g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

 

Encontro dos Pobos

25 xullo 2008

seguinte

 

     Día 25 de xullo, Día da Patria Galega. A Guarda acolleu, un ano máis, o Encontro dos Pobos, unha idea que xorde do grupo Do Lusco ó Fusco, dirixido por Julia Sobrino, que acada a décimo quinta edición. Quince anos traendo á Guarda outros bailes, outras cores, outros ritmos; outras culturas nun enriquecemento mutuo para os participantes, pero tamén para o público, guardés e visitantes estivais, que se dan cita no auditorio ao aire libre de San Bieito.

     Desde Rumanía, chegou o grupo Doina, devolvendo a visita que en novembro fixera o grupo guardés a aquel país. E desde Yébenes, en Toledo, fíxoo o grupo Virgen de Finisbuterre. Pendente queda a devolución de visita que realizarán os da Guarda a aquela localidade toledana.

 

     O día gris, chuvento. A xornada iniciouse no Monte Santa Trega cunha visita ao poboado galaico romano, á ermida e ao museo, na compaña dun monitor de ANABAM que serviu de guía nesta viaxe imaxinaria polo pasado, as lendas e as tradicións. A climatoloxía non permitiu sacar todo o proveito que ofrece o Monte, pero aínda así os colectivos que rumanos e toledanos, coñeceron o fundamental de Santa Trega, aínda que tamén se perderon, pola nubosidade, as expcionais vistas posibles desde o Facho ou o pico de San Francisco.

 

     Á tardiña, incertidume: ¿pavillón cuberto do IES A Sangriña ou arriscarse e realizar o Encontro no auditorio de San Bieito?. Decidiuse por esta última opción, e ás nove, como estaba previsto, os distintos grupos saíron da Alameda en dirección ao auditorio pola rúa Galicia e Concepción Arenal. Abrindo a comitiva as treboadas de Do Lusco ó Fusco e, precedendo cada grupo, a enseña do Encontro dos Pobos, este ano, con fondo azul.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

seguinte