Xoves, 2 de febreiro de 2012
Fotos premiadas na
fase local do I Concurso de Fotografía Camiño Portugués da Costa – A Guarda
O sábado 4 de febreiro, ás 20.30
horas, ó remate da II Xornada Camiño Portugués da Costa que se desenvolverá
no Centro Cultural da Guarda, farase entrega dos premios do I Concurso de
Fotografía relacionado con este itinerario xacobeo.
Na fase local da Guarda resultaron
premiadas as seguintes fotografías
1º Premio, dotado con 120 € e
participación na fase final:
“Facendo Camiño” de Emilio Baz
Pacheco (A Guarda)

2º Premio, dotado con 90 €:
“Casas De Muñecas” de Noemí Gago
Antón (Salceda de Caselas)

3º Premio, dotado con 50 €:
“Cruceiro De Noite” de Carlos
Miguel Rodríguez González (O Rosal)

A totalidade das fotografías
presentandas, xunto coas tres fotografías gañadoras nas fases locais
celebradas noutros concellos do Camiño da Costa, poderán contemplarse na
exposición que o sábado, día 4, se inaugura no Centro Cultural da Guarda con
motivo da II Xornada do Camiño Portugués da Costa.
Desde a organización dan parabéns
ós premiados e agradecen a todos os participantes a contribución que
realizan na promoción do Camiño Portugués da Costa a través das súas
fotografías.
Mércores, 1 de febreiro de 2012
Converxencia Galega propón
estudar a creación de Zona Azul na Praza do Reló para facilitar as xestións
dos veciños na Casa do Concello
Beatriz
Estévez Álvarez, en calidade de
portavoz de Converxencia Galega, propón que, co a fin de facilitar a
afluencia ás dependencias municipais, se proceda á sinalización da Praza do
Reló como Zona Azul nos horarios de funcionamento do Concello, reservando
dúas prazas de permanentes para o vehículo do alcalde e da Policia Local.
A edil de C.G. coida que
unha das maiores dificultades que teñen os veciños e visitantes que precisan
levar a cabo xestións na Casa do Concello é a imposibilidade material de
dispor dun lugar onde aparcar o seu vehículo, e que unha das obrigas dos
gobernos municipais é facilitar a xestión e atención a tódolos que precisan
levar a cabo trámites na Casa do Concello.
Nalgunhas rúas da
localidade onde a afluencia de comercio e institucións bancarias fai preciso
espacio para que os usuarios poidan levar a cabo as súas xestións
sinaláronse diversas Zonas Azuis para garantir a rotación nas poucas prazas
existentes e permitir o estacionamento naquelas zonas máis concurridas.
Polo exposto, desde
Convergencia Galega pensan que é necesaria a declaración e sinalización desa
Zona Azul no espazo antes mencionado, para racionalizar as prazas existentes
existentes na Praza do Reló, no horario de funcionamento municipal (de 8 a
15 horas de luns a venres).
Martes, 31 de xaneiro de 2012
O pleno da Guarda aproba unha moción do BNG
en contra da suba do IBI
O Bloque Nacionalista Galego presentou no pleno celebrado
o pasado 27 de xaneiro unha moción en contra da suba do imposto de bens
inmóbeis (IBI) decidida polo Goberno do estado. A moción foi aprobada cos
votos en contra do Partido Popular.
O Goberno central do PP vén de aprobar un Real decreto,
RDL 20/2011, de medidas urxentes en materia orzamentaria, que inclúe o
incremento do Imposto de Bens Inmóbeis de Natureza Urbana (IBI), que lle vai
supoñer a moitos concellos un incremento deste imposto entre o 4 e o 10 %.
A medida adoptada polo goberno do PP no Estado, vén botar
por terra as previsións que adoptaron os concellos antes do 1 de xaneiro, en
canto á actualización de taxas e impostos, que se fixeron tendo en conta a
situación económica municipal e dos seus habitantes, que agora veñen a
sufrir este ano e o próximo unha nova e forte suba de impostos, acumulándose
o incremento aprobado polo Goberno Central aos incrementos aprobados por
moitos concellos.
"Resulta escandaloso que durante meses e en plena
campaña electoral o PP prometera que non ía subir os impostos, agora, unha
vez no Goberno central fai o contrario do que di co silencio cómplice do
Goberno galego. Iso si, poñer en cintura a gran banca e as grandes fortunas
e perseguir a graude fiscal non está na axenda do PP" comentou o
portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba.
Para o BNG esta medida é un ataque frontal á autonomía
local, por ser os concellos os que teñen a posibilidade de fixar o IBI,
véndose abocados a un incremento que vai repercutir gravemente na economía
das familias e constituíndo unha medida do PP que despreza a competencia
municipal.
Diante desta grave medida que obriga a un incremento de
impostos que vai prexudicar ao conxunto da cidadanía, correspóndelle ao
Goberno galego actuar para preservar a autonomía dos concellos galegos, e
non a optar polo silencio cómplice diante da inxusta imposición do Goberno
Central.
O BNG solicita a retirada do incremento do IBI e insta ao
Goberno do Estado a proceder a unha reforma urxente do finanzamento local
impulsando un Plan de Finanzamento Local, así como medidas para a mellora
efectiva da loita contra a fraude fiscal.
Venres, 27 de xaneiro de 2012
Converxencia Galega amosa a súa preocupación polo estado ruinoso dunha
vivenda na rúa Brasilino Álvarez
Dende fai algún tempo, aseguran desde Convergencia Galega, veciños e
transeúntes da rúa Alcalde Brasilino Alvarez, veñen amosando a súa
preocupación pola situación que se está dando co estado de abandono das
vivendas onde estivo instalado durante moitos anos o Pub “Tecla´s” e a
perruquería lindeira, xa que o teito das mesmas viuse abaixo e das súas
fachadas cada pouco tempo se desprenden cascallos.
O cableado
eléctrico, engaden desde esta formación,. cada vez está máis cerca do chán,
supoñlendo un risco grave pola accesibilidade ao mesmo, ademais na beirarrúa,
atópase un poste de madeira que se colocou no séu momento de xeito
provisional, pero xa leva uns anos entorpecendo o libre paso dos
transeúntes.
Pola información que
manexa Convergencia Galega, failles supoñer que, polo momento, non se
levarán a cabo as obras de construcción que alí tiña planificado o promotor,
polo que, diante desta situación, a portavoz desta formación, Beatriz
Estévez, solicitou que por parte da Alcaldía se proceda a dar as órdenes
oportunas ao Departamento de Urbanísmo, a fin de que se de inicio ao
Procedemento de Estado Ruinoso obrigando a eliminar todos aqueles elementos
que poidan provocar perigo para a integridade das persoas e vehículos que
por alí transitan.
Venres, 27 de xaneiro de 2012
Más de cien personas probaron en
la Casa de Galicia en Madrid la exclusiva conserva de pez espada ORPAGU
Gourmet

Más de cien personas acudieron a la
presentación de la conserva de pez espada ORPAGU Gourmet en la Casa de
Galicia en Madrid.
Restauradores, hosteleros y público en
general tuvieron la oportunidad de conocer y degustar las propiedades
culinarias de esta delicatessen en las instalaciones de la delegación de la
Xunta de Galicia en Madrid el pasado miércoles, 25 de enero.
Poco antes de comenzar el acto de
presentación el público hacía cola en las inmediaciones de la Casa de
Galicia para no perderse la degustación de este exquisito producto.
De la mano de la delegación de la Xunta
en Madrid y Summum Delicatessen, la gerente de ORPAGU, Juana Parada, dio a
conocer este novedoso producto destinado a los paladares más exigentes.
El delegado de la Xunta en Madrid, José
Ramón Ónega, introdujo el acto que presentó el micrófono de oro Enrique
Beotas López. En palabras de José Ramón Ónega “el principal objetivo de la
Casa de Galicia es promocionar la cultura, gastronomía y riquezas de Galicia
en Madrid, por eso acoger la presentación de un producto de máxima calidad
como ORPAGU Gourmet nos llena de satisfacción”.
Por su parte, la gerente de Summum
Delicatessen, Elena Pérez Pardo, explicó de forma breve a los asistentes la
actividad de Summum Delicatessen, las categorías de producto que
comercializan, el target al que se dirigen y sus objetivos.
Entre los asistentes se encontraban
periodistas de medios especializados y generalistas y caras conocidas como
el propietario del reconocido restaurante Combarro de Madrid.
Pioneros a nivel internacional
ORPAGU Gourmet nace en la primavera de
2011 con la intención de innovar y buscar una alternativa a la actividad
pesquera. Será la primera vez que el propio productor se lance al complicado
mundo de la comercialización para llevar el pez espada directamente del mar
a la mesa y listo para consumir.
Los propios productores seleccionan
cuidadosamente cada pieza para que luego sea elaborada de forma artesanal y
presentada en un elegante formato delicatessen.
Siguiendo las recetas tradicionales de
los hogares marineros, ORPAGU presentó una conserva de la máxima calidad
destinado a un consumidor que sepa premiar la calidad, el sabor y la textura
de un producto para Gourmets.
Una vez finalizada la degustación de
tapas de ORPAGU Gourmet, la Organización de Palangreros Guardeses obsequió a
los asistentes con una muestra del producto.
Xoves, 26 de xaneiro de 2012
O concello de A Guarda
levará, na primeira quincena de febreiro, os orzamentos ao Pleno para a
súa aprobación
Os orzamentos do concello
da Guarda serán obxecto de debate nunha sesión extraordinaria que se
convocará na primeira quincena de febreiro. Os motivos de non ter sido
elaborados con anterioridade, explica a concelleira de Facenda Montserrat
Magallanes Álvarez, teñen que ver coa propia recomendación dos servicios
económicos que foron partidarios de esperar a coñecer cales van ser os
ingresos reais provintes da administración central e da autonómica debido
aos severos axustes que se sufriron no 2011, como foi a drástica rebaixa na
subvención de Axuda no Fogar (recortada nun 80%), no conservatorio ou na
gardería, entre outros.
Este retraso vai permitir
aprobar uns orzamentos realistas unha vez coñecidos estes datos, así
como ao estar contabilizada a totalidade do exercicio do ano 2011 por parte
do departamento económico do concello.
Despois de varias reunión
celebradas entre o equipo de goberno e Converxencia Galega, os orzamentos
contarán co apoio da concelleira Beatriz Estévez.
“Vikingland”, de Xurxo Chirro,
proxectarase este sábado no CGAI
O documentario “Vikingland”,
de Xurxo Chirro, vai ser proxectado no CGAI (Centro Galego das Artes da
Imaxe), na cidade da Coruña (Rúa Durán Loriga, 10, baixo) o vindeiro sábado,
28 de xaneiro, ás 18:00 horas. A sesión está inserida no ciclo Off Galicia e
contará coa presenza dos guardeses responsables do filme: Xurxo Chirro, o
director, e Beli Martínez, a súa produtora.
