g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

 

horizontal rule

Escola de Xadrez Albatros

Clausura do Curso Escolar 2007/08

Informa e fotos Daniel Lomba

 

A Escola de Xadrez Albatros da Guarda despediu a presente tempada o sábado, 28 de xuño, cunha pequena xuntanza e celebración dun Torneo Interno de Xadrez entre tódolos alumnos da Escola.

Este ano superáronse os corenta rapaces, e outro ano máis bateuse o teito en número de alumnos partiicpantes.

Dende a Asociación Cultural-Deportiva Albatros, e a Escola de Xadrez Albatros en particular, agradecen á Sociedade “Recreo Artístico Guardés”, e persoalmente ao seu presidente Anselmo Martínez Pena, a posibilidade que lles brindan de utiliza-las súas instalacións e a atención prestada en todo momento. 

Desde “Albatros” lembran a tódolos rapaces e aos pais que as clases de xadrez reanudaranse o sábado 20 de setembro no “Recreo”,  e que é moi importante a asistencia dende o primeiro día xa que unha vez se coñeza o número de se posibilita a distribución dos grupos por niveis.

Agradecen, tamén, desde Albatros, a tódolos xoves participantes o bo ambiente e ilusión dos que fan gala nas clases, as gañas de aprender e de superarse día a día, e felicitan, especialmente, aos nosos xogadores polos seus logros competitivos, tanto de modo individual, onde se lograron numerosos podiums e triúnfos en torneos da provincia de Pontevedra e de Ourense, coma os alcanzados a nivel de Club, co Título de Campións de Liga na Cuarta División Galega, do Albatros D; o terceiro posto conquerido nesa mesma categoría polo Albatros E, e o ascenso do Albatros B á Segunda División da Liga Galega, onde mantivo a categoría este ano o Albatros A. Lembrando que os triúnfos non deben quitar nin a ilusión nin as gañas de seguir aprendendo cada día, nin a humildade e respecto aos rivais, que os consideran sobre todo, compañeiros de competición.

Tamén agradecen desde o club de Xadrez Albatros aos pais a confianza posta nos monitores: Avelino, Rafa e Daniel, que poñen toda a súa vontade de, o vindeiro ano, mellorar un pouco máis tanto a dinámica como o nivel de ensinanza e, neste senso, xa están a traballar no proxecto do Curso próximo, e non descartan algunha sorpresa que involucre máis o entorno familiar dos rapaces.

Xuño, 2008