Venres, 3 de febreiro de 2012
Actividades para o domingo
día 5 de febreiro (teatro) ou que comezan ese día (dúas exposicións
fotográficas) no Centro Cultural de Pedornes
Exposición: “Bionatura
Miñota”
Centro Cultural de Pedornes
(Oia)
As Asociacións Cultural “San
Mamed” e de Veciños “A Muruxeira” da parroquia de Pedornes en
colaboración con ANABAM organizan a exposición fotográfica titulada
“Bionatura Miñota”.
Bionatura Miñota consta de
mais de 70 instantáneas de gran formato (aproximadamente 42 X 30 cm) que
foron tomadas no entorno natural do Baixo Miño polo fotógrafo de ANABAM,
D. Luís Dorado Senra alá polos anos 1999 e 2000. Cada unha delas posúe
unha pequena etiqueta explicativa.
A mostra inclúe fotografías
de insectos, anfibios, réptiles, aves, e mamíferos, ademais de imaxes da
paisaxe natural do Baixo Miño e dalgunhas das actividades e saídas de
campo realizadas pola citada asociación conservacionista.
A devandita exposición poderá
visitarse durante o mes de febreiro os domingos 5, 12, 19 e 26, así como
o sábados día 11 de 16.00 a 22.00 h.
Exposición: “Camiño Portugués
da Costa”
Fase Local Concello de Oia
O concello de Oia, en
colaboración coa Asociación Cultural “San Mamed” de Pedornes organizan a
exposición de fotos do concurso do Camiño Portugués da costa”
correspondente á Fase Local Concello de Oia.
Na exposición amósanse as 27
fotos que se presentaron a concurso no concello de Oia, e poderá
visitarse os días 5, 11, 12, 19 e 26 de febreiro de 16.00 a 22.00 h no
baixo do Centro Cultural de Pedornes.
Teatro: “O Incrible caso do
Lobo Feroz”
Grupo: O mellor de cada casa.
Este domingo día 5 ás 19.00 h
o grupo de teatro “O mellor de cada casa” constituído por preto de 20
actores e actrices, pertencentes ás parroquias de Viladesuso e Pedornes:
dende cativos de 6 anos ata xubilados. Todos eles son uns namorados do
teatro e ensaian con gran dedicación todas as semanas baixo a dirección
de Rosa María Otero. Esta vez preséntannos outra entretida obra apta
para todos os públicos que repasa dun xeito diferente contos de nenos
por todos coñecidos onde un dos grandes protagonistas é o lobo. Son os
contos de Carapuchiña, Os tres porquiños, Os sete (4 na obra)
cabritiños, e Pedro e o lobo. É, pois, unha moi boa oportunidade para
pasar unha hora entretida, onde non faltaran as gargalladas.