“Vikingland” pasa por ser un
dos documentarios españois de máis sona internacional por ser protagonista
ao longo do último ano dun exitoso periplo de festivais internacionais. A
estrea do filme aconteceu no FIDMarsella (o festival de documentais máis
importante do mundo). Formou parte da ducia de filmes seleccionados entre os
3.000 filmes procedentes dos máis diferentes países que se presentaron ao
festival.
Con ese prestixio foi ao
Festival de Jihlava (Rep. Checa) e Mar del Plata (Arxentina). A estrea en
España aconteceu no Festival de Xixón e a estrea en Galicia foi no Cineuropa
de Santiago de Compostela. Esta última proxección, no Teatro Principal,
contou coa presenza e intervención do seu protagonista: o mariñeiro guardés
Luís Lomba "O Haia”.
O documental aínda non
rematou a súa carreira de festivais polo que continuará levando con orgullo
o nome de Galicia e da Guarda por todo o mundo. Actualmente está pendente de
confirmarse a selección en competición internacional nun festival de México,
nun de España e noutro de Gran Bretaña.
Martes, 24 de xaneiro de 2012
La Organización de Palangreros Guardeses,
de la mano de Summum Delicatessen, presenta en Madrid su conserva de pez
espada ORPAGU Gourmet

La Organización de Palangreros Guardeses presentará en la
Casa de Galicia de Madrid su conserva de pez espada ORPAGU Gourmet.
Restauradores, hosteleros y comerciaizadores, así como el
público en general amante de los productos de calidad, tendrán la
oportunidad de conocer y degustar las propiedades culinarias de esta
delicatessen el próximo miércoles día 25 en la sede de la Casa de Galicia.
La cita será a las 20:00 horas.
De la mano de la delegación de la Xunta en Madrid y
Summum Delicatessen, la gerente de ORPAGU, Juana Parada, dará a conocer a
los asistentes este novedoso producto destinado a los paladares más
exigentes.
El delegado de la Xunta en Madrid, José Ramón Ónega,
introducirá este acto que presentará el micrófono de oro Enrique Beotas
López. Tras una breve presentación, se procederá a la degustación de ORPAGU
Gourmet.
Summum Delicatessen (www.summumdelicatessen.com) aúna el
más emblemático e instaurado producto gourmet gallego con productos que
aporten novedad al Mercado Delicatessen, y que cuenten como premisa
fundamental con su excelente calidad y cuidado proceso de elaboración que
unen lo tradicional al servicio de la innovación.
Durante el evento, la Directora Gerente de Summum
Delicatessen, Elena Pérez Pardo explicará de forma breve a los asistentes la
actividad de Summum Delicatessen, las categorías de producto que
comercializan, el target al que se dirigen y sus objetivos, basados
principalmente en Comercio Exterior y plataforma e-commerce.
Pioneros a nivel internacional
ORPAGU Gourmet nace en la primavera de 2011 con la
intención de innovar y buscar una alternativa a la actividad pesquera. Será
la primera vez que el propio productor se lance al complicado mundo de la
comercialización para llevar el pez espada directamente del mar a la mesa y
listo para consumir.
Los propios productores seleccionan cuidadosamente cada
pieza para que luego sea elaborada de forma artesanal y presentada en un
elegante formato delicatessen.
Siguiendo las recetas tradicionales de los hogares
marineros, ORPAGU presenta una conserva de la máxima calidad destinado a un
consumidor que sepa premiar la calidad, el sabor y la textura de un producto
para Gourmets.
Durante el acto se obsequiará a los asistentes con una
muestra del producto.
Luns 23 de xaneiro de 2012
Ata o 3 de febreiro pódese visitar no Centro
Cultural a exposición "Mulleres maias unidas, queremos
ensinar, queremos aprender"

O Centro Cultural da Guarda
acolleu a presentación da exposición de fotografía sobre a cultura maia, que
se poderá visitar ata o 3 de febreiro na Sala de Exposicións.
Con a
penas medio ducia de asistentes, o concelleiro de Cultura lamentou a tan
pouca presenza de público nuns tempos que, dixo, non son bos para a Cultura
pero tamén porque o labor social que mostra a exposición merecería unha
asistencia.
No estrado tamén estiveron
Mirian Vicente, estudante de Arquitectura, e Manuel, que se desprazou desde
A Coruña para falar desta mostra e do labor que realizan Arquitectos Sen
Fronteiras en Guatemala.
Mirian Vicente, que lamentou
a falta de público, manifestou que esperaba que, ao menos, a mostra contase
cunha maior presenza de visitas e apelou aos
presentes a divulgala. Noutro momento explicou que Arquitectos sen
Fronteiras tamén están presentes neutros continentes e países, pero que á
sección de Galicia, nesta ocasión, tocoulle colaborar coas poboacións
indíxenas de Guatema.
Pola súa parte Manuel foi
explicando, coa axuda de imaxes, o labor que desenvolven Arquitectos sen
Fronteiras, e outras ONG’s en Guatemala, contando, nos eu caso, coa
colaboración económica da Xunta de Galicia.
Na súa disertación destacou o
traballo que desenvolven as mulleres, tendo sido elas as autoras das
fotografías que achegan a realidade das comunidades guatemaltecas a outros
pobos, logo de asistir a un cursiño de 15 días sobre composición
fotográfica.
Lembrou que a
exposición está a dispor doutros concellos que a queiran solicitar.
Sábado, 21 de xaneiro de 2012
A Concellería de Deportes da
Guarda organiza as “Andainas 2012” ofertando oito rutas repartidas ao
longo do ano 2012

Oito rutas son as que poderán disfrutar
cantos se apunten ás Andainas 2012 organizadas desde a Concellaría de
Deportes que dirixe Javier Crespo.
Para a inscrición os interesados deben
ter en conta que o número de prazas é limitado sendo a orde de inscrición o
criterio a seguir para determinar a relación final de participantes. Terán
prioridade aqueles participantes que se inscriban na actividade completa ou
no maior número de andainas.
O prazo de inscrición comeza o 25 de
xaneiro e remata o 6 de febreiro de 2012. Os interesados deberán acudir á
oficina de turismo do Concello para recoller e entregar firmada a ficha de
inscrición. Non se poderá realizar a inscrición por outros medios (nin
teléfono nin correo electrónico).
Unha vez publicada a relación de
participantes, os interesados terán de prazo ata o 15 de febreiro para
efectuar o pago da actividade correspondente as andainas de febreiro a xuño
e ata o 10 de setembro para as andainas de setembro a novembro. De non
efectuarse o pago no prazo establecido avisarase á seguinte persoa que
figure na relación definitiva de inscritos.
Entre aqueles persoas que completen a
totalidade das rutas sortearanse uns bonos para o Talaso de Oia.
Para máis información pódese chamar ao
teléfono 986 61 45 46 ou enviando un email a
deporte@aguarda.es
O venres, 17 de febreiro, ás
20 horas, durante a celebración da Gala do Deporte, terá lugar a
presentación das Andainas 2012.
O calendario das andainas
iniciarase o 25 de febreiro cun percorrido polo Litoral da Guarda e Monte
Torroso; o 24 de marzo camiñarase pola “Ruta máxica de Oia”; o 21 de abril
farase o Trilho dos canos de auga, en Viana do Castelo; o 26 de maio os
participantes percorrerán o tramo do Galiñeiro ao Aloia; o 30 de xuño será a
Rutra do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil; o 15 de setembro
visitarase a Ruta das Almiñas e do Foxo do Lobo; o 20 de outubro será a
quenda do río Xabriña (en Ourense), e o 17 de novembro o Trilho de Mosteiró,
en Valença.
Venres, 20 de xaneiro de 2012
Talleres de trabajos en
fieltro en “Coser y Cantar”
“Coser y cantar” organiza dos
talleres de trabajos en fieltro que se impartirán en seis sesiones de hora y
media cada una, comenzando, el primero de ellos, el viernes, 27 de enero,
finalizando el viernes, 24 de febrero. El segundo taller se inicia el
sábado, 28 de enero, finalizando el sábado, 25 de febrero. El horario de los
viernes será de 18.30 a 20 horas; los sábados va de las 10.30 de la mañana a
las 12 del mediodía, y el precio son 23 euros.
El número mínimo de personas
para organizarlos es de diez y no superarán las quince cada taller.
En el contenido de los
talleres se incluye la elaboración de plantillas, diferentes tipos de
puntadas, y montaje y decoración de broches. Fieltro,
imperdible, supergen, hilo, abalorios, lentejuelas y rellenos forman parte
de los trabajos que se desarrollarán en los talleres.
Para mayor información o inscripción, las
personas interesadas pueden acercarse a “Coser y Cantar” en la calle Joaquín
Alonso (Praza Nova), de A Guarda, o llamar al teléfono 986 61 02 21.
Xoves, 19 de xaneiro de 2012
Cursos na Guarda
dirixidos a desempregados sobre información e orientación laboral
No vindeiro mes de febreiro o concello da
Guarda vai pór en marcha dous cursos dirixidos a desempregados sobre
información e orientación laboral.
A temática dos cursos versará, entre
outros, sobre a búsqueda activa de emprego, redacción currículum atraente,
tipos de currículum vitae, e como afrontar unha entrevista persoal.
Impartiranse un total de dous cursos de
30 horas/cursos para 15 alumnos/as por curso, en horario de mañá, tres días
a semana de 9:00 a 14:00 horas.
Para inscribirse será necesario achegar a
tarxeta de demandante de emprego en vigor, un currículum vitae actualizado e
fotocopia do DNI. O prazo de inscrición pecharase o 31 de xaneiro nas
dependencias do Concello.
Máis información na OMIX e/ou no
departamento de desenvolvemento local do Concello da Guarda.
Teléfonos 986 61 00 00 – 986 61 45 46.
Mércores, 18 de xaneiro de 2012
Agradecimiento de San
Vicente de Paul por las colaboraciones recibidas
La Sociedad de San Vicente de Paul, de A
Guarda, quiere agradecer a la Asociación de Comerciantes (ACIGU) y a las
Hermanas Carmelitas su aportación de alimentos, como vienen haciendo
desde hace años en la campaña de Navidad, destinados a los más necesitados.
Agradecimiento que hacen extensivo a cuantas personas colaboraron con su
aportación y a los supermercados Gadis, Froiz, Familia, Erosky, Eko-Max y
Dia, por su colaboración, facilitando la colocación de carros de la compra,
identificados con San Vicente de Paul, para que los clientes de dichos
establecimientos pudieran depositar alimentos y productos de primera
necesidad.
La Sociedad de San Vicente de Paul
también agradeció los socios que contribuyen a esta labor mediante cuotas
periódicas voluntarias, y a las personas que realizan donativos y que
posibilitan que esta institución humanitaria y asistencial siga existiendo
en esta localidad desde hace casi 100 años, ya que fue fundada el 27 de
noviembre de 1920, atendiendo a tantas familias que necesitan ayuda, y más
en estos momentos de delicada situación económica.
