|
Venres, 3 de xullo de 2009
O Centro de
Dinamización da Guarda formou en
xuño a case 30 persoas nas Novas
Tecnoloxías
A Rede de
Dinamización da Sociedade da
Información continuou en xuño co
seu traballo decidido a prol da
inmersión da sociedade galega
nas Novas Tecnoloxías. No mes
que remata impartiu, na Guarda,
un total de 5 obradoiros
tecnolóxicos con 38 horas de
actividade, a través dos que se
formou a 28 persoas.
Cabe tamén
destacar que durante ese mes
fíxose entrega dos agasallos aos
premiados no “II Certame de
MicroRelatos da Guarda”,
iniciativa na que participaron
15 persoas.
Asemade, 24
persoas inscribíronse como
usuarios da Rede para poder
aproveitar -sempre de xeito
gratuíto- as instalacións e
todas as iniciativas que se
ofertan nas horas de aula
aberta, que foi utilizada nun
total de 301 ocasións.
En canto aos
números xerais da Rede, desde
que botara a andar na Guarda, en
xaneiro de 2007, foron xa 507 os
usuarios e usuarias que fixeron
o carné da RDSI. Neste tempo
leváronse a cabo 73 obradoiros
nos que se formaron 469
participantes.
Para inscribirse
ou para solicitar máis
información sobre as actividades
que se desenvolven na aula de
Informática os interesados poden
dirixirse ao Centro de
Dinamización da Guarda, na rua
Rosalía
de Castro 14, (Centro cultural),
chamar ao teléfono 986.611.850
ou mandar un correo electrónico
ao enderezo rubencarlos.aguarda@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.
Xoves, 2 de xullo de 2009
O San Xerome no Verán Cultural
do Rosal 2009
O “Verán Cultural”, organizado
pola Concellería de Cultura do
concello do Rosal ten
programadas diferentes
actividades dende o 4 de xullo
ata o 30 de agosto. Música,
teatro, exposicións, maxia e
cine, serán algunas das
alternativas que animarán o
verán 2009, no Auditorio
municipal e na Praza do
Calvario do concello rosaleiro.
Nesta programación, e no
apartado “Capacit@d@S”, ten unha
importante presenza o Centro San
Xerome. O dia 5 de xullo, ás
20.00 horas, proxectaráse no
Auditorio Municipal do Rosal o
documental “Cantos rodados” ,
que según o seu director Xoel
Méndez, é un canto a prol da
integración, unha mostra de
coraxe e vitalidade, un filme
adicado a todos os que loitan
por facer do noso ser algo máis
humano.
O
dia 11 de xullo, as 20.30
horas, o grupo de teatro
Xeratrium, tamén no Auditorio
municipal rosaleiro,
representará a obra “Moito ruido
e poucas noces”, baseada nunha
obra de W. Shakespeare.
O mesmo grupo de
teatro dirixido por Irene
Moreira e Alex Sobrino,
representará ao dia seguinte, o
domingo dia 12 de xullo, a obra
“Cabaré da rúa”, diferentes
números musicais de maxia, clown
e baile, onde o fio conductor é
unha rúa na que descubrimos que
os feitos cotiás poden ser
sublimes se os ollamos con
atención. Esta obra, participou
recentemente no concurso de
Educación Vial organizado pola
Dirección xeral de Tráfico,
sendo finalista do certame a
nivel estatal, e do que ainda
non se coñecen os gañadores.
Desde o San Xerome agradecen a
oportunidade que lles brinda o
concello do Rosal de amosar a
todo o Baixo Miño o traballo
realizado no centro neste
último ano.
Mércores, 1 de xullo de 2009
A Guarda honrará
con tres días de festa á Virxe
do Carme, patrona dos mariñeiros
O porto da Guarda volverá ser,
do 14 ao 17 de xullo, escenario
das festas en honor a Virxe do
Carme.
O
día 15de xullo, mércores, o
grupo de gaitas A Boalleira
recorrerá as rúas da vila
animando a xornada. Ás 22.30
horas celebrarase unha verbena
popular animada polas orquestras
“Sintonía”, de Vigo, e “Nueva
Generación”.
