galiciasuroeste                                                                            optimizado para 800x600  

          Volver

Distribuidor oficial

986 610855 A Guarda

OFERTAS
MARZO

PORTABILIDAD

A CONTRATO MOVISTAR  (MAXIAPOYO)

PORTABILIDAD A PREPAGO MOVISTAR

Cámbiate a Movistar y elige uno de estos teléfonos:

MIGRACION (MAXIAPOYO)

Pásate a un contrato Movistar y elige uno de estos terminales:

ALTA

Si contratas una línea, puedes elegir uno de estos terminales:

(Cuota conexión primera línea: 21,03€ impuesto indirectos no incluidos)

PREPAGO

Elige ya tu nuevo teléfono de tarjeta, hasta 100 € en llamadas:

TERMINALES LIBRES

Consulta la oferta en telefonía libre:

ACCESORIOS

Ahora con estos manos libres, ya no tendrás que soltar las manos del volante:

TELEFONÍA FIJA

Contrata gratis el Dúo Kit ADSL hasta el 24 de Marzo de 2008 y disfruta de la primera cuota gratis.

Ø  Nuevo Dúo Kit ADSL 1Mb + llamadas, por tan sólo 29,90€ al mes, con Router Monopuerto gratis (Router Multipuesto Wifi por 34,95 €)

Ø   Dúo Kit ADSL 3Mb + llamadas+ Pack Antivirus Kaspersky por 40,90€ al mes, con Router Monopuerto gratis (Router Multipuesto Wifi por 34,95 €)

(Impuesto indirectos no incluidos)

 

ABRIMOS SÁBADOS TODO O DÍA

Zapatos de señora, ata o número 43

Zapatos de home, ata o número 50

Para maior comodidade, utilice a súa tarxeta

Sábado, 10 de maio de 2008

A auga da Fonte da Cal é potable a de Buxán, tamén é apta, segundo revelan as últimas analíticas

Unha das principais preocupacións e prioridades que ten a Concellería de Servizos é a de garantir que a auga que consome a poboación guardesa reúna tódalas candicións de potabilidade e sexa segura para a saúde. Por iso, engaden desde a mencionada Concellaría, ademais dos controis exhautivos que se levan a cabo coa auga da traída municipal, tamén se fan analíticas das fontes públicas.

Probablemente a fonte máis usada pola cidadanía guardesa para coller auga sexa a Fonte da Cal que, como era sabido non era potable nos últimos meses. Grazas aos traballos que se levaron a cabo no propio manancial da fonte, coñecido como Mina dos Paxaros, así como na canalización dende a mina ata a mesma fonte, hoxe desde a Concellaría de Servizos aseguran que a auga da Fonte da Cal é potable e reúne tódalas condicións esixibles para que sexa apta para o consumo.

Outra fontes

Hai outras tres fontes, ademais da da Cal, que teñen auga de total garantía e potabilidade: a de Pintán, a do Torroso (diante da Casa de Montes de Salcidos) e a da Praza de Buxán, que se incorpora ás potables despois das últimas analíticas.

Outras fontes, como as da Piollosa, A Marina e Fedorento teñen augas non potables para o consumo humán.

O concello seguirá informando sobre a potabilidade das augas das súas fontes coa pretensión de garantir a saúde dos cidadáns e seguirá traballando para recuperar, nas fontes onde sexa posible, a potabilidade das augas.

 

Obradoiro afectivo-sexual: unha enriquecedora experiencia

Algúns dos alumnos que participaron no obradoiro xunto coa Educadora

  

A asociación Érguete Baixo Miño vén de rematar unha novidosa experiencia no IES de Tomiño posta en marcha neste curso académico. Trátase do obradoiro de Educación afectivo-sexual destinado ao 4º curso da ESO no que participaron 100 alumnos. Durante o curso centráronse no recoñecemento de distintos termos que en xeral poden confundirse, non só entre os mozos, senón tamén nos adultos. Os mitos referidos á sexualidade, formaron parte dos contidos traballados, así como se profundizou no nivel emocional e afectivo dos alumnos, sen dúbida un dos campos máis esquecidos cando é un piar básico no seu desenvolvemento persoal.