Quienes deseen seguir colaborando,
bien con entrega de alimentos o económicamente, pueden pasar los lunes de
10.30 a 12 horas, por el Salón Parroquial de Santa María de A Guarda, o
acudiendo al cepillo del templo destinado a recoger los donativos para el
“Pan de los pobres”.
Sábado, 14 de xaneiro de 2012
Felicitacións para o Club
Ciclista O Rosal e o Campeon Galego de Ciclo-Cross polas recentes
victorias

Gerardo Álvarez Martínez e Manuel
González Lomba, presidente e corredor na categoría junior do Club Ciclista O
Rosal, foron recibidos onte no Concello da Guarda polo alcalde, o tenente de
alcalde e o concelleiro de Deportes, para expresarlles as felicitacións
polos triúnfos acadados na pasada tempada 2011, entre os que caben destacar
o absoluto no Campionato Galego de Ciclo-Cross no que Manuel González
acadou o 1º posto e o seu compañeiro Toni quedou como subcampión; mentres,
no Campionato de España, celebrado a pasada semana en Gandía, Manuel
González Lomba lograba o 4º posto en categoría individual e o bronce na
categoría por equipos, dentro da Seleción Galega.
Venres, 13 de xaneiro de 2012
Fallo do xurado da fase
final do “Concurso fotográfico. Camiño Portugués da Costa 2011”
Para dar cumprimento as bases, o mércores 11 de xaneiro,
reuniuse no concello da Guarda o xurado da fase final do Concurso de
Fotografía “Camiño Portugués da Costa 2011” constituído por un presidente, 6
vocais e un secretario: Manuel Garrido, da SA. Xestión do Xacobeo, en
calidade de presidente; e os vocais Luis Portela, coñecedor dos Camiños a
Santiago; Wladimir Brey e Naomi Brey, fotógrafos profesionais; Eva González
e Luis Almeida, xornalistas; Carla Novo, técnico de turismo de Caminha, e
Rosalía Verde, técnico de turismo da Guarda.
Finalmente foron dez os concellos galegos
e portugueses que presentaron ante o xurado internacional as fotografías
gañadoras co primeiro premio na súa fase local, procedendo o xurado a
valorar as dez fotografías presentadas baixo os criterios de calidade
técnica e artística, acordando outorgar os seguintes premios: 1º Premio
dotado con 600 euros, a Emilio Baz Pacheco (A Guarda) ca fotografía titulada
“Facendo Camiño”; 2º Premio dotado con 300 euros, a Jorge Simâo Meira (Caminha)
ca fotografía titulada “Un lugar intenso”; 3º Premio dotado con 100 euros,
a Carlos Alberto García Carvalho (Baiona) ca fotografía titulada “Fuego en
el cielo”.
Coas fotografías premiadas dos concellos
galegos e municipios portugueses organizarase unha exposición fotográfica
itinerante que se dará a coñecer no seu momento.
A entrega dos premios e a inauguración da
Exposición do I Concurso de Fotografía “Camiño Portugués da Costa” terá
lugar no Centro Cultural da Guarda o sábado, 4 de febreiro, tralo peche da
“I Xornada do Camiño Portugués da Costa. Fundamentos históricos” que se
desenvolverá durante dita xornada e poderán asistir gratuitamente todos os
interesados (previa inscrición).
Os concellos galegos e as cámaras
municipais agradecen a boa acollida desta iniciativa de promoción e difusión
do Camiño Portugués da Costa a cantos dunha ou doutra manuera participaron
nesta iniciativa.
Fase local
Previamente, o 20 de decembro, o
xurado da fase local da Guarda escolleu os tres premiados entre as 47
fotografías presentadas e aceptadas. Unha vez que está resolto a fase final
do Concurso Fotográfico podeuse proceder a apertura dos sobres que conteñen
os datos persoais dos premiados na fase local.
Os premiados na fase local da Guarda foron:
1º Premio dotado con 120 € e
participación na fase final:
Emilio Baz Pacheco (A Guarda) ca fotografía titulada “Facendo Camiño”.
2º Premio dotado con 90 €:
Noemí Gago Antón (Salcedas de Caselas) ca
fotografía titulada “Casas de
Muñecas”.
3º Premio dotado con 50 €:
Carlos Miguel Rodríguez González (O Rosal) ca fotografía titulada
“Cruceiro De Noite”.
A entrega dos premios e a
inauguración terá lugar o próximo 4
de febreiro, sábado,
no Centro Cultural tralo peche da “I Xornada Camiño Portugués da Costa.
Fundamentos Históricos”
Xoves, 12 de xaneiro de 2012
O sábado Camposancos acolle
a XV Paletada-laconada de San Amaro organizada polos comuneiros
Organizada pola Comunidade de Montes de Camposancos, o próximo sábado
celebrarase nesta parroquia da Guarda a XV Paletada-Laconada de San Amaro,
unha cita que recorda a tradición de comer as mellores partes do porco nunha
xornada especial en que se reunían na casa familiar os parentes na que era a
primeira romaría do ano, e que, dalgunha maneira, recuperaron os comuneiros
no ano 1998, xa que a festa popular hai anos que non se celebra, aínda que
si a igrexa gonra ao patrono na parroquial da Visitación de Santa Isabel,
con actos relixiosos e procesión pola contorna.
A
Paletada vai ter lugar, un ano máis, no colexio dos Xesuítas da Pasaxe a
partir das 13.30 horas. Antes, desde as once da mañá, haberá pasarrúas a
cargo da Treboada a Camposina e, con posterioridade ao xantar, sesión
discoteca que dará paso, desde as 20.30 horas, un serán organizado, unha vez
más, polo grupo Xamaraina.
No
menú, preparado polo cátering do restaurante La Pizzicata, estarán os
pinchos, paleta e lacón, rosca e rosquillas, café e augardente.
Algo máis de douscentos
comensais espérase que se reúnan nesta xuntanza veciñal na primeira cita
gastronómica popular do ano.
Mércores, 11 de xaneiro de 2012
O
Pleno da un novo paso para rehabilitar o Castelo de Santa Cruz ao
aprobar o proceso de contratación das obras para a súa posta en valor
O Pleno da
Corporación da Guarda aprobou onte por unanimidade, en sesión
extraordinaria, a Proposta da Alcaldía para iniciar o proceso de
contratación das obras de “Posta en valor do Castelo de Santa Cruz”, que
contan con financiamento do 1% cultural do Ministerio de Fomento.
Esta actuación
ten un orzamento de 1.033.931,14 euros, dos que o Ministerio de Fomento
achega 775.448 euros (un 75 por cento do investimento), sendo asinado o
pasado 1 de decembro o Convenio de Colaboración entre o Ministerio de
Fomento e o concello.
O 25 por cento
restante sairá dos fondos municipais, aínda que o grupo de Goberno desexa
implicar á Xunta de Galicia nesta actuación, tendo un compromiso verbal do
12 por cento.
Durante a
intervención dos distintos membros da Corporación, Miguel Español, previa
explicación da secretaria sobre os pasos a seguir a partir de agora que se
resumen en que haberá que convocar outro tres plenos para tratar este
asunto, a publicación da licitación no DOG e BOE, a creación da Mesa de
Contratación, entre outras cuestións, sinalou que desde o concello tentarán
acurtar os prazos para licitar as obras, xa que o 1 de xuño terán que
justificar un primeiro gasto de algo máis de 206 mil euros.
Xan Lois Lomba
Alonso pediu, unha vez máis, implicar á Xunta cunha maior achega nesta
actuación, lembrando os tempos de crises que se viven e as limitacións
orzamentarias municipais. Neste sentido dirixiuse á deputada, e edil
popular, Fany Iglesias, para que xestione na Xunta esa maior axuda
económica.
A actuación a
realizar no Castelo de Santa Cruz consistirá na reconstrución do Baluarte da
Guía, a cara leste do Baluarte de Santa Trega, parte da cortina sur, entre
os baluartes de Santa Trega e San Sebastián, así como o cara oeste, do
Baluarte de San Sebastián.
O proyecto,
redactado por Arquitectura Obradoiro Aberto S.L.P., contempla tamén a roza
e tratamento da maleza; e a poda de árbores.
No interior
adecuaranse tres zonas diferenciadas: o parque botánico, o camiño de rolda,
que irá pavimentado en xabre, e a praza de armas con pradaría natural. O
alumado encaixado no chan, nas paredes e en balizas, completará a actuación
neste Ben de Interese Cultural, que se converterá no Centro de
Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas, ademais de contemplarse
como o gran parque público que a cidadanía da Guarda demanda.
Entrega del “jamón” de las Fiestas de San Roque

La Sociedad Cultural
Festas de San Roque, Salcidos puso a la venta estas pasadas fiestas lotería
de Navidad con el numero 89.964 con 1€ para el sorteo de un jamón a la
papeleta que coincidiera con las cuatro ultimas cifras del primer premio de
dicha lotería, resultando premiado el nº 8268.
El agraciado con el
jamón fue Manuel Velasco Sobrino, haciéndose la entrega en las inmediaciones
de la capilla de San Roque, Salcidos, por la presidenta y varios miembros de
la comisión.
Martes, 10 de xaneiro de 2012
Pago de la participación de
la Lotería de Reyes de Las Samaritanas
Desde la Fundación Las Samaritanas
comunican que todos los agraciados en la lotería de Reyes, realizada por la
casa de acogida de la Fundación, pueden dirigirse a cobrar su participación
bien al domicilio de la Casa de Acogida de la
Fundación Las
Samaritanas situada en la Rúa Da Capela, nº 14 Salcidos,
o bien a la
Copistería Quisqueya situada
en la Rúa de Galicia, nº 7
"
Sábado, 7 de xaneiro de 2012
O concello contratará, o
martes, as obras de Posta en valor do Castelo de Santa Cruz
A Corporación da Guarda celebrará o
próximo martes, 10 de xaneiro, sesión extraordinaria do Pleno con hora de
comezo sinalada para as 08.30 horas.
Un único punto contémplase na
Orde do Día: a Proposta da Alcaldía de inicio da contratación das obras de
“Posta en valor do Castelo de Santa Cruz“, que contan co financiamento do 1%
cultural do Ministerio de Fomento.
Xoves, 5 de xaneiro de 2012
Daniel Alonso lleva sus
creaciones a
NovaCaixaGalicia de Vigo
Desde La Casa
Taller invitan a la inauguración de la exposición individual "AlmaZen" de Daniel
Alonso en NovaCaixaGalicia de Vigo, donde se muestran la nueva colección de
esculturas en piedra "Menhires", la serie de fotografías pétreas
"Petrografías" y la acumulación de cuadros inspirados en la cultura
tradicional marinera "Nudos", del
mencionado autor guardés.
Una oportunidad para sumergirse en su particular universo creativo
a medio camino entre el arte contemporáneo y las formas de la tradición
gallega.
La inauguración será el miércoles 11 de enero a las 7 de la tarde,
en la Calle Velázquez Moreno, 18, permaneciendo abierta hasta el 29 de enero.
