|
Venres, 26 de xuño de 2009 Festival Fin de Curso da Escola de Música da Banda Unión Musical de Mougás O próximo martes, 30 de xuño, a partires das 20.00 horas a "Escola de Música" da Banda Unión Musical de Mougás celebrará o Festival de Fin de Curso no salón de actos da Casa da Cultura de Mougás. Os alumnos tocarán: frauta doce, frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompeta, trombón, tuba e percusión, acompañados todos eles polos seus respectivos profesores. Con este festival clausúrase o curso 2008/09 que volverá a iniciarse o 1 de setembro. O Festival Fin de Curso da "Escola de Música" da Banda Unión Musical de Mougás está aberto a todo o público en xeral, ao que se lle recorda que poden sumarse a este proxecto musical e inscribirse na escola de música para o curso 2009/10 ao longo do verán. Para máis información o clarexar dúbidas, os interesados poden acudir á Casa de Cultura ou contactar directamente ca dirección da Escola de Música.
Sábado, 6 de xuño de 2009 Curro de Torroña Esta fin de semana celébrase o segundo curro da temporada en Oia. En concreto vai ter lugar en Torroña o domingo.
Luns, 11 de maio de 2009 Segundo o Bloque, o alcalde de Oia atenta contra o “Camiño Portugués” despois de solicitar a súa protección e recoñecemento O BNG considera que o goberno de Oia non ten un proxecto de futuro para o Concello e actúa por impulsos e sen ideas claras co único obxectivo de figurar nos medios de comunicación. A última mostra desta xeito de gobernar é que primeiro solicitan a Xunta o recoñecemento para o “Camiño Portugués” e despois meten as máquinas nas obras de saneamento financiadas polo Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL), que discurren sobre o “Camiño Portugués” malia a reciber o informe desfavorable da Comisión de Patrimonio de marzo de 2009. No mes de xaneiro de 2009, recordan os nacionalistas, varios concellos da zona (A Guarda, Nigrán, Baiona e Oia) xunto con 5 portugueses, solicitaran á Xunta o recoñecemento do trazado do “Camiño Portugués da Costa a Santiago”, na chamada pola prensa “Declaración de Oia”. O 6 de marzo de 2009 a Comisión Provincial de Patrimonio informa desfavorablemente, “xa que o saneamento se instalaría sobre un camiño histórico que posúe treitos empedrados e está beireado con valados, o que lle confire unha singularidade dentro do urbanismo e estrutura agraria tradicional, que se debe manter. A instalación do saneamento nesta vía suporía a desaparición dunha infraestrutura histórica de especial interese etnográfico, íntimamente vinculada ao mosteiro de Oia.". Despois de figurar na “Declaración de Oia” e de recibir o informe desfavorable da Comisión Provincial de Patrimonio, Leandro Rodríguez, alcalde de Oia, decide meter as máquinas nas obras de saneamento financiadas polo Fondo Estatal de Inversión Local que discurren polo trazado que aínda está intacto do “Camiño Portugués” e que no Concello de Oia se coñece como “Estrada Vella”.O propio alcalde é o que atenta contra un ben para o que el solicitou protección e recoñecemento con anterioridade.
Martes, 27 de abril de 2009 Os comuneiros de Burgueira promoven o encontro coa natureza
Os comuneiros de Burgueira decatáronse de que o Monte é un espazo para gozar da natureza, disfrutar do son dos paxaros, do discurrir das augas que baixan cantando, da estampa dos cabalos recortándose nos horizontes das montañas, do camiñar entre cores e aromas, de contemplar o vo dos miñatos e, en definitiva, como diría o poeta, de escapar do mundanal ruído. En lugares estratéxicos dos montes de Burgueira colocáronse carteis prohibindo a presenza de determinadas máquinas que, co seu aterrador ruido ou as velocidades con que se moven polas pistas e sendeiros, rompen a paz e a harmonia dun disfrute que cada vez nestes espazos resulta máis difícil de conseguir, e así pode lerse que se prohibe a circulación de quads e motocicletas polas pistas forestais de Burgueira adventíndose de sancións para os que incumpran esta norma.
Sábado, 25 de abril de 2009 Pedornes (Oia) organiza hoxe a Festa do bocata de carne de porco Hoxe, sábado, 25 de abril a partires das 19.00 h a Asociación de Veciños “A Muruxeira” de Pedornes-Oia organiza a Festa do bocata de carne de porco para todos aqueles que queiran participar. A xuntanza terá lugar no baixo do Centro Cultural da parroquia de Pedornes no concello de Oia. Haberá bocadillos de carne de porco a prancha (con ou sen queixo), viño, cervexas e refrescos, cafés e infusións, rosca, etc., todo elo a prezos populares para todas as persoas que se acerquen. Ademais, haberá música en directo a cargo da nova charanga de Pedornes que amenizará o evento mentres o corpo aguante. Os socios da citada Asociación teñen dereito a un bocadillo e unha consumición de balde (calquera veciño do concello de Oia pode facerse socio por 10 euros ao ano). Esta é unha máis das variadas actividades que esta Asociación de Veciños vén desenvolvendo dende a súa creación a mediados do ano 2004, coa finalidade de dinamizar a Parroquia de Pedornes.
Unha proba ciclista ao seu paso po Oia dificultará o acceso pola estrada á Valga entre as 10.00 e as 13.00 horas Esta mañá celébrase en Oia unha proba ciclista (subida á Valga) que obrigará a cortar o tráfico nesta estrada de acceso á Serra da Grova entre as 10 e as 13 h.
Luns, 2 de marzo de 2009 Puntualización de Chiti Trapero al escrito del BNG sobre la galescola de Oia En primer lugar en la foto salen 6 padres, pero no pudieron venir 4 más por diferentes motivos, en total son 10, casi la mitad como dice la noticia. De todas formas lo importante de la noticia es que el Defensor del Pueblo nos da la razón sean 1 ó 26 madres las que lo piden. En segundo lugar, el dato de que la mayoría de los niños matriculados en la Galescola me lo dió la directora del centro, no me lo he inventado yo. En ningún momento digo que la mayoría de la gente en Oia sea castellanohablante sino que lo son la mayoría de los niños que en este momento están matriculados según datos del propio centro. En tercer lugar, no soy de Oia pero vivo aquí y por no ser de Oia no voy a dejar de reclamar los derechos constitucionales de mis hijos. En cuarto lugar, a quien corresponde terminar las obras es al consorcio, y en vez de criticarme a mí deberían hablar con sus jefes del Bloque para que finalicen por fin las obras. Si se informasen un poco antes de escribir habrían visto la foto en la que las mismas madres nos manifestábamos contra el alcalde para que terminase las obras cuando era a él a quien le correspondía. No nos va a callar ningún partido porque lo que pedimos, como madres, es que la galescola funcione en la mejor de las condiciones, esto es, terminada y con los dos idiomas oficiales en Galicia.
Venres, 27 de febreiro de 2009 O BNG de Oia puntualiza as informacións publicadas sobre a concentración de “Galicia Bilingue” na Galescola de Oia Perante a concentración realizada por algunhas nais de nenas e nenos que acoden á Galescola do concello de Oia contra a utilización exclusiva do galego nesta institución, e perante as informacións aparecidas nun xornal sobre o particular, o BNG local declara: Que non é certo que “perto da metade” de nais e pais estean en contra da utilización do idioma galego na Galescola. De feito, na foto que se publica aparecen unicamente sete nais, das que unha nin sequera ten fillos na Galescola. As nenas e nenos da Galescola son 23. Que non é certo que a lingua predominante entre as nenas e nenos sexa o castelán. A maior parte aínda non fala, entre os que falan existe equilibrio, e entre as nais e pais de todos eles predomina de modo absoluto a utilización do galego, que é o idioma con que, ademais, educan aos seus fillos. Segundo datos do Instituto Galego de Estatística, o 88,5% de oienses utiliza SEMPRE o idioma galego. Que consideramos que as institucións públicas deben defender o interese xeral. Que na Galiza fai parte do interese xeral a defensa do idioma galego, lingua definida como propia do país no Estatuto de autonomía. Que no ámbito privado o predominio do castelán é completo. Que, por tanto, parece coherente que as institucións públicas fagan prevalecer o galego nos ámbitos que dependen directamente delas, a fin de equilibrar a presenza social dos dous idiomas. Que o verdadeiramente complicado no noso país é aprender o galego normativo, toda vez que este apenas se emprega nos medios de comunicación presentes na Galiza, constituíndo os tales medios un axente socializador fundamental. Que falar de imposición do galego na Galiza é tanto como falar da imposición do castelán nas Castelas, do inglés en Inglaterra ou do italiano en Italia. Que a persoa que impulsa estas reivindicacións, María Concepción Trapero, membro de Galicia Bilingüe, nin sequera é orixinaria de Oia; trátase dunha persoa que vén crear un conflito que nunca houbo no noso concello. Que sería máis útil que se utilizasen as reivindicacións para reclamar ao alcalde de Oia a finalización das obras da Galescola de Oia, para dotar de chan de caucho o patio de xogos para o disfrute dos nenos e mellora da súa seguridade. Tamén poderían reclamar ao Goberno local de Oia que dote o centro do ascensor que ten pendente de instalar, motivo polo cal non se pode ampliar de 23 a 40 o número de prazas dispoñibles, incrementando así o servizo e os postos de traballo.
Venres, 20 de febreiro de 2009 Informa Jorge Fernández
Aumenta a plantilla de profesores de música da Escola de Música da Banda Unión Musical de Mougás A Escola de Música da Banda Unión Musical de Mougás conta cun novo profesor dende o pasado 7 de febreiro (do 2009). Con este profesor auméntase a oferta de especialidades musicais impartidas, engadindo por tanto a especialidade de "percusión" que fora demandada polos pais de alumnos no final do ano 2008. Desta maneira trátase de englobar tódalas familias musicais que podemos topar nunha banda de música. "Iago", que así se chama o profesor de percusión dará clases, en principio, tódolos sábados pola tarde (dependendo do número de alumnos). Con esta incorproaciçon a plantilla da Escola de Música da Banda de Mougás queda da seguinte maneira: -
GABRIEL RGUEZ. (DIRECTOR) Recordarlle a tódolas persoas interesadas que non hai límite de idade para apuntarse na escola de música (Admítense nenos e adultos). Os interesados poden acercarse á Casa de Cultura de Mougás para solicitar máis información.