Avaliando o obradoiro, desde Érguete constatan a necesidade de tratar máis a fondo este tema en vindeiros anos, así como aqueles temas relacionados coa faceta afectivo-sexual que están sendo demandados polos centros educativos.

O obradoiro afectivo-sexual estase a desenvolver, tamén, no IES A Sangriña esperando que os resultados sexan igual de positivos.

Na vindeira semana Érguete Baixo Miño desenvolverá un Obradoiro sobre drogas no CPI Manuel Suárez Marquier, no Rosal dirixido a escolares de 3º e 4º da ESO, cuxos obxectivos son a análise crítica dos alumnos en canto á percepción de riscos no consumo de drogas así como o achegamento aos seus propios puntos de vista.

 

 

Venres, 9 de maio de 2008

O libro “Antes y ahora” que se pode mercar nas librarías Ler, Cervantes e Atlántica suscita o interese dos guardeses

O libro “Antes y ahora”, de Emilio Rolán Mosquera, que se pode adquirir nas librarías Ler, Cervantes e Atlántica, da Guarda, estase a converter nunha publicación demandada polos guardeses que atopan nas súas páxinas a experiencia propia dos anos da nenez.

Aínda que o autor dirixía o libro, fundamentalmente, aos máis mozos, representados polos seus netos Eric e Carlos aos que dedica o libro, para que comparasen as formas de vida de hai medio século coas de agora mesmo, o certo é que “Antes y ahora” interesa máis aos maiores que se senten protagonistas da experiencia contada por Emilio Rolán.

Cando alguén morría, conta por exemplo Rolán Mosquera, “todos los familiares próximos se ponían ropa negra y se mantenían vistiendo ese color durante mucho tiempo. Por ejemplo, por un padre o por un hermano, el luto era de dos años”. “Los hombres (...) ponían un brazalete negro en un brazo, como una banda, si era por un familiar muy cercano, o una pequeña tirita negra en la solapa, si se trataba de un familiar de segunda línea”.

            Se era unha muller quen quedaba viúva, “el futuro era la eterna viudez: luto riguroso durante varios años, vestir de negro, y no podía salir, ir a las fiestas, mezclarse con grupos de personas o relacionarse con otros hombres. Aunque tuviera treinta años, la viuda quedaba aislada, y cualquier cosa que hiciese, sería criticada por todos, que la considerarían como una mujer descocada, indecente, casi una furcia si llegase a intentar relacionarse con un hombre”.

            Rolán fai, a través das algo máis de 190 páxinas de “Antes y ahora” o retrato dos costumes dunha vila como a da Guarda e remora personaxes que tamén formaron parte da historia local.

 

María José Baz invitada a cantar no Centro Cultural Caixanova

            Mañá, sábado, vaise celebrar na sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova, un recital poético-musical no que vai participar a cantautora guardesa María José Baz, invitada pólo presidente do grupo “Brétema”.

            María José, directora dos grupos de guitarra “Antorcha” e “Algarabía” interpretará duas composicións acompañándose á guitarra: “Marinero, marinero”, con letra de Estrella Velasco e música de María José Baz, e “Amor de medianoche”, de Cecília.

            O acto forma parte da programación que leva por título “Tiempos para soñar”.

 

Xoves, 8 de maio de 2008

Cine na Guarda para conmemorar o Día Internacional do Libro e o Día dás Letras Galegas

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda, que depende da Concellaría de Cultura que dirixe Antonio Lomba Baz, continúa ofrecendo o ciclo “Letras de Cine” con gallo da celebración do Día Internacional do Libro e o Día dás Letras Galegas. Mañá chegará á pantalla do Centro Cultural “O lapis do carpinteiro”, dirixida por Antón Reixa e baseada na novela homónima de Manuel Rivas. O 23 de maio pechará este ciclo, que xa se iniciou en abril, “A lingua dás bolboretas”, dirixida por José Luís Corda con argumento dos contos "A lingua dás bolboretas", "Carmiña" e "Un saxo na néboa", contados no libro “Que me queres, amor?”, de Manuel Rivas.

O obxectivo deste ciclo é promocionar o cine e a lectura en galego. As catro películas estarán a disposición de todas as persoas que o desexen na Biblioteca Pública Municipal da Guarda despois da a súa proxección.