El horario de lunes a viernes es 17:30 a 20:30 horas: los sábados y domingos
de 11:00 a 14:00 horas.
Mércores, 04 de xaneiro de 2012
Máis de 55 mil persoas
visitaron os fondos do Museo Arqueolóxico de Santa Trega

O Museo Arqueolóxico de Santa Trega (MASAT) da Guarda
recibiu, entre os meses de marzo e decembro de 2011, un total de 55.500
visitantes das que practicamente 47.000 eran persoas adultas e 8500 menores
de 14 anos. Durante o 2011, por vez primeira, o persoal do Museo realizou un
cómputo informatizado dos visitantes que achegándose ó monte Trega,
decidiron tamén visitar a rica colección dos materiais arqueolóxicos
expostos no MASAT.
Mércores, 28 de decembro de 2011
Ballet Studio 88 cuenta ya
con página propia para divulgar su actividad
Studio 88 estrenó páguina
web a la que se puede acceder desde www.studio88.es, para encontrar
información de esta asociación, saber más del Ballet Studio 88, del Grupo de
Baile Moderno The World Show Dance Music Night & Day Studio 88; conocer a
los componentes, las actividades, las noticias, información de
danza, espectáculos, casting y audiciones, ocio, eventos, vídeos, fotos y
enlaces, entre otros contenidos.
La Asociación Studio 88
asume el compromiso de divulgar las artes escénicas en particular y el arte
en general. Señalan desde Ballet Studio 88 que esta página tiene también un
espacio para que la gente, empresas y asociaciones puedan darse a conocer y
ofrecer información, o sus conocimientos.
Entre los contenidos hay
un apartado de entrevistas, contando con las realizadas a Beatriz Manjón,
Juan Camus, Maria Do Ceo, David Vilches, Timur Fayziev, José Espinosa
Cabello y Francis Montesinos. A los que agradecen la atención prestada. Otro
de los partados recoge información sobre A Guarda.
Mércores, 28 de decembro de 2011
Ábaco, con Xunta directiva
en funcións, lamenta que un millón de euros non xenerasen máis dinamismo
comercial na Guarda
O pasado mércores, 14 de
decembro, ábaco celebraba a súa Asamblea Xeral Ordinaria para dar contas ós
seus asociados das actividades, realizadas ou en curso, do exercicio 2011.
Así mesmo, informábaselles do estado de contas, que se cerra coa totalidade
das actuacións pagadas e saldo favorable, a pesares de estar, a estas
alturas do ano, pendentes de recibir as axudas por parte da Dirección Xeral
de Comercio. Ditas axudas, que sí recibiron os centros comerciais abertos,
reportarían a ábaco o 70 % do capital investido e van condicionar a campaña
de Nadal Guardesa.
Entre outros puntos a
tratar da actualidade comercial do Baixo Miño, falouse da banda de roubos
que están a acontecer en toda a comarca, con especial incidencia na vila
guardesa, para buscar solucións ó respecto.
Outro dos puntos da orde
do día e, se cabe, o de máis importancia para o futuro próximo desta
Asociación de Comerciantes, foi o anunciado cese da actual Xunta Directiva,
comprometida con este colectivo por dous anos. Pasados xa dous anos e medio
deste mandato, e despois de telo anunciado na asamblea celebrada a mediados
de ano, a mesma fai oficial o seu cese, deixando aberto o prazo de novas
convocatorias á presidencia. Ata a designación da nova Directiva, levarán a
cabo as súas funcións, de forma temporal e segundo dispoñen os Estatutos, o
seu Presidente (Ángel Baz), un Tesoureiro (Francisco Martinez) e un
Secretario, cargo que ocupa José Ángel Gándara.
Facendo un breve
percorrido pola traxectoria de ábaco, o seu Presidente xa en funcións, Ángel
Baz, quixo deixar constancia de que “grazas ó notorio esforzo posto por
todos aqueles que, de unha ou doutra maneira, participamos neste proxecto,
deixamos un traballo que se traduce en campañas innovadoras que
revolucionaron a dinamización comercial local. Con todo, non é como para
sacar peito, se avaliamos as axudas que dende a Xunta, Deputación e outros
estamentos se investiron no asociacionismo comercial guardés nestes últimos
dez anos. Cifras que falan de máis de 1.000.000 € destinados á
profesionalización das asociacións e á dinamización comercial. Unhas axudas
que, pasados dez anos, non se traducen nese máis que anhelado ambiente
comercial urbano que podemos apreciar se nos desprazarnos ata a veciña vila
portuguesa de Valença do Minho, cun notorio matiz de urbe comercial, tamén
chamado CCA”.
Por último, e para
rematar, Baz animou ós presentes a traballar sen descanso na procura deste
obxectivo, conformando unha nova Xunta Directiva que garanta a saúde da
Asociación.
Venres, 23 de decembro de 2011
Música para anticipar la
despedida del año
Cuatro de las bandas más activas de la
zona presentan sus nuevos trabajos y premios como el logrado por The
Inspectors en el "Myspace Wolfest 2011", The Winning Numbers presenta el EP
"Introducing The Winning Numbers", The Caxtons el EP "Wildfire" y Copenhague
el EP "Al Ritmo de la Música".
Desde las 22:00 horas, hoy viernes 23 de
diciembre estos grupos despiden el año musicalmente en La Guagua con entrada
gratuíta.
Stand éxfico art dis con venta de
camisetas y EP de The Winning Numbers.
Xoves, 22 de decembro de 2011
O “interese” por organizar as Festas do
Monte en 2012 só consigue reunir a 41 persoas no Centro Cultural
O alcalde da Guarda, José
Manuel Domínguez Freitas, acompañado do edil de Cultura, Antonio Lomba Baz,
e de Miguel Español Otero, na súa dobre condición de concelleiro e
presidente da Asociación Pedra Furada, organizadora das Festas do Monte,
compareceu onte diante dun escaso público, 41 persoas, logo da convocatoria
feita para tratar do futuro das Festas do Monte, e logo de que a Comisión
que as viña organizando desde o ano 2001, anunciase definitivamente en
outubro que deixaba de facelo.
O alcalde que agradeceu o
esforzo e traballo realizado por Pedra Furada, e que dixo que logo de dous
meses de espera, non houbo ninguén que asumise a organización das Festas,
considerou oportuno realizar esta convocatoria durante a cal ofreceu
distintos argumentos para animar a que entre os guardeses xurdise un grupo
que se fixese cargo da Semana Grande da Guarda.
O centenario da fundación da
Sociedade pro Monte, en 2012, e o Centenario da creación das Festas do
Monte, en 2013, foron algúns deses argumentos, pero tamén o interese das
festas como dinamizadoras da economía local. Neste sentido, por parte do
alcalde, como tamén posteriormente os concelleiros Antonio Lomba e Miguel
Español, apelaron ás asociacións de comerciantes da Guarda, Acigu, Ábaco e
Marcaguarda, que foron especialmente convidadas a este acto, a prantexarse
facerse cargo das Festas, estendendo este chamamento
a aqueles colectivos máis vinculados coa segunda semana de agosto, como
podía ser o sector hostaleiro.
Lembrou que esta situación de
falta de comisión xa se deu noutras ocasións, como sucedeu no ano 2000, pero
que finalmente sempre aparecía xente disposta a que A Guarda seguise coas
súas festas grandes, e estaba convencido de que, finalmente, aparecería unha
comisión que contará co apoio do concello, en medios humanos, materiais e
xestión de determinados eventos culturais, como xa se viña facendo estes
anos.
Deu o alcalde ata finais de
xaneiro de prazo para que se presentase alguén comprometido a organizar as
festas, xa que, explicou, o tempo apremia para organizar una Semana como a
do Monte. No caso de que non se presentase ninguén, anunciou que as festas
non se deixarían de facer, as organizaría o concello, pero serían curtas no
tempo, aludindo a un par de días, e pobres en contidos. “Non dispomos dun
conxunto de persoas que pidan casa por casa”, lembrando que o orzamento das
Festas oscila entre os 110.000 e os 125.000 euros, que a Comisión conseguía
mediante a petición domiciliaria, os postos, as terrazas, a publicidade na
pantalla e a propagada no libro-programa.
Miguel Español insistiu na
importancia de organizar asfestas, como axente dinamizador da economía
local, e consciente da crise económica, advertiu que a Comisión
que xorda “terá que facer a festa que se poida facer”, aludindo así á
recadación que se consiga e que determinará o
programa a deseñar.
Lembrou que moitos dos actos
culturais e deportivos que se inclúen na Semana do Monte son xestionados
polo concello, ou organizados por distintos colectivos deportivos e
culturais, supoñendo un apoio moi importante para a comisión.
Pola súa banda, Antonio Lomba
lembrou a capacidade de mobilización das asociacións de comerciantes como se
demostra acudindo ás hemerotecas, podendo ler nos xornais a cantidade de
persoas que acoden aos eventos organizados por estes colectivos, insistinto
que estas asociacións, o mesmo que o concello, son parte interesada en que
as festas non se deixen de organizar.
Sen conseguir compromisos dos
presentes, e con ese prazo dun mes, toca agora esperar que xurda un grupo de
persoas capaces de lograr que no ano 2011 A Guarda siga contando cunha
Semana Grande, a Semana das Festas do Monte.
Sábado, 17 de decembro de 2011
A
Alcaldía convoca unha asemblea no Centro Cultural para resolver o futuro
inmediato das Festas do Monte
Dende o ano 2000 a Asociación Pedra Furada
organiza as Festas do Monte. O pasado 1 de decembro, en escrito dirixido á
Alcaldía, dita asociación comunica que na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada
o pasado 14 de outubro aprobou por unanimidade deixar de organizar as Festas
do Monte a tódolos efectos. A día de hoxe non hai comisión que se encargue
da organización das Festas do vindeiro ano.
Non é necesario, por evidente, argumentar a
importancia que as Festas do Monte teñen para A Guarda. Que no ano 2013 se
celebre o centenario das mesmas ten que ser un aliciente máis para que entre
a cidadanía e colectivos guardeses xurda unha comisión que se encargue da
súa organización.
Por este motivo vaise celebrar unha asemblea
no Centro Cultural o vindeiro mércores, 21 de decembro, ás 20.30 horas, á
que se convida a tódolos colectivos e cidadanía en xeral, e de xeito
particular a aquelas asociacións que, dunha maneira máis directa, teñen
vinculación coas festas.
El Recreo Artístico Guardés
acogió ayer la presentación de la nueva Asociación de Familias con
Trastornos de Aprendizaje y Educativos (AFTAE)
Ayer se presentó en el Recreo
Artístico Guardés la nueva Asociación de Familias con Trastornos de
Aprendizaje y Educación que tiene su sede en un local cedido en la Rúa
Galicia, nº 4, (encima de Eroski), donde atenderán a los interesados, en
horario de 10 a 12.30 y de 16.30 a 20 horas.
