de lonxa, o catro por cento. Non, non dan os números. Van estudar o tema, pois hai zonas da nave multiusos que van ser bonificadas, outras parece que non poden selo. Eliminando as zonas que non poden selo, o aluguer podería ser asumido porque se reduciría ata quedar en 3.000 ou 4.000 euros. E de non ser así non nos vai interesar a nave, porque non poderemos asumir os gastos.
¿Pero é importante esa infraestrutura para o sector? Claro que o é polo servizo que vai dar. Vai contar con túneles de conxelado para a carnada; viveiros para manter o marisco o que nos permitirá contar cunha cantidade importante que anime aos compradores a achegarse á lonxa da Guarda, porque imaxínate toda a semana xuntando marisco e vendelo, por exemplo, un venres á tarde... habendo cantidade virá xente de fóra; pero ademais no caso de que a lamprea se vendese en lonxa, tamén terían os viveiros para mantela viva; duchas para percebeiros e percebeiras; e as cámaras de conxelado, que hoxe están na lonxa, e que pasarían á nave, o que posibilitaría ampliar o espazo da lonxa. Todo fabuloso, pero claro, se Portos se empeña en cobrarnos, non poderemos asumir esta importante infraestrutura.
O director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca non vos asegurou a reducción do canon, claro Non; pero comprometeuse a que todo o que estivese nas súas mans ían xestionalo diante de Portos. O director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca pertence a Pesca, que é quen executará a obra da nave multiusos, pero nun terreo que é competencia de Portos. No caso das redeiras, pasa algo parecido, aínda que elas terán unha bonificación do 90 por cento; pero terán que ver as súas posibilidades. Moito me temo que tamén terán que loitar para que lles sexa máis rendible.
¿Onde se situará a nave das redeiras? Vai ao fondo do aparcamento, na volta, fronte ao que se coñece como a Cama de Piedra. Disporán dunha nave maior que a nosa, que vai a pouco máis de dous centos metros cadrados, fronte aos máis de catrocentos previstos para as redeiras.
¿Que pasos van vostedes seguir para lograr os obxectivos que perseguen? Imos solicitar unha reunión con Portos, explicarlle o que queremos; contamos co apoio de Pesca, e a partires de aí, pois veremos, pero se as pretensións non as rebaixan, non poderemos aceptar nada. Maio, 2007 |
|
|