g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

 

Procesión Virxe do Carme

16/07/2008

seguinte

 Máis de 1.200 persoas asistiron, na mañá de onte, á Misa Solemne celebrada na explanada do porto co gallo da festividade da Virxe do Carme. Antes, coa colaboración da Policía Local, a banda de música que saíu da Alameda fixo un percorrido pola Rúa Galicia, Vicente Sobrino, Brasilino Álvarez, Concepción Arenal e Rúa do Porto, onde se recibiu o Estandarte e a Bandeira, e continuou con estas enseñas o percorrido pola mesma Rúa do Porto, Concepción Arenal, subida da Ireira, Cervantes e Praza do Reló, onde corporativos do PSdeG-PSOE e PP, autoridades civís e militares e membros de distintas institucións, continuaron ata o adro da Igrexa para acompañar, en procesión a imaxe da patrona dos mariñeiros desde a parroquial de Santa María á explanada do porto en procesión, seguindo as rúas Méndez Núñez, Oliva, Hernán Cortés (calle do Medio), Concepción Arenal, Rúa do Porto e chegada á explanada.

Na comitiva procesional tamén participaron nenos e nenas que fixeran en maio e xuño a Primeira Comuñón e que, como é tradicional, acuden ás procesións que se celebran nestes meses.

Cooficiaron a Misa Solemne, cantada pola Agrupación Coral Polifónica da Guarda, ademais do párroco, Jesús García Villadóniga, o crego Manuel Velasco e Rafael Arias, que tivo ao seu cargo a Homilía na que lembrou as traxedias do mar e os barcos afundidos ou secuestros, a crise pesqueira e, noutro momento, falou da dignificación do traballo.

José Antonio, recbiu neste señalado día, a Primeira Comuñón e Gustavo, un guardés emigrante en Santo Domingo, onde leva 44 anos, quixo fotografarse diante da Virxe do Carme. Un dos momentos máis emotivos foi a ofrenda flora aos náufragos. Mentres estouraban as bombas, uns mariñeiros depositaban nun circo de auga que formara a estela dunha planeadora, a Coroa que lembra a cantos pagaron coa súa vida o tributo que reclama o mar.

seguinte