Cerca de medio centenar de
personas acudieron a la presentación en la que se dieron a conocer los
objetivos que se persiguen y algunas de las propuestas que se realizarán,
centradas siempre en los intereses del niño, que para este colectivo es lo
más importante. “Nuestra preocupación son los niños y sus problemas”, se
dijo en la reunión, unos problemas que, a veces, provocan incompresión y
rechazo social y falta de autoestima. De ahí que la asociación contará con
especialistas para tratar estos casos y superar las deficiencias que se
observen.
Entre los objetivos se
señalaron los de organizar y realizar actividades educativas, asistenciales,
benéficas y de formación que
cubran las necesidades de los afectados. Se darán charlas formativas, con la
colaboración de expertos y se asesorará a las personas con hijos que
presenten algún tipo de tratorno.
Entre las propuestas de
actividades se mencionaron las manualidades, talleres, y actividades al aire
libre, como senderismo.
La falta de fondos para una
asociación que comienza su camino es evidente, de ahí que se haya hecho un
llamamiento para captar socios que abonarán, inicialmente, una cuota de 60
euros anuales, que se podrán pagar en su conjunto o de forma fraccionada.
Dependiendo de los fondos con los que cuente la asociación, y de las
posibles ayudas que reciban, se realizarán unas u otras actividades.
En la convocatoria se dio
cuenta de los ayuntamientos que prometieron su ayuda así como de los
establecimientos que prestarán su colaboración en forma de descuentos a los
asociados, que van del diez al veinte por ciento.
En otro momento se apuntó el
ámbito de actuación de este nuevo colectivo que no se ciñe sólo a A Guarda,
sinó que se extiende a toda la comarca del Baixo Miño e, incluso, llega al
Val Miñor.
Venres 16 de decembro de 2011
Exposición fotográfica: V Certame
Viaxando
A OMIX da Guarda informa que a
partir do 16 de decembro o edificio do Concello da Guarda albergará a
exposición formada polas fotografías que participaron no quinto certame
fotográfico Viaxando, un concurso organizado polas OMIX da Guarda, O
Rosal, Tomiño, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas, Porriño e pola Casa de
Xuventude de Tui, no que participaron mozos e mozas de todos estos
municipios. A exposición poderá ser visitada no concello ata o 12 de xaneiro
de 2012.
Xoves, 15 de decembro de 2011
O pleno da Guarda aproba unha moción do
BNG sobre os recortes do Plan Concertado da Xunta
O BNG presentou unha moción sobre os recortes que están a
sufrir os concellos no Plan Concertado da Xunta de Galiza. A moción foi
aprobada coa abstención do Partido Popular.
O Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos
Sociais é un instrumento fundamental de cooperación entre os Concellos, a
Xunta de Galiza e a Administración do estado, por medio do cal se
cofinancian os servizos sociais municipais e permiten garantir as
prestacións básicas e a atención aos veciños e veciñas. Así o Plan
Concertado cobre os custes tan importantes como o servizo de Axuda no Fogar,
persoal de servizos sociais, os gastos do mantenemento de servizos sociais
comunitarios, a xestión de programas de prevención, insercción, cooperación,
... así como equipamentos para servizos sociais.
A Xunta de Galiza do PP está a levar a cabo un recorte
drástico e inxustificado nas partidas do Plan Concertado que chegan ata 80%,
afectando directamente ao Concello da Guarda. Xusto cando, por efecto da
crise económica, maior é a necesidade de recursos e prestacións sociais para
atender ás persoas que con máis dureza están a sufrir as súas consecuencias.
Este recorte obriga aos concellos a facer fronte ás
necesidades e programas contraídos este ano 2011 con fondos propio o que vai
afectar aos servizos sociais municipais, tendo en conta o retraso con que
está a pagar a Xunta de Galiza os compromisos contraídos cos concellos.
Na moción presentada polos nacionalistas ínstase á Xunta
de Galiza á restitución inmediata dos créditos eliminados para o
finanzamento do Plan Concertado do ano 2011, así como a garantir nos
orzamentos do ano 2.012, como mínimo as cantidades consignadas no 2009 para
dito plan. Tamén restablecer e incrementar os fondos destinados aos
concellos para o apoio ás familias.
“Cando diferentes colectivos están a significar e a
denunciar o incremento do paro tanto na localidade como na comarca, faise
difícil comprender a actitude do PP non apoiando esta moción e
posicionándose a carón da Xunta, en lugar do lado de quen están a sufrir a
crise” comenta Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.
Martes, 13 de decembro de 2011
O San Xerome participou no
2º Torneo Fundación Michel Salgado
O pasado sábado, 10 de decembro, o club
San Xerome participou na segunda edición do Torneo Fundación Michel Salgado
no pavillón do Berbés en Vigo, xunto cos equipos Juan XXIII, San Rafael e
Praia de Samil.
O equipo guardés gañou o primeiro partido
ó Club Juan XXIII, de Pontevedra, perdendo co San Rafael, de Vigo, non
podendo acceder á final. O vencedor absoluto do Torneo foi finalmente o
equipo San Rafael, de Vigo.
Amparo (porteira) e Borja (goleador),
gañaron os trofeos pola súa destacada actuación.
Foi un dia intenso, din desde o centro da
Guarda, xa que ademais de disputar este torneo, houbo xogos, sorteos,
aeróbic e un partido de exhibición do Celta Indoor (ex xogadores do
Celta).
Desde San Xerome agradecen á Fundación
Michel Salgado e á Federación galega de deporte para persoas con
discapacidade intelectual (Fegaddi) a invitación e os agasallos recibidos
en forma de sudadeiras e balóns para o Club.
A seguinte cita para os deportistas do
Club San Xerome será na 50 edición da Carreira do Pavo, en Vigo, na que
participarán os atletas: Borja, Fran, Maite, Amparo, Luis Antonio e Javi.
Será o domingo 18 de decembro polas rúas da cidade olívica.
Xoves, 8 de decembro de 2011
Continúa o
Cine no Centro Cultural co film de suspense “Shutter Island”
Trala calorosa acollida
do ciclo de cine celebrado o pasado mes de outubro, a Concellalía de Cultura
do concello da Guarda retoma o cine, aínda que nesta ocasión a programación
non está unida por un nexo temático, senon que busca dar cabida a outras
afeccións e gustos. A programación, que se iniciou coa producción galega
Sinbad, ofrece mañá, venres, unha das últimas películas de Martín Scorsese:
Shutter Island. Esta película lévanos á un un centro penitenciario
para criminales perturbados situado nunha illa sinistra, onde dous
investigadores tratan de esclarecer a desaparición dunha asasina en serie,
onde atoparán que tanto a illa como o hospital esconden algo máis que un
simple hospital siquiátrico.
Para rematar o mes, e
pensado dentro da programación de Nadal, o derradeiro venres de 2011 chega
unha das comedias máis divertidas dos úlitmos anos: Bienvenidos al Norte.
Estreada nas salas comerciais no 2008, cóntanos como cambia a vida dunha
familia asentada en Marsella, que ten que trasladar a súa residencia por
motivos laborais a un pequeno pobo do Norte francés: o choque cultural que
se observa no peculiar acento dos novos veciños, nos costumes e modo de
vida, o clima, etc. garanten a gargallada de principio a fin.
Como vén sendo habitual,
previamente a proxección das películas visionarase un corto, pertencente os
catálogos de curtas do Consorcio Audiovisual de Galicia, intentando así
abrir unha xanela ós novos creadores e divulgar a actividade cinematográfica
menos coñecida.
Martes, 6 de decembro de 2011
Jesús Abreu González proclamouse campión do 12º Concurso Internacional
de Pesca
A costa atlántica, entre
Punta dos Picos, na Guarda, e o exterior do peirao de abrigo de Baiona,
acolleu, o pasado domingo, o 12º Concurso Internacional de Pesca Deportiva,
convocado pola asociación O Buxeiro da Guarda, que contou con 65
participantes.
Jesús Manuel Abreu
González, con 22.600 puntos; Julio Rodríguez Lagos, a certa distancia, con
13.890, e Jorge Rodríguez Barbosa moi próximo en puntuación ao anterior,
12.390, foron os tres primeiros clasificados recibindo distinto utillaxe de
pesca.
Venres, 2 de decembro de 2011
Estréase na Guarda a longametraxe “Sinbad”, baseada na
novela “Se o vello Sinbad volvese ás illas” de Álvaro Cunqueiro
Este ano en que conmemoramos o Ano de Cunqueiro, ó cumplirse o centenario
do seu nacemento, veu á luz unha película baseada nunha das súas obras máis
significativas:“Se o vello Sinbad volvese ás illas”. Coproducida por Ficción
Producciones e TVG, e coa axuda da AGADIC e do ICAA, esta película foi
rodada ó logo de 4 semanas en distintas localizacións do concello coruñés de
Riveira, en Santiago de Compostela e Ames.
O pasado 25 de outubro fíxose a “estrea” no Museo do Mar de Vigo, e
posteriormente comezou unha andadura polas salas galegas que inclúe as salas
comerciais e auditorios e Centros Culturais. No Centro Cultural de A Guarda
proxectarase hoxe, 2 de decembro, ás 21horas.
A historia que nos conta
Sinbad é, máis que ningunha outra cousa, un extraordinario fabulador, un
home que fai participar aos seus interlocutores das experiencias da súas
viaxes pasadas, fosen no mundo real, fosen no universo da imaxinación e da
fantasía. Comparte os seus coñecementos fantásticos cos seus compañeiros
diarios de café e dominó na taberna propiedade de Mansur, un home viúvo que
ten ao seu cargo a Sara, a súa filla, de 13 anos, coa que mantén unha
relación moi estreita e afectuosa. Gústalle conversar coa pequena e
contarlle historias fantásticas. Acompáñaa ás veces á escola, apréndelle
cousas do mar e das estrelas, comparte con ela os seus mapas, etc... Sara é
o mellor receptor de todas as historias que narra Sinbad. Cultiva con el
unha imaxinación portentosa. Constantemente mostra unha curiosidade e unha
perspicacia moi agudas.
SINBAD foi dirixida e guionizada por Antón Dobao, e protagonizada por
Xosé Olveira “Pico”, no papel de Sinbad; xunto a el, outros actores e
actrices como Sara Casasnovas –Vanesa- e Mariña Sampedro –Sara-. Os
personaxes secundarios foron interpretados por Luís Castro Zahera, Laura
Ponte, Manolo Cortés, César Cambeiro, Antonio Durán ‘Morris’, Mariana
Carballal, Camila Bossa e María Tasende. E hai tamén colaboracións
especiais, como as de Miquel Ínsua e Mela Casal.
Xoves, 1 de decembro de 2011
O pleno da Guarda aproba unha moción do BNG pola Tarxeta
Sanitaria
No pasado
pleno ordinadio de novembro o BNG presentou unha moción de urxencia ante os
problemas que están a ocorrer coas Tarxetas Sanitarias.
