g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

Exposición de pintura

Chuny Vázquez

No Salón dos Espellos do colexio dos PP. Somascos inaugurouse, o pasado 26 de xullo, a exposición de pintura da artista local Chuny Vázquez, un acto que se viu arroupado por outros pintores da contorna, amigos e persoas en xeral relacionadas co mundo da Cultura.

A mostra, con novos retos, tecnicamente falando, presenta unha gran variedade de temas que van desde o realismo á abstración.

A exposición poderá visitarse ata o 9 de agosto, de oito da tarde ás dez da noite.

Xullo, 2008