|
Juan Ramón Martínez Barbosa Guía dos muíños do Folón-Picón
Juan Ramón Martínez Barbosa atópase no primeiro dos muíños do Folón, habilitado tamén como oficina de información, atendendo a demanda dos visitantes interesados por coñecer as características desta ruta así como o itinerario que seguen os muíños do Folón e do Picón, declarados Ben de Interese Cultural.
¿Desde cando funciona a ruta dos Muíños do Folón orientada desde personal do concello? Pois desde hai un tres anos.
Quen desexe facer unha ruta guiada, ¿a quen se ten que dirixir? Pois chamar ao concello, xa no folletiño que se lles entrega aos visitantes figura ese número, e desde o concello xa me dan as ordes para o acompañamento
¿Hai algún día da semana en que non se pode realizar a visita guiada? Non, Non. Calquera día. Os sábados e domingos está aberta a Oficina, no primeiro dos muíños do Folón, e durante a semana pois pódese facer pola mañá, pola tarde…
¿Pódesnos recordar o horario desta oficina? Si. De once a da mañá a dúas da tarde, e de catro a sete do serán.
¿Considerades algún mínimo de persoas para realziar unha ruta guiada? Establecéronse en seis persoas; pero se hai persoas moi interesada non habería ningún inconvinte en realizala incluso cun menor número.
Falemos do custe que ten unha visita guiada. Ningún. É gratuita.
¿E realízase o percorrido completo? Si. Desde o muíño número 1 do Folón, poñéndose en funcionamento este muíño se hai forza de auga suficiente, e logo se continúa ata completar os 67 muíños: os 36 do Folón, e 31 do Picón.
¿Qué lle pode sorprender aos visitantes deste complexo de muíños? Sobre todo a disposición dos 32 muíños do Folón lles impresiona. Unha vez que se pasa o sector medio, preferentemente do 15 ao 36, esa disposición; e no outono e inverno, as cascadas.
¿Canto soe durar unha visita? Hora e media; pero se hai máis paradas ou rapaces de curta idade, prolóngase algo máis, ata as dúas horas.
Tedes tamén un material de apoio… Si; entregamos os folletos co itinerario, e están os paneis informativos no mesmo percorrido que van ilustrando cada sector.
Xuño, 2006 |
|
|