Venres, 6 de febreiro de 2009 Louzán asina en Oia o convenio para a adición de planta baixa e soto ó Centro Social de Pedornes que suporá un investimento total de 125.578 euros
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acudiu, onte, ó concello de Oia para asinar co alcalde, Alejandro Rodríguez, o convenio de colaboración que vinculará ó organismo provincial co concello local para levar a cabo a adición de planta baixa e soto ó edificio, nunha actuación conxunta que suporá un investimento total de 125.578 euros, dos que a Deputación aportará 60.000 euros. As obras de mellora do centro sociocultural veñen provocadas pola necesidade de habilitar un espazo o suficientemente amplo para uso como almacén dos utensilios que na actualidade ocupan un pequeno semi-soto. As medidas totais do soto acondicionado serán de 281,89 m2, mentres que as do local da planta baixa serán de 49,36 m2. En total, a planta baixa-soto ocupará unhas dimensións de 331,25 m2 útiles. Antecedentes A construción do Centro de Pedornes precisou dun investimento total de 339.000 euros. A Deputación colaborou con esta actuación a través dunha subvención de 60.000 euros e a través da caixa de anticipos con outros 60.000 euros. Este centro sociocultural edificouse nun solar que estaba ocupado dende os anos sesenta por unhas escolas que no momento da súa construción estaban moi deterioradas. O edificio dispón dun soto de 360 m2; dun salón de 250 metros; de aseos, oficinas, almacén, terraza e vestíbulo. Ata agosto do ano pasado, Pedornes era a única parroquia de Oia que non dispoñía dun centro cultural a pesar de que este lugar conta cunha importante actividade veciñal por parte de dúas asociacións culturais, dunha asociación de veciños, dunha comunidade de montes e dunha comunidade de augas.
Xoves, 29 de xaneiro de 2009 Beti Rey Incendio na nave de Pescanova en Oia Onte á mañá rexistrouse un incendio na psicifactoría “Insuíña”, filial de Pescanova, no lugar das Mariñas, en Mougás no concello de Oia. Trátase dunha planta de acuicultura dedicada ao rodaballo, a dourada e a robaliza. O incendio producise entorno ás dez da mañá segundo as primeiras hipóteses que se barallan por un curtocircuíto nun aparato de refrixeración ou de calefacción. Un particular deu aviso ao 112 ás 10.39 minutos da mañá alertando que saían fume e lapas do teito dunha das naves. Ao lugar foron mobilizados efectivos da Garda Civil, do GRUMIR e de Protección Civil da Guarda, o GRUMIR do Val Miñor e os bombeiros de Vigo segundo a información do 112. Aínda que parece que tamén se sumou unha motobomba do concello de Oia. En principio tamén se dera aviso ao 061 pero non foi preciso a súa intervención ao non rexistrarse feridos. Foron case necesarias dúas horas para asegurar o lugar. O principal problema estivo na extensión do fume que afectou a todas as naves, mentres que as lapas parece que danaron a nave 7 e o teito da mesma. Os biólogos terán agora que estudar se a presenza de fume danou aos alevíns dos peixes que se cultivan nesta psicifactoría.
Sábado, 24 de xaneiro de 2009 Se firma la Declaración de Oia para el estudio del Camino Portugués por la Costa
Convocados por su Alcalde Don Alejandro Rodríguez Rodríguez y reunidos en el Ayuntamiento de Oia el martes día 20 de enero de 2009 a las 17:00 horas:
- Juan Manuel Lopez Chaves Melendez. Presidente de Honor de la Asociación de Amigos dos Pazos
- Grato Amor Moreno. Vicepresidente I Asociacións Amigos dos Pazos
- Amaro Pereira Franco. Presidente de la Dirección Nacional de la Asociación Espacio Xacobeo
- José Antonio de la Riera Autran. Presidente de la Asociación Galega Amigos do Camiño de Santiago
- Francisco Jose Torres Sampaio. Presidente do “Consello Superior da Entidade Rexional de Turismo do Porto e do Norte de Portugal”
- José Manuel Barbosa Suárez. Presidente de Empresarios Galaicoportugueses de Turismo, S.A
- Alberto Crespo Doldán. Presidente de AECO
- Pau Ojoao. Jefe de Divison de “Desenvolvemento Local Câmara Municipal de Povoa de Varzim”
- Jose Flores. Responsable del “Museo da Càmara Municipal de Povoa de Varzim”
- Paulo Pinto. Arqueólogo Camara Municipal de Vila do Conde. Concelleiro de Turismo de Caminha
- Jose Costa. Tecnico en Turismo Càmara Municipal de Esposende
- Alejandro Rodríguez Rodríguez, Alcalde de Oia
- Jesus Vazquez Almuíña. Alcalde Concello de Baiona
- Jose Manuel Dominguez Freitas. Alcalde Concello de A Guarda
- Estela Perez. Concelleira de Turismo de Nigrán
- Manuel Ramón Vilar Márquez: 1º Tenente Alcalde do Concello de Baiona
- Ángel Manuel Rodal Almuíña: Concelleiro de Turismo de Baiona
- Manuel Doldán Costas: Concelleiro de Seguridade do Concello de Nigrán
- Camilo González Giráldez. Concelleiro de Urbanismo do Concello de Oia
- José Albino Diego Peleteiro. Concelleiro de Turismo do Concello de Oia
- Sandra Calvo Rodríguez. Concelleira de Cultura do Concello de Oia
- Xoán Martinez Tamuxe. Arqueólogo e Historiador
- Juan Ramon Martinez Barbosa. Tecnico de Turismo de O Rosal.
- Antonio Miranda. Economista e Asesor
- Ezequiel Simons. Presidente de ACEBA
- Luís Martínez Portela: Federación Asociación de Veciños de Vigo “Eduardo Chao”
- Herminio Fernández: Asociación de Veciños de Freixo
- Justo Figueroa: Asociación de Veciños de Freixo
- Darío Álvarez Rodríguez. Presidente de Cit Val Miñor
- Representante de ACIGU CCA
Empieza hablando el Alcalde de Oia, que da la bienvenida al Ayuntamiento a todos los que acudieron aquí a hablar de “algo que nos une a todos”: el Camino Portugués por la Costa.
Después de varias reuniones entre los Alcaldes y de ser recibidos por el Director Xeral de Turismo, este muestra el interés de reconocer la existencia del Camino, pero nos recomienda buscar información que nos ayude a apoyar esta teoría.
Por este motivo, el Alcalde de Oia decidió reunir aquí a las autoridades españolas y portuguesas involucradas y expertas en el tema, para ser capaces de sacar conclusiones e investigar la efectiva existencia del camino ante la Xunta de Galicia y ante las autoridades portuguesas.
Incide en que deberían intervenir todos los presentes para poder sacar conclusiones conjuntas.
Se le cede la palabra a dos grandes expertos en la materia; al Presidende de Honor de la Asociación de Amigos dos Pazos, Juan Manuel López Chaves Meléndez y a su Vicepresidente I, D. Grato Amor Moreno.
Comienza hablando D. Juan Manuel López Chaves, Presidente de la Asociación Amigos dos Pazos agradeciendo a Alejandro Rodríguez, Alcalde de Oia, el esfuerzo realizado en la organización de la reunión y por ser capaz de unir en una misma mesa a tanta gente especializada en la materia a tratar.
López Chaves habla de la Asociación que el preside y del interés que siempre se puso desde ella en la promoción de la cultura y particularmente en la demostración de la existencia del camino portugués por la costa, algo a lo que se unió también la Asociación gallega “Amigos do Camiño”. Considera necesario probar la existencia del camino a través de varias vías; devoción, cultural, paisajístico, turístico...y de que todos los entes se involucren en esta meta común ya que existe una mala delimitación. A pesar de que en el año Xacobeo 2010 no se puede conseguir tener reconocido el Camino portugués como tal, si se puede conseguir incluírlo como una alternativa al camino oficial y que se pueda hacer publicidad acerca de su existencia.
Insiste en que las Asociaciones no tienen medios suficientes y que todos tienen que comprometerse en ayudar: el camino debe estar limpio, señalizado y transitado. Los peregrinos desean la oferta de otro Camino ya que los otros están muy saturados; confluyen camino, peregrino y sentimiento religioso. Una vez el camino esté transitado, algo a lo que los Ayuntamientos y las Câmaras se tienen que comprometer, la Asociación se compromete a su divulgación y a que el Camino tenga peregrinos. Avisa a los Ayuntamientos de que a pesar de las grandes ventajas para ellos, también puede haber inconvenientes como el coste de la delimitación oficial sobre todo en el ámbito urbanístico.
Considera lo más importante de esta reunión adquirir compromisos concretos por parte de todos.
Seguidamente toma la palabra D. Grato Amor, Vicepresidente I de la Asociación Amigos dos Pazos: El punto de partida de todo esto es la Recomendación 1984 de la Asamblea Parlamentaria del Consejo de Europa, reunido en Estambul. En esta reunión se nombró el Camino Francés y también el Camino de Santiago, pero se dejó fuera el Camino Portugués, del que existen pluralidad de variantes. A partir de ese momento, se comenzó, desde la Asociación, a buscar información y pruebas de la existencia del Camino. Se mantuvieron reuniones con Alcaldes e incluso se editó un libro, que es un buen punto de partida, pero aún queda mucho trabajo por hacer. Hay que buscar más referencias documentales, archivos...y todos tenemos que participar en ello.
Toma la palabra D. José Antonio de la Riera Autran, Presidente de la Asociación Galega Amigos do Camiño de Santiago, y comienza su intervención diciendo que se están volviendo a delimitar caminos oficiales, para proceder a su protección, ya que únicamente tiene protección el francés. Para conseguir esto se requiere mucho trabajo por parte de todos, hay que presentar una documentación completa para que el Camino se considere Camino de peregrinación; buscar cartografía histórica, literatura (relatos de peregrinos y viajeros) y considerar el patrimonio material e inmaterial (leyendas...).
