g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

 

horizontal rule

Inauguración de

Artebronce Galeria

seguinte

            Cuqui Piñeiro, Pichi Pérez e Ignacio Vázquez foron os anfitrións que recibiron aos invitados na inauguración de Artebronce Galería, a primeira sala exclusiva para a arte creada na Guarda que abriu as súas portas o venres, 27 de xuño, ás oito da tarde.

            Artistas, políticos da comarca, amigos e xentes vinculadas directa ou indirectamente co mundo da estética recreada, subiron os vellos chanzos das escaleiras e camiñaron entre as paredes que outrora recibiran aos pacientes do recordado médico don Rafael, ou aos clientes da Asesoría Peña, espazos que desde o sábado atesouran outras realidades nun edificio situado na céntrica Rúa Galicia.

            Fotografía, pintura e escultura, nos máis variados estilos, colgan das paredes ou penduran do teito, e mesmo descansan sobre o chan, esperando os ollos que deixen miradas indagadoras; a veces preguntas con respostas indiscretas ou interrogacións retóricas no cárcere íntimo do maxín do observador.

            Foi, a do venres, unha xornada de abrir portas e amosar o que hai dentro de Artebronce Galería; desde agora pode ser tempo de disfrutar da arte, sen présas, arte que tamén se deixa querer desde a beirarrúa do número 18 da Rúa Galicia, detrás das cristaleiras que son como grandes ollos para ver as fundicións xurdidas, por exemplo, do obradoiro que dirixe Cuqui Piñeiro.

seguinte