O
día 16, xoves, festivo local, a
Agrupación Musical da Guarda
percorrerá ás rúas principais
anunciando a festividade da
patrona dos mariñeiros. Ás once
da mañá sairá da parroquial de
Santa María a procesión da Virxe
do Carme en dirección ao porto,
onde se oficiará a Misa Solemne
cantada pola Coral da Terceira
Idade e Pensionistas da Guarda
e, tralo remate dos oficios relixiosos,
terá lugar a Ofrenda Floral aos
Náufragos, voltándose en
procesión coa imaxe á igrexa de
Santa María.
Ás
20.00 horas, celebrarase a
tradicional regata de gameliñas
e a continuación, unha nova
verbena amenizada pola orquestra
“Iris” e a banda de música
Agrupación Musical da Guarda,
porá fin a esta xornada festiva.
Os
actos en honor á Virxe do Carme
rematarán o día 17 de xullo, ás
22.30 horas, co VIII Rock
Guardés na explanada do porto.
Martes, 30 de xuño de 2009
A Rede
presenta o seu programa para
xullo dedicado á “Alfabetización
Dixital: Informática e Internet
para nenos e nenas”
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en
colaboración co concello da
Guarda, anuncia as actividades
de achegamento ás Novas
Tecnoloxías que terán lugar no
mes de xullo no CDSI da Guarda,
sito no Centro Cultural. Os
obradoiros que se van
desenvolver e as datas nas que
terán lugar son os seguintes:
“Creación dunha conta correo electrónico”: que
permitirá ao usuario crear e
xestionar a súa propia conta de
correo electrónico.
Desenvolverase de luns a
mércores, do 6 ao 15 de xullo,
de 9 a 10.30 horas.
“Alfabetización Dixital: Informática e Internet”: para
nenos e nenas en idades
comprendidas desde os 9 a 13
anos. Este obradoiro permitirá
manexar de forma básica un
computador, así como acceder a
Internet e utilizar algúns dos
recursos básicos dispoñíbeis.
Desenvolverase de luns a
mércores, do 6 ao 15 de xullo,
de 10.45 a 12.15 horas.
“Blog, participa en Internet”: actividade posta en
marcha en colaboración coa OMIX
da Guarda, para xuventude con
idade comprendida entre 13 e 15
anos e que mostrará como crear e
manter un blog. Desenvolverase
os xoves e venres (excepto o
xoves 16, por festividade
local), do 9 ao 20 de xullo, de
10 a 11.30 horas.
“Videomontaxe”: Actividade posta en marcha en
colaboración coa OMIX da Guarda,
para xuventude de 16 anos en
adiante. Ao finalizar este
obradoiro os participantes serán
capaces de crear a súa
composición audiovisual.
Desenvolverase de luns a venres,
do 21 ao 29 de xullo, de 10 a
11.30 horas.
“Memoria dos Oficios: Videomontaxe”: O usuario ou
usuaria ao finalizar este
obradoiro será capaz de elaborar
un vídeo no que narre unha
historia con imaxes, música e
voz en off. Desenvolverase de
luns a venres, do 20 ao 31 de
xullo, de 11.40 a 13.10 horas.
Asemade, está prevista a realización da charla “Redes
Sociais”, o día 31, ás 9.00
horas no CDSI da Guarda.
O prazo de inscrición para estas actividades xa esta
aberto.
Sábado, 27 de xuño de 2009
Érguete Baixo
Miño lembrou
o Día Internacional contra o Uso
Indebido e o Tráfico Ilícito de
Drogas (26 de xuño)
A Oficina das
Nacións Unidas contra a Droga e
o Delito (UNODC) encabeza a
campaña internacional de
concienciación sobre o problema
que supón as drogas para a
sociedade e especialmente para
os mozos e mozas. A campaña ten
como obxetivo mobilizar apoios e
inspirar á población para que
actúe contra o abuso e o tráfico
de drogas, xa que os efectos
destructivos das drogas nos
atañen a todos e todas.
