|
Óscar Vicente Rodríguez, campión de España de Duatlón admirador do triatleta Javier Gómez Noya
Na proba o atleta do Rosal houbo de cubrir 5 km de carreira, 20 en bicicleta e outros 2,5 de carreira. Como recoñecemento a esta fazaña, o concello colocou unha placa de recibimento ao atleta na estrada principal que vai da C-552 á Praza do Calvario, e o alcalde, Jesús María Fernández Portela, entregou ao deportista unha placa e unha sudadeira, animándoo a continuar e a conseguir novos éxitos na súa carreira deportiva. ¿Como recordas os teus comezos como deportista? Os meus comezos están no colexio dos Pais Somascos, na carreiras que faciamos, participando, tamén, nas carreiras que se organizaban polo IES A Sangriña. Sempre me gustou moito o deporte.
Estudas en Pontevedra. ¿Que estás a facer? Fago o segundo curso de Bacharelato, Científico-Tecnolóxico, que compaxino cos adestramentos no Centro de Tecnificación Deportiva.
¿E como se levan os estudos co deporte? Ben. Hai que intentar compaxinar as dúas cousas; pero vaime ben.
Requerirá un gran sacrificio e esforzo pola túa parte facer fronte a estudos e adestramento Si, porque temos moito que entrenar. Tres días a semana adestramos pola mañá e pola tarde, e outros dous días facémolo só pola tarde, pero case toda a tarde, desde as catro ata as oito e media.
Supoño que non podes divertirte tanto como o fan os teus amigos que non están metidos nesto do deporte Hai que imporse unha condicións; non podes estar as fins de semana ata as tantas. Pero eu divírtome tamén; teño un grupo de amigos en Pontevedra e o pasamos moi ben.
Se tiveses que destacar algunha das probas anteriores a este campionato nas que competiches, ¿cal mencionarías? Aquela na que quedamos cuartos por equipos en Europa, cando fixen cadete, hai dous anos nunha cidade ao lado de Macedonia, en Grecia.
Conseguir o Campionato de Europa, ¿que supuxo para ti? Unha gran alegría, pois este ano cambiei de categoría, xa que estaba en cadetes e pasei a júnior, que son tres anos, e... xa conseguir o primeiro ano ser primeiro, competindo con xente dous anos maior, pois é para estar contento.
¿A quen admiras como deportista? A Javier Gómez Noya.
¿E a onde te gustaría chegar? A onde está el agora mesmo.
¿Como recibes este recoñecemento do concello do Rosal? Ben. Xa vin que colocaron unha pancarta na estrada... Agradecerlles esto que fan.
Para rematar: ¿é O Rosal terra de campións Pois así parece. Sempre houbo moi boa xente no deporte e haberá que seguir coa tradición. Abril, 2007 |
|
|