Insiste sobre todo en la necesidad de señalización del camino y en la necesidad de interactuar la peregrinación con el turismo. Los entes políticos deben ser los encargados de poner los medios necesarios para poder llevar esto al mundo; en primer lugar habría que pensar que más de la mitad del camino es por asfalto y la gente no quiere esto.
Toma a palabra D. Francisco Jose Torres Sampaio. Presidente do “Consello Superior da Entidade Rexional de Turismo do Porto e do Norte de Portugal”; comienza hablando de la importancia del reconocimiento del Camino, de que se puede documentar la existencia de peregrinos y de la necesidad de investigación más profunda para llegar a conclusiones precisas. Habla de la importancia del Ayuntamiento de Oia en concreto, por la existencia de los monjes. El Director Xeral de Turismo, D. Rubén Lois, nos incide en la necesidad de enviar documentación detallada para que se pueda incluír esta ruta del camino, pero para ello tenemos que presentar una programación concreta, valorar detalladamente lo que se va a aportar. Para todo ello, nuestra Asociación se ofrece a colaborar en lo posible, en la definición de una metodología de trabajo e insiste en la importancia de mantener todo limpio y adecentado. Propone juntar a todos y que una persona lidere cada grupo y mantener reuniones esporádicas.
D. Jose Costa, “Técnico de Turismo da Cámara Municipal de Esposende”; se pone a disposición de los Ayuntamientos de Galicia para colaborar conjuntamente con ellos.
D. José Manuel Barbosa Suárez, Presidente de Empresarios Galaicoportugueses de Turismo, S.A: comienza hablando de los distintos intereses existentes en la puesta en valor del Camino y de la necesidad de apoyo para poder conseguir un objetivo común. Sería bueno que se reconociese su existencia desde la Xunta de Galicia, pero que sean conscientes de que los aquí reunidos perseguimos distintos objetivos. Habla de la importancia del Camino para el turismo y de la posibilidad de que mucha gente se involucre en este objetivo común. Menciona la posibilidad de formar grupos de trabajo y propone 3: “científico-cultural”, “político” y “logístico”, ya que no todos podemos trabajar en lo mismo y se debe concretar lo que queremos conseguir.
D. Amaro Pereira Franco Presidente de la Dirección Nacional de la Asociación Espaço Jacobeus, Comienza hablando de la distinción entre abordar el Camino desde dos puntos de vista distintos: turístico y cultural. Hay dos cosas distintas; la promoción del camino y su reconocimiento; para la promoción no es necesario tener un itinerario, basta con hacer publicidad de él. Para él, el Camino es relativamente moderno, y a pesar de que alguna Cámara portuguesa lo apoyó, principalmente por motivos turísticos, el Estado Portugués nunca apoyó su existencia. Para facilitar que un peregrino “haga el camino” hay que facilitarles medios; albergues, señalización (ya señalizado desde Viana do Castelo hasta Valença). Ya que muchos peregrinos no encontraban la embarcación y venían desde Tui-Tomiño-Rosal hasta la costa. Una Declaración conjunta tendría un gran peso político, siendo la parte más importante la de los Ayuntamientos y Câmaras que deberían empeñarse en la investigación del camino y en su preservación, señalización, mantenimiento, limpieza... Las Asociaciones deberían participar en la divulgación, apoyo a los Ayuntamientos, promoción del Camino... Ya hay mucho trabajo hecho, solo hay que saber integrarlo. Sería interesante promover la celebración de Congresos, Jornadas, Estudios...sobre el Camino de la Costa con investigadores, técnicos...en el que participaran todos estos entes involucrados en la gestión.
Interviene D. Jesús Vázquez Almuíña. Alcalde Concello de Baiona, incidiendo en el agradecimiento al Acalde de Oia por la reunión y en que todos los presentes tienen claro los puntos en común. Pocos caminos tienen la ventaja de pasar por dos países distintos y hoy aquí, además de representantes políticos contamos con Asociaciones de Empresarios, Vecinales, historiadores, investigadores... Considera importante que, aprovechando esta reunión, deberíamos, para dejar constancia de ella hacer una declaración (él propone DECLARACIÓN DE OIA), en la que se recojan unos puntos comunes para presentar ante distintas Instituciones Oficiales (Xunta, Deputación, Câmaras portuguesas...), que el Camino se reconozca oficialmente y que se incluya en los programas de divulgación. No se puede dejar ningún ente fuera de esto, pero dada la diversidad de entes aquí presentes, deberíamos señalar tres o cuatro puntos comunes y dirigir el escrito a los lugares que se indique entre todos. Este Acuerdo tiene que llegar cuanto antes; señalizar y adecentar el camino, realizar mantenimiento e infraestructuras necesarias es muy importante, pero se irá haciendo poco a poco.
Considera una buena idea la formación de tres grupos de trabajo, llamándole al último “de actividades”.
D. Luis Martínez, Federación de Asociacións de Veciños de Vigo e Antonio Miranda, Economista y Asesor, hablan de los viajes organizados por ellos. Este último incide en la necesidad de trabajo en grupo y en la necesidad de tener algo para presentar. D. Paulo Pinto Pereira, Arqueólogo Câmara Municipal de Vila do Conde. Concelleiro de Turismo de Camina, incide en la necesidad de que no se puede hacer una declaración de intenciones sin datos, hay que concretar más.
D. Xoán Martínez Tamuxe, Arqueólogo e Historiador; insiste en la necesidad de llegar a conclusiones definitivas, fijar fechas concretas... Las piezas claves serían López Chaves y Grato Amor y a partir de ellos organizarse, cada uno en su área.
D. Juan Ramon Martínez Barbosa. Técnico de Turismo de O Rosal; también incide en la necesidad de una declaración de intenciones.
Finalmente se decide proceder a la firma de una Declaración de Intenciones; bautizada con el nombre “DECLARACIÓN DE OIA”, y la formación de tres grupos de trabajo:
1. Científico-Cultural: de él formarían parte D. Ernesto Iglesias Almeida, D. Jose Costa (Técnico de Turismo da Cámara Municipal de Esposende) y D. Juan Martínez Tamuxe (Arqueólogo e historiador) 2. Grupo Político: formado por todos los Alcaldes y demás representantes políticos 3. Grupo de Actividades; D. Grato Amor Moreno (Vicepresidente de la Asociación Amigos dos Pazos), D. Luis Martínez (Federación de Asociacións de Veciños de Vigo. Eduardo Chao), D. Antonio Miranda (Economista y Asesor) y D. José Antonio de la Riera (Presidente de la Asociación Galega Amigos do Camiño de Santiago).
El Alcalde de Oia insiste en que estos grupos no quedarían cerrados, pudiendo en cualquier momento sumarse cualquier persona que pueda ayudar en este proyecto, pues quedan Alcaldes y Presidentes de Câmara que no acudieron por motivos diversos y otras personas que pueden aportar grandes conocimientos.
Así mismo y dada la ausencia de interesados, esta Declaración se enviará a todos los Ayuntamientos y Câmaras desde Oporto hasta Redondela, por si aquellos que no estaban aquí quieren sumarse a ella.
Del mismo modo, el Alcalde invita a Alcaldes y Presidentes de Cámara de los demás municipios por donde discurra el Camino a que soliciten la próxima reunión, para que todos nos sintamos comprometidos e ilusionados en este proyecto.
Se comenzó con la primera reunión en Baiona y la segunda en Oia, pero aún queda mucho trabajo que hacer y habrá que organizar más reuniones una vez haya redactados informes, documentos…
DECLARACIÓN DE OIA
Os abaixo asinantes, reunidos no Concello de Oia e convocados polo seu Alcalde Don Alejandro Rodríguez Rodríguez, acordan reivindicar o Camiño Portugués de Santiago pola Costa ou Monacal, a cuio fin crean tres grupos de traballo:
1. Científico-Cultural 2. Grupo Político 3. Grupo de Actividades
Os cales elaborarán, por delegación dos grupo, a documentación necesaria para presentar ante a Xunta de Galicia e ante o Presidente da Comissao De Coordenacao e Desenvolvemento da Regiao Norte de Portugal, Eng. Carlos Lage Coa petición de que o camiño reivindicado sexa recoñecido e promocionado xunto cos demais en todos os actos e eventos preparados para o Xacobeo 2010.
En proba da súa aceptación do compromiso adquirido, asinan esta declaración de Intencións en Oia, o día 20 de xaneiro de 2009.
- Juan Manuel López Chaves Melendez. Presidente de Honra da Asociación de Amigos dos Pazos
- Grato Amor Moreno. Vicepresidente I Asociacións Amigos dos Pazos
- Amaro Pereira Franco. Presidente da Dirección Nacional da Asociación Espacio Xacobeo
- José Antonio de la Riera Autran. Presidente da Asociación Galega Amigos do Camiño de Santiago
- Francisco Jose Torres Sampaio. Presidente do “Consello Superior da Entidade Rexional de Turismo do Porto e do Norte de Portugal”
- Jose Manuel Barbosa Suarez. Presidente de Empresario Galaicoportugueses de Turismo, S.A
- Alberto Crespo Doldán. Presidente de AECO
- Pau Ojoao. Xefe de Divison de “Desenvolvemento Local Camara Municipal de Povoa de Varzim”
- Jose Flores. Responsable do “Museo da Cámara Municipal de Povoa de Varzim”
- Paulo Pinto. Arqueólogo Camara Municipal de Vila do Conde. Concelleiro de Turismo de Caminha
- Jose Costa. Técnico en Turismo Camara Municipal de Esposende
- Alejandro Rodríguez Rodríguez, Alcalde de Oia
- Jesús Vazquez Almuíña. Alcalde Concello de Baiona
- José Manuel Domínguez Freitas. Alcalde Concello de A Guarda
- Estela Pérez. Concelleira de Turismo de Nigrán
- Manuel Ramón Vilar Márquez: 1º Tenente Alcalde do Concello de Baiona
- Ángel Manuel Rodal Almuíña: Concelleiro de Turismo de Baiona
- Manuel Doldán Costas: Concelleiro de Seguridade do Concello de Nigrán
- Camilo González Giráldez. Concelleiro de Urbanismo do Concello de Oia
- José Albino Diego Peleteiro. Concelleiro de Turismo do Concello de Oia
- Sandra Calvo Rodríguez. Concelleira de Cultura do Concello de Oia
- Xoán Martínez Tamuxe. Arqueólogo e Historiador
- Juan Ramón Martínez Barbosa. Técnico de Turismo de O Rosal.