A campaña
internacional “Controlan as
drogas a túa vida? A túa vida. A
túa comunidade. Non hai espazo
para as drogas” transmite a
mensaxe de que o consumo de
drogas perxudica ás persoas, as
familias e a sociedade no seu
conxunto, sendo os adolescentes
e a mocidade especialmente
vulnerables ao seu consumo. A
prevalencia de consumo de drogas
entre a mocidade duplica con
creces á da poboación xeral. A
presión de grupo social para
experimentar con drogas pode ser
intensa, e con frecuencia a
autoestima dos mozos e mozas é
baixa. Ademáis, quen consomen
drogas soen estar mal informados
ou non son suficientemente
conscientes do riscos que elo
conleva para a saúde.
Venres, 26 de xuño de 2009
Cubertas as
prazas do Curso de Manipulador
de Alimentos de Ábaco que
anuncia un próximo curso
A Asociación Ábaco informa que
se cubriron
as prazas do Curso de
Manipulador de Alimentos, pero
xa está aberto un novo prazo de
inscrición para asistir ao
próximo curso que se organizará
proximamente ante o grande
número de demandantes.
As datas de celebración do novo
curso se anunciarán no seu
momento.
Xoves, 25 de xuño de 2009
En Area Grande xa ondea a
Bandeira Azul, primeira que
recibe este areal

O alcalde da Guarda, José Manuel
Domínguez Freitas, e a
concelleira de Turismo,
Montserrat Magallanes Álvarez,
izaron o pasado martes, por vez
primeira, unha Bandeira Azul na
praia Area Grande, un areal que
nos últimos anos foi coñecendo
importantes melloras que
culminaron coa distinción
mencionada.
Un panel informativo facilita
aos usuarios determinadas
medidas e consellos para a
correcta utilización deste
espazo. Recolle tamén o
devandito panel referencias
visitables da localidade e
información sobre servizos, como
os horarios dos transportes
tanto con destino a Vigo como do
ferri que fai a travesía no
Miño, entre Camposancos e
Caminha.
Entre os servizos que se foron
instalando en Area Grande nos
últimos anos poden mencionarse
as duchas e os baños; a
recollida selectiva e, desde
este mesmo ano, un posto de
socorristas.
Tal como recordou o alcalde fai
uns días, desde o grupo de
Goberno, e fundamentalmente
desde as concellarías de Turismo
e Medio Ambiente, se continúa
traballando para recuperar a
Bandeira Azul da Praia do Muíño.
Hoxe, a Area Grande é a única
praia da localidade na que ondea
dito distintivo.
Luns, 22 de xuño de 2009
Contratación
laboral temporal dun Profesor de
Gaita
Aprobadas as bases para a contratación laboral temporal (10
horas semanais) para o curso
escolar 2009/2010, dun
Profesor de Gaita do
Conservatorio do Concello de A
Guarda. As bases da convocatoria
estarán a disposición dos
interesados no rexistro xeral do
Concello de A Guarda ata o 4 de
xullo de 2009 en horario de 9:00
a 13:30 horas de luns a veres e
de 10:00 a 13:00 horas os
sábados.
A titulación esixida será a de grado superior (LOXSE) ou
algunha titulación do Plan de
1966 de grado medio o día en que
remate o prazo de presentación
de instancias.
Venres, 19 de xuño de 2009
Informa:
Xosé C. González Blanco
O
Centro San Xerome presente con
Xeratrium no Centro
Cultural da Guarda, e Xerock
en ASPACE (Sada)

Día intenso o
que viviu onte o Centro San
Xerome. A primeira hora da mañá
o grupo Xerock, desplazouse á
vila de Sada para participar nun
Festival organizado pola
Asociación ASPACE de atención a
persoas con parálise cerebral, e
ás 12 do mediodía, no Centro
Cultural da Guarda, en presenza
do alcalde da vila, do
concelleiro de Tráfico do xefe
da Policía local, de
responsables da Dirección Xeral
de Tráfico e alumnos do Colexio
PP Somascos e do Centro San
Xerome, fíxose a estrea
oficial da obra “Cabaré da
rúa”, representada polo grupo
de teatro Xeratrium do Centro
San Xerome.