 

Mércores, 7 de maio de 2008

Concentración en defensa del sector pesquero hoy a las 12 del mediodía frente a la Consellería de Pesca, en Santiago de Compostela

La Plataforma en Defensa del Sector Pesquero, de la que forma parte, entre otras organizaciones, Espaderos Guardeses, se concentrará hoy, a las doce del mediodía en las inmediaciones de la Consellería de Pesca, en Santiago de Compostela.

Los motivos que llevan a esta convocatoria, vienen determinados por la crisis que sufre el sector pesquero. Una crisis radicalmente agravada por el incremento en el coste de los combustibles, y que se ve igualmente empeorada por el aumento incontrolado de las importaciones de dudoso origen. Todo ello, junto con la situación de bajos precios de primera venta, que están situando a las empresas del sector en una situación de crisis, sin precedentes.

Muchas de las empresas se verán obligadas a cerrar, perdiéndose miles de puestos de trabajo. Desde la Plataforma se pretende que las Administraciones Públicas adopten cuantas medidas sean necesarias para salvar el sector, y garantizar su supervivencia.

 

Martes, 6 de maio de 2008

Desde o 12 de maio abrirase o prazo para solicitar prazas para a Campaña de Outono do Programa Diurno de Balnearios

O Departamento de Servizos Sociais do concello da Guarda, informa que o próximo día 12, e ata ó 23 de maio, abrirase o prazo para solicitar prazas para a Campaña de Outono do Programa Diúrno de Balnearios,  organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

O programa consiste en pasar cinco tardes ou mañás seguidas (de luns a venres),  nun Balneario da nosa provincia, pertencente á Federación Galega de Balnearios. A actividade desenvolverase entre os meses de setembro, outubro e novembro. Os turnos de mañá dependerán da disponibilidade dos Balnearios.

Destinatarios e requisitos

Poderán acceder ao programa tódalas persoas que reúnan os requisitos que a continuación se relacionan: Persoas a partir de 50 años; Os Pensionistas; Aquelas persoas que mediante un informe da Traballadora Social do concello, se estime convinte, entendéndose como unha situación de respiro familiar.

É requisito indispensable, non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía persoal para participar nel.

 

Luns, 5 de maio de 2008

Con fondos do PRODER estase a construír na Portela (Salcidos) unha pista polideportiva e unha zona recreativa infantil

Hai aproximadamente un mes que comezaron as obras de construcción dunha pista polideportiva e dun parque na zona da Portela, en Salcidos, cun investimento de preto de 80.000 euros, financiados con fondos europeos, dentro do programa PRODER, e tamén coa aportación de propio concello da Guarda.

            A pista polideportiva irá cuberta de céspede artificial con rego incluído, e o parque contempla mobiliario para os máis miúdos e zonas de sombra, ao respectarse os loureiros existentes, para os adultos.

            A iniciativa enmárcase dentro do programa que o grupo de goberno pretende levar adiante e que ten como obxectivo atender as infraestruturas de deporte e lecer en todas as parroquias. Con estas actuacións e coa remodelación da Praza de Salcidos que vai acometer a actual Escola Obradoiro, esta parroquia da Guarda, Salcidos, contará en breve cunhas axeitadas instalacións, tanto no eido deportivo como no de ocio.

            Na mesma parroquia de Salcidos a Consellaría de Medio Ambiente está a levar a cabo as obras de construcción da senda peonil desde as inmediacións do Observatorio da Regueira Ancha ata o remate da pista asfaltada da igrexa de San Lorenzo, que vai acompañada de cortes transversais de adoquíns para reducir a velocidade dos vehículos.

 

Sábado, 3 de maio de 2008

Manifestación  Santiago de Compostela de la Plataforma para la Defensa del Sector Pesquero

La Plataforma para la Defensa del Sector Pesquero pide al pueblo de A Guarda su apoyo activo para la supervivencia del sector y de los puestos de trabajo que se generan.

Todos aquellos que quieran apoyar y acudir a la manifestación del próximo 7 de mayo, a las 12.00 horas en Santiago de Compostela, deberán ponerse en contacto con el coordinador llamando al teléfono 986-61-25-15.

Desde Espaderos Guardeses, en nombre de la Plataforma para la Defensa del Sector Pesquero, agradecen el apoyo a quienes se sumen a esta convocatoria.

