|
Iván Alonso Lage gañou o Cuadriatlón en individuais e
Adolfo Monteagudo e Nicolás Domínguez en parellas

O tudense Iván Alonso Lage,
membro do Club Kaiak Tudense, fíxose coa vitoria en individuais no V
Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange disputado o pasado sábado
en Tui. Iván Alonso fixo un tempo de 1h 38minutos 16 segundos. Tan so
tres segundos despois chegaba o segundo clasificado, o coruñés Adolfo
Monteagudo Leal, gañador da proba en 2007, e que nesta edición acusou o
cansanzo de ter competido pola mañá en parellas. O terceiro posto foi
para Rubén Caamaño Nieto de Noia cun tempo de 1h 40 minutos 43 segundos.
A competición entre Iván Alonso e Adolfo Monteagudo estivo moi igualada,
facendo valer o tudense en piragua o seu poderío tal coma acreditan os
numerosos títulos que posúe.
En parellas a vitoria, coma diciamos foi para Adolfo Monteagudo que
competiu xunto a Nicolás Domínguez García, xuntos fixeron un tempo de 1
h 32 minutos 26 segundo, case dous minutos por riba da segunda parella
clasificada que foi a de Benito Santana e Rubén Queiruga, da Coruña e
Cambre respectivamente. Foron terceiros con 1h 36 minutos e 12 segundo
Roberto Pazos de Vigo e José Comesaña do Porriño.
Os máis de 180 deportistas que participaron na competición, 72 deles na
modalidade de individuais, tiveron que enfrontarse a 700 metros a nado,
18 km en bicicleta, 3 km en piragua e 7 km de carreira a pé. Pola mañá
disputouse a competición en parellas e pola tarde en individuais. No
entorno da proba, sobre todo no Paseo Fluvial onde estaba a liña de
boxes e por tanto a transición entre cada disciplina citouse un gran
número de público que seguiu con expectación o desenvolvemento do
Cuadriatlón, disfrutando da súa espectacularidade. A organización correu
a cargo da Asociación de Monitores de Tempo Libre “Vagalume” que se
amosa moi satisfeita tanto da participación, superando a cifra de 2007,
coma da excelente resposta do público



 |