g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

Exposicións no Centro cultural

Coa presenza dos alcaldes da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas; e o Rosal, Jesús Fernández Portela; o concelleiro de Cultura da Guarda, Antonio Lomba, e os representantes dos colectivos que expoñen, Tere, polas palilleiras, e Agustín Ferreira, por Anabam, así como o pintor Víctor Rey, que o fai a título individual, o sábado, 2 de agosto foron inauguradas no Centro Cultural as exposicións de bolillos, píllara papuda e pintura, que se poderán visitar durante a semana das Festas do Monte de 9 a 15h e 19.30 a 21.30, e o sábado de 10 a 13h.

Destacou o alcalade, nunha breve intervención, a importancia que está a ter o Centro Cultural acollendo as máis variadas exposicións, como as que o sábado se inauguraban, e agradeceu aos expositores que elixiran este espazo para mostrar as súas creacións.

Das palilleiras salientou o admirable traballo realizado e que se pode contemplar con todo detalle as obras feitas. Da píllara destacou o traballo de Anabam pola súa conservación no Esteiro do Miño e a importancias das medidas de conservar o habitat para posibilitar a súa presenza, e da pintura de Víctor Rey, quizais por ser máis subxectiva as referencias que se poidan dar, deixouna para que cada quen a disfrute e opine.

De esquerda a dereita: Víctor Rey, pintor; Agustín Ferreira, de Anabam; Tere, das palilleiras; José Manuel Domínguez Freitas, alcalde da Guarda; Antonio Lomba, concelleiro de Cultura, e Jesús Fernández, alcalde do Rosal

Exposición

Agosto, 2008