(Ampliar esta información)

 

Mércores, 30 de abril de 2008

Conferencia sobre o Traxe Galego, o sábado, no Centro Cultural

            O vindeiro sábado, 3 de maio, vai ter lugar no Centro Cultural unha conferencia, organizada pola Asociación Recuperación Traxe Galego da Guarda, impartida por Xoana Pintos Barral, coincidindo coa inauguración da exposición de Traxes Galegos que se poderá visitar na Sala de Exposición do Centro Cultural.

            A conferencia dará comezo ás 20.00 horas

 

Martes, 29 de abril de 2008

En la campaña del Día de la Madre, Ábaco sortea 1.400 prácticos cuelga bolsos

Con motivo de la celebración del 'Dia de la Madre", el próximo 4 de mayo, la Asociación de Comerciantes 'Ábaco' de A Guarda, realizará una campaña de promoción del comercio, que comenzó ayer, y se prolongará hasta el mencionado 4 de mayo.

En esta campaña, participan la totalidad de los asociados de Ábaco, de forma gratuita, ofreciendo a sus clientes la participación en un sorteo directo, mediante la extracción de un Rasca donde las afortunadas obtendrán como premio un práctico Cuelga bolsos.

Un total de 1.400 cuelga bolsos serán los que repartan los comerciantes y empresarios de A Guarda y O Rosal, entre sus clientas afortunados.

La Junta Directiva, tras un estudio detallado para esta campaña, optó por este objeto, ya que para las mujeres es muy practico, sobre todo cuando van a una cafetería o restaurante y no tienen donde colocar su bolso.

Para ello, entregará a todos sus asociados los Cuelga bolsos con el fin de ofrecerselos a los clientas que realicen sus compras o consumiciones en los establecimientos asociados a "Ábaco".

 

Sábado, 26 de abril de 2008

“Na Revolta”, grupo folk guardés que hoxe gravará un directo no Centro Cultural da Guarda

            O Centro Cultural da Guarda convertirase, hoxe, na sala de gravación do grupo Na Revolta, unha formación creada na Guarda en 2001.

“Na Revolta” quere aproveitar o concerto que vai ofrecer, como despedida dun dos seus integrantes, Xurxo Vicente Ameal (gaita, acordeón, percusión), que vai residir un tempo en Irlanda, para arquivar a música que xunto con este músico levan facendo desde hai sete anos. Será un concerto aberto ao público con hora de comezo ás 20.30.

            Elena, unha das integrantes do grupo, conta que a gravación do concerto ía ser unha sorpresa que lle reservaban a Xurxo, pero foi un secreto a voces, que deixou de selo. E di, tamén, Elena, que esperan que a marcha deste gaiteiro sexa temporal, que en pouco tempo, decidan tanto el como a súa noiva, que xa se atopa traballando en Irlanda, regresar, porque, engade con certa emoción, Xurxo procede do grupo de onde saíron case a totalidade dos compoñentes de Na Revolta, “Semente Nova” de María Asunción, onde sendo aínda cativiños continuaron, logo de iniciarse algúns deles co gaitero Pepe Flores, a súa formación tocando a gaita e bailando. De “Semente Nova”, lembra con certa nostalxia Elena, veñen catro dos seis integrantes de “Na Revolta”: Xurxo, Miguel, Iván e Elena, así que as raíces da amizade están moi fondas.

            Pero tamén a nivel musical a marcha de Xurxo, pensa Elena, vaise notar, pois xunto con Iván, o outro gaiteiro experimentado de “Na Revolta”, había unha complicidade musical que será difícil artellar de novo.

            “Na Revolta”, pois, estará hoxe no Centro Cultural da Guarda. Será a partires das 20.30 horas cando suban ao escenario Xurxo, Diego, Elena, Miguel, Silvia e Iván, con música en directo e gravación, tamén en directo.

            Para quen queira saber máis desta formación, poden acudir a páxina http://www.narevolta.mihost.eu/index.php/personal/Na-Revolta.html

 

O BNG solicita que se cumpra o acordo plenario de empedrar o camiño de Brandián en Camposancos

      Por medio dun escrito presentado no concello da Guarda, o BNG insta ao grupo de goberno a executar o acordo plenario adoptado en setembro do 2003 polo que se debe empedrar o camiño de Brandián sito en Camposancos. Este camiño é transitado por moitos veciños como aceso peonil á praia e pola súa tipoloxía sería un itinerario ideal para pasear e andar en bicicleta. Todo isto sen menoscabar o dereito dos veciños a ter un acceso digno para ás súas vivendas.