Na moción
presentada polo BNG ínstase á Xunta a restitución das todos os dereitos das
persoas que foron prexudicadas polo Protocolo de traballo que a Consellería
de Sanidade enviou aos centros de saúde, solicitando a reactivación das
tarxetas anuladas, así como a retirada do debandito Protocolo.
Este
protocolo é consecuencia da orde da Consellaría de Sanidade da Xunta de
Galiza que regula o dereito de acceso á asistencia sanitaria para as persoas
sen recursos económicos suficientes e para as persoas desempregadas.
Segundo se
indica no texto literal reproducido, as persoas afectadas só teñen dereito,
previo compromiso de pago, á atención de urxencias e emerxencias, é dicir,
perden o dereito á sanidade pública universal, fican sen médico/a de
cabeceira, sen probas diagnósticas nin especialistas, non teñen, en
definitiva, asistencia sanitaria completa. Estas persoas quedan tamén sen a
asistencia farmacéutica até que volvan a ter todos os papeis en regra para
volver estar de alta.
Todas as
persoas afectadas terán a obriga de solicitar unha tarxeta de persoas sen
recursos mais esa solicitude pode tardar en aprobarse entre oito e dez
meses, polo que durante todo ese tempo permanecerán sen asistencia gratuíta.
Para o BNG
esta orde está totalmente inxustificada, é inhumana e desoladora, xa que
vulnera os dereitos básicos da cidadanía e rompe os principios de
universalidade e equidade da Sanidade Pública.
“O grupo
municipal do PP deberá explicar aos guardeses e as guardesas que están nesta
situación tan precaria o seu voto en contra” comentou Xan Lois Lomba
portavoz municipal do BNG.
Para o BNG
o goberno do PP na Xunta de Galiza, está a levar adiante unha serie de
medidas que pretenden a privatización e o desmantelamento da sanidade
pública no noso país como demostra a redución de persoal sanitario mediante
a non cobertura de baixas e xubilacións, a redución de consultas e
actividade nos quirófanos na quenda de tarde, o incremento dos concertos
privados, a entrada de capital privado no financiamento dos novos hospitais
ou o recorte de 237 millóns de euros no orzamento da sanidade pública
Mércores, 30 de novembro de 2011
Exposición
do Obradoiro de fotografía do proxecto Comenius Regio
O pasado mes de outubro iniciouse un
obradoiro de fotografía no que participaron 15 alumnos dos centros do
Baixo Miño integrados no Proxecto europeo Comenius Regio: a “Asociación
Avelaíña” (axuda a persoas con problemas de saúde mental); a “Asociación San
Xerome Emiliani” (atención a persoas con discapacidade intelectual), o “CEIP
A Sangriña” (Colexio de primaria), e o “IES A Sangriña” (Instituto de
Secundaria, Bacharelato e Ciclos formativos).
Ao longo das 12 sesións que durou o
Obradoiro, a especialista Inés Montenegro traballou aspectos como as
cuestións teróricas, visionado de imaxes, técnicas fotográficas de cara a
sacar o maior proveito posible á cámara, a luz e a cor, e a posibilidade de
contar unha historia a través da fotografía, reflexionando antes de premer o
disparador.
A exposición, que conta coa
colaboración do concello, “Capacidade/Discapacidade”, resultado deste
obradoiro, poderá visitarse na Casa dos Alonso (Praza do Reló daGuarda), a
partir do sábado, dia 3, ata o 10 de decembro, de 11,30 a 13 horas e de
17,30 a 20 horas. O sábado e os dias 6 e 8 de decembro (festivos), en
horario só de mañá: 11,30 – 13 horas.
Inés Montenegro é fotógrafa oficial da
ONG “Imagen en acción”. Ten impartido obradoiros de fotografía e formación
fotográfica en varios centros educativos. As súas fotografías poden verse na
sua web:
www.inesmontenegro.com
Venres, 25 de novembro de 2011
Cruz Roja abre el plazo del
curso para voluntariado de “Animación y estimulación gerontológica”
Cruz Roja Española desde su Asamblea
Comarcal en el Baixo Miño, convoca un monográfico de Animación y
estimulación gerontológica dirigido a mayores de 16 años, interesados en
realizar actividad voluntaria en el ámbito de la animación en el Programa de
Personas Mayores de Cruz Roja en el Baixo Miño
La acción formativa se desarrollará los
días 19 y 21 de diciembre, de 10.00 a 14.00 horas, y 22 y 23 de diciembre
de 16.00 a 19.00 horas.
Los objetivos son dar a conocer de manera
sencilla habilidades y herramientas básicas que permitan desarrollar
actividades efectivas y prácticas con personas mayores.
En su estructura el curso incluye los
siguientes apartado: Módulo 1. Ocio y tiempo libre con la personas mayores;
Módulo 2. Técnicas para la coordinación de grupos; Módulo 3. Psicomotricidad
y juegos de movimiento; y Módulo 4. Psicoestimulación. Actividades para
estimular la mente.
Los nuevos voluntarios que se formen en
este curso podrán participar en las diversas actividades que desarrolla Cruz
Roja Baixo Miño con mayores, como son los talleres de estimulación de la
memoria, de gimnasia de mantenimiento, de alfabetización, y del uso del
teléfono móvil.
Todas las personas que estén interesadas
y deseen recibir más información sobre esta formación o sobre las
actividades que Cruz Roja desarrolla con mayores pueden dirigirse a la
Cruz Roja Asamblea Comarcal Baixo Miño, em la
calle Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo. También pueden
hacerlo llamando al teléfono: 986 61 46 09/606
3484 71 o por e-mail:
laguardia@cruzroja.es
Xoves, 24 de novembro de 2011
O Grupo Popular anuncia que
a nova Lei de Vivenda incluirá a posibilidade de aprazar a execución
dunha sentenza de demolición de edificios con licenza de obra ata que se
fixe a responsabilidade patrimonial
O voceiro de Ordenación do Territorio do
Grupo Popular, Román Rodríguez, anunciou onte que o borrador da futura Lei
de Vivenda recolle, na súa disposición adicional sexta, a posibilidade de
aqueles edificios construídos ao amparo dunha licenza de obra e que
posteriormente teña sentenza firme de demolición, non se execute esta orde
ata que estea fixada a responsabilidade patrimonial e liquidada, se é o
caso, a indemnización correspondente. No caso concreto na polémica xurdida
no concello de A Guarda, Rodríguez demandou aos responsables municipais “a
facer o Plan Xeral, porque é a única solución e máis segura para legalizar
este tipo de situacións”. Ao remate do debate parlamentario, Román
Rodríguez, xunto coa compañeira deputada guardesa Fanny Iglesias,
comprometéronse ante os veciños a mediar ante a Xunta de Galicia a fin de
xestionar o cumprimento da sentenza xudicial, coa finalidade de gañar tempo
ata a entrada en vigor da nova Lei de Vivenda.
Román Rodríguez criticou “o cinismo e a
doble moral” dos socialistas galegos “pola utilización electoralista que
fixeron do problema existente na Guarda”, convocando unha rolda de prensa
neste concello durante a campaña electoral logo de que rexistraran a súa
proposición no pasado mes de maio.
O voceiro do Grupo Popular sinalou que “a
solución máis inmediata para este problema é a elaboración do Plan Xeral de
A Guarda” e recordou que “o anterior alcalde do Partido Popular deixou
avanzada a redacción do Plan Xeral e lamentablemente en catro anos os
actuais responsables non fixeron absolutamente nada”.
Incidente de inexecución de sentenza
Neste sentido, Rodríguez explicou que co
Plan Xeral aprobado “pódese solicitar un incidente de inexecución de
sentenza por causa sobrevida, co que se acabaría co problema, pero para elo
os responsables do Concello teñen que cumprir coas súas responsabilidades”.
“Estou seguro que si o Concello fai avances contará con toda a complicidade
por parte da Xunta de Galicia para sacar adiante o Plan Xeral e frear esta
situación, pero polo visto o único que se lles ocorre é enredar, levar aos
veciños afectados por camiños que non levan a ningures e manipular por
intereses políticos electoralistas”, concretou.
O voceiro do Grupo Popular anunciou que o
borrador da futura Lei de Vivenda incorpora, na súa disposición adicional
sexta, a posibilidade de tramitación dos expedientes en materia de
responsabilidade patrimonial derivada de actuacións en materia urbanística,
a semellanza do que se recolle na Lei de Cantabria. “Desde o Partido Popular
entendemos que esta modificación é lóxica, ampara ao cidadán e reduce
situacións humanas dramáticas como a que está a acontecer en A Guarda”,
manifestou.
Por último, Román Rodríguez negou que a
Xunta de Galicia estea a actuar de xeito diferente segundo sexa o concello.
En concreto, e referíndose aos casos de A Guarda e Vilaboa fronte a
Barreiros ou Fisterra, explicou que “non estamos a falar do mesmo tipo de
solo, porque nos primeiros trátase de solo de especial protección
paisaxística, onde a construcción é absolutamente incompatible; mentres que
nos segundos é solo urbano non consolidado, onde as sentenzas non obrigan ao
derrube das vivendas e limítanse a dicir que a licenza está mal concedida
por carecer de servizos básicos”.
Mércores, 23 de novembro de 2011
O venres, ás 20 horas, terá
lugar a sesión ordinaria do pleno
A Corporación da Guarda
celebrará o vindeiro venres, 25 de novembro, sesión ordinaria do pleno con
hora d ecomezo sinalada para as 20 horas.
10 puntos figuran na Orde do
Día, incorporándose no punto 9º ata 14 mocións, algunhas con carácter
internacional, coma a que reclama o apoio á proclamación do Estado
Palestino; ata asuntos máis próximos como o estudo dunha nova ubicaci´ón do
mercadiño dos sábados ou que teñen que ver coa seguridade vial, pasando por
outras que falan do pacto de toledo e as pensións, por citar algúns
exemplios.
A Orde do Día do Pleno é a
seguinte
PUNTO 1º.- APROBACIÓN ACTAS SESIÓNS
ANTERIORES (ORD. 30/09/11 e EXT. MESAS ELECTORAIS 24/10/11).
PUNTO 2º.- DAR CONTA DECRETOS.
PUNTO 3º.- DAR CONTA DO INFORME DE
MOROSIDIADE TERCERIO TRIMESTRE 2011.
PUNTO 4º.- APROBACIÓN CONTA XERAL
2010.
PUNTO 5º.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE
EXTINCIÓN DO PADROADO DE TURISMO DO CONCELLO DA GUARDA.
PUNTO 6º.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE
DENOMINACION DE RÚA “CAMIÑO DE BRANDIÁN”.
PUNTO 7º.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE
SOLICITUDE Á CONSELLERÍA DE CULTURA DO PLAN DIRECTOR DO MONTE SANTA TREGA.
PUNTO 8º.- PROPOSTA DA ALCALDÍA
SOBRE OS RECORTES DO PLAN CONCERTADO.
