g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

Club da 3ª Idade e Pensionistas

Festa dos Avós

seguinte

 

            O pasado sábado (26/07/2008) o Club da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda celebrou o “Día dos Avós”, unha cita que comezaba ás catro da tarde con música dos fondos deste colectivo, aínda que ningunha parella se animou a bailar.

            Pouco despois da cinco da tarde, e seguindo o programa, foi o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz, quen levou o seu canto e música aos maiores do Club, animando a cantar con eles as cancións máis populares. Trala súa actuación membros da directiva entregaron, en nome do club, ramos de flores ás compñentes do grupo, recibindo tamén, unha peza realizada a man por Jorge Martínez Baz.

            Entre os invitados a este acto, estaba o párroco, Jesús García Villadóniga, que tivo unha breve intervención para destacar o valor dos anos e a experiencia que supón o tempo vivido. Animounos a continuar disfrutando deste acto e valorou o seu compromiso e exemplo para a familia.

            Antes de abandonar o salón de actos do Club, atreveuse, como xa fixera noutras ocasións, a cantar dúas cancións populares de tema amoroso, que mereceron os aplausos de todos os presentes.

            Acto seguido, algúns dos socios do club (Marisa, Jorge Martínez, José Barbosa, Sita, Mercedes, Anselmo e Fefa) leron poesías e contaron algúns chistes.

            Entre os actos programados estaba a elección da Raíña da Terceira Idade das Festas do Monte e as súa Damas de Honor, votando os presentes entre as candidatas que postularon para ser elixidas.

            Tralo reconto de votos, desfilarán o ‘Sabado do Monte’: Marisa Cuíña López, á quen se lle impuxo a banda de Raíña; e como damas de honor foron investidas coa banda Avelina Fernández Lomba e Esmeralda Fernández Lomba, recibindo as tres cadanseu ramos de flores.

            A festa rematou cun sorteo de agasallos e a degustación de rosca de xema.

 

seguinte