|
Presentado en
ORPAGU os resultados do Plan de Formación ORPAGU 2008 e as propostas
para o ano 2009
Reportaxe: Miguel-Infsb

O pasado xoves, 18
de decembro, tivo lugar na sede da Organización de Palangreiros
Guardeses (ORPAGU), a “Presentación dos resultados do Plan de Formación
ORPAGU 2008 e propostas para o ano 2009”. Contou coa asistencia dos
alcaldes da Guarda, O Rosal e Oia, ademais dos Técnicos Locais de
Emprego da Guarda, Tomiño e Oia, representantes políticos, sindicais,
representantes de ABACO, ACIGU e ERGUETE, patróns e armadores de pesca,
e outros asistentes interesados.
Comezou o acto a
Xerente de ORPAGU, Dª Juana Parada Guinaldo, agradecendo a presenza das
autoridades e sinalando que dita presentación é froito da colaboración
que veñen mantendo ORPAGU e Informática San Benito en materia de
investigación e formación que deu como resultado o desenrolo dunha
“Acción Complementaria” e un “Contrato Programa” que constaba de 4
cursos específicos para o sector do mar.
A continuación
José Manuel Domínguez Freitas, alcalde da Guarda, indicou que a
formación e fundamental nestes tempos de crises, e puxo como exemplo o
pasado Obradoiro de Emprego (noticia que saíu na prensa o mesmo xoves
18/12/08). Tamén valorou positivamente a importancia de iniciativas coma
a de ORPAGU e Informática San Benito, por fomentar a formación,
engadindo que o concello ten as portas abertas para este tipo de
iniciativas.
A continuación,
Pedro Rodríguez, Consultor de Formación de Informática San Benito, falou
dos resultados da Acción Complementaria 08. “Sectores económicos
estratéxicos da Comarca do Baixo Miño: estudo de detección de
necesidades formativas”, que xa se espuxera o pasado 30 de setembro en
Santiago dentro das Xornadas que organiza a Xunta de Galicia, pero que
se quixo dar a coñecer para todos os axentes locais e comarcais
participantes e interesados no proxecto, para iso sintetizouse esta
información nunhas diapositivas ademais dun manual facilitado aos
asistentes. Cabería destacar que o estudo non só se referiu á pesca,
senón tamén a todos os sectores económicos do Baixo Miño.
A continuación, e
acolléndose a nova convocatoria de Accións Complementaria da Xunta de
Galicia, ORPAGU e Informática San Benito, propoñen un novo estudo que
leva por título: “Deseño metodolóxico dunha correlación de natureza
descritiva e prospectiva entre a formación profesional e as ocupacións
SISPE ligadas ás cualificacións profesionais agrarias,
marítimo-pesqueiras e industriais-extractivas”, que ten por
obxectivos os seguintes:
-Que a realidade
das ocupacións teña un reflexo na oferta da formación profesional
autonómica.
-Que exista a
posibilidade de mellorar o axuste entre a oferta formativa e a demanda
real de traballo no ámbito multisectorial do proxecto.
-Deter no medio
prazo o decrecemento da afiliación de traballadores/as adscritos ás
ocupacións do ámbito multisectorial do proxecto.
-Acadar unha
mellora na calidade formativa e ocupacional dos estudantes e
traballadores/as pertencentes as ramas profesionais do proxecto.
Lino Lema Bouzas,
Xefe del Servizos de Estudos Pesqueiros da Consellería de Pesca,
destacou e felicitou a ORPAGU polos cursos realizados destacando os de
Novas Tecnoloxías e fixo fincapé na necesidade fundamental da formación
a medida, por sectores, ademais do interesante no novo estudo proposto
para conseguir que a formación sexa o mais axeitada posible para os
profesionais do sector. Sinalou que dende a Consellería de Pesca, teñen
cabida proxectos innovadores coma este desenrolado por ORPAGU e
Informática San Benito.
A continuación
Pedro Rodríguez, Consultor de Formación de Informática San Benito,
comentou os resultados do Contrato Programa ORPAGU 08, así como as
propostas para o Contrato Programa Formativo do 2009, no que destacou a
aposta por a continuación dos cursos do 2008 e como novidade, o curso de
“Seguridade Integral de Buques: Identificación de factores de risco nun
barco de pesca”.
Juan José Escolar
Calzón, Capitán Marítimo de Vigo, citou a necesidade da formación no
sector pesqueiro en materia de riscos, falou da necesidade fundamental
da formación na pesca e sobre todo no ámbito de seguridade e riscos
laborais, sendo esta unhas das maiores preocupacións da administración e
felicitou a ORPAGU e INFSB polo labor desenvolvido.
Interviu,
finalmente, José Bernardo Rodríguez González, Xefe do Servizo de
Seguridade Marítima de Vigo quen relatou algunhas anécdotas sobre temas
do mar, e falou sobre un dos cursos propostos para o novo plan
formativo, que vai a tratar de temas de seguridade nos barcos, conceptos
como a estabilidade, incendios, abordaxes e aspectos legais.
Juana Parada
Guinaldo, Xerente de ORPAGU, clausurou o acto, e invitou a os asistentes
a un viño galego.









Decembro, 2008
|