|
Exposición de xadreces en
Camposancos
Desde
o 14 de agosto e ata o 24 do mesmo mes, estivo esposta no Casino de
Camposancos unha mostra de xadreces de Fernando Alonso Rodríguez. Foron
32 taboleiros coas súas correspondentes pezas que o propietario iniciou
hai quince anos, aínda que lembra que o primeiro que tivo regaloullo,
hai 28 anos, María Cruz Tamayo, quen hoxe é a súa dona e daquela,
compartían noviazgo. Titúlao "O comezo", porque suporía, anos máis
tarde, o rpimeiro dunha afección.
Hainos de todos os tamaños, de xogar, e de adorno, de
viaxe e de artesanía. Un dos que máis valora, aínda que todos teñen a
súa pequena historia, chea de afectos, é o chino, pola súa beleza. Pero
tamén destaca un que é todo artesanía realizado por un amigo, José
Álvarez, que tallou as distintas pezas mentres el, Fernando, fixo o
taboleiro. A súa dona realizou a mesa doutro dos xadreces, empregando
para as casillas cristal de Tíffani.
Resulta curioso o de Harry Potter onde as pezas teñen
diferentes efectos. O rei, por exemplo, chora, cando é comido; a raíña,
ilumínase, o cabalo relincha, as torres deslízase por mor dun imán
interno, os peóns desármanse.
Os xiadeiros do Real Madrid poideron descubrir que un
dos xadreces ten, como pezas, as copas conseguidas por este equipo.
Outros son de tema histórico: Romanos contra xudeus, Romanos contra
turcos, Mouros e cristiáns. Hainos relacionados co mundo da literatura
levada ao cine: ademais do mencionado de Harry Potter, está o do Señor
dos aneis. En fin, e por mencionar outros, o Xadrez exipcio e o Xadrez
Azteca.
Chéganlle en forma de regalos da familia, dalgún
amigo e tamén algún mercado. Fernando Alonso seguirá aumentando os
taboleiros de xadrez, deporte de intelixencia do que tamén, como non
podía ser doutra maneira, é xogador.

















Agosto,
2008 |