O obxectivo
da representación era a
participación no Concurso de
teatro sobre educación vial,
organizado pola DXT, e no que o
grupo guardés é finalista xunto
con outros seis colectivos de
teatro do Estado español. Nos
próximos días coñecerase o
veredicto do xurado presente no
Centro Cultural, e unha vez
visione o resto das obras
finalistas.
Sinopse:
A peza é un
cabaré con diferentes números:
musicais, de maxia, de clown, de
baile. . . Onde o fío conductor
é unha rúa na que descubrimos
que os feitos cotiás poden ser
sublimes se os ollamos con
atención.
Reparto:
Vagabundo:
Iván.
Obreiro-clown:
Fabio.
Obreiro-clown:
Manuel Ángel.
Capataz-forzudo: Jaime.
Mago: Pedro.
Axudante do
Mago: Rosa.
Bailarina
Tropical: Mayte.
Bailarina
Tropical: Cecilia.
“Gorrilla”-
Bailarín: Ramón.
“Gorrilla”-Bailarina: Sally.
Policía: Juan
Carlos.
Equipo
Técnico-Artístico:
Escenografía:
San Xerome.
Vestiario:
San Xerome.
Iluminación:
Álex
Espazo
Sonoro: Irene
Producción:
San Xerome e Xerpo Cultural.
Axudante de
Dirección: Moisés.
Axudante de
Producción: Nuria.
Dirección:
Irene
Xoves, 18 de xuño de 2009
Aclaración do
grupo de goberno aos escritos
difundidos por TeGa-IV que tratan
de confundir á opinión pública
Co ánimo de aclarar ante a
opinión pública os escritos
difundidos recentemente polo
portavoz de TeGa-IV acerca do
custe do teitado das vivendas
castrexas, consideramos oportuno
desde o grupo de goberno
difundir a seguinte nota:
Ben é certo que o Padroado
Municipal Monte Sta. Trega
aprobou o pasado 29 de maio unha
proposta de crédito
extraordinario co fin de
habilitar unha partida de 19.000
€ para proceder a rectificar e
teitar a vivenda Leste do
poboado castrexo. Evidentemente
a cantidade fixada non é froito
da casualidade. Como se explicou
na referida reunión a cantidade
resulta de sumar os custes de
redacción do proxecto, control
arqueolóxico e execución da
obra. Como seguramente coñece a
opinión pública, as actuacións
nun xacemento arqueolóxico
declarado Ben de Interese
Cultural debe contar cun
proxecto aprobado pola
Consellería de Cultura e esta
require, segundo sexa o tipo de
actuación ou o lugar da
intervención, que esta sexa
supervisada por arqueólogos e
realizadas por empresas
autorizadas. Demagoxicamente o
portavoz de TeGa-IV reclama que
as obras de teitado as realicen
construtores locais cando estes,
seguramente que sendo máis ca
competentes para realizalas con
acerto, pode que non cumpran cos
requisitos esixidos pola
Consellería de Cultura.
O custe do teitado da vivenda
Norte (como é coñecido
realizouse o pasado verán)
supuxo para o Concello -que non
para o Padroado- un gasto de
10.900.05 €. A factura
non foi maior porque gracias ás
xestións realizadas polo grupo
de goberno e á colaboración da
Dirección Xeral de Patrimonio
foi esta quen correu cos gastos
de realización do proxecto e do
control arqueolóxico. O proxecto
realizado por un arqueólogo e a
intervención levouna a cabo unha
empresa autorizada pola
Consellería.
Para presupostar o teitado da
vivenda Leste que nos gustaría
levar a cabo proximamente é
evidente que debemos incluír
tanto os gastos de execución
como os de redacción e
seguimento do proxecto posto que
polo de agora non temos
compromisos en firme doutros
organismos que nos poidan
axudar. Ademais dos 12.880,87€
de execución incluímos no
orzamento a cantidade restante,
en concreto 4.176 € para
redacción do proxecto e control
arqueolóxico. Consideramos
oportuno para evitar problemas
que poidan xurdir durante a
execución -no teitado da vivenda
Norte o pasado verán houbo que
incrementar uns 40 cm de altura
a vivenda para que o teito do
vestíbulo alcanzase uns mínimos
porcentaxes de inclinación-
incluír na partida posibles
imprevistos, uns 2.000 €. O
total suma os 19.000 €, a
cantidade presupostada (que
non gastada) para acometer
unha actuación de interese para
a conservación do xacemento e
que foi aprobado por
unanimidade no Padroado na
reunión referida do 29 de maio.