      Segundo o BNG as obras de pavimentación que se levaron acabo hai días incumpren o acordo plenario de empedrar o camiño que foi aprobado por unanimidade e amplamente xustificado polo daquela portavoz socialista e hoxe alcalde da Guarda. Hai que lembrar que o BNG presentou a moción no momento en que se estaban a facer obras de saneamento que remataron no pavimentado en formigón da parte alta do camiño. Hoxe o actual grupo de goberno actúa do mesmo xeito.

      O BNG advirte que as obras de formigonado que se acaban de realizar poderían hipotecar o futuro empedrado do camiño de Brandián, por iso solicitou que non se fixera ningunha actuación máis no camiño que non pase polo empedrado do mesmo.

 

Manifestación  de los pescadores por la crisis que padecen derivada de los precios del combustible y el escaso valor de las capturas

Los armadores integrados en Espaderos Guardeses estuvieron presentes, el pasado 19 de abril, en la  Asamblea en la que se decidió iniciar una serie de actuaciones que comenzarán con la convocatoria de una gran concentración de pescadores el próximo 7 de  mayo de 2008 en  Santiago de Compostela,  en San Cayetano, a las 12.00 horas.

Así mismo Espaderos Guardeses acordaron integrarase en la plataforma en defensa del Sector pesquero, donde actuarán 9 coordinadores por puertos. Una vez más reiteraron que es una plataforma abierta integrada en estos momentos por 9 puertos, pero esperan que se sumen otros  puertos de todo el estado.

Espaderos Guardeses recuerdan que los motivos que llevan a celebrar esta concentración vienen determinados por la crisis que sufre el sector pesquero, específicamente derivado del incremento en el coste del combustible; los derivados del incremento en las importaciones de dudoso origen, y los bajos precios de primera venta, que están situando a las empresas del sector en una clara situación de crisis sin precedentes.

           Por todo ello los armadores  integrados en Espaderos Guardeses quiere animar a todas aquellas empresas y trabajadores relacionadas directamente o indirectamente con el sector pesquero, y por tanto implicadas en esta crisis, a que apoyen esta primera concentración en defensa del sector pesquero.

Con independencia  de  la Asociación a la que pertenece cada armador, al sindicato al que esté afiliado cada trabajador y la tendencia política de cada persona, somos un sector en crisis, que pedimos se conozca nuestro problema y se busquen soluciones.

 

Venres, 25 de abril de 2008

O concello da Guarda coñecerá en maio se a Praia do Muíño volverá ter Bandeira Azul

            O concello da Guarda xestiona desde a xaneiro, e diante dos organismos competentes, a concesión de Bandeira Azul para as praias fluviais de Camposancos, concretamente, a praia do Muíño na que ondeou nos anos 2005 e 2006.

            A concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, non o ve fácil sobre todo porque cando se retira a Bandeira Azul as dificultades semellan ser maiores para recuperala, cando menos no ano seguinte. Aínda así insiste en que desde a institución local fixéronse todos os esforzos para procurala de novo, e se presentou a solicitude diante de ADEAC, Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor.

            A selección nacional para outorgar a Bandeira Azul está xa realizada, aínda que os resultados non  son públicos, e será agora o xurado internacional quen decida as praias nas que ondeará a enseña de calidade ambiental, algo que se coñecerá en maio.

            Magallanes Álvarez explica que cando se denegou este galardón o pasado ano, o primeiro que fixeron foi coñecer que razóns impediron a concesión, en 2007, da Bandeira para poñer as solucións idóneas e salvar as eivas detectadas por ADEAC.

            Entre esas razóns, estaban deficiencias en materia de salvamento e socorrismo, algo que se correxiu o pasado ano aumentando o balizamento, e incluso, aínda que a Bandeira Azul se pide para a Praia do Muíño, tamén se ampliou o socorrismo á praia contigua da Lamiña.