PUNTO 9º.- MOCIÓNS
RE 4.902 DE UEFACC:
SOLIDARIDADE, APOIO, COLABORACION E IMPULSO A FAVOR DA GUARDA E CUSTODIA
COMPARTIDA.
RE 6.011 DE CONFRARÍA
DE PESCADORES SANTA TECLA ASUMIDA PLA COMISIÓN DE ASUNTOS PLENARIOS:
APOIO ÓS SECTORES PESQUEIRO E MARISQUEIRO NAS SÚAS PROTESTAS EN CONTRA O
PRUX DAS ILLAS ATLANTICAS DE GALICIA.
RE 6.241 DE CC.OO.
ASUMIDA POR CONVERXENCIA GALEGA:
MANTEMENTO DO ESPIRITO DE CONSENSO DO PACTO DE TOLEDO E RECUPERACIÓN DO
PODER ADQUISITIVO DOS PENSIONISTAS E XUBILADOS.
RE 6.347 DE CTNL
ASUMIDA POLO BNG:
EN DEFENSA DO TRABALLO XUSTO E ILUSIONANTE DOS SERVIZOS DE NORMALIZACIÓN
LINGÜÍSTICA.
RE 6.455 DE
CONVERXENCIA GALEGA:
MEDIDAS DE AXUDA E PROTECCIÓN DIANTE DO CONTINUO PECHE DE MEDIOS DE
comunicación EN GALEGO.
RE 6.456 DE
CONVERXENCIA GALEGA:
APOIO A PROCLAMACIÓN DO ESTADO PALESTINO.
RE 6.550 DE
CONVERXENCIA GALEGA:
PREVENCIÓN CONTRA ATROPELOS DE TRÁFICO RURAL.
RE 6.551 DO CONVERXENCIA GALEGA:
MODIFICACIÓN DA LEI HIPOTECARIA CO FIN DE REGULAR A DACIÓN EN PAGO E
ADOPTA-LAS MEDIDAS NECESARIAS PARA EVITA-LOS DESAHUCIOS POR MOTIVOS
ECONÓMICOS.
RE 6.636 DO BNG:
SOBRE OS RECORTES DO PLAN CONCERTADODA XUNTA DE GALICIA.
RE 6.669 DO BNG:
SOBRE AS POLITICAS DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
RE 6.703 DE CONVERXENCIA GALEGA:
ACTURAL PROBLEMÁTICA DE CAIXA GALICIA.
RE 6.974 DO PP:
CREACION DUNHA COMISIÓN PARA A BÚSQUEDA DUNHA MELLOR UBICACIÓN Ó
MERCADILLO SEMANAL DA GUARDA.
RE 7.009 DE CONVERXENCIA GALEGA:
PROPOSTA DE REORDENACIÓN DO TRÁFICO NA GUARDA.
RE 7.059 DO BNG:
SOBRE A SEGURIDADE VIAL NO IES A SANGRIÑA
punto 10º.- rogos e
preguntas
Xoves, 17 de novembro de 2011
O urbanismo de
Galicia e o distinto trato que dá a Xunta aos concellos estiveron sobre
a mesa socialista na Guarda onde tamén se
debateu sobre as "21 licenzas"
Os deputados Ismael Rego e María José
Caride, xunto co alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, contando
coa presenza dalgúns dos afectados polas polémicas “21 licenzas”,
compareceron onte diante os medios de comunicación para adiantar a
presentación da Proposición non de Lei que esperan debater o vindeiro
mércores no Parlamento de Galicia e que busca o respaldo dos 75 deputados.
Queren os socialistas poñer fin á discriminación que en materia urbanística
existe en Galicia e corrixa, ao mesmo tempo, os prexuízos que se lles
ocasiona ás vítimas cando, por erros da propia administración, se lles
obriga a demoler as súas vivendas, como, entre outros, é o caso da Guarda,
no que os propietarios das vivendas con orde de derrube son as vítimas dunha
situación que non buscaron.
María José Caride sinalou que o alcalde
da Guarda presentaba unha reclamación para “resolver un problema no que os
propietarios das vivendas non son os responsables, pero si son os
prexudicados”, e ademais había que resolver un problema que afecta a Galicia
como é “o tratamento diferenciado de situacións similares, e se me apurades,
o tratamento absolutamente diferenciado dunhas situacións que son lóxicas e
razoables, fronte a outras que non o son e ás que a Xunta estalles dando
cobertura”.
Comparouse os casos da Guarda, con 21
licenzas concedidas por responsables de grupos de distinto signo político
(PP, PSOE e BNG), atendendo aos informes favorables dos técnicos, porque en
caso contrario sería prevaricar, co que ocorre noutros municipios, como
Barreiros “onde as licenzas municipais foron concedidas, a pesar dos
informes contrarios a tal otorgamiento por parte dos servizos municipais e
pondo en perigo o desenvolvemento sostible do territorio e as finanzas
municipais”. Citouse tamén o caso de Fisterra “con sentenzas xudiciais e con
advertencias da Xunta ao concello de que as edificacións non se estaban
construíndo conforme a dereito, e ata con informes municipais en contra,
pero aquí a Xunta de Galicia vailles a dicir tranquilos que isto o imos a
resolver“. E mencionouse o urbanismo do Grove, con “un aparthotel con 21
adostados e sentenza en firme”, pero aí, sinalaron, ninguén intervén para
que se execute a sentenza: nin o conselleiro, nin a Axencia de Protección
Urbanística nin o letrado da Xunta. Terán “que explicar por que nuns sitios
si e noutros non”.
Na proposta que presentarán os
socialistas o vindeiro mércores, solicitarase ao Parlamento a que inste á
Xunta de Galicia a realizar as modificacións normativas oportunas para
garantir a adopción de medidas cautelares de publicidade, cando a
Administración autonómica inicie procesos de restauración da legalidade
urbanística que poidan deparar en prexuízos a terceiros adquirientes de boa
fe. Deste xeito publicitaranse no rexistro da propiedade os recursos e
demandas interpostos por motivos de legalidade urbanística e solicitarase a
adopción de medidas cautelares de paralización das obras.
Promoveranse as modificacións normativas
oportunas para que cando a lesión se produza como consecuencia de actuacións
administrativas declaradas ilegais que determinen o derribo das
edificacións, deberase iniciar o procedemento de derribo, de oficio ou a
instancia de parte, desde o momento no que se teña coñecemento da resolución
xudicial ou administrativa, firme e definitiva, que estableza a obrigación a
derriba. Ademais, no prazo máximo de seis meses, establecerase a
responsabilidade e a contía da indemnización aos propietarios, na forma que
determina a normativa sobre responsabilidade patrimonial da Administración,
póndoa canto antes a disposición do prexudicado.
Adoptaranse as medidas adecuadas para
impedir que, como consecuencia dunha sentenza de demolición de vivenda
residencial habitual, se produzan situacións de desamparo, procurando, de
ser o caso, os medios materiais para o realoxo provisional inmediato e o seu
traslado.
Utilizarase a disciplina e inspección
urbanística con criterios uniformes e obxectivos e promoverase unha
utilización adecuada dos plans e proxectos sectoriais.
Para Ismael Rego, a Xunta de Galicia está
utilizando as súas competencias urbanísticas de forma discrecional e un
pouco á carta, segundo os concellos ou os grupos de presión dos que se trate
e así o seu comportamento, respecto da execución de sentenzas xudiciais,
facendo fronte a situacións de ilegalidade flagrante en materia de
urbanismo, é distinta segundo os concellos. Trátase entón, explicou Ismael
Rego, de conseguir un pronunciamento parlamentario a favor da aplicación
urbanística en todo o ámbito territorial de Galicia con criterios de
responsabilidade e con respecto a todos os cidadáns.
Noutro momento dixo que cando un concello
dá unha licenza mal dada, porque os técnicos tamén poden equivocarse, están
os servizos en materia de inspección e o control da ilegalidade teno
reservado para si a Xunta de Galicia. “Non se pode penalizar, pola
disfuncionalidad entre as administracións na xestión das súas competencias,
aos cidadáns”. É por iso que “lle damos moita relevancia a que os 75
deputados do Parlamento de Galicia teñan a posibilidade de pronunciarse”
sobre esta cuestión.
Tamén recordou que mentres o goberno
galego insta á execución de sentenzas na Guarda, por exemplo, “ese mesmo
goberno ante cuestións de flagrante ilegalidade no territorio e de desfeita,
practicamente, da costa, como sucede no concello de Barreiros, non soamente
non executa a sentenza, senón que retiran recursos contenciosos que había e
ademais destinan 14 millóns de euros dos impostos de todos os galegos, para
liquidar esta situación”. E isto mesmo pasará en Fisterra, con sentenza
firme.
O alcalde da Guarda considerou, ata o mes
de abril, que eran os servizos xurídicos da Xunta de Galicia os que instaban
a demoler as vivendas, ata que, pouco antes das eleccións municipais, o
presidente da Xunta e o conselleiro, manifestaron que “non instarían a
execución de sentenzas nos concellos de Barreiros e Fisterra”, e é, a partir
de entón cando o alcalde da Guarda ten claro “que non era o letrado da Xunta
de Galicia, senón que eran os políticos os que tomaban as determinacións
por máis que quen as remita sexa o letrado da Xunta”.
Recordou tamén que o pasado 14 de outubro
ditouse un novo escrito ao xulgado contenciosos administrativo nº 3 de
Pontevedra, por parte do letrado da Xunta “é dicir, por parte do conselleiro
e do presidente da Xunta de Galicia, porque se teñen potestade para en
Barreiros e Fisterra non facelo, igual potestade terán para dicirlle a este
letrado que cese nesta fustrigación” que se pode explicar como “dicíndolle
ao xuíz siga vostede impondo multas coercitivas ao alcalde da Guarda, para
que siga cos derrubes”, nun tempo no que grupo de goberno guardés está
traballando no Plan Xeral para “intentar darlle cobertura legal a aquelas
construcións ás que se lles poida conceder”, e ao mesmo tempo se “produza
unha fustrigación” que xa motivou unha multa de 1.200 euros ao alcalde, que
tivo que abonar de forma persoal, e ten agora mesmo outras dúas, por importe
de 1.500 euros cada unha que, de non abonalas seranlle retraídas do seu
soldo (2.308 euros). Precisamente estas multas coercitivas motivou a
intervención de Miguel Español que recordou eses 4.200 euros que ten que
aboar o alcalde por non executar as demolicións, pero chegará un momento en
que esta situación non se poida prolongar ao seguir acumulando
máis multas coercitivas, obrigándoselle ao alcalde a tomar unha decisión
drástica; tirar as vivendas.
O representante dos afectados, sinalou
que “nós, os afectados, nunca defendemos que non se castigue ao que fai unha
cousa mal; o que o faga que o pague se non cumpriu coa licenza. Nós só
defendemos que non fixemos nada ilegal. Cumprimos coa Lei”, e a súa muller,
Áurea Álvarez pediu “concordia e bo entendemento” aos 75 deputados que
tratarán a proposición, “o que se xoga é o futuro dos cidadáns, e hai
precedentes en Cantabria onde todos os grupos apoiaron por unanimidade
(resolver situacións parecidas). Entón, os galegos non seremos capaces?“.