Incluído o voto favorable de
TeGa-IV. Non parece certa a
afirmación realizada noutro dos
escritos de que as explicacións
dadas no Padroado non
convenceron a ninguén: o
representante de TG votou a
favor. É tan responsable como os
demais por moito que no pleno
ordinario decidise votar en
contra por non ter un proxecto
que agardamos sexa a propia
Dirección Xeral quen se encargue
da súa redacción tal como
sucedeu co teitado da vivenda
Norte.
A xeito de conclusión; con estas
aclaración pretendemos deixar
ben claro ante a opinión
publica, cando menos que:
1º.- O custe da vivenda Norte
supuxo para o Concello da Guarda
10.950, 05€. Nin un
céntimo máis nin menos. Non os
19.000 que se pretenden facer
crer á opinión pública por parte
da TeGa-IV.
2º.- Presupostáronse 19.000 €
para acometer o teitado da
vivenda Leste. Que se
presupostasen non quere dicir
nin que se gastasen
nin que se vaian a gastar nesta
intervención. Afirmar que se
gastou esta cantidade no teitado
da vivenda Norte é faltar á
verdade.
3.- Se non está aprobada unha
partida para acometer o
teitado da vivenda Leste,
malamente pode encargarse o
proxecto. Se este é
elaborado con cargo ós fondos do
Padroado, o proxecto estará a
disposición de todos os seus
membros. Pero antes de
encargalo, hai que pensar con
que se vai a pagar. E así o
vemos todos no Padroado e case
todos no Pleno do Concello.
Mércores, 17 de xuño de 2009
Agradecemento, do
alcalde, a tódalas persoas que
fixeron posible as alfombras
florais
Un ano máis,
e grazas á vosa dedicación e
esforzo, as rúas da nosa vila
engalanáronse o domingo
ofrecendo aos ollos de milleiros
de persoas un marabilloso
espectáculo de cor e formas.
Quero, en
nome propio e no de toda a
Corporación Municipal, agradecer
tanto traballo. O que tanto loce
un día é froito de moitísimos
días e de moitísimas noites de
tarefa continuada.
Non é nada
novo, pero non quero deixar de
apuntalo, que o comentario
xeneralizado foi que tódalas
alfombras eran moi fermosas. Só
me resta pedirvos que
continuedes moito tempo con esta
tradición.
Grazas por
facer que A Guarda sexa aínda
máis coñecida e recoñecida.
A Guarda, 15 de xuño de 2009
O Alcalde
José Manuel Domínguez Freitas
Martes, 16 de xuño de 2009
A Concellaría de Turismo
presentará, o día 19, a XIX
Festa da Lagosta e da Cociña
Mariñeira
A Concellería de Turismo
presentará o venres, día 19 ás
19.30horas nos xardíns do Centro
Cultural, se o tempo o permite,
en caso contrario será no
interior, a XIX Festa da
Lagosta e da Cociña Mariñeira
que se celebrará no porto da
Guarda os días 4 e 5 de xullo.
Como en anos anteriores esta
presentación servirá para dar a
coñecer a amplia oferta de
pratos elaborados polos
restaurantes que participan
nesta nova edición dos que se
poderá ver unha mostra durante a
presentación. Tamén se dará a
coñecer o programa da festa, así
como as novas actividades que
fomentarán o ocio e o
entretemento ao redor desta cita
gastronómica.
Sábado, 13 de xuño de 2009
Breogán Álvarez, fillo do poeta
Koki e de Lola correu en Nova
Iorque

O corredor
Breogan Álvarez, guardés-tomiñés
residente en Nova Iorque, acadou
o terceiro posto, a 26 segundos
do gañador, na crono de Bear
Mountain en Nova York.
Breogán sigue
a afección de seu pai que
practicou o ciclismo na comarca
do Baixo Miño.