- Antonio Miranda. Economista e Asesor
- Ezequiel Simons. Presidente de ACEBA
- Luís Martínez Portela: Federación Asociación de Veciños de Vigo “Eduardo Chao”
- Herminio Fernández: Asociación de Veciños de Freixo
- Justo Figueroa: Asociación de Veciños de Freixo
- Darío Álvarez Rodríguez. Presidente de Cit Val Miñor
- Representante de ACIGU CCA
Luns, 19 de xaneiro de 2009 Cultura destina 170.000 euros máis a unha nova intervención de restauración do campanario do mosteiro de Santa María de Oia A Consellaría de Cultura e Deporte vai investir 170.000 euros nunha nova intervención no campanario do Mosteiro de Santa María de Oia. Os traballos realizaranse na cúpula da torre, e consistirán no seu apontoamento, no reforzo da súa estrutura, na rehabilitación das balaustradas e elementos decorativos, e na colocación dun pararraios. Esta actuación continúa as obras que veñen de finalizarse na torre da igrexa e que constataron a necesidade de prolongar os traballos de consolidación do campanario para frear a súa deterioración. Estas tarefas, ás que se destinaron 150.000 euros, centráronse no reforzo estrutural da torre, na colocación dunha varanda de aceiro inoxidable, na reposición de elementos decorativos e limpeza da pedra e das cornixas.
Ademais destas intervencións sobre a torre do mosteiro, a
Consellaría colaborou co Concello de Oia na restauración do retablo maior da
igrexa. O departamento investiu 18.000 no coidado desta peza renacentista con
engadidos barrocos posteriores. O traballo baseouse na limpeza e reparación dos
danos causados pola humidade salina sobre esta obra do século XVII dedica á
Virxe. Santa María de Oia é un dos escasos cenobios galegos asentados no litoral. A súa situación concédelle un carácter especial, debido á beleza da liña de costa que o rodea, pero esta proximidade ao mar deixouse sentir na deterioración que a humidade salina provocou co paso dos séculos. A súa fundación ten unhas orixes incertas, sobre as que existen diversas lendas, pero a primeira proba documental da existencia de tal congregación monástica remítenos ao século XII. Aínda que seguía a regra beneditina, nese mesmo século adscríbese á orde do Císter. O seu dominio chegou a estenderse por todo o Baixo Miño ata chegar a Lisboa, tamén grazas ás xenerosas doazóns de reis e señores, e que converteron a Santa María de Oia nun dos cenobios cistercenses máis influentes da península. A esta etapa de esplendor sucedería outra máis escura, marcada pola perda de poder do clero con respecto á nobreza, o que deixou as ordes relixiosas sen recursos para enfocar novas obras para engrandecer os seus mosteiros. Será no século XVI cando as grandes intervencións volvan ao mosteiro, coa construción do claustro, do refectorio e da sala capitular. A fachada da igrexa, data do século XVIII, momento no que tamén se levantaron a torre da sancristía o os corpos do Patio das Laranxeiras. Coa desamortización os monxes abandonan Santa María de Oia e comeza o declive do mosteiro. O bispo de Tui converte a igrexa monacal en igrexa parroquial, mentres que as dependencias do cenobio e os seus bens se poxaron e pasaron a mans de particulares ata a actualidade.
Martes, 13 de xaneiro de 2009 En resposta ao BNG, o goberno recoñece que non se retiraron os lodos verquidos ao río Tamuxe En resposta a unha pregunta da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, o Goberno recoñece que non se actuou para retirar os lodos verquidos ao río Tamuxe xa que a día de hoxe seguen cubrindo boa parte das pozas de Burgueira. Na súa iniciativa, Davila denunciaba o verquido ilegal de máis de 3.000 toneladas de lodo ao río Tamuxe debido á apertura das comportas da central de Vilachán, que xestiona a empresa Hidrotide. O verquido, producido no mes de xuño de 2007 e denunciado pola Comunidade de Montes de Burgueira, “provocou un importante dano medioambiental, ao tapar as pozas naturais, arruinou a pesca da troita nese tramo de río, e ameza as pozas de Loureza, situadas río abaixo e que constiúen un dos principais atractivos turísticos de Oia”, denunciaba Davila. Por iso a deputada do BNG, esixíalle ao Goberno Central, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que “realice unha actuación decidida e urxente para sancionar ao infractor, recuperar a zona afectada e obrigador aos xestores da central a reparar os danos causados”. Nin a empresa nin a Confederación Hidrográfica retiraron os lodos Na súa resposta a Olalla Fernández Davila, a Confederación Hidrográfica do Miño Sil, recoñece que “o 15 de septembro de 2008 -case tres meses despois do verquido- incouse expediente sancionador contra HIDROTIDE, A.I.E, por realización de depósitos de lamas e area ao longo de 700 metros polo cauce do río inmediatamente augas abaixo dunha presa, como consecuencia da apertura do desaugue de fondo da presa mencionada, en Burgueira”. O Goberno non só recoñece os feitos senón que “pola posibilidade de que se produza un transporte de áridos acumulados e, consecuentemente, deteriorar o dominio hidráulico noutras zonas situadas augas abaixo -como as pozas de Loureza- , a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil considera imprescindíbel a adopción da correspondente medida cautelar que autoriza o artigo 119.2 do texto refundido da Lei de Augas”. Neste senso, a resposta engade que “por acordo do 24 de outubro de 2008, a Confederación Hidrográfica ordena a HIDROTIDE que proceda nun prazo máximo de 10 días a partir da notificación á retirada da totalidade da lama e area acumulada no cauce, advirtíndolle que no caso de incumprimento do devandito requirimento procederase sen máis trámite á súa execución subsidiaria polo Organismo de Conca -a Confederación Hidrográfica-, sendo de conta do denunciado todos os gastos que por tal actuación poidan ocasionarse”. Sen embargo, a día de hoxe non só HIDROTIDE non procedeu á retirada da lama, senón que a Confederación Hidrográfica tampouco ralizou, con carácer subsidiario, a limpeza do verquido.
Venres, 2 de xaneiro de 2009 Festival de villancicos en Oia Un ano máis a Coral Polifónica Vagalume, de Oia, organiza o Festival de Villancicos que terá como escenario Igrexa do Mosteiro de Oia. Será o domingo, día 4, ás 18.00 horas coa participación da Coral Polifónica U.V.C.D., de Candeán; a Coral do Centro Social e Cultural de Baredo, e a Coral Polifónica Vagalume, de Oia que, ao remate interpretarán xuntas algunhas panxoliñas.
