Hoxe, 23 de abril, Día
Internacional do Libro
Ignacio Lomba, de Librería
Atlántica
Ignacio
Lomba, propietario da Librería Atlántica, leva 26 anos ao fronte dun
negocio que comezou en 1963 nun baixo familiar de poucos metros
cadrados.
A atención aos clientes, as continuas
novidades, o desexo de facilitar un libro aínda que non existise nese
momento na librería, motivaron unha clientela fiel que foi reclamo para
outros e que obrigou a ampliar o negocio.
Hoxe, cunha máis ampla e
diversificada oferta (libros, revistas, xornais, incluso videoteca o
fonoteca, e material de regalo), fan da Librería Atlántica un bo lugar
onde atopar aquel agasallo literario que un pode precisar.
Nos 26
anos que leva vostede nesta actividade, como evolucionou a afección á
lectura. Observa que hai maior interese, pódese dicir que se mantén o
número de lectores ou se produce un retroceso?
Máis ou
menos mantense, o que ocorre é que nestes momentos, quizais pola crise
que se estende, prodúcese unha baixa nas vendas.
Quen se achegan máis aos libros, se nos referimos aos tres tramos de
idade: infantil, adolescentes ou adultos?
Entre eses
tres tramos, coido que son os infantís e adultos, onde se atopan os
principias lectores. Tamén hai moitos mozos que optan pola lectura, pero
son aqueles os que, na miña opinións, se recrean na lectura.
Agora mesmo, cales son as temáticas que se buscan, cales están de moda?
Continúa a
ser a novela histórica a temática que maiormente se procura. Tamén a
ciencia ficción, concretamente a novela de terror ben
sendo especialmente
solicitada, a actualidade ten tamén os seus seguidores.
Ata onde
pode ser importante a colaboración dos centros escolares coa afección á
lectura?
Inflúe de
forma importante na solicitude de libros, e a venda de libros debémoslla
tamén a esa lectura prescrita
polos centros
Adoitan consultar os clientes ao libreiro, pedirlle consello, buscar
asesoramento cando elixen un libro ou xa saben que libro é o que veñen
buscar?
A maior
parte dos clientes procuran aquel libro que xa teñen idea que queren
mercar; hai aínda así algúns que teñen en conta a nosa opinión, sobre
todo cando se trata de agasallar a alguén., entón non dubidan
consultarnos e nós, por suposto, estamos encantados de aconsellarlles.
Cando pasamos por un escaparate vemos unha infinidade de novidades. Non
dá a impresión que hai unha saturación de títulos?
É certo.
Coido que se está a publicar moito máis do que é posible vender, dándose
un exceso de títulos.
Por certo, Que supón para as librerías esas coleccións acompañadas de
extras que copan os expositores e que, vulgarmente se chaman “de
quiosco”?
Si;
refíreste , por exemplo, á revista ou libro cun obsequio? No no noso
caso non supón un problema, porque temos bastante sitio. É un reclamo
publicitario,
unha forma de atraer á xente hacia a lectura cun complemento que anima a
pedir ese título ou exemplar.
E ten resultados.
Hoxe é o Día Internacional do Libro, aproximadamente dentro dun mes
serán as Letras Galegas. Como podemos andar nunha relación libros
escritos en galego e en castelán?
Moitísimo
máis, cunha porcentaxe
moi alta, prefírese a literatura escrita en castelá. Nestes intres as
editoriais están facendo un esforzo e títulos que antes se demoraban un
ano ou dous en publicarse en galego, agora saen antes, e nalgúns casos
ao mesmo tempo que a edición en castelán.
Ler un
libro é unha afección cara?
Home,
resultar caro... Hai moitas actividades que poden ser caras e non se
cuestionan. A persoa que lle gusta ler, non escatima o prezo dun libro.
Que lecturas prefire un libreiro, por exemplo Ignacio?
A min
gústame a historia.
E cal é o seu autor preferido?
De
historia, non teño preferencias. Calquera deles.
O lector de hoxe segue sendo, sobre todo, un lector de prensa e revista?
A revista
véndese moitísimo, e si, quizais é o que máis sae
Cal é, agora mesmo o maior problema ao que teñen que facer fronte as
librerías?
Pois agora
mesmo esa reducción de vendas, que é lóxica, pola crise que mencionei
antes. Que aumentase a lectura, sería
o ideal; que a xente lea máis.
Fanse
campañas para promover o libro?
Fase.
A Xunta de Galicia realiza campañas de promoción da lectura, e tamén,
a nivel nacional, hai organismos que promoven a lectura, e mesmo as
editoriais tamén realizan campañas de estimulación da lectura. As
campañas están moi ben, pero a xente ten que implicarse un pouco máis,
concienciarse da bondade da lectura. Non só basta facer o Día do Libro,
mercar nesa xornada e o resto do ano, esquecementos
dos libros.
Xa que o
menciona, nótase na celebración dun día, como o Día Internacional do
Libro, a sensibilidade lectora da xente?
Imos ver.
Hai, claro, un incremento de vendas, pero non como para pensar que ese
mes podes pechar as portas. Mércanse máis libros, eso é evidente
.
15. Notouse a influencia de Internet nos hábitos dos lectores, sobre
todo que competise coas librerías?
Penso que
non. É máis, hai clientes que chegan preguntando por un determinado
título porque o coñeceron por interné. Moitas novidades as coñeceron na
rede, e pídenas, logo, nas librerías. Nós non observamos esa posible
competencia.
16. E en libros de consulta, como as enciclopedias, non compite interne?
Non podo
precisalo, porque nós non traballamos tanto este modelo de distribución.
17. Finalmente, como ve o futuro do libro e das librerías?
Persoalmente son optimista e véxoo ben, á marxe destas circunstancias
económicas, que espero que sexan puntuais e cos días contados, espero
que esta situación mellore para ben de todos.
18. Se poidese
regresar a 1983, cando se decidiu a ser libreiro, repetiría profesión?
Non sei
certo que responder. Como todas as cousas, hai momentos que un puidese
non estar a gusto, pero en xeral, non cambiaría. Gústame o que fago.
Abril, 2009