Xoves, 11 de xuño de 2009
Contratación
laboral temporal de dous
auxiliares de Policía local
durante a tempada estival (3
meses) no concello da Guarda
O concello da Guarda contratará, durante tres
meses, a dous auxiliares de
Policía Local que reunirán, como
requisitos mínimos esixidos o
posuír o título de Graduado
Escolar e Curso Básico de
auxiliar de Policía Local en
vigor.
As bases da convocatoria están a disposición dos interesados
no rexistro do Concello en
horario de 9.00 a 14.00 horas de
luns a venres, e de 10.00 a
13.00 horas o sábado, podendo
consultarse ata o 20 de xuño,
data na que remata o prazo para
a presentación de instancias.
(Ver
Bases completas)
A
segunda parte da exposición A
Memoria do Mar chega á
Guarda
A
Confraría de Pescadores da
Guarda acollerá desde hoxe a
segunda volta da exposición A
Memoria do Mar, tralo éxito
obtido coa primeira mostra. O
Museo do Mar de Galicia achega
agora o bloque temático Cos
pés no mar, diferente de
O Mar Mirado, amosado en
febreiro.
Posteriormente, Cos pés no
mar continuará percorrendo
Galicia durante todo o ano ata
completar as 25 poboacións xa
visitadas. A mostra, que conta
con máis de 50 imaxes de 20x25,
permanecerá aberta ata o día 21
de xuño.
A
exposición
O obxectivo
de A Memoria do Mar é
reunir unha grande base de
fotografías persoais de centos
de mariñeiros e as súas
familias, espalladas por todo o
litoral galego. Así,
recolléronse 4.000 imaxes
procedentes de máis de 200
doantes en 25 localidades da
costa. Os técnicos do proxecto
percorreron durante meses as
confrarías galegas, onde
mariñeiros e familiares de
mariñeiros achegáronlles miles
de imaxes que foron escaneadas a
alta resolución, para ser
devoltas aos doantes xunto cunha
copia en disco como agallaso.
Contabilizouse unha media de 157
fotos por localidade, unha
cantidade tan grande de material
que obrigou a súa clasificación
posterior por bloques temáticos
e a facer copias a baixa
resolución para poderen ser
subidas a web.
Os bloques
temáticos son os seguintes:
Cos pés no mar, Do areal
ao peirao e O Mar Mirado,
sendo agora o primeiro deles o
que se expoñe na Guarda, e en
poucos meses mostraranse o
terceiro.
Cos pés no
mar céntrase en imaxes da
beiramar como espazo fronteira,
como límite entre dous mundos -a
terra e a mar-, como eixo
central na vida e no tránsito
dos pobos costeiros galegos.
Barcos que chegan, descargas de
peixe, peixeiras, redeiras,
reparto de quiñón entre os
mariñeiros e tránsito de xentes.
Reflicte a intensa actividade
dos peiraos, o dinamismo do
mundo da pesca, a vitalidade na
ribeira das vilas.
A web
www.memoriadomar.com
Para o
proxecto de A Memoria do Mar
elaborouse tamén unha web na
que, a parte das imaxes expostas
en A Guarda, pódense consultar
máis de 4.000 fotografías.
Deseñouse especialmente para o
manexo dese material, dotándoa
dun potente motor de búsqueda
gráfica. A súa sixela interfaz
permite identificar e situar
rápidante a imaxe (autor, data,
propiedade, localización
xeográfica), unha descrición
física do documento (tipo, ton,
disposición, soporte) e mesmo
situala no seu contexto con
arquivos sonoros e outras
documentacións. Na web, noutras
palabras, está todo o traballo
de A Memoria do Mar, apto
para ser consultado coma
instrumento de lecer ou mesmo de
documentación e estudo.
O libro
Finalmente,
unha terceira dimensión do
traballo correspondeu ao libro
O futuro era inmenso. Memoria
e fotografías dun tempo en
Terranova. É un volume
editado polo Museo do Mar,
froito do descobrimento, durante
a realización do traballo, do
material fotográfico de José
Rodríguez, tomado durante as
súas mareas, durante os anos
cincoenta, nos Grandes Bancos de
Terranova.
|