g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

Festividade de San Caetano

A Guarda 3  de agosto 2008

páxina-1    páxina-2    páxina-3

Comisión Festa de San Queitano 2008

A Cruzada cumpriu, un ano máis, honrando ao seu patrono, San Queitano, ao que dedicou a primeira fin de semana de agosto con festa popular e relixiosa no extraordinario mirador que é a praza na que se ergue o santuario posto baixo a súa advocación.

Iniciábase o domingo de festa co pasarrúas a cargo da Agrupación Musical da Guarda, dirixida por Víctor Alonso Treinta, que percorreu as rúas da vila e o barrio da Cruzada.

Ás once e media da mañá, baixo a carpa, celebrouse a Misa solemne cooficiada polo párroco, Jesús García Villadóniga, e o crego rosaleiro, Isaac Penelas, cantada polo Coro Parroquial, dirixido por Felicidad Vicente. Un neno deste barrio da Cruzada, Fernando, fixo a súa Primeira Comuñón neste día.

Trala celebración deste oficio relixioso saíron en procesión as dúas principais imaxes do santuario: Santa Catalina, levada por mulleres, e San Queitano, transportado por catro mozos. O estandarte e a bandeira desfilaron tamén na compaña de anxiños e nenos e nenas que fixeran tamén a Primeira Comuñón, hai poucos días. Pechaba a comitiva relixiosa a Agrupación Musical da Guarda.

Á tardiña, ás sete, comezaban as poxas, dirixidas por Nemesio: exvotos de cera reproducindo algunha parte doente do corpo, e os produtos e obxectos ofrecidos ao santo foron subhastados: aves, coellos, peixe de couro, empanadas, tartas, cebolas, maquetas de barcos e gamelas, entre outras moitas doazóns foron vendidos despois de cantar o "1-2-3".

E para rematar as festas, sobre o palco, situouse o grupo Na Revolta que motivou ao público coa súa música que mereceu os repetidos aplausos dunha praza animada polo ambiente creado por Elena, Diego, Silvia, Miguel, e Iván, con Eduardo e a colaboración de Nacho e Laura, esta do grupo a Boalleira. Tamén subiría ao escenario Ángel, que xunto con Nacho e músicos de Na Revolta continuaron coa animación da festa mentres outros compoñentes do grupo folk asinaban o traballo discográfico que vén de tirar Na Revolta.

A Agrupación Musical da Guarda facendo a súa entrada no recinto de festas

Retablo de San Queitano na ermida posta baixo a súa advocación

O altar, adronado para a ocasión con maquetas de barcos

O Coro Parroquial dirixido por Felicidad Vicente

Os oficiantes neste acto relixioso

A imaxe da San Queitano nun lugar preferente

Mª Emilia lendo unha das lecturas relixiosas do domingo

Na primeira bancada o alcalde, membros da comisión e a presidenta de ACIGU

Isaac Penelas foi o principal oficiante deste acto relixioso

Fernando cos seus pais e irmá durante a Misa

Un momento do acto relixioso oficiado baixo a carpa

O oficiante collendo a vela e os obxectos simbólicos que lle entrega Fernando...

...e os seus pais, José Ángel e Lidia

Fernando recibindo a Primeira Comuñón

Constante, como moitos homes e mulleres da Cruzada, acude cada ano a esta celebración do patrono da barrio da Cruzada

seguinte