g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

 

horizontal rule

Revista "Compás"

Érguete Baixo Miño (27/06/08)

 

Presentada a revista “Compás” no salón de actos de Érguete Baixo Miño

            O venres, 27 de xuño, ás 13 horas, foi presentada no salón de actos de Érguete Baixo Miño a nova revista deste colectivo “Compás”, nome, explicou o presidente, José Antonio Uris Guisantes, que alude ao novo rumbo que toma Érguete coa complicidade dos alcaldes da comarca do Baixo Miño, sensibilizados ante o consumo de drogas, e o Plan Comarcal de Drogodependencias que, ao parecer vai ser unha realidade. “Compás –nome que daban os mariñeiros ás brúxulas- significa orientación, búsqueda, horizonte, porto, meta, singradura, rumbo e moito máis”.

            Acompañando a Uris Guisantes, compartiron mesa María Jesús Rodríguez Pérez, educadora social e coordinadora do proxecto de Érguete; Eva Cañizares Álvarez, educadora social, e Natalia González González, traballadora social. As tres foron explicando os contidos da revista, as seccións creadas e foron reiterativas demandando a colaboración e o compromiso social coa revista: que sexan os lectores, os veciños, a xente de a pé, quen colabore, anime ou estimule os contidos que se han de divulgar nesta revista que ten periodicidade trimestral.

Os contidos

52 páxinas, ademais da portada e contraportada, son o soporte físico de “Compás”, que adianta no Sumario, os contidos que se recollen no interior: Editorial, Carta de presentación, Espazo libre, destinados as colaboracións dos lectores; Taboleiro, subdividido en dous apartados: Gústanos, destacando alternativas de música, lectura, webs, etc, ás que se anima achegarse ou coñecer, e Que facer?, recomendacións para ocupar o tempo de lecer.

De palique con..., é unha sección na que se entrevista a algún personaxe e que se abre, neste número 0 con Segundo Grandío; O mundo ao Redor, apartado que nos achega aquelo que temos máis preto de nós ou que ten que ver con nós: a alimentación, as escolas unitarias do Rosal, os afectos, a educación, e outros temas, son debullados nesta sección. Reportaxe, Exprésate e Caixón desastre, son outros apartado, que atopamos en “Compás”; Programa, sección na que se dá conta dos programas que está a desenvolver ou vai levar a cabo Érguete; Pan con Chocolate, que facilita receitas de cociña e que se inicia cunha Confitura de amorodos. E pecha a revista a Axenda, na que se adiantan as actividades máis próximas que vai poñer en práctica Érguete Baixo Miño.

Xuño, 2008