g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

 

 

O Estado toma posesión do Pazo de BAYÓN

Informa José A. Uris Guisantes

 

seguinte

Pazo Bayón, 24/07/2008. Onte, día 23 de xullo, tivo lugar o acto oficial da toma de posesión do Pazo de BAYÓN por parte do Estado para ser entregado á Cooperativa vinícola Condes de Albarei.

 

Como é sabido o Pazo de Bayón anteriormente propiedade de Laureano Oubiña e súa muller, Ester Lago, fora incautado pola Audiencia Nacional en 1995, cinco anos despois da Operación NÉCORA.

 

O Pazo de Bayón ou Granxa Fontán, ten 22 hectáreas de viñedos, ademais dunha casa vivenda, outra casa de tres prantas, cuadras, granxa, embalses, pradeiras de herba e adegas. Fora construído por un emigrante galego retornado  en 1925.

 

Para as trinta e sete Asociacións Galegas dedicadas á loita contra o narcotráfico, información, prevención e resinserción social foi un SÍMBOLO DA LOITA destes colectivos contra o narcotráfico dende comezos dos noventa.

 

A Cooperativa  Condes de Albarey debe dedicar o 5% da facturación  a Programas de Prevención en Galicia. Todo elo supervisado pola Mesa do Fondo de Bens Decomisados, Consellería de Sanidade e a propia Cooperativa.

 

Foi un acto emocionante e sentimental que nos trouxo multitude de recordos dos anos máis duros da loita das Asociacións contra os narcos. Abriu as portas de ferro do Pazo de Bayón a lexendaria loitadora Mari Carmen Avendaño quen cortou simbólicamente as cadeas que pechaban as portas de entrada ó Pazo.

 

O acto desenvolveuse no exterior do Pazo como pode comprobarse nas fotografías, todo elo decorado de sabas brancas que saían das ventás da antiga adega, globos brancos ns arbres. Un grupo de música de cámara e outro de bailaríns puxeron outra nota emotiva neste acto inolvidábel. Mentres íamos vendo imaxes da loita social nunha grande pantalla de TV.

 

Presidíu o acto Emilio Pérez Touriño, Presidente da Xunta de Galicia, falando en primeiro lugar Mari Mari Carmen Avendaño que lembrou aos miles de mozos e mozas finados por culpa das drogas, ás familias deses e doutros miles que sufriron e seguen sofrindo as consecuencias das drogas, a ruína de moitas desas familias e as Asociacións que unidas co resto da cidadanía fixeron posible concienciar  a TODOS nesa loita.

 

Tamén fixo uso da palabra a Conselleira de Sanidade, María José Rubio, e o Ministro de Sanidade  Bernat Soria, pechando o acto o Presidente da Xunta de Galicia, para de seguido pasar a antiga adega do Pazo onde serviron un pequeno refrixerio.   

 

Tamén poidemos ver á presidenta do Parlamento Galego, delegada do Goberno no Plan Nacional sobre Drogas, delegado do Goberno en Galicia, altos xefes da Garda Civil e da Policía Nacional, subdirector do Plan de Saúde Mental e Drogodependencias, Víctor Pedreira, así como ao responsable e director do Programa de Prevención e Reinserción Social, Jesús Morán. E a ducias de representantes das Asociacions Galegas dedicadas á información, prevención e reinserción social.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

seguinte