Mércores, 17 de novembro de 2008 O investigador Higino Martins presentou en Oia “As Tribos Calaicas”, estudo sobre a toponimia de orixe celta en Galicia
O concello de Oia celebrou unha recepción oficial a un dos máis prestixiados investigadores da cultura celta, o profesor Higino Martins. O alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez Rodríguez, presidiu este acto oficial, co que o concello quixo render homenaxe a este investigador, nado e afincado en Buenos Aires e fillo de emigrantes oienses. Ademais do alcalde, na recepción estivo presente toda a Corporación Municipal, representantes dos concellos dos arredores (O Rosal e Baiona), representantes das entidades do Concello de Oia (Asociacións veciñais e culturais, Comunidades de Montes..), familiares e amigos. Higino descubríu unha praca conmemorativa na súa honra e recbiu o escudo e a insignia do Concello de mans do alcalde. O acto foi especialmente emotivo cando un dos familiares de maior idade lle entregou unha ampliación dunhas fotos familiares antigas. Martins escolleu este concello pontevedrés para presentar a súa nova obra de investigación, As Tribos Calaicas, un estudo editado por Edições da Galiza que afonda nas orixes celtas da toponimia galega. O profesor viaxou desde Arxentina a Galicia para presentar esta obra en Santiago de Compostela, Ourense, A Coruña e na cidade do Porto. “É toda unha honra para o concello de Oia contar cun fillo tan ilustre e recoñecido como Higino Martins. Por iso, non quixemos deixar pasar a oportunidade de homenaxear como se merece a este persoeiro, un dos maiores especialistas na cultura celta e un dos mellores representantes de Oia en todo o mundo”, asegura Alejandro Rodríguez. “O acto é especialmente emotivo xa que, apesar de non ter nacido en Oia, síntome un fillo máis desta fermosa localidade onde se criaron os meus pais e onde moran grande parte dos meus familiares directos”, engade Higino Martins. Durante o acto concello de Oia repartiu exemplares do libro Conversas com Higino Martins, entrevista a este investigador realizada por Bernardo Penabade e Ánxelo González. Este libro vén de ser publicado grazas á colaboración da Fundación Comarcal Baixo Miño, do Concello de Oia e da Associaçom Galega da Língua. Pola tarde tivo lugar na Casa de Cultura de Viladesuso a presentación do seu libro, lugar onde contou tamén cunha grande asistencia de público e onde tamén se protagonizaron momentos moi emotivos. Sobre Higino Martins
Higino Martins é un dos maiores especialistas de todo o mundo en toponimia e lingua celtas, ademais dun dos grandes animadores da lingua e da cultura galegas na Arxentina. Foi discípulo de Eduardo Blanco Amor no Instituto Argentino de Cultura Galega, onde actualmente exerce como profesor de lingua e literatura galegas. Foi Secretario Xeral do Banco Español del Rio de la Plata e dispón dunha ampla obra de investigación e de traducción de diversas obras literarias. Con Antonio Santamarina Delgado, é autor dunha Gramática Galega, despois reformada e editada co título de Quadros de Gramática Galega polos Amigos do Idioma Galego em 1993. No campo céltico, en 1996 acabou un Ensaio de Gramática do Céltico Antigo Comum, inédito, fruto dos cursos lecionados por el, onde recolle o que se sabe da gramática céltica, con un vocabulario e a versión ao céltico de textos (“O Noso Pai”, o Conto de Viriato, etc.). Outros labores son os Estudos Célticos e Românicos em Campo Galego, conxunto de artigos apresentados nos congresos da AGAL, e a versión directa da Táin Bó Cúalnge (segundo o Livro de Leinster). Prepara Nomina Gallaeciae-Anmana Kallaikias (Léxico Toponímico da Galiza). Dos cursos de proto-historia galega e da pesquisa toponímica surgiu o libro de As Tribos Calaicas. Preparou edicións da poesia rosaliana, co labor crítico preciso. A de Cantares Galegos” xa foi publicada por Caixa Ourense en 1986. Despois, perfeccionouna e incluiu Folhas Novas xunto da traducción de En las Orillas del Sar. Traduciu Os Pazos da Ulhoa de Emilia Pardo Bazán e O bosque animado de Venceslau Fernández Flórez. Estes labores nacen do ensino de galego, ininterrupto desde 1977. Del tamén xurdiran os cursos de proto-historia galega, de lingüística e filolofía célticas, e mesmo, por obra dos alunmos, a asociación civil argentina Amigos do Idioma Galego. DISCURSO DO ALCALDE Boa tarde a todas e todos: Poucas veces un alcalde de Galicia tivo a sorte que eu teño aquí hoxe. A sorte de estar acompañado de todos vostedes e especialmente por unha persoa que, sendo filla do noso concello, é unha das máis ilustres figuras da intelectualidade contemporánea galega e universal. Un home que entregou todo o seu talento e a maior parte da súa vida ao estudo e defensa de Galicia, da súa cultura e da súa lingua. Un home con coñecementos de psicoloxía, de filosofía, de dereito e de filoloxía. Estamos aquí reunidos cun sabio. Un home, ademais, que sempre se reivindicou de Oia e que deixa o nome do noso concello ao máis alto nivel alí onde vai. Hixino, quero transmitirche en nome da corporación do concello de Oia e de todos os seus habitantes, que estamos profundamente honrados e orgullosos de ti. Dise que Padrón ten a Rosalía, Rianxo ten a Castelao, en Oia, queridos amigos, temos a D. Hixino Martíns Estêvez. Sen máis, déixovos con el. Vai presentarnos o seu traballo de investigación máis importante, que acaba de ser publicado co título: As Tribos Calaicas. Moitas grazas. (Ver Reportaxe)
Sábado, 13 de novembro de 2008 Higino Martins, recoñecido lingüista e investigador da cultura celta presentará en Oia “As tribos calaicas” O Concello de Oia celebrará o vindeiro 15 de decembro unha recepción oficial a Higino Martins, eminente lingüísta, filólogo e investigador da cultura celta. O alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, recibirá na Casa do Concello a este célebre investigador, nado e residente en Buenos Aires mais estreitamente vencellado a Oia, xa que nesta vila naceron os seus pais e moran aínda a maior parte dos seus familiares directos. Higino Martins é un dos maiores especialistas de todo o mundo en toponimia e lingua celtas, ademais dun dos grandes animadores da lingua e da cultura galegas na Arxentina. Foi discípulo de Eduardo Blanco Amor no Instituto Argentino de Cultura Galega, onde actualmente exerce como profesor de lingua e literatura galegas. Foi Secretario Xeral do Banco Español del Rio de la Plata e dispón dunha ampla obra de investigación e de traducción de diversas obras literarias. Oia é unha das localidades escollidas por Martins, xunto a Santiago de Compostela e Porto, para apresentar As Tribos Calaicas. Editada por Edições da Galiza, esta obra é froito de diversos anos de estudo sobre as orixes celtas da toponimia da Galicia e recolle ademais os cursos de proto-historia galega impartidos por este investigador. Axenda de actividades 12.30 horas. Recepción oficial na Casa do Concello de Oia e pronunciamento dos discursos de apertura do acto 13.15 horas. Descubrimento de placa conmemorativa 13.45 horas. Xantar oficial 18.00 horas. Visita ao Mosteiro de Oia 19.30 horas. Presentación do libro As Tribos Calaicas, na Casa de Cultura de Viladesuso. Interveñen. Alejandro Rodríguez Rodríguez, alcalde de Oia, e Higino Martins.
Venres, 7 de novembro de 2008 Preocupación no PPdeG logo de constatar que a Consellería de Medio Ambiente emitiu un informe favorable ao baleirado do encoro de Vilachán O deputado popular César Pérez Ares vén de constatar, con preocupación, que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente informara favorablemente, a pasada primavera, a solicitude de baleirado do encoro de Vilachán, que no pasado mes de xuño provocou o entullamento das pozas do río Tamuxe, un dos principais atractivos turísticos do concello pontevedrés de Oia. O director xeral de Desenvolvemento Sostible confirmou, na Comisión de Obras Públicas e Medio Ambiente do Parlamento, a existencia dese permiso emitido a través da Confederación Hidrográfica do Norte ao responder a unha pregunta formulada por Pérez Ares. Ante esta constatación, o deputado popular expresou o seu estupor polo descontrol existente no departamento autonómico de Medio Ambiente, que nin sequera supervisa as actuacións que autoriza directamente. Pérez Ares alertou que aos efectos inmediatos dos entullamentos de lama e pedra que, a día de hoxe, manteñen cubertas as pozas do Tamuxe, poden seguir, no próximo inverno, notables desperfectos augas abaixo, cando se incremente o caudal do río polo efectos das choivas. O deputado popular fixo votos para que o arrastre da lama, pedras e area depositadas na pozas do Tamuxe non acabe provocando estragos como os ocasionados no outono de 2006, despois dos incendios do verán dese ano. O PPdeG leva advertindo da situación na que se atopan as pozas desde o pasado verán, pero, din desde esta formación, atopouse coa pasividade sistemática da Xunta que, mediado o outono, non adoptou aínda medida algunha, para devolver as pozas do Tamuxe ao seu estado habitual.
Sábado, 1 de novembro de 2008 O Concello de Oia incorpórase á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia O Concello de Oia, xunto a outros quince municipios galegos, vén de sumarse á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia. O Consello da Xunta aprobou a sinatura do respectivo convenio. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia encárgase de velar pola utilización racional do solo de conformidade coa normativa urbanística e de protección do litoral. Con esta incorporación o Concello de Oia delega na Axencia as súas competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística respecto das obras e usos do solo que se realicen en solo rústico, nos núcleos rurais delimitados en solo urbanizable mentres no estean aprobados os plans parciais correspondentes. Coa incorporación aprobada son xa 23 os concellos integrados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia, entre os que está tamén o concello da Guarda.
Venres, 31 de outubro de 2008 Tres persoas falecidas nun tráxico accidente en Oia Tres persoas falecidas é o tráxico balance dun accidente acontecido onte, ás 9.30, en Mougás, a altura do Peñasco 3, no municipio de Oia. Un turismo colisionaba frontamente cun autobús que iniciaba a rota de transporte escolar e que nese momento só levaba o conductor e o acompañante escolar. No turismo ían catro persoas dunha mesma familia, dous adultos, un home e unha muller, e dous menores. Por causas que se descoñecen, aínda que se baralla a hipótese de que puidese haber unha mancha de aceite, o condutor colisonou frontalmente co autobús da empresa Galisur. Até o lugar desprazouse unha ambulancia medicalizada e dúas ambulancias asistenciais e o médico de atención primaria, que pese aos esforzos non puideron facer nada por salvar a vida dos tres falecidos. Dende o 112 mobilizarase tamén a un helicóptero que finalmente deu volta ao confirmarse o falecemento destas tres persoas. Até o lugar foron mobilizados tamén Protección Civil de Tomiño e o GRUMIR da Guarda, así coma a Garda Civil de Tráfico segundo informou o 112. No turismo ían catro membros dunha mesma familia de orixe portuguesa, pero que levaba tempo afincada en Oia. Os falecidos son un home de 31 anos, un mozo de 17 e un bebe. Mentres que a muller, de 41 anos, que ía no asento do acompañante, resultou ferida de carácter grave. Os ocupantes do autobús resultaron ilesos.
Xoves, 23 de outubro de 2008 “A Fiada” organiza o sábado, día 25, o III Serán de Viladesuso Dentro da programación da primeira fin de semana cultural que promove a Asociación de Veciños “San Miguel” de Viladesuso (concello de Oia), o Grupo Folklórico “A Fiada” organiza o vindeiro sábado, día 25, o III Serán de Viladesuso. Dito serán terá lugar na Praza de Colón (terreiro da festa) a partires das 21.00 horas e nel participarán varios grupos das comarcas do Baixo Miño, o Val Miñor e alrededores. Ademais de música popular haberá chourizos asados, viño e refrescos para degustar e animar a festa. Desde a organización convidan e animan a todos aqueles que gusten da boa música tradicional galega a pasarse por Viladesuso e participar este encontro popular. Haberá unha carpa cubrindo o terreiro da festa.
Venres, 3 de outubro de 2008 Xornadas Patrimonio no Medio en Oia As Xornadas de Patrimonio no Medio que organizan as delegacións provinciais de Cultura e Medio Rural chegan esta fin de semana ao Concello de Oia. Hoxe ás oito e media da tarde na Casa de Cultura da Comunidade de Montes de Santa María de Oia haberá unha charla sobre “Os petroglifos de Oia” a cargo de Javier Costas Goberna. Esta actividade complétase o domingo cun “Roteiro pola arte rupestre de Oia e Pedornes” que sairá ás dez da mañá dende igrexa do mosteiro de Santa María de Oia.