Martes, 15 de novembro de 2011
No IES
A Sangriña celébrase a primeira reunión internacional do Proxecto
Comenius no que participa este centro
Durante a semana do 14 ao 18
celébrase no IES A Sangriña a primeira reunión internacional do Proxecto
Comenius titulado 'Upper Secondary Education according to ET2020' na
que se analizarán os retos da educación en Europa previstos para os próximos
anos e as vías para lograr a súa consecución. Ademáis dos profesores
representantes dos centros asociados, de Bélxica, Noruega, Portugal,
Polonia, Turquía, Italia, Alemania e Francia, tamén participarán alumnos de
Polonia e Portugal, en intercambio con alumnos de 1º de Bacharelato.
Programa público
Comenius
Multilateral Partnership
Upper
Secondary Education according
to "ET2020". From School to University and Labour market.
1st Comenius Meeting. A Guarda, 14th to 18th November 2011
Monday 14th
09.30 Welcome at the IES A Sangriña
10.15 Coffee
10.15 Presentations of Delegations (Library): Norway / Poland
11.05 Presentations (Library): Italy / Portugal
11.55 Coffee break
12.20 Presentations (Library): Belgium / Turkey
13.10 Presentations (Library): Spain
16.00 Visit to the pre-roman village of Santa Tecla
Tuesday 15th
09.10 Trip to Porto-Guimaraes
Wednesday 16th
10.15 Biannual schedule (Library)
11.05 Biannual schedule (Library)
11.55 Coffee break
12.20 Open Seminar:
“How to gain access to University in Europe”,
attended by final year students (Main Hall):
Poland / Portugal / Norway / Belgium
13.10 Turkey / Italy / Spain
14.00 End of sessions
Thursday 17th
08.30 Trip to Santiago de Compostela
Friday 18th
09.30 Open Seminar:
“From school to University. An approach to the European reality”
10.00 Coffee break
10.15 Open Seminar:
“Connecting Europe trought e-learning”
10.40 Open Seminar:
“Content and Language Integrated Learning”
11.05 Open Seminar:
“Comenius Individual Pupil Mobility”
11.55 Coffee break
12.20 MAC students' Presentations (Spanish pupils (IT/DK)/ Danish pupils)
13.10 Conlussions and evaluation
14.00 End of sessions
GALICIA-SPAIN
Luns, 14 de novembro de 2011
La banda
"The Inspectors"
seleccionada para la final del concurso Wolfest que se celebrará
en Vigo
La banda guardesa "The
Inspectors" ha sido seleccionados para la final del famoso
concurso Wolfest, que ya se ha celebrado en grandes ciudades
como Madrid, Barcelona y Valencia y que ahora llega a la sala
Infierno, de Vigo, el 10 de diciembre, a partir de las 20.00
horas
“The Inspectors”, que
competirán con otras nueve bandas finalistas, buscan en la
comarca del Baixo Miño todos los apoyos posibles al tiempo que
desean que cuantos acudan a este evento lo pasen, dicen
textualmente, “genial” disfrutando con la múscia de diez grupos
en una misma noche.
Las entradas se venden
anticipadamente, al precio de ocho euros, y se pueden conseguir
enviando un mensaje al facebook/tuenti de “The Inspectors”,
también a través del correo theinspectors@hotmail.com o
poniéndose en contacto con cualquiera de los miembros de esta
banda guardesa: Carlos, M. Pacheco, Tito, Alejo o Rubén.
Sábado, 12 de novembro de 2011
O BNG insta á Xunta de Galiza a que pague inmediatamente
os cartos que adebeda ao centro S. Xerome da Guarda
A
deputada do BNG, Carme Adán, presentou unha iniciativa no Parlamento galego
para que inste ao goberno galego o abono inmediato das cantidades
comprometidas para o ano 2011 ao centro San Xerome da Guarda.
Segundo a deputada nacionalista,
neste momento de crise económica o compromiso dos gobernos e as
administracións co benestar e os servizos sociais debe ser maior, xa que
neste momento son máis as persoas que necesitan do soporte da sociedade.
Mais, o Goberno galego adoptou unha senda diferente e está realizando fortes
recortes sociais.
Nesta liña de recortes o Centro
San Xerome da Guarda, tanto no Centro de día como para persoas con
discapacidade, como no Centro ocupacional, é un grande prexudicado. A día de
hoxe a administración galega adebeda unhas cantidades de escándalo, próximas
aos 200.000 €.
“Estas débedas impiden o normal
funcionamento e poñen en perigo a súa continuidade”, comenta Carme Adán.
Para o BNG esta é unha nova mostra
da política de recortes en materia social do Goberno da Xunta do PP; no que
tamén se ven afectados os propios Concellos, como o da Guarda, con recortes
nos Plans Concertados de 70 e 80 %.
O BNG ve con preocupación como
Feijoo está a converter á Xunta “no laboratorio de probas” das políticas de
recortes sociais que pretende desenvolver o PP de gañar as eleccións xerais.
Xoves, 10 de novembro de 2011
O Grupo Popular
amosa a súa disposición e compromiso co centro educativo e laboral San
Xerome da Guarda
A deputada do PPdeG Fátima Iglesias e o
concelleiro do grupo municipal guardés, Antonio Fontenla, mantiveron unha
reunión coa Xunta Directiva do Centro San Xerome da Guarda co obxectivo de
aclarar a situación económica na que se atopa e amosar a súa disposición e
compromiso cos responsables do mesmo.
Na reunión entre os responsables
políticos e os pais de alumnos e técnicos do Centro educativo e laboral, a
deputada popular fixo referencia a débeda da Consellería de Traballo e
especificou que existen varias partidas “como son as dos tres cooperantes
concedidos que foron contratados fai dez días debido a prórroga solicitada
por San Xerome, polo que evidentemente aínda non se ingresou o adianto xa
que está en tempo e forma para a recepción dos contratos realizados”.
Ao respecto da subvención do coste
salarial correspondente aos postos de traballo ocupados por persoas con
discapacidade a deputada popular indicou que “se estivo subsanando o reparo
despois da documentación presentada polo centro, e tras enviar a pendende
fai tan só 15 días, e esperamos que a maior brevidade despois de pasar os
tramites burocráticos pertinentes, o centro recibirá esa partida que
realmente sufriu un retraso na tramitación”.
Fátima Iglesias indicou que “a
Consellería de Traballo executaba esta semana o pago de 47.000 euros en
relación co contrato de servizos do centro de día e ocupacional o que,
segundo comunicou o centro, serviu para poder liquidar as nóminas dos
traballadores do mes pasado”.
A deputada popular indicou que ao
respecto da Consellería de Sanidade “non existe ningunha débeda xa que non
hai ningún concerto ou relación entre o centro e esa Consellería” ao que os
responsables do centro ratificaron dicindo que existía un erro na
información publicada a semana pasada.
Fátima Iglesias amosou á Xunta directiva
de San Xerome a súa disposición para tratar estes e outros temas importantes
para o Centro, agradecendo aos membros da Xunta Directiva a reunión e
comprometéndose a informarse nos próximos días sobre as sete unidades que o
centro ten dependentes da Consellería de Educación.
Cruz Roja fue la
destinataria de la recaudación “1 euro por km. SOS Cuerno de África”
Armando Verde
Moreira compareció, ayer, ante los medios de comunicación en el Salón de
Plenos del ayuntamiento de A Guarda, acompañado de los concejales Teresa Baz
Vicente y Javier Crespo; el presidente de la Cruz Roja Baixo Miño, Ignacio
Saa, y la técnico de esta institución, Neli.
En el
transcurso de este encuentro Armando Verde entregó a Ignacio Saa los 370,82
euros, recaudados en la campaña”1 euro por km.SOS Cuerno de África”,
agradeciendo el presidente de la institución humanitaria este donativo y
explicando la labor que Cruz Roja desarrolla en aquella zona que pasa por la
mayor hambruna de la historia. Cruz Roja trabaja en el Cuerno de África,
dijo Ignacio Saa, entre otras actuaciones, en la salud y potabilización del
agua. Además tiene una Unidad de Emergencia Sanitaria capaz de atender a
30.000 personas.
Por su parte
Armando Verde señaló que la campaña “1 euro por km. SOS Cuerno de África”,no
era una carrera para recaudar fondos, sino una actividad que tenía como
finalidad la concienciación de la ciudadanía ante un problema que padecen
millones de personas.
En otro
momento se refirió a la dureza de algunas de las etapas realizadas, sobre
todo cuando la climatología adversa fue compañera de viaje, que se superó
con el apoyo, el compañerismo y la actitud solidaria de quienes participaron
en esta iniciativa e, incluso, con los recibimientos en los distintos
ayuntamientos, destacando Tui donde los escolares, además de la Corporación,
recibieron a los corredores.
Comienza en
diciembre una segunda fase de este proyecto que pretende transmitir y
potenciar la solidaridad, la esperanza, la ilusión y el compañerismo, y que
se prolongará durante los meses de enero y febrero, Se trata de trasladar
esta experiencia, con el apoyo de medios audiovisuales e informáticos, a los
escolares de los distintos colegios de la comarca; de Pontevedra, Vigo y
Ourense. Darlo a conocer en las prisiones de A Lama y Pereiro de Aguiar, al
Proxecto Home, y a otros colectivos como Érguete o Alborada, y a centros de
educación especial, como San Xerome y Avelaíña.
Con el
objetivo conseguido, Armando Verde Moreira quiso también destacar la
experiencia enriquecedora que supuso esta iniciativa de la que siente
satisfecho.
Martes, 8 de novembro de 2011
Xa está no Miño a draga que
succionará as areas da canle do ferri
A draga para extraer os áridos da canle
do ferri xa se atopa no río río Miño onde hoxe está previsto que se inicien
as tarefas de colocación dos tubos e outras actuacións previas para
trasladar as areas que se extraian, 28 mil metros cúbicos, a unha parcela de
Costas e, posteriormente, unha vez escurridas as augas, trasladalas a unha
parcela próxima, propiedade dos pais Xesuítas, que cederon durante tres
meses este espazo para acoller os inertes ata o seu traslado a outro lugar
definitivo.
O ferri, que desde fai dúas semanas
permanece inactivo por unha avaría grave no motor, ao
parecer partiuse un colector cuxa reparación, ademais doutras pezas, e man
de obra, podería ascender a 15.000 euros, peza que debe vir de Alemaña,
aínda que mentres se está traballando sobre a deteriorada para renovar o
servizo canto antes, poderá continuar as súas viaxes aínda que a draga estea
funcionando xa que se farán compatibles as extraccións de area coas viaxes.
Está previsto que nun prazo de 48 días
laborais a operación de extracción de áridos, que realizará a empresa
Dragado y Mantenimiento de Puentes, conclúa.
Sábado, 15 de outubro de 2011