g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

 

horizontal rule

Exposición de pintura

Grupo Impás

seguinte

O Grupo Impás, que dirixe a pintora guardesa Alicia Alonso, inaugurou, o pasado sábado, ás nove da noite, unha mostra da súa obra colectiva no Centro Cultural da Guarda. Ao acto asistiu, en representación do concello, o responsable de Cultura, Antonio Lomba Baz, que animou ás pintoras nesta fermosa tarefa de crear arte co manexo dos pinceis, e agradeceu que tivesen elixido a Sala de Exposicións Municipal para mostrar a súa obra. Alicia Alonso, falou das pintoras, do traballo que se poderá ver ata o vindeiro 24 de xullo, e da arte como expresión dos sentimentos. En nome do colectivo foi Isabel Antón quen agradeceu, nunha breve intervención, as facilidades dadas polo concello para presentar a obra deste grupo que proximamente estará tamén en Tui. Na Sala de Exposicións do Centro Cultural poderán verse as obras, realizadas con distintas técnicas na que se conxugan estilos, de Ana Rodríguez Mary Otero, Carmen María, Mera, Carlos Fajar, Mari Cerqueira, Charo Trigo, Nati Alonso, Fini Mauri, Pilar Baz,  Ignacio Martínez, Isabel Antón, Isabel Lomba, Meli, Pilar López e Sergio Santiago.

seguinte