Mércores, 1 de outubro de 2008 Carlos Pérez y Saúl Craviotto comparecen en rueda de prensa en Oia
Los Campeones Olímpicos en K-2 500 metros en los JJ.OO de Pekín 2008, Carlos Pérez Rial y Saúl Craviotto Rivero, disfrutarán de unos días de relax en el Hotel Talaso Atlántico del municipio pontevedrés de Oia (a 15 minutos de Vigo). Los Campeones Olímpicos llegaron ayer, a Galicia para descansar y disfrutar en los próximos días de los servicios que presta el centro de Talasoterapia Talaso Atlántico. Con tal motivo mañana hoy, 1 de Octubre a las 12.00 horas, comparecerán en rueda de prensa para atender a todos los medios de comunicación que se interesan por saber cómo ha transcurrido su primer mes como Campeones Olímpicos (el 23 de agosto se proclamaron Campeones Olímpicos en K-2 500 metros). También informarán de sus proyectos y de su planificación para la temporada 2009, inicio del ciclo olímpico que les llevará a los JJ.OO de Londres 2012. Quieren también, a través de la rueda de prensa, abrir un vínculo permanente con los medios de comunicación, que pueda mantenerse hasta los JJ.OO de Londres 2012 y que facilite el trabajo a todos aquellos que quieran seguir su particular ciclo olímpico, y que tengan la certeza de que van a estar bien informados durante todo este tiempo. Con notas de prensa y comparecencias periódicas, fotografías, entrevistas, audios y la posibilidad de atender entrevistas personales o particulares siempre que se soliciten con la debida antelación. Su estancia en tierras gallegas se cerrará el próximo viernes, 3 de octubre, con una cena homenaje en el Hotel Talaso Atlántico, donde estarán alojados hasta ese día. Este acto servirá para presentar los detalles de su anunciado Camino de Santiago en bicicleta que está previsto que se inicie el 12 de octubre con llegada a la capital de Galicia el 16 de octubre.
Mércores, 10 de setembro de 2008 Charla e percorrido cultural para coñecer o noso patrimonio en Oia O venres, 3 de outubro, desenvolverase en Oia unha xornada sobre “Patrimonio no medio”, organizada pola Xunta de Galicia, a través das consellarías de Cultura e Deporte e Medio Rural, coa colaboración da Comunidade de Montes en Man Común de Santa María de Oia. Ás 20.30 horas do día 3, terá lugar na Casa da Cultura da mencionada comunidade unha charla que terá continuidade, o domingo, día 5, cun percorrido guiado que partirá do Mosteiro, ás dez da mañá, para coñecer a Arte Rupestre e a paisaxe. Javier Costas Goberna, estudoso e experto da arte rupestre galega, será o guía deste itinerario cultural.
Xoves, 14 de agosto de 2008 La IIª Fiesta del Percebe de Oia se celebrará mañana, día 15, y la 1ª Gran Churrascada, los días 16 y 17 La Asociación Cultural y Deportiva de Villadesuso, que preside Cristina Pregal González, contando con la colaboración del ayuntamiento de Oia, la Diputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Inmobiliaria Mosteiro y Distribuciones Serra da Groba, organiza la IIª Fiesta del Percebe, que se celebrará en Viladesuso, Santa María de Oia, mañana, día 15, durante la cual se elaborarán 2.000 raciones de percebes además de pulpo, empanada y chocos. Para hacer más acogedora y entrañable esta cita obligada para todos los amantes del buen comer y beber, el recinto, a 50 metros de la carretera, dispondrá de una carpa con sus respectivas mesas y sillas, donde la organización de este evento recrea el ambiente idóneo para disfrutar de la gran variedad de productos y especialmente del producto estrella “El percebe”. A las 12.00 del mediodía dará comienzo el Pregón de apertura de esta IIª Fiesta del Percebe, a cargo de¸ Carmen Mª García Braga, presidenta de la Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU) y de la Federación de Empresarios del Baixo Miño (FEBAM), y acto seguido se dará paso a la degustación de percebes. El programa anuncia la actuación del grupo de gaitas A Fiada de Villadesuso y a partir de las cinco de la tarde actuará el trío Saudade de Vigo hasta altas horas de la madrugada. La cita, que tiene como objetivo promocionar la gastronomía de la zona apostando por productos de calidad para potenciar el turismo y la comarca, se prolongará el sábado y el domingo, días 16 y 17, respectivamente, con una exaltación a la carnes ( churrasco, criollo...) en el mismo recinto, donde se podrán degustar a partir de las 12.00 del mediodía, contando con la animación del grupo de gaitas Airiños do Tamuxe.
Mércores, 13 de agosto de 2008 “Foto París” expón o seu traballo fotográfico dedicado aos oienses no Centro Cultural
Ata o 15 de agosto aínda pode visitarse, no Centro Cultural de Oia, a exposición retrospectiva de fotografías da autoría do fotógrafo Isidro, máis coñecido como “Foto París”, que ten como título “Un tempo para recordar”. Acontecementos familiares, festas, actos sociais, personaxes populares ou moi coñecidos, teñen un sitio nesta mostra que recolle unha etapa de corenta anos de fotografía de Isidro referidas, sobre todo, ás xentes de Santa María de Oia. A exposición pode visitarse a partires das catro da tarde, e sen dúbida será unha oportunidade para recordar, por unha banda, a moitos oienses nos seus anos mozos, pero tamén lembranos a moitos veciños xa desaparecidos.
Martes, 12 de agosto de 2008 Festa do percebe en Oia O próximo venres vai ter lugar en Viladesuso, en Oia, e XI Festa do Percebe. A inauguración terá lugar ás 12 do mediodía, e actuará de pregoeira Carmen García Braga, Presidenta da Federación de Empresarios do Baixo Miño, FEBAM, e da Asociación de empresarios da Guarda, ACIGU.
Luns, 4 de agosto de 2008 Louzán e Rodríguez inauguraron o novo Centro Cultural de Pedornes
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, inauguraron hoxe o novo centro cultural de Pedornes. Esta actuación precisou un investimento total de 339.000 euros. A Deputación colaborou con esta actuación a través dunha subvención de 60.000 euros e a través da caixa de anticipos con outros 60.000 euros. Pedornes era a única parroquia de Oia que non dispoñía dun centro cultural a pesar de que este lugar conta con un importante actividade veciñal por parte de dúas asociacións culturais, dunha asociación de veciños, dunha comunidade de montes e dunha comunidade de augas. Estas entidades disporán dende hoxe dun local para xuntarse e desenvolver todo tipo de proxectos motivo polo cal tanto o rexedor municipal coma o presidente da Deputación manifestaron a súa satisfacción. Ambos dirixentes recordaron, ademais, que Pedornes foi unha parroquia moi castigada tanto polos incendios forestais como polas posteriores riadas. O centro cultural de Pedornes foi edificado nun solar que estaba ocupado dende os anos sesenta por unhas escolas que na actualidade estaban moi deterioradas. O novo centro dispón dun soto de 360 metros cadrados; dun salón de 250 metros; de aseos, oficinas, almacén, terraza e vestíbulo. Esta inauguración coincidiu coa celebración da II Festa Gastronómica do Caramuxo organizada pola asociación Cultural “San Mamed” e a Asociación de Veciños “A Muruxeira” en colaboración do Concello de Oia, da Deputación de Pontevedra.
Sábado, 2 de agosto de 2008 Inauguración do Centro Cultural de Pedornes Hoxe, ás 12.00 do mediodía, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, inaugura, xunto co vicepresidente provincial, José Manuel Figueroa, o deputado Jesús Vázquez Almuíña e o alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, o Centro Cultural de Pedornes
Xoves, 31 de xullo de 2008 O 2 e 3 de agosto Pedornes celebrará a II Festa Gastronómica do Caramuxo Pedornes (Oia) celebrará esta fin de semana a II Festa Gastronómica do Caramuxo organizada pola Asociación Cultural “San Mamed” e a Asociación de Veciños “A Muruxeira”, da mencionada parroquia, contando coa colaboración do concello de Oia e da Deputación Provincial. O sábado e o domingo a festa comezará ás 12 do mediodía podéndose degustar, ademais de caramuxos, “Pulpo á feira”, empanada de polbo, empanada de caramuxos, zorza e chocos á prancha. Á hora mencionada, coa asistencia das autoridades, será inaugurada o sábado, a Feira no Centro Cultural de Pedornes, actuando despois deste acto, o grupo “Airiños do Tamuxe”. O domingo, día 3, ás 13.00h actuará o grupo “Airiños do Tamuxe” , e a partires das 19.00h será a murga “Ultreia” de Santiago, que terá ao seu cargo a animación da festa. Durante os dos días haberá unha exposición relacionada cos caramuxos, coas distintas especies existentes nas nosas costas, as súas características morfolóxicas, o seu hábitar e alimentación, o ciclo da vida, etc. Incluiranse fotos, receitas de cociña e un acuario con varias especies. Os que se acheguen a esta cita hgastronómica terán ao seu dispor unha cantina e, baixo carpa, mesas e cadeiras para poder participar na degustación comodamente.
Festas en honor a San Mamed Pedornes honrará, os días 6 e 7 de agosto, ao patrón da parroquia, San Mamed. O mércores, día 6, actuarán as orquestras “Imagen” e “Vanvigo”. O xoves, día 7, estarán no recinto de festexos a Agrupación Muisical de Belesar, o grupo A Fiada, de Viladesuso, e as orquestras Nievla e Acirema.
Presentación de “Orgulho galego na diáspora. 'conversa con Higino Martins Estêvez' " Informa Carmen Somoza
O pasado martes tivo lugar, no concello de Oia, un acto público no que se presentou a publicación “Orgulho Galego na Diáspora” – Conversa com Higino Martins Estêvez-, editada pola Fundación Comarcal O Baixo Miño co financiamento da Consellería do Medio Rural, Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, e a colaboración do Concello de Oia e a Asociaçom Galega da Língua (AGAL). O acto contou coa presenza da vicepresidenta da Fundación Comarcal do Baixo Miño e alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, e os alcaldes da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, e do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela. A vicepresidenta da Fundación, Sandra González, agradeceu aos autores do libro a recuperación dun persoeiro importante para Oia e para a comarca do Baixo Miño.