            Mellorouse tamén a información respecto tanto do que é a Bandeira Azul, como da propia praia do Muíño, e engade a concelleira de Turismo, que se realizaron actividades pensando en incorporalas no expediente a presentar en 2008, ademais de construír unha nova pasarela para facilitar o acceso ao areal, e se mellorou coa limpeza manual da praia e a separación de residuos.

Colaboración doutros colectivos

            No ámbito ambiental, o concello da Guarda aportou, como apoio á solicitude, o traballo realizado por ANABAM en materia de conservación da píllara papuda; a actividade realizada desde o IES A Sangriña, incluído na Axenda 21, centrada neste entorno, e as actividades desenvolvidas por Érguete co Concurso de Figuras na Area.

            Montserrat Magallanes adiantou que o concello da Guarda, asumiu o compromiso de levar a cabo como mínimo cinco actuacións na praia, unhas relacionadas coa divulgación da Bandeira Azul e outras vinculadas tanto coa praia e as súas características como coa natureza e a conservación da praia e a calidade das augas.

 

Xoves, 24 de abril de 2008

Teresa Galdó, a última telefonista de Camposancos, cumpriu onte 102 anos

    Nada o 23 de abril do ano 1906, Teresa Galdó, natural da Guarda, pero que na actualidade vive en Tui na Residencia Paz y Bien cumpriu onte 102 anos en perfectas condicións.

        Na Radio Municipal de Tui contaba coma está, e a súa voz dende logo trasmite moita vitalidade.

    Explicaba tamén esta centenaria coma ía pasar o día de cumpreanos, sobre todo compartindo cos seus compañeiros de Residencia na que está encantada.

    Teresa Galdó é unha testemuña viva do século XX. Ela foi a última telefonista da parroquia de Camposancos na Guarda, e ten lembranzas moi directas co Campo de Refuxiados que alí había

    Moitas felicidades para Teresa Galdón.

 

Mércores, 23 de abril de 2008

O contacontos Benito Guerreiro visitará varios colexios  da comarca

     Este xoves o contacontos Benito Guerreiro fará unha pequena ruta na súa bicicleta visitando varios centros educativos da comarca.

     O inicio desta ruta será a Praza do Reló do concello da Guarda, ás 10.30 da mañá, poñendo rumbo ao colexio de Solanas onde ten previsto actuar ás 10.45 horas. Nada máis finalizar emprenderá camiño á escola unitaria de Pías onde ten previsto chegar en torno ás 11.45 horas.

      A escola de Pías ten, para Benito, un significado especial porque foi onde estudou de neno, cando a unitaria coñecíase como Escola Unitaria de Niñas de Pías. E aquí contará un conto aos rapaces e gravaranse unhas imaxes que pasarán a formar parte dun documental que sobre as aventuras de Benito vaise estrenar o vindeiro outono.

      Nada máis finalizar este encontro en Pías, pedaleará ata a escola unitaria da Gándara, onde estará ás 12.30 horas cos escolares, no só desta unitaria, senón tamén de Camposancos e Cividáns.

           Para esta xornada de contos Benito elexiu un conto popular “O Tío Lobo” ao que fará unha pequena adaptación.

      Este pequeno ciclo de contos continuará o próximo martes, día 29, no colexio de Solanas onde pasará a mañá contando contos aos alumnos deste centro.

     Estas serán as actividades coas que este contacontos inicia a súa tempada de actuación ao largo e ancho de toda Galicia. Actuacións das que informará puntualmente na súa web www.avoltascoscontos.com

 

Luns, 21 de abril de 2008

Exposición de debuxo e escultura do rosaleiro Julio Martínez Martínez

O Departamento de Cultura do concello da Guarda informa que desde hoxe, luns, e ata o 30 de abril, pódese visitar no Centro Cultural a exposición de escultura e debuxo do artista rosaleiro Julio Martínez Martínez.

Nesta mostra que vai ser inaugurará hoxe, ás 20.30 horas, poderanse ver obras como a "Cabeza de Cleopatra", "S. Antonio" e "Muller loitadora" por citar só tres exemplos que leva ao Centro Cultural Julio Martínez.

O horario da exposición, de luns a venres, será polas mañás de 10.00h a 13.00 horas, e pola tarde de 17.00h a 20.00h. Os sábados a apertura da sala de exposicións será en horairo de mañá, de 10.00 a 13.00 horas.