Ângelo Gonçalves Vicente, coautor, recoñeceu a valiosa colaboración dos familiares de Higino que viven en Oia, así como das institucións que permitiron a edición, e puxo de relevo que a base do libro é unha entrevista realizada en 1997 por Bernardo Penabade. Destacou o agarimo de Higino Martins cara Oia, utilizando a súa resposta a unha das preguntas da entrevista, “– A família do Higino vem de Oia. – De Oia, com efeito. Santa Maria de Oia, que está exactamente no extremo Sul da província de Ponte-Vedra; lugar próximo do Minho, entre Baiona e a Guarda, portanto pertencente ao antigo país de Turonium. O país de Turonium! Daí é toda a minha família, tanto por parte da mãe como do pai. Minha mãe é da paróquia capital, de Santa Maria de Oia, mais concretamente do lugar do Arrabal, nas proximidades do mosteiro cisterciense. Meu pai veo só dũa paróquia mais ao Norte, mais próxima do concelho de Baiona, chamada Vila-de-Suso. “ Ângelo Gonçalves na súa intervención animou aos presentes a ler o libro para descubrir a unha figura extraordinaria polo seu traballo intelectual intenso, pola súa formación sólida, rigorosa e diversa (psicoloxía, dereito, filoloxía), pola súa experiencia como docente, investigador, tradutor e adaptador de textos, por ser un dos maiores expertos en lingua e cultura céltica, polos seus estudos de toponimia. Remata dicindo “Rianxo presume de Castelao é Padrón de Rosalía, Oia ten que presumir de Higino”. Seguidamente interviu o outro autor, Bernardo Penabade Rei, quen relata como coñeceu a Higino en 1984, en Ourense, nun Congreso internacional da Lingua Galego-Portuguesa, e os seus posteriores encontros, entre eles o de 1997 na casa de Higino en Bos Aires, onde discorre a entrevista que estrutura a publicación que se presentaba.
Bernardo Penabade lembrou que estamos ante un discípulo e colaborador de Eduardo Blanco Amor, e gabou a figura de Higino Martins dicindo “é un erudito, unha eminencia, é está vivo”, apelando á responsabilidade de facerlle un recoñecemento en vida, e pon sobre a mesa a necesidade de asinar un convenio de colaboración entre diferentes institucións (concello de Oia, Fundación comarcal e Universidades) para convidalo a impartir un curso en Galicia. Sinalou que o obxectivo do libro é dar a coñecer a alguén que estaba no anonimato na nosa terra, e adiantou que en setembro vai ser editada a “Gramática do Celta” de Higino Martins.
Martes, 29 de xullo de 2008 A Fundación Comarcal O Baixo Miño presenta o libro “Orgulho galego na diáspora”, en Oia, o martes 29 de xullo A Fundación Comarcal O Baixo Miño presentará hoxe, ás 19 horas, na Casa do Concello de Oia, o libro “Orgulho Galego na Diáspora” – Conversa com Higino Martins Estêvez-. Higino Martins, nado e residente en Bos Aires, mais galego de corazón e vocación, fillo de emigrantes procedentes das parroquias de Santa María de Oia e de Viladesuso, no concello de Oia, é un prestixioso intelectual, coñecido e recoñecido no plano internacional polos seus estudos lingüísticos, cos que ten defendido, con admirábel constancia e independencia, a lingua galega. Con esta publicación preténdese dar a coñecer a súa figura, xa que a pesar de realizar unha importante actividade de divulgación do galego no exterior é un descoñecido, para o público en xeral, na nosa terra. O devandito libro do que son autores Ângelo Gonçalves Vicente e Bernardo Penabade Rei, foi editado pola Fundación Comarcal O Baixo Miño co financiamento da Consellería do Medio Rural, Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, e a colaboración do Concello de Oia e a Asociaçom Galega da Língua (AGAL). No acto de presentación intervirán os autores, Ângelo Gonçalves Vicente, nado e veciño de Oia, analista político, investigador, e Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, na Universidade de Santiago de Compostela; e Bernardo Penabade Rei, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago, escritor, lingüísta e profesor no IES Perdouro de Burela. Asemade contará coa presenza da Vicepresidenta da Fundación Comarcal do Baixo Miño e alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, e representado ao Concello de Oia estará a súa concelleira de Cultura, Sandra Calvo Rodríguez. Con este acto a Fundación Comarcal quere achegar a figura de Higino Martins aos veciños e veciñas do Baixo Miño.
Venres, 25 de xullo de 2008 V Degustación de Carne de Potro da Serra da Grova en Torroña O domingo, 3 de agosto, organizada pola Asociación de Veciños de Torroña, coa colaboración do concello e da Deputación Provincial, vaise celebrar nesta parroquia a V Degustación de Carne de Potro da Serra da Grova. Comezará ás 11.00 da mañá cun prezo de 12 euros a ración na que se inclúe ademais da carne, pan e bebida. As reservas faranse chamando aos teléfonos 986 36 20 27 ou 986 61 15 34. Para esta degustación están previstas elaborar preto de mil cincocentas racións, sendo encargado dos fogóns como en anos anteriores, Manuel Alonso, coñecido restaurador con establecementos na Guarda (La Pizzicata e Pub Benedictus). Haberá sorteos de agasallos entre os asistentes que poderán degustar este prato nun recento cuberto, animando a velada os grupos de gaitas.
Luns, 9 de xuño de 2008 Selección dun bolseiro de Turismo en Oia O concello de Oia selecciona un bolseiro para traballar na caseta de turismo ata o 30 de setembro. As solicitudes dirixiranse ao alcalde-presidente do concello, ata o luns, 23 de xuño, ás 13.00h no modelo que figuran nas bases que poderán consultarse no taboleiro de anuncios.
Venres, 11 de abril de 2008 O sábado conferencia sobre as plantas acuícolas que Pescanova quere poñer e ampliar en Oia Mañá sábado día 12, ás 19.00 h, vaise celebrar no Centro Cultural de Mougás (concello de Oia) unha conferencia sobre a problemática xurdida polo “Plan Acuícola da Xunta de Galicia”, centrada na ampliación da planta que ten Pescanova no lugar de “As Mariñas” (Parroquia de Mougás) e na planta de nova construcción proxectada para o lugar de “As Orelludas” (Parroquia de Pedornes). Nesta conferencia abordaranse distintos aspectos relacionados coas afeccións ambientais de ámbolos proxectos (tanto a nivel paisaxístico, como nas augas mariñas ou posibles repercusións a nivel pesqueiro). Ademais, reflexionarase acerca das escasas repercusións socioeconómicas para a bisbarra. Estes son algúns dos argumentos esgrimidos para rexeitar ditos proxectos pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), cuxo Secretario Executivo, Fins Eirexas Santamaría, será o encargado de impartir a conferencia.
Mércores, 26 de marzo de 2008 Investigadores da arte rupestre dan a coñecer novos grabados descubertos na parroquia de San Mamede O Instituto de Estudos Vigueses vén de publicar estes días un novo número do seu boletín “Glaucopis” onde, entre outros traballos, divúlganse as últimas gravuras rupestres descubertas en Oia co título “Novidades nos petroglifos de Oia. Loureza”, da autoría de Cándido Verde Andrés, Antonio de la Peña Santos e Fernando Javier Costar Goberna. Todos es gravados que se analizan neste traballo, explican os autores, atópanse na parroquia de San Mamede de Loureza, na Valga, máis concretamente no espacio comprendido entre o curro, a estrada a Mabia e o propio núcleo de Mabia. Entre os motivos rupestres que se describen, figuran ata seis cuadrúpedos, algúns con cornamenta, e unha figura rectangular con divisións internas que os autores non logran aproximar unha interpretación. Nas proximidades deste petroglifo aparece outra estación na que se representan círculos concéntricos, con cazoleta central e sulco de saída. Estes concéntricos complétanse con outra liñas e cazoletas. Abundando na figura rectangular antes mencionada, os autores intentan unha aproximación “con reservas ós modelos cantábricos tipo Peña-Tú”. No Campo do Coello, atópanse outros motivos insculturados sobre as rochas. Neste caso, ademais dun cuadrúpedo, comparten este espazo cazoletas, cuadrangulares de esquinas redondeadas e nalgún caso sen un dos lados menores, e un axedrezado. A última descrición que se recolle en “Novidades nos petroglifos de Oia. Loureza” corresponde a catro grupos localizados no Alto de Mabia con representación de cuadrúpedos, cazoletas, círculos e sulcos. O traballo de Costas Goberna, Verde Andrés e de la Peña Santos, remata cos debuxos das novas estacións rupestres que facilitan o recoñecemento das figuras insculturadas e divulgadas no boletín do Instituto de Estudios Vigueses “Glaucopis”.
Xoves, 13 de marzo de 2008 O SLG informa en Mougás do Contrato de Explotación sustentable O Sindicato Labrego Galego vai realizar hoxe, ás oito da tarde, unha asemblea informativa no Centro Cultural de Mougás, en Oia. O obxectivo é informar a agricultores e gandeiros do Contrato de Explotación Sustentable (CES) presentado pola Consellaría de Medio Rural, e as rectificacións propostas polo Sindicato Labrego Galego Nesta xuntanza abordarase que é o Contrato de Explotación Sustentable, qué explotacións agrarias e gandeiras poderán ser beneficiarias do CES e a suba dos custes de produción nas explotacións agrarias.
Luns, 10 de marzo de 2008 Datos xeodésicos do concello de Oia O Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia, a través do Instituto Geográfico Nacional, colocaron a correspondente placa de situación da Casa do Concello de Oia, na que se reflicten os datos xeodésicos deste lugar. Segundo se pode ler na placa en cuestión, semellante ás que xa se colocaron noutros concellos, a Casa Consistorial, atópase a 49 metros de altitude sobre o nivel do mar. As súas coordenadas xeográficas son 42º 00’ 07,2” de latitude Norte, e 8º 52’ 25,3” de lonxitude Oeste.
Venres, 7 de marzo de 2008
Xoves, 6 de febreiro de 2008 Ciclo de Conferencias en Mougás organizado pola Comunidade de Montes A Comunidade de Montes en Man Común de Mougás promove un ciclo de conferencias que se impartirán, no Centro Cultural desta parroquia, nos meses de marzo e abril e que xa comezarán o sábado, día 8, e concluirán o 26 de abril. PROGRAMA Sábado 8 de marzo ás 19.00 h “Charla informativa parque eólico ALBARIÑO I” a cargo de persoal técnico da empresa Eurovento. Sábado 15 de marzo ás 19.00 h “Historia dos montes veciñais en man común” a cargo de Xosé Carlos Morgade, historiador e membro da xunta rectora da Organización Galega de Comunidades de Montes. Sábado 22 de marzo ás 19.00 h “A multifuncionalidade dos montes veciñais en man común” a cargo de Alberto Lema Couso, membro da xunta rectora da Organización Galega de Comunidades de Montes. Sábado 29 de marzo ás 19.00 h “Lei de prevención de incendios e unidades de xestión forestal” a cargo de persoal do Sindicato Labrego Galego e da Asociación Forestal FROUMA. Sábado 5 de abril ás 19.00 h Pendente de confirmación. Sábado 12 de abril ás 19.00 h “O parque eólico da Serra da Groba” a cargo de persoal da Asociación S.O.S. Groba. Sábado 19 de abril ás 19.00 h “A postura das comunidades de montes ante o programa LEADER 2007-2013”, a cargo de Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes. Sábado 26 de abril ás 19.00 h “O aproveitamento da biomasa forestal nos montes veciñais en man común” a cargo de Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes e Alfredo López, director do proxecto de aproveitamento da biomasa forestal no Val Miñor.
Luns, 25 de febreiro de 2008 Exposición pública do Proxecto de Urbanización SAU nº 5 do ámbito de desenrolo do Plan Parcial coñecido como “Peña Ajoeira” Aprobado inicialmente por Decreto da Alcaldía o Proxecto de Urbanización SAU nº 5 do ámbito de desenrolo do Plan Parcial coñecido como “Peña Ajoeira” condicionado á execución das obras de abastecemento de auga á comunidade de usuarios de Ciudalanz, S.L. dende a mina Figueiriña, de acordo co proxecto técnico presentado no concello en data 30 de xaneiro de 2008 (rexistro de entrada nº 276), exponse ao público dito Proxecto polo prazo de 30 días hábiles, contados desde hoxe (25/02/2008), para que calquera persoa poida examinalo e formular as alegacións que estime pertinentes.
Venres, 15 de febreiro de 2008 Os nacionalistas reclaman melloras no transporte interparroquial e cos concellos veciños A Asamblea Local do BNG de Oia, a través do seu representante local Xosé Miguel Giráldez Martínez, presentou no Pleno do concello unha moción instando á mellora do transporte interparroquial neste municipio, pero tamén cos concellos limítrofes. A moción, que se presenta a instancias de Galiza Nova, solicita, entre outras medidas, instar á Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte a que se revisen as concesións das liñas que afectan ao este concello para a que se aumenten as frecuencias horarias cos concellos da Guarda e Baiona e para que a liña da Guarda As Mariñas continúe ata Baiona. Tamén instan a que se rebaixen os billetes para estudantes, parados e xubilados e que se acondicionen as marquesinas deterioradas e se fagan estructuras en todas as paradas onde os cidadáns poidan abrigarse e non agardar polo autobús á intemperie. Noutro apartado a moción recolle que se inste á Consellaría de Política Territorial Obras Públicas e Transporte á incluír o concello de Oia no aproveitamento do transportes escolar a través dunha tarxeta identificativa para a veciñanza que permita estabelecer un transporte de viaxeiros entre parroquias, xa que na actualidade a mobilidade para moitos veciños é limitada ao depender exclusivamente dos seus propios medios Finalmente, e o mesmo que o BNG presentou noutros concellos, piden que se solicite á Consellaría de Educación e á Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte a gratuidade do servizo de autobús para estudantes de primeiro e segundo de Bacharelato dos centros I.E.S. Primeiro de Marzo.
Martes, 12 de febreiro de 2008 Festa do Pai, o 16 de marzo, en Oia Oia celebrará, o día 16 de marzo, a Festa do Pai nas instalacións do colexio Mestre Manuel García. Ás 13.30 horas dará comezo o xantar cun menú a base de entrantes, churrasco e criollos con cachelos; postres caseiros. Viños do Rosal, café e licores, porán remate ás exquisiteces da mesa. O prezo por persoa é de 12 euros. A Festa do Pai está organizada pola Comisión de Festas de Santa María de Oia
Luns, 11 febreiro de 2008 Mellorar os transportes, que a Deputación invista nas súas competencias, mellor servizo de Correos e tarifa eléctrica, mocións do BNG A Asamblea Local do BNG de Oia a través do seu responsable local, Miguel Giráldez, presentou por rexistro de entrada no Concello de Oia 4 mocións a día 7 de febreiro de 2008. A primeira, por iniciativa de Galiza Nova, que demanda que se melloren os servizos de transporte, solicitando que se incrementen tanto as conexións das liñas de tren como a periodicidade das liñas de autobuses, nomeadamente cos concellos limítrofes (Baiona e A Guarda) e tamén que se aposte polo transporte interparroquial, claramente necesaria para o municipio. Nesta mesma moción Galiza Nova solicita que os estudantes do instituto de Baiona teñan gratuidade nos seus billetes de autobús. A segunda moción presentada polo BNG solicita do Concello que se inste a Deputación de Pontevedra a gastar os seus orzamentos naquilo no que ten competencias habida conta da cantidade de diñeiro que gasta en cuestións que non lle competen, polo que se pide que refaga a súa estrutura orzamentaria en beneficio da cooperación cos municipios, e que "cinga a súa actuación ás competencias propias da Deputación", negociando a transferencia de servizos e equipamentos que non son da súa competencia ás administracións correspondentes. Unha terceira moción para que se siga prestando dignamente o servizo de correos, en especial nas parroquias onde o reparto a domicilio vai a desaparecer para as casas "que estean a mais de 250 m. da vía pública habitualmente utilizada por calquera dos servizos públicos" e vai a ser substituído por "buzóns colectivos" en cruces de camiños. Esta é unha situación que preocupa enormemente ao BNG sobre todo pensando que no rural galego viven moitas persoas maiores ás que agora se lles pretende suprimir servizos. A cuarta das mocións presentadas solicita unha regulación clara da Tarifa eléctrica nocturna que desaparecerá definitivamente no mes xullo sen que se teñan ofrecido alternativas económicas a aqueles que desfrutaban dela e que agora terán que gastar unha boa suma de diñeiro para "adaptar" o seu sistema eléctrico as novas esixencias. Neste senso o BNG tamén solicita que se subvencionen parte dos gastos que van a ter os usuarios da tarifa nocturna aos que se lles obriga a cambiar de sistema.
Sábado, 26 de xaneiro de 2008 La Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño celebra El Día Mundial para la No Violencia Con motivo de la proximidad del Día Mundial para la No Violencia, desde Cruz Roja en Baixo Miño organizan un acto que bajo el lema “Conoce a los Nobeles de la Paz”, se desarrollará en el CP de Refoxos de Loureza, Santa Mª de Oia, el próximo martes 29 de enero de 12.00 a 14.00h. El principal objetivo de esta acción es concienciar a la población infantil y juvenil de la comarca sobre la importancia de la Paz tanto a nivel mundial como en las pequeñas acciones de nuestra vida cotidiana. Los miembros de Cruz Roja están convencidos de que a través del diálogo, la empatía y la solidaridad se pueden resolver los conflictos de forma pacífica. Para la celebración de esta jornada, y apoyándose en las nuevas tecnologías, Cruz Roja dará a conocer a los embajadores de la Paz mundial que recibieron además un reconocimiento público, siendo galardonados con el Nobel de la Paz. Estas actividades se encuentran enmarcadas dentro del proyecto Sin Violencia-Convivencia de Prevención de Conductas Violentas que el equipo de voluntariado de Cruz Roja Juventud en Baixo Miño desarrolla en varios centros de enseñanza secundaria de la zona y que cuenta con la financiación de la Diputación Provincial de Pontevedra y el Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Durante el año 2007 se han atendido a 109 jóvenes en los IES Primeiro de Marzo y CPI Covaterreña de Baiona; y en el CEIP Mestre Manuel García de Santa María de Oia.
Venres, 25 de xaneiro de 2008 AECO sorteou os premios da Campaña de Nadal para o fomento do comercio A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Oia (AECO) realizou a Campaña de Nadal para fomento do comercio e empresariado local cuxos números premiados figuran no seguinte listado.
Sábado, 19 de xaneiro de 2008 Oia hora a San Sebastián nunha das primeiras romarías doa no na comarca Oia celebra, esta fin de semana, unha nova edición da Festa da Chourizada, cita gastronómica que se desenvolverá no entorno da ermida de San Sebastián, a quen se honra o sábado e o domingo. A mesa servirase a partires das doce da mañá, cando se poderá degustar chourizos do país, costela asada e viños do Rosal. A partires das oito da noite, haberá velada musical, con “Yoly y Ellos”. Mañá, domingo, a Rondalla de Chaín, Gondomar, fará un pasarrúas, e desde as dez da mañá, volverá a degustación popular. Ás once da mañá sairá a procesión do santo da parroquial en dirección ao santuario posto baixo a súa advocación, onde será oficiada a Misa Solemne. A verbena que pechará esta primeira festa do ano na comarca estará amenizada polo “Grupo 3.com”.
En febreiro comezan as clases no Centro Cultural de Viladesuso O grupo folclórico “A Fiada”, de Viladesuso, retoma o grupo de baile a partires do mes de febreiro. As clases impartiranse todos os xoves, desde as 20.00h no Centro Cultural de Viladesuso. Todas as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 986 36 15 40 (Martina) ou acudir os xoves ás oito da noite ao Centro Cultural. O prezo das clases é de 12 euros ao mes. |
|
|